
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Verín. Río TámegaMiña cara señora María: “Uns levan a fama e outros cardan a lá”, di o refrán popular. O outro día gocei dun paseo ao longo do río Támega co meu amigo Ponchi. Teño que decir que é membro da Federación Galega de Pesca. Con el existe unha máxima: “se comen eles, eu tamén como”. Digo esto porque resulta que o que ten fama de furtivo é a persoa máis preocupada pola conservación da natureza e ao seu lado recibín a mellor clase de naturais locais, simple e llanamente percorrendo o río, dende a zona de baño ata a presa do Tresguerras. Gran coñecedor do lugar, porque naceu preto do Támega, e a súa nenez pasouna no regato, que hoxe chaman rúa Otero Pedraio. Unha maneira, moi sui generis, de conservar o Concello de Verín a súa toponimia local! Comezamos a nosa andaina ao longo do río e dixo que estaba correndo perigo por tratar de cambiar os peixes das charcas sen osíxeno para outras de máis auga. Cousa que deberían facer os de Medio Ambiente e non chegar, como fan sempre, fóra de tempo. Días atrás, río enriba, envelenaron varias pozas e despois corrían para sacar os peixes mortos. Debeu ser para que non os viran os veciños. O caso é que ao longo da Preguiza prácticase a pesca sen morte, pero hai persoas que si pescan e outras que colocan as “cordas” dende as barandas do malecón. Pódese decir que a desidia das autoridades ante este problema é de mirar cara outro lado e deixar que estes furtivos esquilmen o río Támega, sabendo que esta zona é un lugar de recría para todo el. O mesmo que a existencia de visóns. Dende a terraza do bar do Zurria viron como un destes animais se desprazou tranquilamente, cara abaixo da pasarela, e enguliu a troita que levaba na boca. Para este tipo de individuos, Medio Ambiente debería empregar caixas-trampa selectivas, para capturalos e devolvelos ao seu dono, posto que elimina todo tipo de fauna específica do río. Asi non se ven patos, pitas de auga, ánade real e despraza ás londras. O Concello debería atender estes problemas e debe poñer máis empeño en conservar limpos estes lugares, o mesmo que colocar carteleiras co nome específico dos lugares do río. Dende a Ponte do Melo, que por certo, aínda está sen recuperar, frente ao cuartel da Garda Civil, os lugares de baño que había antigamente son os seguintes: Río enriba pasamos polo pozo dos Americanos, antigo Matadoiro, actual pasarela cara o barrio do Olivar. O pozo do Bazal, os Pasadais, que non existen, nin o concello fai nada por recuperar as típicas poldras, para que os verineses, de agora, saiban o que son e o para que servían. Estarían á altura da depuradora de auga potable. O Trerranas, o Pozo Negro, aínda conserva o amieiro tumbado, que os rapaces empregaban para chapucearse. Continuamos pola Preguiza, pasando polo Pontillón, ata chegar ó Paquita, o pozo máis fondo, que daquela tragou a dúas persoas e máis aló o Mefa, onde o Tarzán, que en paz esté, facía unha presa de bidóns de aceite, enchéndoos de area e atándoos ós amieiros. Logo o Señoritas, a lagoa do prado do Miñambres e a presa dos muíños dos Peláez, na Pedreira, e dos Tresguerras, ambos en San Lázaro. Como verá, señora María, debemos recuperar as nosas cousiñas. Só se recupera cara Infistela. Debe haber problemas coa columna e iso que hai unha asociación que o intenta, pero os políticos locais marcháronlle coa subvención que pediran.
Lunes, 12 de Octubre de 2009 13:02 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. TainasMiña cara señora María: Tainas, don Feliciano Sola do hotel Aurora, deixounos. Cansouse de estar con nós. Quixo dar un paso máis na súa pelegrinación vital. Seguro que aló non cambiará. Non debe cambiar. Deus quéreo así. Todos os que o apreciabamos, quedamos orfos. Un gran oco, que será moi difícil de encher, arredor de calquera mesa ocupada de viandas, sobre todo no país veciño. Quedara con el, para facer un pasarrúas, explicándome a orixe e historia de cada casa de Verín, pero non tiven esa oportunidade, porque a morte adiántouseme. Foi máis rápida, mellor dito, chegou antes que o aparello que mercara por internet, polo que non tiven a sorte de pasar unhas tardes a seu lado. Necesitaba escoitalo e que me contara as súas viviencias en cada recuncho de Verín. Tiña algo que facía pasar o tempo sen enterarte, porque a súa maneira de expresarse era natural e moi amena. Falaba e falaba, sempre con algunha historieta que facía que o momento fora divertido. A seu lado non había penurias. Poucas persoas hai tan elegantes, tan coidadosas cos demáis, e cunha sutileza que era capaz de convertir calquera trastada nunha peremne amizade. Seguro que estará presente en todas as mesas onde se senten os seus amigos, Fanfán e Sánchez, sobre todo nos restaurantes do país veciño, que frecuentaban asiduamente. Un bo detalle por parte dos propietarios que acudiron á cita con ramos de flores. No Kilómetro 10 e no Canxirao será onde noten a súa ausencia e terán moito coidado a hora de ver aos amigos, porque estarán sentados, pero faltarán as verbas do “sabio” vello restaurador. Haberá sempre unha cadeira valeira ao redor dunhas boas viandas, como era normal, porque así pensarán que está presente. Que Deus te coloque ao seu carón, porque é o que todos desexamos. Seguro que estarás presente ao longo da nosa vida, porque a túa ausencia será unha presenza en cada unha das nosas xuntanzas. Será difícil sentarse sen ti e será duro romper o xeo das primeiras verbas, para comezar a conversa, porque as bágoas asomaranse polas meixelas dos contertulios, que ven difícil emprender a charla ao redor da mesa, porque algo lles falta. As Portas de Madrid deixáronte pasar. Non che puxeron freno, nin che cobraron o fielato para que non esperaras e chegaras tarde ao máis aló. Non foi nada fácil chegar ata elas e iso que na parroquia entonaron cánticos que purgaron as túas culpas. Baixo a súa mirada pasaches os seus umbrais, porque tiñas necesidade de chegar, para alcanzar a eternidade. Se Deus che regalara un pouco de vida seguro que farías o mesmo. Cruzarías a fronteira co Fanfán e o Sánchez e iríandes ao Km 10. Non debes abusar da confianza se non eres capaz de chegar e invitar a todos. Pódeche pasar o mesmo que cando entraches na cafetería Oasis e dixécheslle ao camareiro que invitabas a todos. Botaches man da carteira e non tiñas un centavo, polo que dirixicheste ao dono dicíndolle que non se preocupara que ao día seguinte irías a pagarlle. Ata hoxe, non apareciches. Pero... iso eras ti. Que Deus te teña onda el!
Domingo, 04 de Octubre de 2009 17:09 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. MandínMeu caro Marcelino: Tivo que vir o Plan “E” para que fixeran obras na praza da igrexa. Seguro que ninguén tivo noticias ata que o pedáneo comunicou que o Concello estaba a redactar o proxecto. A ningún veciño se lle deu a oportunidade de opinar sobre tal obra, polo tanto, todo se fixo por antoxo do mandamáis verinés. Aínda máis, a ninguén se lle preguntou se era necesaria, no pobo, a mencionada obra. Non foi nada raro, porque dende que preside a corporación este taifiñas, as decisións sobre as obras a realizar en calquera recuncho municipal, sempre se comunicaronn despois de feito o proxecto, do que ademais se encargaba el. Ti, meu caro Marcelino, que traballaches a reo en facer un campo de fútbol, daquela houbérache gustado que acondicionaran un terreo, aproveitando a concentración parcelaria, porque te sintes con forzas para dirixir aos cativos da túa parroquia. Porque o teu foi o fútbol, a pesar de que non se vía unha das porterías cando estabas na outra. Por iso disfrutarías con ver un campo chairo e cunhas dimensións adecuadas para practicar o teu deporte rei. Aquel campo, no Toural, con dimensións reducidas, era o lugar onde tomabas o teu descanso despois de gañar uns cartiños, viaxando cara a vila, cargado de mercaduría, no soporte da bicicleta. Bicicleta que tanto coidabas e que che axudaba a burlarte da vixianza oficial ou dos gardiñas da fronteira. O Plan “E” tróuxoche unha praza remozada na que non volverás a darlle unhas patadiñas a un balón, porque agora póñenlle pedra de grá e leva dous niveis, cun escalón no medio, impedindo que todo esté chairo. Non volverás a poder aparcar teu coche, porque o bordillo quedará máis alto ca rúa. Terás problemas o día que decidas ir á misa e non poidas achegarte ti só, tendo que depender de alguén que te acerque e logo fuxe de aló, porque non deixaron sitio para colocar un aparcadoiro de servizo do lugar e dos oficios relixiosos. Nin pensaron no señor crego, sabendo que ten máis misas noutras parroquias, para deixarlle onde aparcar o seu vehículo. Ningúnha árbore máis leva o proxecto, polo que a calor seguirá pegando, perante o verán, coma sempre. Para iso gastan tantos euros! A fonte e o labadoiro seguirán no mesmo estado, cando se prestaban a facer algo diferente, na praza. Iso demostra como se fan proxectos de costas aos veciños, que deberían ser os máis informados e preguntados, porque son potencialmente os beneficiados. Aquilo préstase máis a unha “ágora” ateniense, para uso político, nos momentos das eleccións, que de lugar de reunións para os veciños. O rexedor pensou máis nel, que nos veciños de Mandín. Pero contigo ninguén falou, meu caro Marcelino, porque ti proxectarías outra obra, que polo menos, sería de seguridade vial para os veciños, que paseandes polas pistas de concentración parcelaria e pola estrada que vai dende o Terrón. Ti dirías que a obra máis importante, que necesita túa parroquia, é a construcción de beirarrúas dende o Terrón ata Mandín. Deste modo tamén se ensancharía a estrada facéndoa máis axeitada para circular os coches e os veciños terían máis seguridade. Porque ti xa tiveches algún percance, cando das o teu paseo, por esta estrada. Como verás, no concello non pensaron nin en ti, nin nos veciños. Jueves, 30 de Julio de 2009 18:03 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. InquisidorMiña cara señora María: Os historiadores deben estar errados cando só colocan no termo municipal de Verín dúas casas da Inquisición. Unha está no lugar da Granxiña, na parroquia de Tamagos, e a outra na parroquia de Vilamaior, preto da igrexa. Esquecéronse da máis importante, que está nestes intres, na casa concello de Verín. Dende alí trátase de exercer todo o control sobre todo o que se move en todo o concello. Hai que levar á fogueira a todo aquel que non comulga co inquisidor politiquiño. Cóntolle, señora María, en que pasa o tempo o mandamáis da vila. En vez de preocuparse de cumprir coas promesas electorais que lle fixo ao pobo, perde o tempo en dar orde de eliminar da páxina web do concello a fotografía e a páxina web do que neste momentos se está dirixindo a vostede. Na anterior lexislatura e co goberno tripartito, a estas CrónicasTamaganas podíase acceder a través da páxina do concello. Era un enlace máis, pero iso non lle daba máis categoría, senón que o único é que aparecía nela. Todo estaba tranquilo. Todo pasaba desapercibido. Ninguén se percataba do asunto ata que chega o torquemada verinés e decide xulgar o feito e condena a esta persoa ao ostracismo da páxina municipal. Podo dicir que a esta páxina web das Crónicas Tamaganas acceden estudantes de Verín espallados por toda España. Emigrantes que comentan que grazas a esta páxina teñen noticias da súa terra. Pero o que máis me gusta é recibir a noraboa das persoas que escoitan a COPE, e polo tanto as miñas Crónicas Tamaganas, cando vou pola rúa. Non gustaba da anterior páxina, e reformando a actual, preocúpase máis de borrar da páxina a quen lles fala, que a ver se o novo contido recolle cousas e temas importantes de Verín. Para este personaxe o tema importante é controlar e ter a xente como súbditos, máis que como persoas. No seu maxin só pesa o control da súa “finquiña”, como dicía cando o levaba cara Santiago, referíndose a Verín. A culpa de todo tena vostede, señora María. Siga a votar para que siga medrando, e vostede busca que te busca un posto para súa netiña querida. Darase conta de que este pobo só medra en Infistela. Os demais teremos que pasar por Cáritas. Aproveite a ocasión, que hai sete prazas para a Eurocidade. Algunha pode conseguila se sabe onde tocar a gaita, pero non a galega, senón a que da o posto de traballo. Señora María, estou moi contento e motivado porque a partir de agora son importante. As miñas Crónicas Tamaganas fan o que teñen que facer, para iso as escribo e a través da Blogia lenas en moitas partes. Narran aconteceres, historias e as miñas experiencias neses anos de política local, que non teño nada que ocultar, porque sempre din a cara, o mesmo que fago agora. O que ocurre, señora María, é que a verdade manca! Se se preocupara de colocar a baldosa, que un veciño cuidadoso arrimou á parede do edificio dos Peláez, que leva máis dunha semana alí. E logo di que anda pola rúa. Será en coche do trinque.
Jueves, 25 de Junio de 2009 14:05 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 3 comentarios. VíctorMeu caro Víctor: quedaches abraiado da noticia que estabas a escoitar na COPE! Nunca quere a culpa. Con este rexedor sempre quedará solteira. Foi o mandamais que máis prazas de policía local ofertou, e logo d, que non manda neles. Tampouco arregla a beirarrúa que está na parada de taxis da Prazuela, porque hai uns días unha persoa tropezou no marco da tapadeira e deu co nariz no chan. Por sorte, ti que viches o accidente apresurácheste a botarlle unha man e levala a curar, recolléndolle primeiro os lentes. As reclamacións continuas que fai o voso presidente non fan efecto, nin as debe ler, para que tome unha decisión sobre a ocupación do vosos postos de traballo, por parte de persoas, que infrinxen a normativa sobre aparcadoiros. Por iso sae dicindo que non manda na policía local. Pois o pobo elixiuno para que faga cumprir as ordenanzas municipais. Pola contra, que dimita. Haberalle que recordar, meu caro Víctor, as raias amarelas, na meirande parte das rúas de Verín, que logo mandárono a ocupar os asentos da oposición. O del non é ocuparse da vila. O del é romper o protocolo, saíndo nos xornais, ao pé da escaleira que o rubía xunto o actual Presidente da Xunta de Galicia. Tiña que ser o primeiro! Logo chega á vila e anuncia que non hai cartos para o futuro Parque Empresarial de Tamagos. Pero se leva máis de vinte anos no concello e sempre está cos mesmos temas. A oposición saíulle en tromba, para recordarlle en que partidas están os cartos e hai unha valla publicitaria no lugar na que reza iso de fondos europeos. Quere dicir que dese proxecto teñen coñecemento en Bruxelas. Seguro que do que menos falaron foi do Parque, porque na súa carteira ía un tema moito máis importante para el, como é o de manterse como membro do consello de Radio Televisión de Galicia, que están a punto de nomealos. E ti preocupado de que dea orden á policía local para que manteñan desocupadas as vosas prazas. Dáste conta que iso son migallas?. En Santiago son cento vinte e catro mil euros ao ano. Quen chos dera! Iso si que é un soldo, e non ti, que tes que esperar a que suba un ocupante ao taxi, para que logo che pase coma o outro día, que ademais de non pagarche aínda te accidentaches. Non lle importa, porque sempre lle saen os votos. Non viches que nestas eleccións o PP subiu uns cincocentos. Este número de persoas non lle dan o voto nas eleccións municipais, pero sonlle respaldo para colocarse ben en Santiago, porque os xefes do partido non entran nesas análises. Debes esperar máis noticias e estate atento ás serpes do verán, porque verás como se sae coa del, a pesar de que ten moitos rexedores en contra. A cobra está lonxe. Anda polos santiagos. Quere vir apadriñada para ocupar o olimpo pepero provinciano. Viernes, 12 de Junio de 2009 13:57 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. LeteMeu caro Lete: todo se acaba. Ti non remataches, obrigáronte a que tomaras un tempo de descanso, no momento en que te sentías no cénit da túa vida. A lei que te xubilou non quere terte de cicerone na acrópole; non quere que pases á historia como a única persoa, que deches a cara, contra todos os que fixeron do Castelo a súa experiencia con teorías e materiais modernos. Nunca fuches cómodo coa administración, porque chamabas e chamabas, para que se presentaran e viran os estragos producidos polos que frecuentaban, pola noite, o recinto amurallado. A pesar de todo, nunca decidiron pór vixilancia nocturna. Deches a cara, cando algún malvado rubía coa moto, por enriba das murallas, facéndolle de pista de cross. Sempre estiveches nese estilo crítico, que te caracteriza, con todas as inversións públicas, que viñan dirixidas dende Santiago, porque ti vivías os problemas do Castelo cada segundo, cada minuto, cada hora, cada día. Vinte e catro anos parlamentando e dando explicacións a todas as persoas que te visitaban, porque a túa conversa sempre foi amena, pero con acento crítico, para cos políticos responsables directos de non buscar unha alternativa a ese espazo monumental, que preside todo o val do río Támega. Se parece que foi onte cando retornaches de Francia e conseguiches ese posto na administración, e a lei che impón que tes que dar paso a outra persoa. Pero quen se non ti, para continuar recibindo aos visitantes, que ruben ata o cumio da Torre de D. Sancho ou do Homenaxe, para ver como todo o val se estende cara Portugal, porque ti es da Pousa, lugar que depende directamente da parroquia de Monterrei. Naciches, creciches e viviches entre as pedras que conforman todo o recinto que da forma a esa Fortaleza da que nos sentimos orgullosos todos os tamaganos. Ti, que non entras nas liortas de que se estes ou aqueles son os responsables de manter nese estado de desaproveitamento todo o conxunto arquitectónico, porque o abandono de todos os políticos, con responsabilidade directa no Castelo, foi e é manifesta en todo o que se ve, cando se visita a fortaleza. O que máis me gustaba de ti, meu caro Lete, era cando contabas as túas peripecias. Ao rematar a escola, o teu pai tróuxote para xunto del, aquí embaixo, para traballar na chocolatería da rúa Maior e ti só aguantaches dúas ou tres semanas, porque no teu fondo, non te sentías realizado. Eras, xa daquela, un inconformista, porque emigraches, tratando de buscar algo mellor para ti. Agora quedamos sen ti. Teremos que visitarte na túa casa porque as túas verbas non se escoitarán máis na acrópole. Non saben as novas xeracións visitadoras do Castelo o que se perden. Pero gañámoste os que te apreciamos. A túa teoría sobre a muralla de Verín deberíana escoitar historiadores para que vexan que na sabedoría intuitiva popular está a explicación de moitas cousas. Terás moito tempo para gozar dese deporte que tanto practicas cos teus amigos, e que tantas historias esconden. Dende aquí, dende a COPE, unha aperta e que goces moitos anos cos teus que tamén te necesitan. Quero verte con algún netiño, aínda que sexa na Pousa, ao lado do río. Sábado, 06 de Junio de 2009 09:59 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. MimiMiña cara Mimi: hai un refrán que di: “é de ben nacidos ser agradecidos”. Non estiveches ás alturas das circunstancias na túa despedida dos verineses que te botaron e te auparon aos altares políticos de Santiago. O mesmo que tomaches posesión do cargo de concelleira municipal, tamén te debiches despedir no mesmo salón e non mandar a renuncia por escrito. Demostraches pouca categoría. Grazas a estes votos estás onde estás. Os plenos municipais poden ser convocados de varias maneiras, polo que puideron buscar unha data axeitada para ti. Todo o mundo tiña moita présa!. Non se sabe moi ben se para que te quedaras ou para que te fóras... Pola contra deches a entender que te sentías mal en Verín. Aquí non se desenvolvían as túas pretensións. Sentíaste incómoda. Estabas atafegada. Nunha palabra: Verín quedábache pequeno. A oposición cumpría coa súa función, pero ti non aceptabas as súas críticas. Ata tal punto, que renunciaches a última paga do mes, porque non querías ser pasto da oposición, porque non dabas demostrado que si estaban ben invertidos eses tres mil euros que recibías dos veciños verineses. Que ben che saíu a xogada do verán. Reuníronse os altos mandos do partido para convencerte de que non abandonaras ao taifiñas verinés como fixeran outros concelleiros. Que órdago!. Colocáronte nas listas para o Parlamento de Galicia e por envexas partidistas situácheste como primeira. Daquela estabas afianzada co teu voto en calquera votación, tanto no concello como agora no Parlamento, pero a túa inexperiencia política fixo que renunciaras aos cargos electos, para colocarte como Secretaria Xeral de Turismo, conseguindo afastarte do teu salvoconduto, dos teus votantes, da túa terra, aínda que non te viu nacer. Ten coidado, porque o dedo que te nomeou, tamén te pode destituír, xa que agora estás indefensa, sen voto co que asegurar a túa permanencia. Ofrecéronche un carameliño e picaches. Cousas da vida, diría o noso caro Castelao. Terás que purgar os teus desbocamentos políticos, porque a “sumisión”, chamada lealdade, en política, non vai contigo. Nun Parlamento o importante é que non falle un voto, sobre todo, estando tan xusta a votación, nin haxa sobresaltos nos parlamentarios. Serás a responsable das futuras grandes obras do Concello. A primeira encomenda será ese famoso Hotel-balneario-spá-escola que tanto bulo ten na vila, pero que non da tomado corpo. Vendéstelo na campaña das municipais, pero pasa o tempo e non hai indicios dos comezos da obra. Debes ter coidado e que non che pase como coa famosa Lonxa Agropecuaria, que custou preto de trescentos millóns das antigas pesetas e está morta de risa. Como pertences á Concellería de Cultura e Turismo tamén terás que buscar cartos para facer a outra tan manida obra chamada Auditorio, que por certo, a que xoga teu padriño político, por unha banda sinala os terreos no PXOM e por outra apetécelle ó cine Buenos Aires. Non se entende nada. A culpa tena quen se deixa enganar. Rematamos con outro dito: “favor, con favor se paga”. Debes acordarte do exconselleiro das vacas tolas, que foi o primeiro, que te colocou en Santiago, no seu gabinete.
Domingo, 31 de Mayo de 2009 11:01 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Laza
Miña cara señora María: Debemos falar con Xosé Anxo para que coide con esmero os costumes do seu pobo. Tres aspectos están a faltar nas cerimonias que se celebran nos primeiros de maio para conmemorar as actividades agrarias. A contaminación non debe chegar ao lugar, que se pode considerar, como a Ítaca tamagana. Todos os rueiros de Entroido levan a Laza, aínda que sexan tortuosos e complicados, por iso hai que coidar todas as raigames que manteñen a pureza dos actos. Un deles será difícil, porque a despoboación camiña a marchas forzadas e non hai quen a pare, sobre todo, nestes recunchos da xeografía galaica. O”Maio” ten que ser a árbore máis alta de toda arredonda. Nesta ocasión non superou a ningún dos piñeiros que hai na ladeira do monte, camiño cara As Eiras, aló na Mallada Grande. Os mozos fallaron, porque agora é máis doado de facerse coa árbore máis alta por ser máis fácil de cargar e trasladar. Os novos instrumentos de labranza son máis moderno e facilitan o traslado. Nunha palabra, hai que facer menos esforzos. Só hai que poñerlle ganas. O lugar de ubicación sempre foi na Picota. Praza mítica para os peliqueiros que teñen nela a demostración de que están ben fisicamente. O que non a rube é a vergoña dos veciños. Trasladaron o buraco para o campo do Lili, desprazando de lugar a árbore que representa a entrada da primavera como sinal de fertilidade e riqueza. Foi un fallo acondicionar a praza por non deixar un buraco cunha tapadeira. Os novos tempos non deben ser culpables de erradicar costumes que dan carácter a este pobo do alto Támega. Tampouco se debe cambiar por conservar limpa a rehabilitada Picota, porque non só son praza e árbore e veciños, senón todo o conxunto, os que lle dan sentido a todas as cerimonias que acontecen nela. Na Praza estás, ao campo do Lili tes que ir, aínda que están pretos. “Eva“ ten ser que a moza casadeira no ano natural a súa elección. Costume difícil de manter, porque os novos vanse das aldeas e teñen que recorrer ás cativas que van aos institutos. A Comisión elixiu a Katia. Aspecto difícil de mantelo, a non ser que abran a elección a todo o municipio ou a toda a bisbarra de Monterrei. Hai que dar tempo ás comisións para que vaian artellando solucións que non desfiguren estas festas primaverais, que fan de Laza lugar de reencontro coa natureza e de xente que acode a ver vivencias arcaicas, buscando outras maneira de vivir na súa terra. Laza repite cada ano cerimonias que fan dela un lugar de peregrinación, dando vida a este pobo, que non lle fai falta gastar en promoción, porque seus costumes son a mellor garantía de visitantes. Outros deben aprender de Laza. Por certo, houbo “maios” en Verín?
ExpedienteMiña cara señora María: os acontecementos na vila suceden tan acotío que non hai tempo para a reflexión. “Vidas Paralelas” é unha obra de Plutarco, pensador grego, que destaca polo seu moralismo narrativo. Debíana ler os mandamases que dirixen os destinos do Concello verinés. Polos finais dos setenta e principios dos oitenta, do século pasado, non hai tantos anos, rexentaba a alcaldía a señora Lovelle Alén. Por aqueles anos foi contratado D. Manuel Sánchez, actual aparellador municipal, como técnico de urbanismo. Nun determinado momento a señora alcaldesa destituíno. Púxoo na rúa, como vulgarmente se di. O caso é que ao aparellador houbo que restituílo no posto, convocarlle unha oposición restrinxida e indemnizalo con intereses de demora. Aqueles cartos saíron dos impostos que pagaron todos os veciños de Verín. Vidas paralelas entre o técnico de urbanismo e o técnico de deportes. O mandamáis actual contratou a Larrán como técnico deportivo do concello de Verín. Agora, abríronlle expediente e expulsárono do seu posto. O técnico acudiu á xustiza e hai que restituílo de novo, polo que haino que indemnizar co soldo correspondente máis os intereses de demora. Os veciños de Verín, de novo cargan coas falcatruadas dos caprichos municipais, tendo que abonarlle o soldo máis os intereses do tempo que non cobrou. Debería haber unha lei que obrigase ao político de turno facerse cargo da indemnización persoalmente, porque xa está ben de que sexan os veciños os que carguen con estes caprichos dos políticos. A historia deste caso toma corpo cando o señor Larrán ten que ir ao paro para presentarse ás oposicións de técnico deportivo municipal verinés. Hai que recordar que esta convocatoria foi levada ao xulgado polo BNG, por mor de algunha irregularidade. Pasou aquel trámite xudicial é o señor Larrán fíxose coa praza de técnico deportivo do concello de Verín. Aquel rexedor que convocou aquela praza é o mesmo que actualmente rexe os destinos municipais verineses, sendo ao mesmo tempo quen continúo co expediente para expulsar ao señor Larrán e que terá que readmitilo, segundo sentencia xudicial. Daquela valíalle. Agora expúlsao. Non importa, paga o pobo. A vida, señora María, cantas voltas dá. Daquela, o Bloque denuncia aquela convocatoria e agora a Converxencia Intersindical Galega é quen defende os intereses do mesmo técnico. Tan pouco tempo para os mesmos casos! Que pouco se fisga na hemeroteca do concello! Dá traballo!
Viernes, 08 de Mayo de 2009 13:59 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. ADSLMiña cara señora María: Día catro de abril do presente ano, contestación do mandamáis ao portavoz socialista no Concello de Verín:“(...) no se necesitan firmas para saber lo que demanda o solicita el pueblo pues simplemente hay que estar en la calle y escuchar a la gente cada día, (...)" e segue ”(...) cada vez está más alejado de la relidad y de lo que quieren los vecinos." Día dezasete do presente mes e do mesmo ano, contestación unísona do rexedor e da “Mimi” aos comerciantes de Feces de Abaixo: “no nos trasladaron ninguna queja y eso que mantengo contacto permanente con el pueblo." A Tenente de Alcalde comenta: “no tenía constancia de la carencia de banda ancha en la localidad." Durante anos, e case cada semana, pasou por ese paso fronteirizo, cara o seu posto de traballo, aló na Lusitania. Do mandamáis pódese afirmar que só pisa as rúas en tempos de campaña electoral. Isto chámase tomarlle o pelo aos cidadáns ou rirse deles, pero isto é o que temos. Para que valen esas xuntanzas da Área de Promoción Económica cos representantes dos colectivos profesionais, se non tratan estes temas, que lles afectan directamente. Ou son simplemente para saír nos xornais e xustificar o soldo ante os veciños? A eurocidade traerá esta solución, porque haberá que acondicionar o antigo edificio e colocar a uns cantos “amiguiños”. Apresúrese, señora María, se quere traer da emigración a súa netiña. Está máis preparada, pero iso non importa, porque non pega carteis cando nas eleccións. Aos de Feces de Abaixo entraralles antes a banda ancha vía Chaves que vía Verín, a pesares de que xa está por Tamaguelos. O caso non é só andar. O máis importante é mirar e ver, porque as especies arbóreas da Carreira Cova de Cabreiroá foron vítimas dunha motoserra. Tampouco tiveron novas deste feito! Árbores que podían facer de reclamo turístico no Concello, porque non hai moitos pola bisbarra, pero ao novo dono da finca, adxudicada pola Concentración Parcelaria, debíanlle estorbar e acabou con eles. Puido ser tamén produto dalgún desacordo entre o antigo e o novo dono no prezo. Consecuencias da concentración! No lugar onde estaban non lle facían mal a ninguén, nin eran impedimento para levar adiante as tarefas agrarias. Pero se andan pola rúa a cotío, como non se decataron desta tala que acabou con catro, da ducia de alcornoques, que hai en todo o termo municipal! Desidia ou impotencia para controlar un territorio tan cativo en extensión por parte co Concello e ó mesmo tempo falta de catalogación de árbores, que debían estar fichados como patrimonio forestal municipal dentro desa famosa rede Natura 2000. Señora María, nos Santiagos estánlle a ofertar cargos. Non se despiste. Chame ao teléfono adecuado.
Miércoles, 29 de Abril de 2009 13:44 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. LázaroMiña cara señora María: -Ano 1942, días 21, 22, 23 e 24 de marzo. Ano 2009, días 21 e 22 de marzo. O tempo fixo coincidir as Feiras e Festas de San Lázaro. Tempo pasado, 67 anos. Naquel ano inaugurouse a Praza de Abastos, que por certo a gran maioría da poboación existente na vila non sabe que edificio é, porque está dedicado a outros mesteres. -Gran obra dos políticos de turno! Como homenaxe a aquelas persoas leo o texto do programa, para que alguén aprenda e busque nas hemerotecas, vendo que non se inventa nada, nin fai falta malgastar os cartos públicos en comilonas nin en soldos desorbitados. Aínda que o papel non está en boas condicións lese bastante ben. Pon o programa: “PROGRAMA OFICIAL de las Ferias y Fiestas que en honor al Gloriosísimo San Lázaro se celebrarán en VERÍN del 21 al 24 de Marzo de 1942. Patrocinadas por el ilustrísimo Ayuntamiento. SÁBADO, 21. A las 12 del día: Previo un repique general de campanas y salbas de bombas recorrerán las calles de Verín: LA AGRUPACION MUSICAL ALBARELLOS, que dirige el maestro compositor D. Camilo Pérez, ex-director de la famosa banda “La Lira de Ribadavia” y el renombrado “CUARTETO PAZOS”. A Partir de las 5 de la tarde los citados conjuntos musicales visitarán todos los barrios de la población. De las nueve en adelante paseo de moda y folión. DOMINGO, 22. A las 6 de la madrugada: Un gran disparo de bombas anunciará el comienzo de los festejos de este día. A las 9. Entrada brillantísima: “BANDA DE MÚSICA DE VILANOVA DOS INFANTES”. A las 10: Misa cantada en la Parroquial. A las 12 Inauguración y bendición de: “LA GRAN PLAZA MUNICIPAL DE ABASTOS”. A las 4 de la tarde: Interesante encuentro de FOOT-BALL entre los potentes equipos Amanecer (F.J.) de Orense y el C.D.Verín (F.J.) de esta Villa. A continuación paseos amenizados por las agrupaciones musicales. A las 10: Fuego de artificio y conciertos. LUNES, 23: Al amanecer disparo de bombas. A las 9 dianas y alboradas. A las 11 misa cantada a toda orquesta en la capilla del Gloriosísimo San Lázaro y procesión. De doce a una conciertos. A las tres de la tarde: Gran feria adjudicándose valiosos premio a las mejores reses. Seguidamente, animadísimos paseos. A la noche, conciertos y folión. MARTES 24: Grandes dianas por las afamadas bandas de música y gaitas del país. Desde las 11 a la una, conciertos de música selecta con paseos . A las 4 de la tarde: Gran partido de FOOT-BALL entre el potentísimo team de primera división de la liga CLUB CELTA DE VIGO y el equipo de esta villa reforzado con valiosos elementos. Seguidamente como el día anterior conciertos y paseos. Por la noche, fin de fiesta con una gran salba de bombas. Nota: La Semana Santa de este año en Verín será u acto espectacular y digno de ver con premios a los mejores cantores de saetas. Véanse los programas de mano. El domingo de Pascua grandes festejos a cargo de la AGRUPACION MUSICAL ALBARELLOS Y GAITAS DEL PAIS." Señora María, este ano todo foi karoke. Viernes, 03 de Abril de 2009 20:59 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. Informe PXOMMiña cara señora María: Teño nas miñas mans, unha copia do informe do PXOM de Verín. Todas as gotiñas, que o rexedor vai soltando, nos medios de comunicación, están aquí recollidas. É triste que os interesados por este tema, teñan que estar a espera da incontinencia do mandamais. A manida frase de que cada pobo ten o que se merece xa non fai mella, nin entra no maxín dos veciños, para tela en conta non momentos oportunos das eleccións, polo que somos unha xente sometida. Este documento, custodiado con sete chaves, aínda que só abre o caixón a que está escondida tras do cadro da parede do leste, apareceu unha copia por doquier, chegando ata min, polo que vou a referirme a el, no punto que máis salientable me parece, porque recolle parte da miña suxerencia ao PXOM, con data do dezasete de setembro do dou mil seis e número de rexistro de entrada, no Concello, tres mil oitocentos catorce. Prégolle, señora María, que non insista en descubrir ao mensaxeiro. Hai que ser cabaleiro, como di o rexedor, porque sabe conversas privadas dos concelleiros da oposición e non as publica. Tonterías! Sabe o que quere saber el, como nos pasa a todos. Contan o que queremos escoitar e sobre todo entre políticos. O texto é moi embulleirado e só se entende se vai acompañado da planimetría, por iso ten pouca validez, a pesar de ilo soltando por goteo. Seguro que algún personaxe viuno e outros da súa clientela tamén, cando o normal é que fosen informados todos os veciños, nunha xuntanza, con explicación dos técnicos. O informe consta de catorce páxinas, todas enumeradas e coa data e hora de saída da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e número de rexistro 503 do 27. FEB. 2009 13:16 D.X. URBANISMO Nº 503. Tamén teñen un cuño coas grafías: PTO-OU-08/025 VERIN (OURENSE) P.X.O.M. - A.I. - Informe - Páxina 1 de 14. Para min ten un valor enorme, porque matiza, case cos mesmos termos a miña suxerencia nos espazos que deben ser ocupados polo PXOM. Leo un dos párrafos: “O núcleo urbano de Verín presenta un crecemento radial ao longo das vías de comunicación, que se veu favorecido pola implantación de grandes equipamentos en lugares periféricos. Como consecuencia desta dinámica resultaron numerosas bolsas de terreos sen transformar en posición relativamente centrais da cidade, que, atendendo a un principio de utilización, racional do solo, deberían ser os lugares prioritarios onde situar as novas edificacións.” A miña suxerencia di: “Verín creceu ao longo destes factores: primeiro nomeo cada unha das rúas, centrando a maior densidade de construcción en torno ás radiais principais. Isto provocou zonas interiores baleiras, que deron lugar a longas avenidas con traseiras urbanas indefendibles, que son as que vostedes deben darlle unha solución axeitada." Máis adiante iremos esmiuzando o máis salientable do informe. Como verá señora María, os veciños deben ser informados e os políticos deben ser claros coma a auga do Támega, río enriba. Viernes, 03 de Abril de 2009 20:58 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. HomenaxeMiña cara señora María: a historia está sempre escrita. Os contos, as lendas e as historias pasan de boca en boca e trocan o seu significado por cada maxín que pasan. Douscentos ano fai que os franceses pasaron por estas terras, segundo os historiadores. Os textos, dalgúns libros parroquiais, catalóganos como verdadeiros bárbaros. Ante aqueles crimes foi normal que o pobo, con armas rudimentarias, se levantase e loitase contra eles para expulsalos desta terra. Poucos días estiveron por aquí, pero súa pasada foi suficiente para que os recordos de tales desalmados perduren no tempo. Deste acontecer, poucos recordos e ningunha exaltación para aqueles heroes que se levantaron en defensa dos seus. Pola contra, celebrouse na vila unha ofrenda floral a García Barbón. Persoa emprendedora e filántropo destas terras, que reclamado por un tío, emigrou a Cuba, onde fixo fortuna. Unha posible enfermidade fixo posible que regresara, aínda de boa idade, para emprender actividades na súa terra natal. A vila conta con obras que sufragou por completo, destacando o Colexio dos Irmáns da Salle, sendo berce de cultura na bisbarra. Hai que destacar que todas as persoas que beberon da súa ensinanza, aínda hoxe destacan pola súa caligrafía e cálculo. Foron famosos aqueles cadernos de caligrafía inglesa, de redondilla e letra gótica, nos que non podía caer un borrón. É de admirar a maneira de calcular das persoas entradas en idade, que pasaron por aquelas aulas. Como di o Lois, eran outros tempos e as leis de educación eran menos intervencionistas. O acto en si, non foi máis que unha expresión dun pobo ante tantos desagravios a que foi sometido, dende o momento que se asentou na vila, segundo testemuñas verbais. Contan que os arrendatarios de xuros cobraban cada mes un tres por cento polos préstamos e García Barbón intentou pasar ese tres por cento a todo un ano, intentando crear un banco agrícola, polo que os caciques daquel momento déronlle de lado facéndolle a vida imposible e no casino non lle dirixían a palabra. Isto pasoulle en vida, polo que abandonou Verín. Despois de morto, o seu busto foi itinerante, colocado e descolocado segundo o político de momento, que se sentou na cadeira da alcaldía. O seu pedestal aproveitouse para colocar unha placa de inauguración do acondicionamento da praza, cando o seu lugar debía ser outro, por respecto a García Barbón. Na praza que leva o seu nome aínda está colocada a placa co nome de Praza Maior, intento no seu momento de borrar o seu sinal. Toda a vila sabe que a zona sur é a praza dedicada a García Barbón e a zona norte, dende a rúa das Obrigas, a praza dedicada a Nosa Señora da Estrela. Tamén o di a canción popular, que tanto gusta de cantar aos verineses: “Monterrei está nun alto, Verín está nun baixo. Nosa Señora da Estrela, está nun campiño raso”. Pois ben, nestes intres aparece colocada unha placa, na fachada dunha casa, co nome de García Barbón, na parte correspondente a Nosa Señora da Estrela. Pode alguén tomar cartas neste tema, que é de cultura xeral, e amañar esta confusión intencionada?
Sábado, 14 de Marzo de 2009 13:09 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Eleccións autonómicasMiña cara señora María: tenlle razón o Marcelino cando di que a rexencia dunha casa é coma a dun pobo e a deste coma a dun concello, e a do concello coma a dun goberno autonómico ou dun estado. Se vostede repara un pouco na anterior lexislatura municipal observará que Verín estivo baixo un goberno de conxunción de tres forzas políticas, na que sobresaíron os nacionalistas do BNG, por dúas cousas: control máximo do PXOUM e abandono da coalición. Se furga un pouco máis darase conta de que os concelleiros desta formación eran coñecidos por todos os veciños; sen embargo o resto de cargos políticos estiveron eclipsados, a non ser o señor Cid Harguindey. Ata o señor alcalde estivo anulado polo afán de protagonismo dos nacionalistas. No reparto das concellarías colleron a de urbanismo para estar máis en contacto cos empresarios e propietarios e así os veciños tiveran dependencia nacionalista. Sen embargo este goberno local adoeceu dun programa conxunto e pactado para levar adiante perante a lexislatura. Cada partido era un reino de taifas. Falta de reunións, falta de consensos, que foi o que recibiu a cidadanía, por iso perderon o goberno municipal. Foron desprazados pola ineficacia política, máis que polos méritos do actual rexedor. O PXOUM, que é a arma política de calquera forza gobernante, foi a causa principal que os levou a rotura e ao abandono do goberno local. Na constitución desta nova lexislatura local destacou o desprazamento a un segundo plano do candidato a alcalde, o socialista señor Afonso, en favor de Xan Carlos. Darase conta, señora María, que todo isto que estou narrando sae reflectido na actual política autonómica de Galicia. Se vostede bota unha ollada a Santiago só verá nomes nacionalistas. Case todos os galegos saben os nomes dos conselleiros do BNG, pero ninguén sabe os do PSOE, a non ser, os do señor Presidente e o señor Pachi Vázquez. Todos recordan á concelleira dos “mojitos” e ao señor Quintana, de baile cos da terceira idade. Ata en Verín estiveron máis presentes os políticos nacionalistas que os socialistas, a pesar de ter un representante de Castrelo do Val, como o señor Delegado da COTOP. Como verá, o señor Touriño tamén pasou a un segundo plano na política autonómica. Haberá que reflexionar de por que se pode pasar en tan pouco tempo dun goberno a outro. Os votantes non lle deron tempo para nada e os outros aínda non estaban destetados e volvéronlle a meter o biberón na boca. Facíalle falta un pouco máis de tempo na oposición para descontaminarse de todos os vicios políticos e das actitudes arrogantes que manifestan nada máis tomar o poder. Botáronos tamén máis polos seus fallos que polos méritos da oposición.
Sábado, 14 de Marzo de 2009 13:08 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Chailo![]() Meu caro Chailo, o entroido deberíase chamar Laza. Sodes a alma de todo este periodo carnal previo as cerimonias cristiáns da Semana Santa. Se faltara Laza, seguramente o entroido non sería entroido, sería unha festa coma outra calquera e iríase perdendo non albores do tempo. Mantedes a tradición dos días coma se fosen unhas etapas que percorrer para satisfacer o voso ego e manter ese espíritu entroideiro que fan de Laza ese recuncho onde perviven as esencias dunha festa vecindaria a pesares da rivalidade dos barrios. Seguramente que os de Barrio están celosos porque a morena saíu sempre de Cima de Vila. Hai que botarlle a culpa ao Costiña, que Deus o teña no ceo, pero mantivo con sumo coidado aquel suspense de por onde aparecía a Morena, e que burro ía ser o encargado de levar ata a Picota ao forasteiro que acepta a inocentada ou burla dos acompañantes ao longo da comitiva. Sabes, meu caro Chailo, que sodes unha parte importante desta festividade, porque non deixastes que as influenzas do camiño xacobeo volas estragase ou contaminase. Pode que nestas datas de inverno os pelegríns non tiveran a forza suficiente para introducir calquera costume foráneo, polo que vos mantedes aínda sen contaxiar. Para calquera cativo que desexe vivir o entroido, como daquela, haino que levar a Laza e deixalo, perante este tempo, para que teña esas vivencias. O neto do Jaravasio, cada ano que pasa, vai collendo estilo. Seguro que non defraudará os seus pais, porque representa a esencia da familia. Quen cambiou foi o Beni, que anduvo de reporteiro e de coidador dos cativos. Perdeuse a subida da Picota. Non importa, porque sabe que volve para o ano. Pero antes de chegar a Laza débese parar nos pobos nos que aínda os rapaces, ao saír da escola, percorren as rúas tiznando ás rapazas e botando cinsa a todos os veciños que atopan pola rúa. Tintores, Nocedo, Vences, Matamá e Castrelo do Val foron paradas obrigatorias antes de chegar ao cumio do entroido. As correrías polos rueiros detrás das raparigas non tiñan sosego. O agotamento era quen facía que recibiras de varias mozas o manoseo ata deixarte coma un carnaval. Tiznábante de chirnas do cú dun pote ou dunha caldeira e o borrallo quente do forno comunal misturábano con formigas, que producían sensación de picores por todo o corpo, tendo que espirte para desfacerte delas. Agora sodes un pouco “lai” e as farrapadas xa non son como eran. Teremos que velas en Tamicelas, porque seguen cos excrementos das vacas, como daquela, para lanzarllas aos veciños que cruzan pola praza. Vós, empregades lodo ou barro amasado e logo emboutádelo no farrapo lanzándollo a calquera que se perde pola Picota. Deberíades recuperar as bostas, ou senón os lodos da depuradora, facendo das farrapadas un entroido como daquela. Está moi ben ese folión-cea do venres. Sobre todo a recuperación dos fachóns, recordando as túas andainas de mozo, cando regresabas de namorar a túa dona ou de botarlle as serenatas, nunha noite pecha. Meu caro Chailo, o entroido é noso. Lémbraste de cando quedaches na rúa, de como te trouxo túa nai ao mundo. Eran outros tempos. Estarías baixo os efectos de Baco. Recórdalle ó teu cuñado que hai que alumear o Canto do Agro. Por alí pasa o folión. Miércoles, 04 de Marzo de 2009 22:01 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. MimiMiña cara señora María: Que listiña nos saíu a Mimi!. Pronto aprendeu da escola dos políticos, porque trata de contar só as súas vivencias positivas. Experiencias en todas as categorías institucionais, dende concellos ata Bruxelas, con coñecementos de idiomas, facendo do seu currículo un vademecum, para colocarse no máis alto pedestal. Sería unha boa alumna de Dióxenes. Ata o de agora non me fixo caso, señora María. Téñolle dito que chame a Mirian e que veña para acá, porque coa paridade nas listas electorais, ten sitio en calquera partido. A crise das ideoloxías é global. Recorda vostede que no pasado verán falouse moito do abandono político da tenente de Alcalde. Aquel amago deu froito e agora aparece a Mimi no cumio da política autonómica . Iso se que é unha carreira! Debe saber xogar moi ben ao mus, porque estes órdagos non saen todos os días! -Ten que ter presente este exemplo e esta maneira de entender a política nesta terra. Dá vergoña que a convertan nun comercio. Móvese todo por prebendas. Eu colócote, e ti correspóndesme. Ninguén dixo nada. Sería interesante que no resto dos concellos se fixese outro tanto. Veríase ao señor Presidente, facendo de mago, buscando solucións a tanto descontento, pero encontraríase cun enorme problema, porque non hai postos para todos. De momento, Mimi saíuse coa súa. -Debe estar moi doída, porque o primeiro que fixo foi lanzar ao voo que de agora en adiante non vai cobrar do Concello. Mellor dito, de todos nós. Non importa, porque o fará a través do Parlamento, que por certo tamén cobran dos nosos impostos. Mirian sería unha boa candidata, porque gozaba moito de entreter a todos os cativos da rúa e as nais agradecíanllo, porque llos entretiña e descargábanse deles. Era moi querida e coñecida. Non se pode dicir o mesmo da Mimi. -Nas entrevistas da prensa oculta unha serie de experiencias que hai que resaltar para colocala no seu lugar. Debe falar algo da lonxa agropecuaria, que está no campo da feira, porque sabe moito dese tema. Custou preto de trescentos millóns das antigas pesetas e está morta de risa. Traballou no gabinete, do entonces conselleiro, do Medio Rural. Máis tarde foi electa para por en marcha á Fundación Comarcal da Bisbarra de Monterrei. Soñaba con outra cousa e ao pouco tempo abandonou. Con este cargo puido empezar este invento da eurocidade, polo que xa se tiña ganado moito camiño e os veciños a gozar dese proxecto. Pasou por empresas privadas no país veciño e tamén por unha Caixa de Aforros Galega e o Metro de Madrid. Fixo principios de crear súa propia empresa, pero coa promesa do gran soldo, nas municipais, aceptou o envite do rexedor e aquí a temos. Por certo, aínda non dixo o nome nin a dona da empresa da nómina que serviu, para xustificar o seu soldo, no concello verinés. Esta sería unha boa noticia. Ata o de agora non hai novas de que esas empresas foran destacadas e postas como exemplos nos foros económicos, polas súas ganancias, basadas nos proxectos da Mimi. Para rematar pódese dicir que o rexedor comentou, dentro do concello, que o responsable desta “bomba” foi el, polo que non lle pode botar a culpa a ninguén, porque ninguén lla impuxera. Con esta solución suavizou un peso de encima. Domingo, 15 de Febrero de 2009 10:00 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A comitivaMiña cara señora María: Deixe que goce coma un cativo con chanquiñas novas. E iso que agora non hai pozas, nin lodeiros nas rúas dos pobos. Para este goce tiña que ser e nacer, naqueles tempos, en calquera parroquia, pero viviu sempre no corazón da futura eurocidade. Agora non se leva o que facía o tío Chanquiñas de colocar as gavelas dos toxos na rúa, para que estivera enxoita e poder pasar comodamente, convertendo aquel estrume en futuro esterco. Pola noite, ao regresar da casa do avó, sempre engarraba nun pau dun toxo, a pesares de levar o fachón, que me facía miña avoa. Sempre daba coa testa na camada, fincando algún pico nas mans. Non se debe alterar, nin perder os nervios, señora María. Pero debe incidir e persistir, porque os veciños votárono para facer oposición, non para que comulgue con rodas de muíño. Aínda que só foi unha comitiva de tres coches, tiña que aparecer aló, como o un “taifas” e diferenciarse dos outros e para iso necesitaba non só o coche, senón tamén as motos con sirenas e luces, para recordar outros tempos deste país. Facíalle falta unha máis, aínda que sabe quen a ten e podíalla prestar e a comparsa sería máis axeitada para tal fin. Canta soidade!, en certos personaxes... O aforro municipal é para o seguinte ano, no próximo orzamento, porque nestes intres aínda perdura o do ano anterior. Pero debe practicar nas cousa cativas, como neste caso. Sabe demasiado que os funcionarios non están para eses mesteres, senón para desempeñar outras funcións, mantendo a vila vixiada e coidando de que os vándalos non fagan das súas, porque saberá que ao cigarrón ou peliqueiro, da rúa Viriato, esnafráronlle, outra vez, seu nariz. E iso que só foi unha xuntanza máis para darlle corpo a futura eurocidade, onde Verín baila o son da gaita lusa. Quen marca as directrices son os flavienses, porque son os que están preparados, porque esgotaron todo tipo de proxectos na súa categoría, por iso agora necesitan crear entes superiores para optar a outros. Nunha palabra teñen experiencia. Souberon, a través da Asociación para o Desenvolvemento dos Concellos Ribeirenses do Alto Támega, colocar todas as ideas que xurdían nas Cámaras lusas, mentres que aquí non aproveitaron a Fundación Comarcal para o mesmo fin. Chama moito a atención de por que non se constituiu unha futura eurobisbarra ou eurocomarca ou euromancomunidade do Alto Támega, porque estas poboacións teñen máis de cento corenta mil cidadáns e responde máis aos intereses dos cidadáns, de ámbolos dous países. Pode que esta futura eurocomarca do Alto Támega restaría liderado aos dous protagonistas da eurocidade, polo que empezaron a camiñar solos, por intereses políticos e persoais. Sen embargo ante Europa, sería unha representación con máis entidade, para conseguir estar en proxectos doutros niveis. Neste caso a comitiva levaría máis representantes. Todo sería máis grande!. O señor Presidente da mancomunidade ten a oportunidade de principiar contactos cos da raia para dar forma a este ente no que debe por esforzos, porque así estaría representada toda a comarca de Monterrei. Hai que subirse ao carro de Europa!. Aínda que sexa para pantasear!. Dáse conta, señora María, de que aquí non se da puntada sen fío. Domingo, 01 de Febrero de 2009 10:42 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Octavio![]() Miña cara señora María: a semana pasada comentei a derradeira decisión política local que se tomou no concello. Hoxe adiántolle cal foi a primeira do 2009. Vostede ten que acordarse dun cativo que se criou no seu barrio. Xogaba moito na beirarrúa. Algunha vez limpoulle os mocos coa punta do mandil. Nunha ocasión vostede regresaba do seu galiñeiro, traendo a oveira de arame chea de ovos e o cativo arrimóuselle, metendo un dos dedos dentro, para coller os ovos. Cando viu que non podía sacar a man empezou a chorar e vostede baleirou a oveira para empurrar o dedo pola parte de dentro. Gustaba moito de que o levaran ás cabaliñas. Aquela crianza que brincaba ó seu redor e bambeábase nos recunchos da rúa, hoxe, é un home. Traballa coma funcionario do Estado e percorre toda España a cotío, porque ten un traballo moi singular. Poucas veces dorme na casa. Está aínda solteiro, polo que goza o que pode. Visita a vila, de vez en cando, e ponse ao corrente de todos os acontecementos que ocorren, porque se sinte un verinés de ben. Vende Verín por onde pasa e fai campaña da súa orixe, porque se sinte orgulloso de ser desta terra. Este rapaz, perdón esta persoa, foi sentada na cadeira do xulgado, por facer comentarios, nun foro de internet, de como se compran os votos nas eleccións, en Verín. Ante a autoridade correspondente non se arredou, senón que confirmou as súas manifestacións e recoñeceu ser a persoa que firmaba co nome que aparecía nos textos. Pódolle confirmar que dos participante é o único que di quen é e ademais pódese ler o que conta ou narra.Tamén puido non confirmar nada do tratado, e dicir que alguén firmaba con seu nome, pero, seguro de si mesmo, reafirmouse en todo o seus escritos. Esta denuncia, señora María, é a primeira gran noticia, coa que empezamos este novo ano. O día cinco deste mes, Octavio Rani do Encanto, entrou pola porta do xulgado e sentouse ante a autoridade xudicial para declarar sobre os comentarios que fai no foro do xornal provincial. Señora María, Octavio somos todos aqueles que necesitamos contar historias, experiencias vividas ao longo da vida política local, porque necesitamos desafogarmos e ser libres. Octavio somos todos os que queremos a vila, que non queremos ser súbditos, senón cidadáns libres e non atados de pés e mans. Estamos contigo, porque pensamos e dicimos o mesmo. E non digamos os que estivemos aló e tivemos que facer o que ti denuncias. Serás o culpable de elevar de categoría o que só estaba nos cenáculos e non tiña corpo máis que ser tema dos amigos en calquera lareira da bisbarra. Queremos estar libres da espada de Damocles, que deixe de pendurar sobre a nosa cabeza, porque non se pode coartar a liberdade de expresión. Sempre metendo medo! Sempre tratando de tapar voces discordantes! Cando o bonito dunha democracia é que haxa diversas opinións, porque enriquecen a vida das persoas. Coa derradeira normativa local inténtase coartar a liberdade individual e con esta denuncia a liberdade de expresión.
Lunes, 26 de Enero de 2009 02:16 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. Desbrozadora![]() Miña cara señora María: Na foto aparecía coma un rapaciño con chancas novas, coma daquela. A señora Cándida sempre foi unha muller erguida, ben parecida e camiñaba con esbeltez levando enriba da cabeza a estera, asentada na rodela, que facía cun pañuelo da cabeza ou cunha bufanda, cargada coa mercaduría que apañaba, na vila, mentras gañaba uns cartiños lavando roupa para os señoritos. Nunca entendín por qué vivía soa, aló, no barrio da igrexia. Os seus fillos, dous homes e unha muller, tamén viviron sempre no pobo, non emigraron, a non ser o máis novo, que anda por terras de Andalucía. O seu marido vivía nunha bodega que a familia tiña perto da escola dos rapaces. Aquela bodega e aquela horta daban sensación de vida dun anacoreta. Parecía o home do saco, porque ninguén se acercaba por alí. -Raras veces algún familiar-. Aquela horta daba para manter aquel home. Tiña coellos, galiñas, verduras................ Aquela muller viviu sempre apretada, pero ao traballo facíalle frente e non se arrugaba, cando era necesario botar unha man a calquera veciño. Sempre disposta a axudar nas labores do campo. Como non tiña gando, non podía ter esterco, polo que súa teima era barrer a folla caída das ábores, agora no outono, amontoándoas nunhas cuncas, que había no comunal, para misturala cos excrememtos do gando,que tamén recollía, para logo levalo a súa leira. Aquela muller adiantouse a isto da biomasa! Sen embargo os rapaces, nas noites de estrelas, cando xogaban , as escondidelas desparramábanllos, porque se encondían baixo a folla. E de novo tiña que xuntar todo aquelo. A veiga parecía un verxel e o gando recreábase nela, porque a folla non prodrecía aquela herba. Gracias ás necesidades daquela muller. No concello vai pasar outro tanto con tanta maquinaría desbrozadora. Hai catro máquinas para manter limpas as cunetas de todos os rueiros e estradas do termo municipal verinés. O problema é que sobran máquinas pero faltan recursos humanos para manexalas. Non perda esta oportunidade, señora María, por se ten algún neto que colocar, porque no concello só hai unha persoa que sabe manexar ben estes aparellos, polo que non vai dar feito e ademáis tamén fai de mecánico reparador, polo que ten que estar en todo. Non sabemos se é ben remunerado polos traballos que fai. O concello é coopropietario de dúas desbrozadoras na mancomunidade, cos seus repectivos maquinistas, polo tanto correspondenlle cada tres meses, máis ou menos, sempre quince días, polo que o único que hai que facer é sabelas aproveitar ou haberá que facer un estudo para determinar cal é a maneira de sacarlle o máximo rendimento. Este estudo non debe ser interesante, porque só ten de gasto vinte mil euros. Seguro que D.Juan José Lamas Fernández estará a pensar e rir moito, porque no noventa e cinco, sendo concelleiro do equipo do goberno con este mesmo rexedor, puxo enriba da mesa a idea de que o concello necesitaba comprar dúas máquinas. Unha desbrozadora e unha motoniveladora. Pasaron trece anos para que lle fixeran algo de caso! Señora María: a única máquina que empregaba a señora Cándida era unha basoira de cudeso con mango de sangubiño. Jueves, 15 de Enero de 2009 21:51 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Ordenanza
Miña cara señora María: alégrome de que gozara da súa neta. Está feita unha moza. É triste que so a poida ver de Nadal en Nadal. A culpa tena a emigración. Non hai remedio. Esperar, por se isto da eurocidade é algo máis que postos para os amigos ou organismos para cargos de políticos desbancados. O que si vai carrexar é suba de impostos para os contribuíntes. Mirian gusta desta terra. É das que pena por ela. Non a esquece e tena na súa alma, pero esta terra fai pouco para retornala. As súas meixelas brillan de alegría e seus ollos expresan satisfacción por estar entre os seus. Coma de costume todos a rodean e escoitan súas historias. Anécdotas, non para de contar. Seguro, señora María, que ó seu carón o seu xeonllo doe menos. Non ten tempo de sentir a dor. É bo ter unha neta con humor para aparcar as doenzas uns intres. Debe ter coidado ó abrir a porta do portal, cando lle pon a muleta, porque lle pode esvarar e mancala. Non lle gustou nada a normativa do concello sobre actos deshonestos, aínda que viu ben a parte correspondente aos cans de compañía, porque a súa aboa foi investida polo do veciño algunha vez. O mesmo que algúns rapaciños. Vai ser difícil que multen a ese can, a pesar de que colle as bolsas do lixo esparexéndoas por toda a rúa. Houbo queixas dalgúns veciños e chamáronlle a atención ó seu dono, pero erre que erre, segue a facer o mesmo. En canto aos actos vandálicos vai ser tamén complicada a súa aplicación, porque suceden a horas intempestivas. Saben buscar as horas de falta de vixilancia, polo que os vándalos campan por toda a vila. De todas as formas, non fai falta recorrer a este tipo de ordenanzas municipais, porque poden infrinxir algún precepto individual. O normal é que, ante calquera acto incívico, identifiquen aos actores, dando coñecemento á autoridade xudicial, por parte da policía local, para que os xulgue, segundo a lexislación vixente. Mirian ríase ó ler a noticia no xornal, porque as súas vivencias na emigración están por riba destas ocorrencias retrógradas. Nin preguntou quen goberna no concello, porque sabe que aquí a xente é moito de piñón fixo. Non son capaces de provocar cambios políticos, cada catro ou oito anos, para que entren outros ventos na casa do concello! Contou que a súa amiga chamouna dende as rías baixas para preguntarlle pola noticia do Atlántico, porque considerou que fora unha inocentada no día das pullas. -Pero non. Confirmoulle que se aprobara no derradeiro pleno do 2008. Esta ordenanza débeselle remitir a cada casa para que a analicen e teñan coñecemento dela. Por certo, non esquecerse dos veciños portugueses, porque todos somos eurocidade. Verín, vila que anda para atrás, en vez de para adiante. Así nos luce o pelo. Sempre buscando atrancos. Sempre pondo trabas. Debe haber pouco que facer, cando se buscan este tipo de xustificacións para unha labor municipal. Con isto demóstrase un afán intolerable de intervir nos comportamentos dos veciños ata nas decisións máis íntimas. Así rematamos, na vila, o 2008. Haberá que recuperar aquel slogan do maio do 98 que dicía: “Prohibido prohibir”. Co fácil que é ler o que está no programa co que se presentaron ás eleccións é levalo á practica!
Domingo, 11 de Enero de 2009 11:10 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. PanxoliñasMiña cara señora María: -Que liortas se traen con isto das luces do Nadal! -Vostede o único que necesita é que coloquen cadeiras ao longo das beirarrúas, para descansar, cando vai recoller á netiña ao Amaro Refojo. O mesmo que o Rodolfo que está canso de que lle estorben as macetas colocadas por algunhas rúas. Por certo, que fúnebres e descoloridas e que tristes fan á vila ese tipo de arbustos que lle colocan¡. -¡Que pouco gusto! Recorda aqueles anos, cando ía porta a porta cantando panxoliñas, para facer uns cartiños e vivir os tempos do Nadal con alegría, grazas ás esmolas que ían recibindo de cada veciño e dinlle, agora, que hai que aforrar nas luces que están esparexidas polas rúas, porque estamos en tempo de vacas fracas. Vostede o que necesita é que o Concello aforre noutras partidas e o demostre baixando impostos ou taxas aos veciños. Ata o de agora non houbo ningún intento, nin decisión municipal, de tomar algunha iniciativa en favor dos contribuíntes. Pola contra, estase a dicir que non prenden as luces ata que deixen de penar por algures. ¡Quen manda, manda! Non se trata só de luces, senón dun conxunto de actividades que fagan da vila un lugar de acollida e bo trato cos visitantes. Este consumo de luz pódese pagar con parte do tan manido aforro enerxético. Tamén con ese famoso aforro de vinte mil euros como consecuencia da nova adquisición dunha máquina desbrozadora. Pero sobre todo cunha partida que recolle o orzamento municipal, que algunhas veces, perante o ano, se lle inxectan cartos, porque o seu uso é moi particular. Como verá señora María non se trata de cartos, senón de vontade política. ¡Cada pobo ten o que ten e non vale turrarse dos pelos! Quen está contento é o Juanito Ferreiro, porque seu equipo gañou. Non fixo falta que lle escribira aos Reis Magos, porque este ano está que rompe fronteiras. Alardea daquel campo e o primeiro que fai cando cho ensina é mostrarche a placa co seu nome, pola que pagou cincocentas mil das antigas pesetas. ¡Eran outros tempos! Necesítanse persoas coma el, que sintan as cores, para darlle outro aire a esta vila, e haberá que mandar misivas a todos os Reis Magos para que nos boten unha man. Saberá, señora María, que apareceu o cuarto Rei Mago en Verín. Anda polos rueiros ofertando chapapote. Nada de incenso, nin ouro, nin mirra, como daquela. Ponos sobre aviso dicíndolle que non se deixen enganar e que non pase como en Feces de Abaixo, que logo ten que vir toda a plana maior para desfacer os agravios. Dende aquí, dende a COPE, que todos os oíntes teñan unha felices festas do Nadal e que o ano novo sexa un pouquiño mellor. Señora María, debe escribirlle aos Reis Magos, para que fagan de Verín, unha vila máis humana, máis solidaria e sobre todo máis cristiá. Viernes, 19 de Diciembre de 2008 02:50 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. QuimeraMiña cara señora María: parodiando a D. Miguel de Cervantes estamos nun lugar de cuxo nome non quero lembrarme. Queren que Verín sexa a ínsula Barataria. Aquel invento de D. Quixote para desfacerse de Sancho, porque estaba farto de todas as súas cuitas e toda a súa sabiduría popular. Non tiña problema, porque a súa tolería era capaz de iso e moito máis, polo tanto puxo mans a faena e nomeouno gobernador. O que si encontraría Cervantes, como daquela, era material de abondo para seguir ampliando esta obra capital, o Inxenioso Fidalgo D. Quixote da Mancha ou, perdón, das ribeiras do Támega. Aquí, con isto da eurocidade, tamén se está a vivir unha quimera. Ultimamente todos queren arrimar o ombro para darlle corpo institucional, aínda que sexa con temas que poden prexudicar a empresarios da provincia como pode ser á Fundación San Rosendo. D. Benigno foi o primerio que se interesou por invertir no concello, ante a manida idea de que Verín ten recursos para explotar neste senso. En colaboración coa Consellería de Industria e co Concello, a Fundación contratou unha empresa para perforar distintos lugares do municipio para ver se era posible pór en funcionamento un balneario. Agora recibe, dende Verín, o trato de desviarlle futuros clientes dos seus balnearios, que ten expallados por toda a provincia, dende Laias a Río Caldo, competindo co Inserso, para levarllos a Chaves, por querer facer a eurocidade. ¡Quítanllos aos nosos para darllos aos outros e iso que temos ben preto Baños de Molgas! Non importa romper coas persoas que teñen boas intencións para Verín, nin interesa, para nada, dar vida dentro da provincia a empresas que crean postos de traballo con tal de que salga para adiante a ínsula barataria tamagana. Chama a atención que ata a Deputación Provincial entre neste xogo, cando sabe que esas becas están a disposición de calquera estudante a través da páxina web da Axencia que xestiona o programa Leonardo da Vinci, dentro do Ministerio de Educación. Por certo, cando un estudante solicita este tipo de becas, faino pensando non só no traballo, senón en perfeccionar un idioma. Por agora o portugués, os da raia, practicárono moitas veces por necesidade, polo que máis que unha oferta parece un insulto a todos os estudantes da fronteira. En canto ó soldo, pregunten cantos andan a buscar emprego deste lado, porque aló o soldo base está en catrocentos vinte euros. Por certo, unha empresa lusa está a traballar na autoestrada cara Portugal. E queren mandar a Chaves a facer prácticas ós futuros profesionais, cando os flavienses e toda a súa área de influencia viñeron, veñen e seguirán vindo, porque anhelan este territorio. Cunha cativa desviación do río pequeno, aló en Feces de Abaixo, na alfándega, pode ubicarse a ínsula barataria, para que o gobernador ou gobernadora teñan a súa sede e deixen de teimar na quimérica eurocidade. Sancho, como gobernador, foi cando estivo máis sensato e máis prudente.
Viernes, 28 de Noviembre de 2008 14:03 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. CulpableMeu caro Xan Carlos: xa somos tres os culpables de todos os males do mandamáis. Ao Lucas dicíalle "fasme perder as eleccións”. Era a preocupación máis importante que tiña, en vez de buscar solucións ás necesidades e ás demandas dos veciños. Aguantei oito anos escoitando, eses dixomedíxomes, aló na política local, ao lado mesmo do personaxe e de novo aparece “chorando” pola súa incompetencia política para levar adiante as súas promesas electorais. Debeu errar o pobo verinés colocándoo na poltrona municipal ou, tal vez, lle quixo dar outra oportunidade para ver se era capaz de facer algo sen o patrocinio da Xunta de Galicia. Vese que non. Non houbo rexedor tan ben situado na política para facer de Verín algo diferente, distinto, e ser espello doutros concellos, porque tivo o respaldo da Deputación Provincial, da Xunta de Galicia e do goberno de Madrid. Nestes intres estánse a executar obras que daquela tiñan que estar rematadas e funcionando. Meu caro Xan Carlos, non debes preocuparte, porque está facendo de ti o que necesitas para rubir na política. Está pondo en ti temas que en vez de prexudicarte están a beneficiarte, porque a xente percibe que te moves ben e que tes influencias aló, na política da Xunta e do goberno de Madrid. Está a facer que sexas unha persoa experimentada nas andainas políticas, aínda que persoalmente che doian, e iso chega aos veciños, que así acoden a ti, para que lles botes unha man nas súas necesidades. É bo para ti que te nomee nos medios de comunicación e que te insulte, sobre todo, nese senso, porque indica que ten poucos recursos para tratarte coma un representante electo, coma el, polos votantes verineses. Non debes desanimarte por eses cualificativos, porque desautorizan sempre a quen os di e tamén debes saber que a educación mámase. Debes recordarlle que o pobo colocouno a el na cadeira de brazos da alcaldía, co seu programa, polo tanto debe saber levalo a cabo, porque Allariz avanzou con alcalde do BNG, sendo a Deputación, a Xunta de Galicia e o goberno de Madrid do Partido Popular. Verín non votou ó teu candidato, nin votou o teu programa, polo tanto a túa misión é facer de oposición, fiscalizando todas as actuacións dos que dirixen os destinos do concello, que para iso fuches electo. Daste conta que practica moito a política de meter medo, coma se fose un rapaz. Meu caro Xan: non te deixes amedrentar, aínda que presentase un escrito, na Mancomunidade, para prescindir dos servizos da empresa que asesoras. Viernes, 28 de Noviembre de 2008 09:24 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. PlusMiña cara señora María: vive vostede nunha vila paradoxal. O concello non ten cartos, segundo declaracións do rexedor, pero permítese o luxo de darlle un plus a un funcionario. As arcas estaban valeiras cando tomou posesión, pero os soldos séguense a incrementar. Son un insulto á cidadanía verinés. Por outra banda firma un convenio cunha empresa para montar un “banco” de roupa complementado con alimentos desa mesma firma. No concello non deben saber que na parroquia, dende fai moitos anos, existe "Cáritas”, e que desempeña esa labor ocupándose dos pobres e dos máis necesitados, polo que non deben montar algo que xa funciona, pero si axudala. Pódese dicir que é entrar nun xogo non moi claro, porque estase a montar algo competidor con axuda pública e metendo por medio aos necesitados. Co famoso “banco” de roupa pode que haxa xente que a leve e polo tanto tamén compre, polo que indirectamente faise negocio. Nesto, non debe entrar o concello, porque é primar a unha tenda en prexuízo de outras. Hai que esperar que a este “banco” non lle ocorra coma aos dos baixos ou lonxas para alugar. Aínda non fixeron reconto, polo que non hai prensa co éxito. Seguro que todo quedou en auga de castañas. O normal é que o concello faga a súa propia tenda e faga funcionar os servizos sociais para ben de todos, pero non tomar parte por unha firma, aínda que haxa boas intencións. Tamén é normal colaborar con “Cáritas”, chegando a onde ela non pode, porque ten coñecemento das necesidades dos veciños. Hai que pensar que se adecúa un local privado con cartos públicos. O que si fai falta é un comedor, para que estas persoas poidan tomar algo quente, polo que aí é onde debe gastar os cartos o concello e habilitar algún baixo para esta necesidade. Por outra banda, un pensionista agrario pasa un pouco dos cincocentos euros. O plus do funcionario é de catrocentos, polo tanto estase a provocar un esaxerado desequilibrio entre un votante e un administrativo público. Debe aprender destas cousas e logo saber votar no seu momento, porque isto é rirse de todos os verineses e, sobre todo, de vostede señora María, porque vostede é viúva e polo tanto a súa pensión non chega a cantidade do plus concedido. Non importa estar en épocas de crises económicas e de deficientes xestións, o que interesa é ter contentos aos seus. Estas cativas cousas son as que debe ter sempre no maxín e recordalas nos faladoiros, que fan aconchegadas nos peitorís das fiestras ou nas pedras aló no piñeiral, coas súas amigas. A gran maioría dos votantes do xefe verinés pertencen a esas persoas de baixas pensións, polo que é un insulto dar un “plus”, cando ese plus depende dos impostos, que tamén pagan relixiosamente nas arcas municipais, estes “coitadiños”. Viernes, 14 de Noviembre de 2008 20:47 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. O pasoMeu caro Toñito: os cargos das parroquias ocupan moito tempo a cambio de nada. O teu é ter interese e cariño polo lugar onde se vive. As túas reivindicacións sobre un paso na autoestrada cara fronteira deben ter eco e seguramente serán escoitadas polas autoridades correspondentes. Nembargantes, meu caro Toñito, o gasto que supón tal obra nunca será xustificado polas colleitas da Lama. No tempo de exposición do proxecto, aló na casa do Concello, debeu ser o momento de presentar esta alegación, pero ninguén quere facerse cargo de por que non foi así. Asuntos da administración, tanto local como estatal. Ninguén se dirixiu a vós para tratar o percorrido da autoestrada e os servizos que facían falta para os labregos da zona: non daban votos. Todo o esforzo, daquela, foi concentrado na futura área de servizo para Feces e os pequenos detalles quedaron no esquecemento. Ti que debiches escoitar algo tratas de derivar a economía do teu pobo cara outras facetas complementarias, porque nunca se sabe o que pode pasar con esta nova comunicación con Portugal. Dende o río Pequeno ata Bigode, pasando pola Lama, a autoestrada recolle tres pasos. Un, baixo a ponte sobre o río. Outro, no camiño da Lomba ou da Xea e outro en Bigode, preto do enlace coa estrada internacional. Incomunicados non quedan os labregos, pero un paso máis non fai dano a ninguén. Vouche contar unha historia: hai un tempo, non moito, un facendado de avoengo púxose en contacto cun técnico agrícola da bisbarra, para comprar certo terreo con miras a facer unha importante plantación de viñedo. O técnico falou cun veciño teu e acordaron o prezo por hectárea sobre vinte mil euros. Polo momento o empresario agrícola principiaba comprando dez hectáreas. Todo ía ben e os tratos ían progresando cos propietarios. Pero apareceu nos xornais, unha vez máis, a noticia sobre a cidade do motor e todo se estragou. Os propietarios subiron o prezo da hectárea a máis de corenta mil euros. Meu caro Toñito, o que podía ser un modelo a seguir para a agricultura da zona rompeuse pola avaricia dos minifundistas e agora vés ti e queres un paso máis baixo a autoestrada, porque os veciños teñen que percorrer case un quilómetro para traballar esas terras. Pero se están a ermo! Case abandonadas! Ti estás noutra onda, na de empresario, pero, a dos veciños?. A historia rematou que o señor empresario vinícola foi comprar os terreos a Rueda (Valladolid) cun prezo axeitado e con posibilidades de incrementar súa inversión. Non lle estragues a data de inauguración aos políticos!
Viernes, 31 de Octubre de 2008 21:45 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. ChapapoteMiña cara señora María: “O que a boa árbore se arrima, boa sombra o acubilla”,di o refrán. Darase conta de que Verín non soubo arrimarse políticamente ao carón de quen ten os cartos institucionais, polo que só lle dan o que normalmente lle corresponde, pero nin un céntimo máis. O outro día o rexedor presentouse nun acto para tratar de pedir, pero contestáronlle: “amiguiños si, e falar todo o que ti queiras, pero obras ningunha”. A brigada de obras da Deputación anda a arranxar as rúas deterioradas con fochancas, pero deixa moito que desexar. Daquela o mandamáis ponteaba a todos os delegados provinciais e ata ao señor Presidente da Deputación. Chegaba o “taifiñas” tamagano e todo Santiago aos seus pés! Agora ten que recuncar e chamar ao señor Baltar para que lle bote unha man, pero a Deputación ten moitos “virreiniños” provinciais que axudar, polo que ten que repartir, como boamente pode. Verín esperaba outra cousa cando emitiu o seu voto nas furnas correspondentes, pero atopouse con que non hai que esperar máis de quen non sabe buscar. Para facer isto vale calquera! De todos os xeitos, señora María, debe chamar a Protección Civil é darlle as grazas. Coma sempre, estes “coitadiños”, arrimando o ombro para que os veciños non sufran os desaguisados do rexedor. Pensei que tiña que ir a comprar unha mascariña para poder ir ata o ambulatorio, porque a borralleira que se formou nas rúas intoxicaba a todos os viandantes. Alguén andaba recollendo os graos da area para facer un pouco de masa, para tapar buracos, nalgún baixo. Que sorte vai ter a máquina de pintar as rúas porque así non se enferruxa. Hai uns dous meses que se pintaron as sinais horizontais. Non importa, pagan os veciños! As protestas expandíronse pola vila, pero seguro que na famosa caixa de correos de suxestións do concello, ninguén emitiu a súa. Unha vila cómoda, que protesten os outros! O curioso do caso é que sobre as dúas da madrugada, no fondo da rúa Laureano Peláez os derrapes dos carros sucedíanse a modo de diversión dos respectivos condutores. Como non hai lugar para facelo, aproveitan a ocasión, cando se lles presenta, e sobre todo se o concello o fai posible. Deus acordouse de vostede, señora María, e mandou un pouco de choiva para que o borrallo non se levantara. Ao parecer a obra non está rematada, porque andiveron varrendo toda esa mestura de area e chapapote, para ver como quedaron as rúas, por se hai que arranxalas de novo. Máis borralleira! Seguro que cando chova, faranse charcos aínda peores do que había, polo que o remedio foi peor ca enfermidade. Quixéronlle lavar a cara á vila, pero fallaron no material. Pensaron que con esta obra íanse recordar as obras das lexislaturas do noventa e cinco ata as do dous mil tres. Daquela o goberno da Xunta era amigo... Verín debe saber votar e mirar quen goberna nas institucións, que poden mandan cartos, porque os teñen. Viernes, 31 de Octubre de 2008 17:17 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. ChenchoMeu caro Chencho: ti que pensaches que ías escurrir o problema que deixaches tras de ti, veñen agora, e queren que volvas as túas andainas da raia. Non entenden nada e menos entendes ti, porque iso da eurocidade ten tantas verbas rimbombantes que ninguén sabe con cal quedarse. Daquela chamábanche raioto e todo estaba claro. Agora non sabes con cal definirte. A comunicación e os intercambios comerciais eran o teu pan de cada día, pero aquelo que deixou de ser negocio, quéreno recoller para darlle forma á eurocidade. Abandonaches a raia, porque viches que non era para ti, porque ti querías manexar un carro, xa que o volante era o teu. O problema, co que cada día te encontras no teu oficio non cho resolven, para que volvas aos teus inicios. Ti non desexas volver á raia, porque prosperaches e sénteste realizado co teu traballo de autopatrono, aínda que sufras cada día a envestida dos que che ocupan teu aparcadoiro. Agora convertéronte en cidadán dunha eurocidade que aínda non ten xentilicio e din que somos Europa. Tamén lle queren impor un idioma. No grupo escolar de Oímbra levan anos impartindo lingua portuguesa con profesora nativa. Nos lles fixo falta estar nin ser eurocidade. Chegaron tarde, porque a rota “europea” da castaña leva bastantes anos anunciada en cada un dos concellos que participaron nese programa, aínda que algúns non se decataron porque o deles non é camiñar polos rueiros respetivos, senón polo aire e polas autoestradas. Estiveron en Bruxelas. Daquela as finanzas estaban máis pertas e a Xunta de Galicia tiña a mesma cor política. Agora están moi lonxe e hai outras institucións doutra cor política, que son quen diciden. Non serás raioto, nin fecense, nin verinés, terás que ser eurocidadán flavienseverinés ou verinesflaviense. Sempre con palabras que logo esfúmanse co tempo. En tampouco tempo ninguén se acorda do título dos pratos que viñeron non sei de que sitio para catalogalos e polos como típicos ou das tapas, que ata houbo premios, para seguir, agora, coas de sempre. Non che se ocorra pedir algún prato daqueles, cando leves algún invitado, porque te sentirás mal. Terás problemas en recordar aqueles nomes e nas cartas dos restaurantes non aparecerán, porque os consumidores cotiáns non fan uso deles. O importante é que chamen a atención no momento. Volverás aos anteriores oficios, porque coa eurocidade substituirán o teu carro por autobuses, xa que comunicarán Chaves–Verín ou Verín–Chaves, polo que o teu traballo desaparecerá e iso que se fai amigo dos teus. Tamén debes saber que Verín vai ser un barrio da eurocidade e neste tempo de crise os cartos chegarán tarde, mal e nunca. É interesante que leas a entrevista do último día do mes de xullo, porque alí terás a opinión de quen sabe moito sobre a eurocidade. Domingo, 19 de Octubre de 2008 12:32 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A revolta![]() Miña cara Mari Carme: debéronte ouvir os deuses da acrópoles porque, nesta ocasión, houbo visitas guiadas. Viernes, 03 de Octubre de 2008 21:03 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. O centenarioMiña cara señora María: coma cada ano, celebrouse na vila a festividade da Nosa Señora da Mercé. Os romeiros acudiron a cumprir coa santa porque lles concedeu a graza que lle rogaron, perante o ano. Jueves, 25 de Septiembre de 2008 13:59 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. Tnte. de alcaldeMiña cara señora María: as novas dadas por esta emisora sobre o abandono da política local da señora tenente de alcalde podían ser consideradas coma unha serpe de verán, se ocorresen no mes de agosto, pero foron en setembro e corroboradas polo mandamáis verinés.
Viernes, 12 de Septiembre de 2008 21:50 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A raiaMeu caro Mateo: terán que falar contigo para que lles ensines os trucos para co trato cos do outro lado da raia. Domingo, 10 de Agosto de 2008 13:50 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 5 comentarios. San CiprianoMiña cara señora María: tardar, tardou pero chegar, chegou. Sábado, 28 de Junio de 2008 12:21 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. TapasMeu caro Milo: qué maneira de amargarche a túa andaina baconiana cotiá. Viernes, 20 de Junio de 2008 22:02 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. ÁbedesMiña cara Mila: só a ti che se podía ocorrer dicir, en voz alta no medio do salón, tal sentencia. Domingo, 15 de Junio de 2008 13:41 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. La desbocáMiña cara señora María: cando principiaron a compaxinar as labores da labranza coa construción de edificios na vila, aló polas décadas dos sesenta ou setenta, como froito dos cartos que se recibían dos emigrantes europeos, os labregos tiveron que adaptarse aos novos tempos, polo que pasaron do traballo coa xogada das vacas á facerse con machos ou cabalos, porque eran máis axeitados no agro e así atendían ámbolos quefaceres. Domingo, 15 de Junio de 2008 13:40 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 3 comentarios. CoroMiña cara señora María: o grupo musical do colexio relixioso da "Mercé" de Verín non dá feito. Leva tido actuacións musicais polas distintas parroquias da bisbarra, a petición dos respectivos párrocos, demostrando que tamén os rapaces saben facer ben as cousas e participando nas cerimonias relixiosas de cada domingo. ¡Somos libres! Viernes, 16 de Mayo de 2008 20:02 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. Tres de maioMiña cara señora María: a comisión tiña buscada a que foi “Eva” na vila de Laza. ¡Somos libres!
Sábado, 10 de Mayo de 2008 13:42 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. A Pedra da MouraMiña cara señora María: hai cousas que se teñen que ver para crer, pero están a suceder na vila acontecementos que desbordan calquera maxín por esperto que sexa.
Jueves, 24 de Abril de 2008 21:15 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A plataformaMiña cara señora María: nace na vila unha plataforma nova cunha mazá podre. Daquela a tía Edelmira facía ramalletes de dúas mazás con acios de uvas e colgábaas dos craviños que o seu fillo fincara nos cangos do faiado, tanto no comedor como no corredor, e nos cuartos de durmir.
Jueves, 10 de Abril de 2008 09:31 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. VisiñoMeu caro Visiño: cando regreses ao pobo desexo que non atopes a túa propiedade espoliada e totalmente derruída. Na aldea, nas terras de enriba, arranxaron a vella escola para facer un centro dos que agora chaman social ou de día, que logo baixo o control do caciquiño do momento, ábrese cando lle apetece, mentres o resto dos veciños, agarimados uns a outros, baixo un corredor, pasan as tardes, cheos de frío ou de calor.
Jueves, 10 de Abril de 2008 09:30 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Festexos
Miña cara señora María: o frío non lle permitiu gozar dos festexos. Estivo soa, pois ninguén dos fillos e netos se acercaron á vila. O Lázaro pasouno sen darse conta da festividade. Non puido ir á misa nin a procesión, polo que chamou a un taxi para que a acercara a votar. Votar si. Subiron os seus.
Viernes, 28 de Marzo de 2008 21:53 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Eleccións 2008Miña cara señora: “todos gañaron”. É curioso que no concello de Verín todos os partidos políticos gañaron e ninguén perdeu.
Jueves, 13 de Marzo de 2008 20:07 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A señora LolaMiña cara señora María: debe loitar todos os días para que a súa dor non a relegue a unha cadeira. Colla o seu caxato ou a súa muleta e salga á rúa. Non se deixe vencer e faga que o seu xeonllo se exercite para non ter que estar todo o día no seu piso. Viernes, 07 de Marzo de 2008 09:32 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. PlenosMiña cara señora María: está ben que de cando en vez colla o teléfono e me recorde de que lea o xornal. Non me decataba da noticia pero é interesante, sobre todo na boca do rexedor verinés. Jueves, 06 de Marzo de 2008 21:52 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Entroido 2008![]() Miña cara señora María: debe chamar á netiña para que veña gozar do carnaval. Aínda que os cigarróns fixeron acto de presenza no San Antón, os actos do Domingo Fareleiro non foron o que desexaban os membros da Comisión. Pasoulle o mesmo ao Xoves de Compadres. Moito fume, pero poucos compadres. No Domingo Corredoiro a orquestra tocou, pero ás nove e corenta só bailaban sete cativas na praza. Deberían programar horas máis axeitadas para tratar de compensar o gozado co pagado. Anos levan, polo que este desaguisado non debería suceder. Unha hora adecuada podería ser de seis a nove e trinta da noite, posto que ao día seguinte hai que traballar e as xeadas nótanse entre lusco e fusco. Toda a enerxía se gardou para o Xoves de Comadres, así a xente queda cansa para o resto dos días de Entroido. Rompendo os días tradicionais deste tempo precoresmal incluíron o Venres de Compadreo, para tratar de gañar un día máis e entreter aos visitantes e veciños. Hai que competir con Xinzo pola duración. O eterno rival. Por días que non sexan, pero o que non contaron foi co pouco tempo que transcorreu dende os Reis, resultando que coa costa de xaneiro e con tanto festivo, entre domingos e xoves, os cartos non chegan nin ao medio do mes. Algúns ata lle botaron culpa á gripe, porque lle impediu preparar algunha carroza ou a súa vestimenta. De todos os xeitos, algo deberían xurdir para tratar de solucionar estes problemas, para que non se repitan outros anos. Alguén debería propor que o carnaval de Verín se celebrara nun data fixa, como pode ser a primeira semana de marzo e tamén que os días festivos do medio da semana pasaran ao fin de semana. Isto axudaba ás empresas e aos estudantes. Miña cara señora María, non debe preocuparse pola netiña, pois este ano ten servizo de autobús para viaxar dende Laza a Verín e viceversa. Bo exemplo dan as institucións con esta medida, porque están dicindo: “bebe, que conduzo por ti”. As boas ou malas linguas din que isto foi froito dos celos, porque buscando axudas o señor alcalde de Laza para levar xente á cea gastronómica do venres de Entroido, comentou a idea do autobús, polo que lle contrarrestaron o efecto por mor das próximas eleccións xerais: Se el pon, nós tamén, pero cobrando. Grazas aos oíntes da COPE, polos apoios recibidos. ¡Somos libres! “Nun pobo libre, lingua e mente deben ser libres”, di o pensador. Sábado, 02 de Febrero de 2008 11:55 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Xoán CarlosMiña cara señora María: ó adversario político hai que tratalo con sumo respecto. Coido que nas Cortes do Estado creouse un status para o líder da oposición, na época de D.Manuel. Non estaría de máis que o rexedor verinés se mirara nese espello e tratara á oposición co mesmo respecto, porque son representantes dos veciños o mesmo ca el, e non insultalos como aparece no xornal de hoxe. Vostede, señora María, insiste en que “a educación mámase”, quere dicir que é no berce onde se empezan a coller bos modais. Pois ben, o rexedor verinés debería beber políticamente dos señores Baltar e Fraga, porque sempre primaron nas súas actuacións políticas o respecto ós seus adversarios. A pesar dos malos momentos polos que teñen que andar nas súas vidas políticas. Só as persoas faltas de argumentos e de recursos toman o carroucho máis curto que é o insulto. Os veciños, señora María, desexan que a pesar da diversidade de opinións, busquen solucións para os problemas que ten a vila. Mal camiño elixe insultando, amedrentando e nesa postura de prepotente, para que os membros da oposición acouguen e arrimen o ombro, cando tanto se necesitan para o PXOM. Hai un dito que di: ”según me trates, trátote”. Pero iso tampouco debe primar na vida municipal, aínda que o rexedor xoga a iso, porque así ten a quen botarlle a culpa da súa inoperancia, como fai sempre. A culpa é de calquera, menos del. A señora María non desexa que tornen os tempos do señor Cid Harguindey e da señora Lovelle, cando Verín aparecía nas primeiras páxinas dos xornais provinciais, por noticias deste tipo. Non se preocupe, señora María, porque Xoán Francisco sabe templar as súas actuacións políticas, a pesar de que lle chamou novato e inexperto, ademais das de hoxe. Gasta as enerxías buscando insultos. Verín é unha vila onde nos coñecemos todos, polo tanto cada veciño sabe moi ben quen é cadaquén, polo que Xoán Francisco non debe preocuparse ao recibir estes insultos, xa que os veciños están afeitos a oílos de cando en vez, adicados a outras persoas. Polo que coñecen ben ao insultador. Non fuches a primeira, nin serás a última persoa que os recibiches. Outros estivemos antes, polo tanto recibímolos tamén antes. Grazas aos oíntes da COPE, polos apoios recibidos. ¡Somos libres! Sábado, 02 de Febrero de 2008 11:49 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Poder absoluto![]() Miña cara señora María: é triste vivir nunha vila onde os esforzos institucionais consisten en silenciar á COPE, en vez de acelerar o PXOM, para manter os postos de traballo. As necesidades dos veciños non están nas diferenzas de opinión, senón que están en satisfacelas adecuadamente dende a vida municipal. E para iso non fai falta ir contra ningún medio de comunicación local, como neste caso, contra a COPE. Na diversidade de ideas está a riqueza dunha democracia. E cantas máis opinións cheguen aos veciños, mellor informados estarán, polo que se sentirán máis libres, pero aquí é onde radica o problema: en que os veciños poidan contrastar opinións e sentirse libres para formar a súa idea dos dirixentes locais que os administran. Por iso hai que afogar esta emisora local, porque é libre e desexa que os seus oíntes teñan criterios de liberdade. O intento de acalar non é novo en Verín. Persoalmente tiven que ser un sepulcro namentres estiven na política local. Pensei acabar no psiquiatra, por iso tomei a decisión de irme. Non podía falar con ninguén. Nin gozar dunha conversa con amigos ou con veciños. Non me podía arrimar, nin á sombra do “Toca” . Nunha palabra: non era libre para falar, nin para dar opinións. Por certo, nunha comisión de goberno preguntei polo informe de secretaría e recibín o maior insulto da miña vida. Polo tanto todas as miñas actuacións estaban baixo sospeita. Vivía nun calvario político. Pretendían amedrentarme con reprimendas. Pero non o lograron. Estes personaxes séntese mal porque a COPE é libre. Non sei que fan no Partido Popular. O seu lugar está neses partidos que intentan que desapareza a COPE. Calarán á COPE local, pero xurdirán outras “copes”, porque eles non representan a liberdade e menos a liberdade de expresión. As súas actuacións son impropias de demócratas e por suposto de falta de humanidade, porque xogan co pan de comer das familias que dependen desta empresa. É triste, pero a realidade é que nas democracias haxa persoas desta calaña, amparadas por siglas de partidos políticos, que na súa esencia está a defensa dos dereitos e deberes individuais. “O poder corrompe, o poder absoluto corrompe absolutamente”, di o pensador. ¡Somos libres! Sábado, 12 de Enero de 2008 10:07 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. 2007
Miña cara señora María: Remata dous mil sete e todo sigue igual. -Desculpe. Todo non sigue da mesma forma. Dúas cousas cambiaron a vida municipal. A primeira a falta dunha solución ao impax da construción e a segunda a dos soldos dos munícipes do equipo gobernante. É a primeira vila en cantidade asignada ás dedicacións exclusivas e parciais, polo tempo empregado no concello, polos respectivos concelleiros. É a primeira vila que soporta os desaguisados do mandamáis en materia urbanística. É unha vila de sufridores. É a primeira vila de promesas incumpridas e todo sigue como antes. É a que soporta máis débeda, pero o gasto sigue a mesma marcha como se fose a máis rica. Nunha palabra, é vila, sen vertebrar, porque calquera asociación que xurda, aparece algún “comisario” do poder municipal, para manipulala. Promesas e promesas coma a Cidade do Motor, da BMW, do Circuito Galego de Automoción, do PXOM ou dunha transitoria que evitase os desaxustes coa nova redacción urbanística, ao ter que facer os proxectos polas normas do oitenta e seis. Seguen sendo promesas. Están, por fin, coa explanación da futura autovía cara Portugal, para enlazar coa autoestrada, que os os veciños lusos teñen rematado, na fronteira, hai un tempo. Acórdase, señora María, de cando se falou en Verín desta construción¿ - Aló polo ano noventa e cinco prometeuse nun mitin por parte dun membro da administración central. Xa choveu|¡. E agora séguese a escoitar a mesma cantilena: Eurorrexión, Eurocidade, Eixo Atlántico. Dous parquins. Dous polígonos industriais. Dúas Cidades do Transporte. Claro, como unha é privada a outra non vai ser. Todo, señora María, empeza por bi de dúas, pero non se ve nada. O refrán di:-” xente nova e leña verde todo é borralleira”. -Por aí van os tiros. Os novos aínda non se decataron. Non debe preocuparse porque acordouse con Vicepresidencia a creación dunha galescola, polo que haberá a quen colocar. Non debe despistarse e xa sabe, vaia a onde teña que ir, para que súa netiña teña un traballo preto de vostede. Por certo, como gozou dela, neste Nadal. A rapariga medrou pero sigue coma sempre. Facía dous anos que non a tiña a seu lado, polo que tivo que estar moi atenta a calquera das súas espontáneas actuacións. Miña cara señora María, que o ano que entra sexa algo diferente e que nos deixen de trolas e fagan realidade o que os veciños desexan. Seguramente haberá suba de impostos municipais. Chámase IBI.
Viernes, 28 de Diciembre de 2007 13:49 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. A rúa LisaMiña cara señora María: Debe estar contenta. Por fin colocaron bancos nas rúas. Agora pode pasear e percorrer a vila porque ten onde descansar e así seu xeonllo practica un pouco de exercicio, para que non se atrofie máis. Sei que vostede non está de todo leda, porque para chegar a esa rúa debe coller un taxi. –Non debe preocuparse porque a intención é seguir sementándoos por todas as rúas, xa que os veciños necesitan deste mobiliario urbano, porque están entrados en anos, coma vostede. Dende o Concello están por este labor e desexan facer da vila un lugar de humanidade colectiva, por iso tratan de axeitar os servizos ás necesidades. Andan na procura de revitalizar algo que está nas últimas, pero insisten e así debe ser, para entreterse facendo algo para que non os acusen de deixados. Seguramente que a eses bancos fáltanlle as mesas correspondentes e tamén un telladiño, tipo alpendre, para protexelos das inclemencias do tempo. Logo virá o xantar. Logo a partida e logo o xadrez. A rúa Lisa está orientada norte e o aire dá de cheo nas meixelas dos veciños que a pasan, sobre todo en época invernal. Coa calor ninguén para nela. Deben convertéla nun mercado oriental, ou senón copiar de Sevilla para o verán. Por favor, recupérena como antano. Chocoulle ver tanto banco en tan pouco espazo. Hai tantos como na praza, a pesares de que a rúa só mide de ancha nove metros e de lonxitude algo máis de cen. Demasiadas macetas que, en conxunto, poden ser e son un estorbo nos días de afluencia de público. Retiráronas no Carnaval. Colocáronas de novo. Miúdo traballo!. Paga o pobo!. Miña cara señora María isto vai ser unha pasarela máis ca un paseo. Pasarela de pasar como foi sempre a rúa Lisa. Non gustou da transición da rúa cara a praza, porque habilitaron un espazo para aparcadoiro, polo que ao rematar “o paseo” encontrouse cun feixe de coches e os contedores do lixo, facendo do recuncho un lugar indecoroso. Deberían recuperar o corredor como antano. Albiscou detalles coma que fronte de dous establecementos non colocaron ningún moble urbano e diante de dous portais colocáronos para ser retirados no momento que os inquilinos necesiten rubir algún moble ou electrodoméstico á casa. Sucederá o mesmo ao iniciar as obras do solar aberto. Isto non debería tardar moito. Como parte do peche colocáronlle os contedores do lixo. A isto chámanlle decorar a vila. - Diante do vao do Hotel Aurora ubicaran un banco! Tainas foi presentar súa queixa. Coa retirada do mobiliario, no Carnaval, axeitáronlla A señora María non sabe o que fixeron os propietarios dos comercios para non ter fronte a eles o mobiliario, pero se se chega decatar si que bota unha gargallada que a oen en Chaves. De todas as formas aínda hai algún problema máis, porque a rúa Lisa foi das primeiras que colocaron o parquímetro, polo que a empresa concesionaria ten algo que dicir na futura peonalización. Pode que os comerciantes correspondentes soliciten unha rebaixa ou a anulación da taxa de escaparates, polo estorbo das macetas, polo que principiamos un ano novo con reclamacións. Noraboa a todas as persoas que escoitan a Cope e que o aninovo veña cheo de agasallos que satisfagan as súas inquedanzas. Viernes, 21 de Diciembre de 2007 09:01 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. SusanaMiña cara Susana: Nacida fóra de Verín e pronto te deches conta de quen é cadaquén na política local verinesa. Os apelativos que describes na túa crónica semanal están a ben de analizar e describir a quen sempre nas ondas practica a falta de respecto. Soubeches buscar e darlle contido as verbas que corresponden a vida pública da vila. Non che fixo falta ser amiga dos cultivadores políticos, nin beber nas tertulias de bares, nin dos parques, para cualificar, desa maneira tan certa, a quen dirixen a vida municipal. Sen te perder polas cloacas políticas locais defines os comportamentos municipais como se foras un membro da Corporación Municipal, para dar a coñecer a túa impresión sobre os personaxes que administran a vida pública. E para iso, recorres a uns simples apelativos que definen axeitadamente cada edil. Débeste por en contacto co Xerardo, porque lle faltarán estes apodos, para telos no seu álbum. Seguramente que non chos quere tal e como os tes ti, porque a cada alcume tenlle o nome da persoa a quen pertence. Sabes que ten recollido máis de mil, só na vila de Verín. Porase moi contento cando reciba a túa misiva con este contido, porque leva tempo sen aumentar súa lista. Deste xeito debes aproveitar a ocasión para que che ensine o álbum orixinal. Cada mote teno co seu nome correspondente, explicando o significado e por que llo puxeron a cada persoa. É moi reservado, con estas cousas, polo que debes ir con moito coidado, para que acepte a túa proposta, pero non lle pidas que chos deixe fotocopiar, porque estragas a ocasión de ver unha especie de papiro con notas arredor de cada sobrenome. De todas formas espremiches moito as verbas para acusar aos personaxes, desexando buscar unha significación que fora asequible aos lectores da crónica xornalista. Xogaches coas palabras para dar corpo a túa definición do sentir popular, por iso rebuscaches cualificativos que serviran teu maxín. Seguramente que os lectores recolleron ben a túa intención, polo que pasaron uns momentos divertidos coa lectura. Desexo verte para que me expliques iso do “sobatetas”, para ter clara a definición que lle dás. A que máis me gustou foi a de “palanganero”, porque vivín esa situación non hai moitos meses. Pero a de “llorones” presencieina perante oito anos. A de “silente” é unha obrigación submisa con posible perda da personalidade, senón tes que marchar. Miña cara Susana, grazas por entender este pobo en tan pouco tempo. A non ser que estes personaxes estean espallados por toda a xeografía galaica. Sábado, 15 de Diciembre de 2007 20:31 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. O sapoMiña cara señora María: Menudo esforzo tivo que facer co seu xeonllo para chegar ata O Sapo! Desexaba corroborar o que o veciño lle decía das obras que están a facer no prado, adquirido polo Concello, no seu día, aos propietarios de Queirugás. A señora María non se percataba de que o veciño estaba metido na mencionada familia, de aí que sentía simpatías polas obras e tamén de que,como natural da Rasela, tiña que orgullecerse daquel acondicionamento, posto que sempre que viña de vacacións, encontraba a mesma diatriba de comentarios, pero ninguén facía nada por arranxar aquela fonte, para atraer augüistas, polo que se sentía contento. Costar íalle costar chegar ata aló. Arrancou, olvidándose do xeonllo e paseniñamente rubía pola estrada de Castela ata que atopou a primeira cadeira. Sentouse e diulle un descanso a todo seu corpo. Levaba tempo sen saír, posto que as tardes son moi curtas e o frío aumenta as dores da perna.Catro paradas máis e ten frente de si a pradería toda “bonita”. ¡Tiña razón o veciño! Ao pouco tempo de observar a obra chega a primeira persoa, que necesita ou busca o remedio na auga, para curar a súa enfermidade. A señora María non ve nada diferente. Todo segue igual. -Colle a auga na botella, que leva, e ponse perante á fonte a lavarse, como se fixo sempre. Regresou a casa e chamou ao veciño, decíndolle que o que máis lle gustara fora o aparcadoiro dos coches e o muro ao longo do camiño, a pé das arbres. –Por certo, non protexe á fonte nin ao prado das crecidas do regato! Non ten funcionalidade algunha. Os sendeiros serpenteantes do prado están a gusto dos moteiros. Olvidáronse de darlle servizo aos que necesitan da auga para curar. Aos que van por necesidade e teñen fe na fonte. ¡Moitos cartos para seguir todo igual! ¡Só máis curioso e ”bonito”! Non foron capaces de facer un par de pozas estilo Ourense, para poder lavar os pés ou calquera parte do corpo que a xentiña desexa curar, dille a señora María, a seu veciño. Máis aínda, certos lavatorios débense facer nun recuncho máis axeitado. Simple e llanamente por sanidade e por estética. Indicándolle tamén que por alí só pode circular un coche en ambos sentidos, sen deixar zonas nas que apartar para poder pasar Puideron aproveitar os cinco metros de servidume do regato e facer por alí o paseo ata a pradería, deixando o camiño liberado para o servizo das leiras e separar aos paseantes e visitantes. Esperemos que unha treboada na zona non encha de terra todo o camiño, como sucederá. Algo de culpa ten vostede señora María, por non preocuparse de facer alegacións aos proxectos cando se expoñen no concello. Para iso están os políticos locais, pois a min non me chega esa información a tempo. Viernes, 07 de Diciembre de 2007 09:36 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A culebraSeguramente que a señora María aínda se acorda daquela culebra, que oteando dende o mirador do cruce de Sousas, foi cheirar as viandas que enchían aquel galiñeiro aló polo mes de setembro, despois da conmemoración correspondente ó ano en curso. Aquela culebra está despertando do letargo político e ponse a divagar conxeturas que nin ela mesma as cre. Chama a casas de veciños para comunicarlle que seu irmán debe estar con el e debe ir na súa lista das municipais, sen saber o interesado nada e menos quen escoita. Explícame a señora María que algún favorciño debeu facer e agora quéreo cobrar na política. Pero o mellor do caso é que tamén llo comunica ós seus superiores, afirmanndo que tódolos veciños están arroupándoo de cara as vindeiras eleccións locais. Nembargantes hai que desenmascarar esta culebra. Quitala do seu letargo invernal para que todos saiban que clase de animal é. Foille ben, polo que non lle importa os resultados da marca que representa, o que lle importa é seu bandullo. Por certo nestas datas hai que probalo para ver ó gusto que ten. Debe ter moito coidado señora María, pois a grasa a vostede non lle vai ben. Dentro duns días ten que ir a revisión e o doutor débea encontrar ben. Quere presidir a candidatura e deséxaa con toda a alma, pois considera imprescindible ter veciños que a veneren, pois polo contrario non se sinte realizada. Haberá que recurrir a mitoloxía exipcia para ver que deus é o que lle corresponde para levarlle agasallos e facerlle sacrificios. Aínda lle resta por facer o seu panteón ou pirámide con todos os enseres para mantelo na eternidade, porque ten que permanecer incólume para os futuros arqueólogos teñan que estudar nela a clase de animal e forma de vivir. Dende hoxe ata maio a moitas portas chamará, facendo moito dano, sore todo naqueles veciños que non queren complicacións políticas, polo que aportará sinsabores a moitas familias, creando refeitas e malos momentos, por mor de non querer lesionar a ninguén. Viernes, 23 de Noviembre de 2007 21:09 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. TallónMeu caro Tallón: Nado en Vilardevós, eres un producto máis desa terra que tantos eruditos lanzou ao mundo da cultura. Hai que lembrarse de Eloi Luis André, Silvio Santiago, Jacinto Santiago, Manuel Núñez e Angel Barja. Eres xermen da sementeira destes antergos que souberon colocar o gran axeitado para que persoas coma ti soubérandes beber nas fontes que eles escarvaron. Non podía ser máis. Medraches ao carón das Penas Libres, para ser tamén libre e seguir os pasos de autores que están en “Varones Ilustres de la Comarca Verinense” de Taboada Chivite. Pasaches polo Colexio dos Padres Mercedarios de Verín e creciches cosas influencias dos cultivadores relixiosos que souberon pulirte para por en ti as bases adecuadas que algún día te levarán a estar no cadro de autores desa terra. Seguramente nos bares do teu pobo practicarás o que oirías de D.Eloy Luis André e do poeta D. Manuel Núñez, cando se encontraban de vacacións nos veráns. Exercían de intelectuais en calquera recuncho e o novel André sostía as súas posturas e a súa opinión en contra do poeta provocando unha división entre os paisanos coma se se tratara de loitas de galos. –Rivalidade aldeana, chámalle Taboada Chivite, a estas discusións que non escapan nin aos intelectuais, destacando a erudición de D. Eloy Luis André e o lirismo de D. Manuel Núñez. Aínda que te adicas a ecribir textos que outros len , debes seguir na línea da publicación semanal. Non te deixes dominar, nin sexas escravo do poder. Sabes que ninguén é profeta na súa terra. Non podías ser excepción por iso non estás no tríptico publicitario das “xornadas da raia”, que se celebraron hai pouco no teu pobo. Pero si o poeta premio Cervantes 2006. Aínda non saben de ti, nin queren saber que existes, porque te colocaches no outro lado, cando pertences a ese bando. Espallas o nome de Vilardevós por doquier, dándoo a coñecer, para que saiban que esta terra dura tamén dá froitos apetitosos cheos de cultura. Noraboa por este segundo libro titulado:”A autopsia da novela”. Tamén polos premios que tes acadado en diferentes certames. A novela que escomenza coas pautas clásicas da literatura negra, rapidamente toma unha trama narrativa na que ponderas a evolución psicolóxica das personaxes sobre a trama. Co típico trazado dunha novela negra rompes cos clásicos costumes para meterte de cheo nos problemas internos deles. É decir, o drama interno das personaxes pode coa estructura do xénero negro. Destripas a novela para ver a dialéctica da escritura. Grazas pola dedicatoria. Síntome orgulloso de ter un exalumno recoñecido coma ti. Miércoles, 21 de Noviembre de 2007 13:30 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. PeregrinatioMeu caro Pepe: Peregrinatio é unha novela que trata da purificación da vida do seu protagonista ao longo do camiño que debe facer e fai a Santiago de Compostela. Sería interesante que antes de emprender a túa peregrinación, coma do luns, que leras este libro. A peregrinación do protagonista é detallada nunha misiva que seu pai manda á corte de Barcelona para que abandone a vida especulativa e vividora que leva e se puirfique ao longo do camiño nos lugares que lle popón, para ser membro da orde militar. Voso camiño, meu caro Pepe non foi de purificación. Voso camiño foi para que deran solución ao impax constructivo que ten paralizado á vila de Verín. Seguramente que o documento que puxestes nas dependencias da Xunta non recollía as líneas marcadas por Iacobus, polo que non lle deron o visto bo. O caso é que o Concello ten un “Iacobus”, que leva tempo decindo e propondo a solución transitoria, pero daquela mandárono ao cuchitril e agora téñeno no olvido. Ti, meu caro Pepe, non che fai falta peregrinar, porque viviches na túa pel situacións de sufrimento coma a de derruir parte do construído no edificio do camiño vello de Sousas. Por certo, na comitiva ía tamén quen firmou o decreto de derrumbamento. Alí quedou o recuncho latrinario para os usuarios nocturnos. Non debes, nin debiches rodearte de “Marios de Feira”, nin de embaucadores interesados, porque non te levan polos santos lugares do bo camiño, buscando a túa salvación. E iso que o camiño coñéceo ben. Só busca a súa. Direiche meu caro Pepe que o campo de estrelas ao que peregrinaches está noutra dirección, pero a túa confianza fixo que creras nesas verbas e así encontraches o lugar descomposto para a túa salvación e a do resto dos constructores verineses. Necesitabas oír o que oíches naquela oficina, aínda que ti xa sospeitabas algo, pero quixeches que che confirmaran a situación instancias superiores. A resposta que sabías foi confirmada: -Aprobe dunha vez e rapidamente o PXOM e traiga o que fai uns meses se lle dixo que trouxera e non esta transitora. Tome o que teña que tomar das normas do 86 e deixe de facer un mini-plan do 98 que non é admisible. A túa peregrinación non recibiu unha bendición. É normal tes que pensar que alí moran outros. Teñen outra cor polo que as portas ábrense, pero deixan entrar só o que eles queren. Os lugares do camiño polos que pasaches non foron axeitados para a túa purificación e iso que hai que pagar doce mil euros pola misiva que levastes. Sábado, 17 de Noviembre de 2007 21:07 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A rúa GaliciaMiña cara rúa Galicia: Encherónte de cabeciñas ou de cabezóns. Non te debes preocupar porque o que hoxe parece horrible, mañá parecerá máis “bonito”. Os amantes dos graffitis farán delas unhas obras escultóricas, calquera día, e así cambiará a túa fisonomía. É innecesario ter polas rúas representacións deste tipo, porque recordan a personaxes que desexan perdurar. Cadaquén quere facer o seu pobo a súa imaxen e semellanza. Non faltaría máis. Verín non pode nin debe faltar a esta cita. Non convencen aos veciños da súa utilidade, porque os servidores desta rúa son conductores de un ou dous minutos. Tempo máis que adecuado para realizar os recados no centro da vila. Estabas, miña cara rúa Galicia, ao servizo daqueles que descubriron en ti o recuncho axeitado para deixar o utilitario e situarse no corazón verinés, namentras facían as súas xestións comerciais. Aquela virtude que tiñas para os conductores que se aproveitaban da túa ubicación e non ter que ir ao parkin, agora encóntranse sen ese lugar no que aparcar seu coche, convertíndote nun entramado máis de despropósitos de cara tratar á xente que desexa visitar a vila e facer as súas compras, como comentaba un empresario da hostelería, non moi lonxano. Ti, colocada no centro da vila. Ti, que eras o descanso do habilidoso, abandonas, por imperativo municipal, o teu acougo para convertirte nun paso obrigado sen poderte aproveitar. Co fácil que sería regularizarte coma as demáis rúas, quixeron facer de ti un exemplo de como se impide aparcar sen vixilancia e sen parkímetro. Deste xeito sínteste diferente e ata celosa. Normal, tes que ser imaxen do teu dono. Porque ti fuches sempre diferente, ata tal punto, que houbo un tempo en que te quixeron pechar cun muro e moitos usuarios foron desprazados polo teu uso privativo. Pobre cara rúa Galicia, puxéronche un nome grande, para que tiveras grandeza polo curta e estreita que eres e agora aínda te achicaron máis con este mobiliario urbano. Fixeron de ti a incomodidade para os teus moradores, porque os “pivotes” impiden a normalidade de levar unhas simples bolsas da compra. Non queren que sexas cómplice da conversa dos teus usuarios, por iso non se pode ir á par polas túas beirarrúas. Ata che botarán a culpa de ser causante do desgaste das cadeiras pola forma que obrigas a andar, tendo que erguir un ombro máis co outro para non rozar coas bolsas nas “cabeciñas”. Co “bonito” que serías peatonal¡ Agora é moda verinesa, aínda que sexa mínima e tardía. Nembargantes miña cara rúa Lisa dás a entender que segues como rúa privada, polo uso que fai de ti certo automóvil, a certas horas, que non é privado.
Lunes, 12 de Noviembre de 2007 23:51 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. PanchoMeu caro Pancho: baixaches da aldea e establecícheste na vila. A isto, nestes e naqueles tempos, non lle chaman emigración, nin inmigración, porque a distancia das localidades é moi curta. Pero os que tivemos que abandonar a casa paterna choramos moitas veces baixo as sábanas, a pesares da reducida lonxitude. Empezaches moi novo no oficio e fuxes medrando pouco a pouco, a pesares do atrancos. Fixeches os teus "pinitos" de aprendiz, como daquela, e covertícheste nun empresario-promotor da construcción, fóra do teu Concello. Nembargantes, fuches un produto máis da emigración, aínda que só botaches tres anos aló na Suiza. Nestes intres estás ben situado, pero as circunstancias polas que pasa o sector son para sortear eses problemas alleos ó desenvolvemento normal da túa actividade. Ten razón o teu presidente ó afirmar que non sabe a quen crer. Convócano a unha reunión e ós vinte minutos é chamado para outra. Non dá feito. Non sabe a quen atender. Só desexa que se faciliten as licencias dende o concello, aínda que sexan noutra zona. Algo de culpa tamén ten, polo que debe asumir a súa responsabilidade ó non crer nas verbas da anterior corporación, porque pasan os días é estase na mesma situación de impax. Montou aquela ”marcha verde empresarial” en plena campaña electoral, e agora está cobrando coas mesmas moedas. Deixouse convencer doutras promesas, polo que non debe piar moito, xa que foi o que sementou. Unha asociación debe ser autónoma e independente. Os seus intereses non deben supeditarse ó político de turno, para ter a libertade de poder facer propostas que defendan o sector, e así os postos de traballo correspondentes. Pola contra, estase a xogar coa comida de moitas familias por estar baixo interes políticos que camiñan noutra dirección. Meu caro Pancho: cando hai vontade e xestión política non fan falta reunións nin acusacións sen contrastar, porque sábese o que necesita o sector e a vila. A transitoria non é solución para ninguén. Nin a Xunta debe entrar neste xogo, porque sería favorecer só a uns poucos. Estase a pasar o tempo con estas posibles solucións, cando o que se debeu aprobar, neste último pleno, foi unha partida económica para negociar co equipo redactor un urxente remate do PXOM. E non poden decir que non hai cartos, porque se xuntan o que cobran os concelleiros, máis os que se van pagar pola redacción desa transitoria, a cantidade é intersante para ofertar un acortamento de tempo, que é do que se trata. ¡Non vai pasar que, tramitada a transitoria, entreguen no Concello as carpetas do PXOM! Viernes, 02 de Noviembre de 2007 09:46 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. AlbertoMeu caro Alberto: tratas de que a xustiza repoña o teu bo nome, a túa boa fe, a túa boa honra, o teu bo honor. Só unha cousa. Na vila todo o mundo se coñece, aínda que haxa veciños que miren para outro lado. Todos sabemos quen é cada quen, polo tanto non debes tomar a cousa tan en serio. A vida pon a cada un no seu sitio, e Deus colócanos a todos. A falta de educación perante os anos que estiven na política local é o que máis lembro. Ti non fuches o primeiro. Nin eu tampouco, e iso que ti fuches testemuña daquel insulto que recibín naquela Comisión de Goberno, por solicitar un simple informe de secretaría para poder votar aquela licencia do lavadoiro de coches de Queizás. Por certo, as condicións polas que se concedeu, aínda hoxe, non se cumpren. Era o ano 1989 e presidía a corporación o señor Cid Harguindey. Na oposición estaba ADEI, Agrupación de Electores Independentes de Verín. O señor alcalde deu orden de cumprir unha ordenanza municipal na que se estipulaba unha tasa de vintecinco ou trinta pesetas por cada escrito que se rexistaba nas dependencias municipais. ADEI considerou que iso era pór atrancos ó desenvolvemento normal da vida municipal da oposición, polo que levou ós tribunais ó señor alcalde. Todos os veciños saben que o señor Cid Harguindey foi retirado da política local perante dez anos por este “simple” feito. Este acto político foi produto da soberbia naquel entonces, e podése afirmar aínda máis: de chulería. Meu caro Alberto, non hai moito tempo o señor Cid Harguindey contestaba na prensa respecto do “mandamáis” actual dicindo: “Quiere colar las mociones sin presentarlas en tiempo y forma evitando los informes técnicos. Pero yo tengo más experiencia que él, pues cuando hizo la primera comunión yo ya tenía novia. A mi no me las cuela”. Estas declaracións, que son máis respetuosas que as que recibiches ti, están na onda do “mestre” e do “discípulo”, pero evidencian a maneira de vivir a política local. Por iso os insultos que che dedicou o “mandamáis” actual públicamente nos medios de comunicación, deben ser tidos en conta á hora de analizar a túa denuncia. Que, por certo, volve ser ADEI a que leva ós tribunais de xustiza ó actual rexidor. A comparación dos feitos é que son alcaldes, e a denuncia é presentada por concelleiros de ADEI, estando na oposición, pero aquel foi un acto administrativo e agora foron un sen fin de insultos persoais fóra das dependencias municipais, produto tamén da soberbia. Os insultos, meu caro Alberto, só veñen de persoas acomplexadas e con falta de recursos, polo que non debes porte á altura delas. Non soporta, nin admite, que montaras unha plataforma de cidadáns independentes, aínda beneficiándose políticamente. O refrán di: ”pola boca morre o peixe”. Esperemos que a xustiza restitúa o teu honor. Débeslle regalar un texto de “Educación para la ciudadanía”. De tódalas formas, a educación “mámase”. Jueves, 25 de Octubre de 2007 09:40 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Irmandiños Meu caro Lete: un ano máis para romperche a tranquilidade no Castelo. Os “irmandiños” acudiron chamados pola administración para desenvolver un xogo de “rol” na acrópolis. Os estrépitos entorpeceron a sesta e as noites do Manoliño. O Bento non puido dormir ningún día e a Conchita tamén se sumou á queixa. Voceríos, gritos e insultos para encararse e quentar o ambiente entre ámbolas contiendas, tratando de conquistar o que noutra época non pudieron. Aínda así, só se escoitaban eles e os poucos seguidores deste tipo de xogos, porque daquela, apareceran nos xornais, non por moi educativos. A falta de propaganda para visitar este acontecemento que sucedeu perante tres días en todo o monte da acrópolis fixo que non houbera espectadores, para aclamar aos vencedores en cada revolta. Tal vez haberá que popularizar o xogo para que sexa un reclamo turístico para a bisbarra. De tódalas formas, algo leva consigo, porque é a segunda edición e aínda non caíu, como lle sucedeu a tódalas festas que se teñen programado. Un ingrediente novo, como foi a visita guiada, xa é algo de apertura cara a xente, en contra dos puristas do xogo, pero os veciños tamén desexan que ademáis de divertirse os participantes, sexa algo que lle dé vida esta bisbarra. Nembargantes, meu caro Lete, engadiron un aspecto máis ás túas explicacións ciceronianas, e non te trabucarás cando te poñas diante dos visitantes, xa que alguén preguntará pola revolta irmandiña. Deberás porte ó día estudando a historia de Galicia.
Dominaches de pe a pa a vida dos Condes ligada ao castelo de Monterrei, e agora tratan de que remates a túa andaina dando leccións de historia de Galicia. Agora, que estás a punto de xubilarte, aparécenche con estas monsergas e ti, meu caro Lete, o que necesitas é que che fagan caso, sobre todo cando mandas esas misivas reclamando gardas para protexer a acrópolis de desaprensivos, como sucedía con aqueles que rubían as súas motos por enriba das murallas, ou aqueles que rompen os proxectores que iluminan pola noite tódolos edificios. Debes dirixirte ós responsables da organización para que ó longo dos rueiros coloquen non só caixas con botellas de auga, senón tamén os correspondentes contenedores para que os “loitadores” non espallen os envases por doquier. Deste xeito, aforraríanlle traballo ós membros de Protección Civil e o xogo sería máis didáctico. Meu caro Lete, de tódalas formas cos irmandiños entendícheste mellor que cos “malfeitores” e iso que non colocaron palco para sentarse os políticos, que por unha vez, estiveron a ras do reducido público. Non era dos teus. Miércoles, 10 de Octubre de 2007 21:32 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. SoldosMiña cara señora María: unha vez máis estamos diante dos micros para comentar feitos, historias, costumes ou vicios da bisbarra a través das ondas da COPE, que tan ben nos acolle. Como vostede sabe, os oíntes son moitos e espallados pola xeografía tanto galaica como lusa. Ata as terras de Braganza, de Vilarreal e polo Lindoso os oíntes desta emisora escoitan a cotío cada unha das novas que saen ó espazo. Diante dos micros intentamos ver as cousas dende outro punto de vista, para que os afeccionados ás ondas teñan máis perspectivas coas que crear tertulias e entablar coloquios, dando opinións que logo poden introducilas nese “buzón” colocado nas dependencias municipais, para que algunha poda realizarse por parte de quen suxeriu a idea. Miña cara señora María: que non lle suceda o mesmo que ó buzón do 95. Son as primeiras medidas para impresionar e darse a coñecer e que cambiou o equipo de goberno. Logo convértese todo nunha aburrida rutina e esfúmase coma tódalas promesas electorais. Sei que non disfrutou da presencia da súa querida netiña neste verán. Nembargantes, estivo moi arroupada por tódolos seus. O seu pai comentou que debe asegurar o posto de traballo. Xa terá ocasións e tempo para vir. Coido que debeu aproveitar o tempo de eleccións para colocala na lista do partido, e logo a vivir, que son tres días. O bonito do caso é que ninguén é obrigado a presentarse, senón que cho propoñen e aceptas porque cho envolven coa parte máis bonita, de aí que non rexeitas a oferta. A súa neta é disposta, resolutiva, moi comunicativa e ten “título”. Daría unha boa concelleira e sobre todo con esas pagas, que algunha delas resulta ser das mellores de todo o estado. Un exconcelleiro tivo a ben de visitarme nun lugar inapropiado, para comentarme que se sentía denigrado polos soldos actuais, cando na súa lexislatura traballaran a reo e ninguén cobrara. Perdón, cobraba o de sempre, aínda que a veces saía nos xornais o contrario. Ese pensamento, señora María, pasara polo meu maxín, polo que xa somos dous exconcelleiros que sentimos o mesmo. Outros fixeron comentarios que tamén ían nesa mesma línea. Non se debe despistar para as próximas eleccións municipais e así terá sempre preto de vostede a netiña, e con eses soldos aínda mellor. Sobre todo se consegue o da media xornada, que é o mellor. Porque así ten máis tempo para disfrutar dela. Participou da novena da Virxen da Merced e intentou coller un caravel daqueles que adornaban a carroza. O seu xeonllo non llo permitíu, pero un alma solidaria, vendo a súa intención, prestouse rápidamente a conseguir un para satisfacela. ¡Canto ten que interceder a Virxen da Merced para que algún gañe o ceo!
Miércoles, 26 de Septiembre de 2007 20:55 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Mateo![]() Meu caro Mateo: fuches ubicar a túa casa no mirador máis axeitado do pobo. No recuncho do monte onde as pedras son rochas de afiar. Por iso abasteces a tódolos amigos e veciños coas lousas que arrancas cando a auga deixa de manar. Claro que estás preto do monte, por iso tiveches o problema co lume. Agora estando desértico durmes tranquilo, pero aqueles apuros ninguén chos sacou da alma. Pasará medio século ata que as árbores que están a repoboar sexan grandes, e volverán ter o mesmo destino: ser pasto dos incendiarios. O único problema é que non volverás durmir a sesta baixo ningún deles. As pistas da concentración parcelaria deslindaron ben a túa casa, facendo de cortalumes, en caso de perigo. Nembargantes, a túa vida sempre estivo chea de sorpresas, porque o contrabando, o teu medio de vida, foi quen te mantivo fixo na raia. A política nunca che interesou, porque, segundo ti, votaches sempre para o alcalde. Representas o típico personaxe que vas cos da feira e vés cos do mercado. Agora, xubilado, tes máis tempo para falar cos veciños dos problemas cotiáns e, cómo non, tamén do concello, porque é a administración que está máis preto de ti. O domingo pasado, ó saír da misa, observei cómo participabas na tertulia veciñal defendendo as verbas que oiras na radio, pero os teus contertulianos desdecíante. Ti defendías a colaboración solicitada no discurso de investidura, porque a democracia é diálogo, chegar a acordos e, sobre todo, transparencia. A isto contestáronche que colaborar é participar en tódolos actos municipais. Estes días celebrouse unha reunión no concello cos artífices da “marcha verde municipal”, en plena campaña electoral, para aupalo de novo á alcaldía, para falar do futuro PXOM, e tampouco foron convocados os concelleiros da oposición. Asimesmo na homenaxe ó Verín Fútbol Clube. Por iso, meu caro Mateo, os teus veciños recriminábanche o da transparencia ou colaboración co equipo gobernante por mor da incongruencia política. Se na vida cotián recolles según sementas, na política non vas esperar menos, sobre todo, estando nesta situación de arrogancia. Alguén, perante a reunión, despois do éxito da manifestación en plena campaña, propuso ir a Santiago, como se aquilo fose unha festa. Debe estar facendo méritos para conseguir dúas cousas: unha, recoller todas as súas propiedades no futuro plan urbano, e outra, entrar na lista do partido para conseguir o mesmo fin. Estes son os nosos "polítiquillos", e seguiremos votándoos. Lunes, 02 de Julio de 2007 14:06 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Verino Meu caro Verino: o teu artigo nun xornal de ámbito estatal, dando unha visión diferente de cómo se deben administrar os erarios públicos dun concello, demostra a túa visión de xestión dunha gran empresa como a que dirixes.Seguro que a señora María non te leu, porque a súa filla só lle leva os xornais da comunidade autónoma pola tardiña, entre lusco e fusco, cando xa está cansa de escoitar a radio. Ademais ,se non baixa dar unha volta, séntese moi incómoda co seu xeonllo e trata de meterse pronto na cama. Polo telefóno, coméntolle que tes outra maneira de ver as cousas. De forma sinxela e directa, non andas a rebuscar ideas, que lexislatura tras lexislatura outros prometen pero que nunca executan, porque lles falta financiación, sobre todo se o goberno local non é da mesna corrente ideolóxica que o da Autonomía ou do Goberno Central. Chama moito a atención que, nunhas pinceladas literarias, expoñas un simple programa de goberno, dándolle outra dimensión a este concello, aínda que misturas territorios, porque estás por enriba de localismos, xa que o teu mundo non ten lindes, porque te moves na aldea global. Esa experiencia de empresario-deseñador colócate nun ángulo distinto, para ver outra vila con ingredientes diferentes que a poden proxectar cara un futuro posible, que dende o Concello nunca se pararon a pensar. Nembargantes, a túa aseveración sobre Tirso de Molina, colocándoo en Monterrei coa súa obra literaria “O burlador de Sevilla”, fai que o teu maxín fabule tamén sobre a bisbarra, dándolle unha dimensión que sexa capaz de atraer foráneos buscando este recuncho xeográfico. Como maestro do deseño permíteste figuras que os demais non poden manifestar. Persoas coma ti deberían prestar ou exercer de asesores aos rexidores dos concellos, ou formar parte de comisións veciñais con persoas de idade e ricas en experiencias para consultas, unhas ou dúas veces por ano. As túas xuntanzas de empresarios ou de xornalistas, que ano tras ano realizas en Monterrei, proxectan esta bisbarra cara ao exterior. Sendo prácticas que outros colectivos locais deberían seguir, para darlle máis impulso a esta terra. Partes de realidades que ás veces dende o sillón hai que plantexar, por non ser reclamo dos veciños, aos que hai que satisfacer de inmediato, xa que son os que mandan, porque emiten o voto que manteñen a un alcalde. Namentras a política sexa así, meu caro Verino, non hai programa que se leve a cabo, porque se está sempre na dúbida, nin orzamento que aguante. Rómpese con todo e séguese o que a realidade máis preta te condiciona. É triste decilo, pero os "politiquillos" seguen estos pasos, sobre todo cando non teñen claro o que queren para o seu concello. Non te das conta que non hai Parque Empresarial completo, e agora imos ter dous. Cando estamos rodeados do de Cualedro, do de Monterrei, do de Oimbra, do de Vilardevós, do de Castrelo do Val, do de Riós e do de Chaves... ¿Somos serios? Este minifundismo non se debería permitir. Domingo, 24 de Junio de 2007 13:39 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Eleccións municipais Miña cara señora María: “A persoa humana é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”.Debo decirlle que non ten que cruzar a rúa lonxe dos pasos de peóns ou dos semáforos. O seu xeonllo non está para correr eses riscos, porque pode fallarlle no medio e as consecuencias poden ser desmesuradas, xa que vostede debe seguir e continuar cotidianamente, porque representa a persoa ideal residente na vila. Ademais aínda é desa xente que gosta de conversa e empréndea en calquera recuncho, aínda que teña que sosterse coa muleta longo tempo. Xa sei que gañaron os seus, os do corazón e pensamento, pero vostede é das que sufren o cambiazo. Os que a levaron a votar preocúpasen ben de que a papeleta que mete na urna sexa a deles e non a súa. Qué ben a trataron. Abríronlle a porta do coche e acompañárona ata a mesa electoral, por se acaso. A vostede élle difícil comprender cómo fai catro anos os verineses castigaron ao Partido Popular, deixándoo sen maioría absoluta, tendo como respaldo á Deputación, á Xunta de Galicia e ó Goberno Central e agora, ano 2007, as urnas vólvenlle dar a maioría, sen ter o apadriñamento dos entes anteriores. A vila, señora María, anda ao revés. Debe comprender que os verineses castigaron a chegada ao poder do tripartito, a través dunha moción de censura. Tampouco comprenderon nin aceptaron o derribo das obras executadas anteriormente, porque acarrea dobre gasto para as arcas municipais, que sempre adolecen de fondos para servir aos veciños. Pero sobre todo o que a vila castigou foi a falta de autoridade. Sabíase quén era o alcalde, pero non se sabía quén gobernaba, xa que fixeron do concello un reino de taifas. Como exemplo, todo o que sucedeu co PXOM. Nunha experiencia política, o principio de autoridade debe ser a guía que marque as liñas a seguir despois de redactar un programa común baseado en propostas de cada partido. Hai que olvidarse do programa individual e consensuar os puntos para desenvolver durante a etapa que dure o goberno, porque as sensibilidades partidistas son malas compañeiras en política. Miña cara señora María, que a Verín non lle pase como o dito: “nunca segundas partes foron boas”. Porque o pobo non se equivoca, e non hai que recordar aquelas etapas de alcaldesa de Alianza Popular e Deputación de UCD. A vila tivo dous momentos de avance, que coincidiron sendo alcalde Cid Harguindey e vicepresidente da Deputación para asuntos económicos, e logo gobernando no concello o PP coincidindo coa Deputación, Xunta de Galicia e Goberno de Madrid como respaldo político. Agora, señora María, o municipio pasará outra travesía no deserto. Jueves, 07 de Junio de 2007 10:45 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Hilariño Meu caro Hilariño: ¡queren que votes dúas veces!¡O que hai que facer para manterse no poder! Cando a túa nai emigrou, aló polos anos cincuenta, a vida non era vida. Intentou buscar algo mellor, pero só atopou a emigración. Daquela non se votaba, polo que non recibiu promesas dun posto de traballo. Tamén hai que dicilo, que cando a túa nai colleu o barco en Vigo, tiña só catorce anos. Na reclama do tío emigrado aparecía a súa irmá, pero colleu medo e non se atreveu, como a vida apretaba, decidiron que a túa nai tiña que preparar o baúl e responder á misiva do tío. Eran catro irmás, que moi novas quedaron sen pais. Alguén tiña que botar man delas. Entre a avoa e este tío fixéronse cargo. A túa nai atopouse no país de recollida con papeis falsos, porque a documentación que mandara o seu tío ía en nome da outra irmá maior. Contaba o teu pai as voltas e os enganos a que foi sometido, perante moitos anos, para tratar de por en regra toda a documentación, pero ata que ti naciches e fuches grande non se solucionou o problema. E agora queren que votes. Cando ti, meu caro Hilariño, non sabes ónde está a aldea que viu nacer a túa nai, nin coñeces ós familiares que aínda viven na terriña, que tanto a túa nai como o teu pai falábanche dela apesadumbrados e coa morriña levada como expresión eterna nas súas meixelas. A eles a emigración aínda lles sorríu, porque regresaron para ver as súas herdanzas e familiares, pero non vas ter esa oportunidade de ver esta terra onde ofrecen todo, a non ser que poidas sentir na túa alma o que a túa nai sentía por ela. O normal é que te deixen en paz, porque ti non eres galego, porque non o sintes, aínda que as túas raíces estén aquí. Ademais sentiríaste mal por ter que votar ó que non coñeces e tampouco desexas ter un privilexio, entre os mortais, como sería facelo dúas veces. A ti o que che gustaría é que se preocupasen de influír, na emigración, onde estás, para ter unha vida digna, porque ti tés a túa, os teus descendentes e os teus amigos aí, polo que se queren algo, que se dirixan ás autoridades indíxenas para resolver os problemas dos emigrantes. Acórdanse de ti porque é época de eleccións. Pasados estos días volves ó baúl dos recordos e iso que non sabes cánta propaganda fan nos televexos, tanto uns coma os outros, xa que neste asunto non se salva ninguén. Saberás que é moi importante o teu voto, por iso recibirás a visita dos políticos de turno, porque o teu voto decide quén vai ser alcalde. Pregúntallo ó Perico. Non resolven o asunto dentro da xeografía hispana e vano resolver cos emigrados, dos emigrados, dos emigrados... Meu caro Hilariño, unha aperta e vota como sabes. Viernes, 25 de Mayo de 2007 09:03 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Rambo Miña cara María do Carme: a túa filla foi Eva. Elexírona, como te elexiran a ti, naqueles anos de moza. Agora eres mamá e dentro de pouco serás avoa. A iso desexan chegar tódalas persoas con responsabilidade na perpetuidade de manter no tempo o seu apelido e a súa descendencia.Hai que conservar o rito para que non desaparezan estes vellos acontecementos que, ano tras ano, celebrades pola Santa Cruz. Terás que ir preparando o “ajuar” porque, segundo a costume, ten que que casar no ano que foi nomeada. Dormiu na Picota e o segredo perdurou namentras non saiu á rúa, esperándoa os danzantes e o Adán, para percorrer a vila, antes de celebrar o sacrificio de Isaac e a loita de mouros e cristiáns. Tampouco faltou o “Maio”. Por certo, colocaron a árbore máis alta que lle rouban ó veciño. A cerimonia foi un éxito e Rosa encargaríase de que os zapatos fosen á medida, xa que o seu fillo transmitiume tódolos aconteceres da festa. Laza mantén no tempo estas “cousiñas” de antano, porque hai persoas que as realizan a cotío. Son un raigame que non perden porque as levan na súa alma. Por iso o “Rambo” tratou de que Verin faga algo nos “maios”, para que non queden no olvido tódolos xogos que representou no seu caixón. Daba gusto velo explicar tódalas composicións feitas cos bugallos dos carballos. Tíñaas de tódalas medidas e así configurou os distintos xogos populares cos actores correspondentes, naquel espazo tan reducido. Os carrabouxos facían de cabeza, de corpo, de pernas e de brazos. Seguramente o “Rambo” quixo volverse cativo e rememorar os xogos da súa nenez, para non deixar de sentir o que tanto o fixo disfrutar. Agora son só “guenvois”para os pequenos. No caixón non faltou ningún divertimento artesán, e iso que non tiña o carriño feito coas cabezas dos nabos ou a carrilana de táboas. Tiña xogos de rapaces e rapazas, pois co follo do millo representou bonecas con lazos. As roixideiras de xungos non as debeu coñecer ou xogar con elas, porque tampouco aparecían polos recunchos do caixón. Ningún personaxe tiña un asubío na boca, polo que non debeu aprender cómo se facían, e iso que non foi a Espiño, onda o Enrique, para que lle ensinara os bolos cos que xoga na praza da aldea. Tería un grave problema, porque Enrique é un perfeccionista do artesanato e non lle permitiría que fixese os bolos se non era a madeira dunha mazaira ben seca. Domingo, 13 de Mayo de 2007 10:50 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Votos do máis alá Miña cara Luisa: “ata os mortos votan”. Seguramente que túa tía recibirá a propaganda de tódolos partidos políticos. Descansando como está na cidade eterna e que rompan a tranquilidade do seu sono, con estas misivas demostran a pouca sensibilidade que teñen ao solicitar o seu voto ou, como neste caso, felicitándolle as festas navideñas.Saberás, miña cara Luisa, que tanto no teu concello coma nos outros, daquela era unha norma o inflar os censos con todo tipo de nomes, porque segundo o número de habitantes reciben os correspondentes cartos do estado. Agora, ademais diso, necesítanos para conseguir máis votos e así máis concelleiros. É dicir, para gobernar, para mandar, en definitiva, para tomar o poder municipal. Para manterse na poltrona, non para servir aos concidadáns. Tamén pode ocorrer que non se revisara o censo, pero neste caso son moitos anos de soterrada os da túa tía. Polo tanto, algo tivo que suceder para que se manteña na listaxe do censo do teu concello. Claro que a señora Dolores Flora non irá votar, pero recibirá as papeletas de tódolos partidos que se presenten nas próximas eleccións municipais. Ti serás a que recollas as papeletas, pero terás un problema, xa que non poderás emitir ese voto. A non ser que ocorra como contaba miña tía, emigrada, aló nun pais sudamericano que podían pasar a votar as veces que desexaran, porque non había control naquel consulado. Iso chámase eficacia censal. Ou chámase trampa censal, pero o que si está claro é que todos xogan co mesmo. Chama moito a atención de que os axentes censais non cubriran ben os folletos correspondentes, pero o que si está claro é que a túa tía fai máis de seis anos que está no camposanto, e recibiu a felicitación polo nadal. Serán as meigas as culpables de todo. Xa sabes que isto de inflar as listaxes do censo é practica dos partidos cos afiliados, botando por terra o que din os estatutos: - son só afiliados os que están ó corrente da cuota anual. Así acuden máis representantes ós congresos e poden inclinar a votación cara o candidato que máis prebendas concede. ¡Bendita a señora Dolores Flora que recibe misivas de calquera partido, cando os verdadeiros afiliados mándanos ó ostracismo! Como a finada señora Dolores Flora non ten culpa disto, nin nunca pensou ser protagonista desta narración, rogamos a Deus que siga téndoa ó seu carón e nós pregoamos para que así sexa. Sábado, 05 de Mayo de 2007 13:48 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A visita do Presidente da Cámara Miña cara señora María: non dan puntada sen fío. A visita do Presidente da Cámara Municipal de Chaves a Verín sae no xornal coma se fose unha visita institucional. Máis, lonxe da realidade, foi unha visita privada e seguramente solicitada polo candidato do grupo conservador verinés.Hai que facer coma os outros e contrarrestar os efectos das xuntanzas de instancias superiores e non quedarse atrás polo que poida pasar nas eleccións. Se fan reunións, hai que facer reunións. Se prometen, hai que prometer, aínda que se tarden doce anos en facer realidade a autoestrada coa fronteira. Como ve, señora María, xogan coa xente. Se hai unha xuntanza ó máis alto nivel da Eurorrexión, hai que provocar algo parecido a baixo nivel e sacan da manga unha Eurocidade. ¡Qué nome máis bonito! Como o rexidor luso non é afín ó rexidor verinés, provócase este galimatías de ditos e diretes entre o voceiro popular e o alcalde, para contrarrestar feitos de cara ás próximas eleccións municipais. O importante, miña cara señora María, é inventarse palabras que soen ben, pero sen fondo, sen base, sen significado, con moito significante e, sobre todo, en época electoral. Para saír na foto, porque iso arrastra votos. Nembargantes, señora María, ningún se preocupa de vostede, porque vostede vive na vila e daba verdadeira pena vela arrimada a aquel coche na Canella Cega, porque nas beirarrúas non hai un simple banco para descansar. Vostede, naquel momento, necesitaba darlle descanso o seu xeonllo e a súa muleta. Non hai que remontarse moito para ver a realidade con respecto ó invento de organismos. A comarcalización non dá tomado realidade porque non interesa. E iso que cando se está na oposición, tódalas actuacións políticas encamiñanse neste sentido, pero cando se está no poder, non hai tempo para que tomen corpo e sexan unha realidade. A Mancomunidade de Municipios desta bisbarra está constituída por un grupo de concellos dos que algúns fundadores xa se deron de baixa. Agora anuncian a Eurocidade. Logo veremos o que nos tran, pero o que si sabemos todos, señora María, é que a esas institucións haille que dar corpo e vida, e para iso necesítanse cartos que, por certo, sairán do seu bolsillo, pero vostede seguirá sen bancos nos que descansar. Jueves, 19 de Abril de 2007 19:37 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. O síndrome do sillón Meu caro alcalde: “pola boca morre o peixe”. As súas declaracións do día 30 de marzo do presente ano manifestan o “síndrome do sillón”.É unha pena que tan bo rapaz apareza na rúa e salga con estas monsergas. Desacredítase a el mesmo. Cando queira saber as razóns polas que me marchei de concelleiro non ten máis que preguntarmas, pero opinar sobre algo, metendo a todos no mesmo saco, por favor, meu caro alcalde, gárdeas para outra ocasión. Debe ler a prensa. Os seus dixéronlle ben claro as razóns polas que se foron. O sillón, meu caro alcalde, lévaos ó nirvana e crense deuses. Aí é onde debe buscar as causas polas que os mortais preferimos andar cos pés no chan e ser un máis. A cousa máis marabillosa dun cargo público é servir ós seus concidadáns, non servirse deles. Pero o sillón, meu caro alcalde, emchóupaos e súbeos á derradeira dimensión, vendo dende enriba os quefaceres terrestres, cando é na terra onde están os problemas dos administrados. Como exemplo, meu caro alcalde, a falta de licencias de obras para que a vila camiñe e non se pare, porque a construción foi, é e será o motor desta bisbarra. Lea tamén as cartas que lle escriben sendos veciños: un verinés agradecido, no xornal do 31 de marzo e o outro, un verinés desagradecido, do día 10 de abril. Se repasa a súa frase que aparece nos xornais dicindo: ”que se foron, non por forza maior nin enfermidades, senón por desacordo coas formacións políticas”, estará dacordo comigo en que vostede, e calquera que se senta no sillón, non son as formacións políticas. As formacións políticas fórmanas as bases que pagan relixiosamente a cuota e, polo tanto, débense convocar a unha asamblea e someter a votación calquer tema, despois de plantexalo e discutilo o tempo que faga falta, para tomar o acordo que máis beneficio redunde para as partes. Algún case ten que marcharse, por mor dunha ficticia “agresión”, da que for certo, vostede informou. De tódalas formas, meu caro alcalde, todos nos fomos correctamente, porque deixamos o posto para ser cuberto polo seguinte da lista. Vostede sabe que puidemos elexir o Grupo Mixto. Os do sillón non soportan que se vaian os concelleiros porque evidencian a falta de diálogo e o comportamento dos rexidores á hora de tomar acordos. Só se conta con eles cando hai problemas. Vostede lea as manifestacións dos seus, achacando a falta de convocatorias do partido e de reunirse para aclarar temas e ver problemas que afectan á vila. Pensei que era diferente, que entraran aires novos no Concello, pero polo que observo é un produto máis do “síndrome do sillón”. Teña coidado, porque ese síndrome finou con outros con máis obras no concello. Lunes, 16 de Abril de 2007 22:45 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. LázaroMeu caro Xerardo: a túa morriña non toma forma no momento actual. Tes razón e comparto contigo as inquedanzas que bulen polo teu maxín recordando aqueles anos de Lázaro. O título xa daba grandeza: “Ferias y Fiestas de Lázaro”. Polo que o demais viña espontaneamente. O problema, meu caro Xerardo, é que temos un trimestre cheo de acontecementos festivos: San Antón –festa local-, As Candelas, San Brais e sobre todo o programa do Carnaval co xoves de Compadres, xoves de Comadres e Domingo de Entroido, para rematar antes de entrar na Semana Santa co Lázaro. Iso conleva que, ano tras ano, o Lázaro sexa pobriño. Mira se é escaso que, con tanta festa, ata os nosos cativos baixan de notas neste trimestre. Porque o ambiente é totalmente de ocio e deberiamos pensar un pouco neles, porque desexamos que os nosos retoños sexan os mellores profesionais. Por outra banda, estase a potenciar máis o Carnaval, porque é un atractivo turístico con máis rendabilidade económica. Levamos anos vendo que se invertiron os termos. Daquela o Lázaro era grande. Agora é grande o Carnaval. Pero o que a ti che gustaba, meu caro Xerardo, era estrear o pantalón curto polos xeonllos e os zapatos que limpabas co cuspe cando se che luxaban. Tamén te levaba a túa irmá ó barbeiro para deixarche aquel tupé de chiva lambida. Por iso tes soidade aqueles anos. Agora estreamos todos os días. Nembargantes, algo estase a conseguir coa festa do Patrón da vila. A feira do viño foi un éxito. A inauguración, o entorno e os fogos deron ambiente. Aínda que a orquestra non foi capaz de contentar ós bailaríns coa última actuación solicitada por uns poucos. Non enturbiou o que está sendo o principio de algo que, con acerto, pode chegar a recuperarse como antano. Tampouco se escoitaron moitas queixas co sucedido ó Conselleiro. Hai que unir esforzos para que non se repitan. Haberá que propagar e potenciar o fin de semana con actos protocolarios, recuperando algún acto festivo-relixioso e actividades nas rúas, para que os nosos veciños portugueses, que tanto madrugan, teñan onde recrearse. Artesanía, cerámica, postos de venda na rúa e personaxes de animación con actuacións de teatreiros serían un bo elemento para darlle máis vida ó fin de semana. A miña homenaxe, meus caros veciños, ó señor Julio García -finou hai uns días-, que respondeu á miña perseverancia, permitindo que o foxo se convertira na rúa desconxestionadora do casco antigo da vila. Jueves, 29 de Marzo de 2007 20:15 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A cobra![]() Miña cara señora María: por favor, séntese un pouquiño a meu lado. Délle descanso á muleta. Hai tempo que lle quero dicir algo. Debe levar a muleta onda o Palmero para que lle repoña a goma, pois a que ten está lambida e, non se faga de rogar, porque sen muleta non da unha lancada. Ademais pode esbarar en calquera momento e o seu xeonllo non debe sufrir máis. Tamén lle digo que ten que deixar de pasear por Infistela. Non me faga preguntas. Están a facer unha rotonda na encrucillada da Canella Cega coa rúa Espido e pode accidentarse. Se quere pasear fágao -perante un tempo-, deica maio, polo alto do Polvorín, para chegar ó camiño que arranca cara a fonte de Cabreiroá, despois de ir pola Avenida dos Balnearios e cruzar cara o Barrio de Obras Públicas. Verá que dende alí hai unha mellor vista e pode ver todo o que lle interese, a pesar do peche esaxerado que ten a finca do doutor. Así mesmo, o de Medeiros anda a construir unha obriña de fin de semana, polo que ten perpiaños onde pode descansar. Nembargantes, a señora María interesouse máis pola historia do sábado ás once da mañá alí, na Alameda, preto da lagoa, camiño de Estevesiños. O Pepe da Avelina cruza todos os días por alí. Coñece ben o lugar, pero nunca lle sucedera algo igual. Cando cruzaba co tractor encontrouse cun bicho no medio do camiño. Parou e baixouse. Escomenzou a dar voltas arredor. De pronto, o animal levantouse de medio corpo e o berrido do Pepe ouviuse en todo o amieiral. ¡Qué "culebrón"!, ¡menuda cachola!, ¡qué cacho ollos!. Erguida, remelábaos para controlar todo movemento estrano. Ó Pepe veulle á cabeza o sucedido cos ovos das galiñas e os gazapos do cortello. Desaparecían e non sabían quén era o ladrón. Unha cobra coma esta tiña que ser a que se aproveitaba de todo. Recordaba que as ubres das vacas da zona, estaban baleiras cando ían a muxir, botábanlle a culpa á Rosiña. A cobra baixou o corpo e camiñaba arrastrándose para fuxir. Facíao con destreza, pero atenta a calquera movemento do Pepe. Meteuse no río. Máis tarde, enterouse que aparecera en Pazos, onda Fina. Claro, señora María, é que Fina ten unha granxa. Jueves, 29 de Marzo de 2007 20:14 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Sergio![]() Meu caro Sergio: "todo o teu gozo metido nun pozo". Neste refrán pódese resumir toda a túa pesadume pola noticia da suspensión do PXOM, por parte dos tribunais, ó non admitir a trámite o recurso plantexado polo Concello. Ás veces a vida, meu caro Sergio, xoga estas pasadas e un déixase levar. É triste ver cómo os sacrificios da emigración che valeron para pouco. Pensabas gañar uns cartiños coa compra da finca e resulta que ven a xustiza e tírache con todo. Non che preguntaron nada, porque non sabían que os teus aforros están invertidos na terriña, non coma outros que especulan na bolsa. Ti, sempre seguro, na terra, pero está visto que nin así. Daquela as túas meixelas radiaban alegría, cando comprobaches, in situ, que a leira che quedara na zona de ampliación do núcleo rural, agora veñen e tíranche con todo ó traste. ¡Qué penuria, meu caro Sergio!. As causas da túa situación foron tres: demasiada presa na aprobación do PXOM do 1998, por mor de entrar nun ano electoral; imposibilidade de negociación, para retirar as denuncias cos afectados; e oscurantismo-secretismo incumplindo o punto da orden do pleno correspondente á adaptación da nova lei do solo. No verán do 1998, 28-29 de xullo, marcharon con papeis do PXOM para Santiago. Regresaron antes da data de aprobación, que foi o tres de agosto daquel ano. Os días foron escasos para a Dirección Xeral de Urbanismo e para estudalos a oposición antes do pleno. Todo porque no se podían perder días de vacacións e porque se entraba en ano electoral, e iso que aínda restaban meses por diante. Meu caro Sergio, é normal que con tanta presa e tanto papel que ler este PXOM tivera irregularidades. A pesares do contencioso, houbo intentos de arranxar o problema. Un dos promotores propuxo retirar a denuncia a cambio da multa que lle impuxera a administración, por ampliación dunha nave. Pódoche cofirmar, meu caro Sergio, que aínda hoxe estou esperando pola resposta daquel alcalde, que por certo debería estar ben caladiño e arrimar o ombro polo ben de Verín. A soberbia e outros intereses fixeron que o arreglo non frutificara. Como remate, meu caro Sergio, fixéronse cargo da concellalía de urbanismo, co tripartirto, uns novatos con descoñecemento da realidade do concello. En vez de adaptarse ó mandato do pleno, fan un plan totalmente novo, incumprindo co acordo plenario e buscando problemas cos veciños, polo que calquera tiña base para ir ó contencioso. Así mesmo, traballaron ás espaldas do alcalde e o resto de concelleiros. Con todo isto, meu caro Sergio, é normal que estemos onde estamos, e faltan por vir máis sentencias. A culpa non a quere ninguén. Jueves, 15 de Marzo de 2007 09:59 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Prieto![]() Meu caro Prieto: Quixeches gañar o mundo, pero pasouche coma Ícaro: o sol derreteuche as ás. Canta ilusión perdida. Cantas voltas. Canto ir e vir. Visitas a Pazos, Mandín, Queirugás, Tamaguelos, Feces, etc..., aquí e acolá. Todo, meu caro amigo, para estar coma ó principio. Tes que comenzar de novo. Agora si tes un problema. Saber ubicarte e saber desprenderte dos prexuízos. Teste que definir. Seguir no partido, apoiando ó candidato oficialista, ou abandonar. Tamén podes seguir e facer a túa loita nas municipais. Pero debes fiar moi fino, porque pódeche pasar coma ó Lucas, que acudan a Verín os mandamases expulsándote sen saber porqué. De tódalas formas debiches aprender, daquela, cómo se resolven os conflictos internos e, así mesmo, da miña impugnación ó Comité local, porque saberás que foi unha calada por resposta. Ti non vas ser diferente por moitas visitas que fixeras a Ourense e por moitas promesas recibidas. Non te diches conta de que estorbabas. De que podes dicir cousas e de que podes soltar a lingua. E sobre todo de que pertenciches a unha organización, que como organización que é, saes trasquilado, anulado, despersonalizado. Contas porque sumas, pero cando desexas subir un escalón aparecen os pantasmas, contando historias, coma que ten que ir outra persoa, claro, amiga súa... ¿esto da amizade?... deixémolo así. Meu caro Alberto, percatácheste de que estiveron a xogar contigo. A outros pasounos algo parecido. Sempre buliu no meu maxín a idea de non interesarme polos asuntos partidistas máis aló da Estivadas. Contigo aínda se reafirma máis. Nun pobo no que nos coñecemos todos, o importante é sumar para poder sentarse na alcaldía, pero aquí réstase, polo que haberá que esperar ós acontecementos de maio, para tomar unha determinación de continuísmo ou de distanzamento. Visitabas á Conchita, para convencela, por estar enfada por incumprimentos. Ías onda o Toño para recuperalo, e así pobo por pobo, e veciño a veciño. Recordo os espaventos do trato coa veciña de Tamagos saíndo da alcaldía só por reclamar auga, en pleno verán. Que visiten Infistela e que cadaquén xulgue ás persoas que servimos ós veciños. Os dous escoitamos aquela frase de que na oposición dá o mesmo oito concelleiros que un. Nunca entendiches eso. Algún día saberalo. Non desvanezcas meu caro Alberto: "a todo porco lle chega seu San Martiño". Jueves, 01 de Marzo de 2007 22:00 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Entroido![]() Miña cara Mirian: díxome a túa avoa que non viñeras ó carnaval. Seguramente queres acimentar o posto de traballo que herdaches de teu pai. Non está nada mal que unha rapariga dos teus anos pense desa maneira. Outros están a expensas da casa paterna. A túa avoa comprometeuse coa túa tía para coidar dos cativos. Non debería ser así, pois foi unha gran entroideira. Saberás que os de Laza engadiron un acontecimento máis ó programa do Entroido. A dona do señor alcalde remitiume un mañuzo de carteis anunciadores do feito. O caso é que desexaron darlle publicidade e abrir a todo o mundo o que daquela estaba reservado para os veciños ou máis achegados. Coloqueillos en lugares estratéxicos, para que se poideran ver. Podo confirmar que aínda están colgados. A túa avoa contaríache a polémica que montaron co cartel do carnaval e iso que non houbo denuncias polo ruído das comparsas, que algún día renunciarán a desfilar, por mor de estar ó arbitrio dos deuses festivos. Non lles gustou o fallo do tribunal, e iso que eran expertos. O cartel foi un cartel, que anunciaba o carnaval de Verín. Saberás que nas casas de Laza, perante o entroido, a mesa do comedor está repleta das viandas carnavalescas, lembrando as festas da época romana. Todo o que cheire a antigo debe estar presente nesta vila rural e tamén están tódalas partes do noso porco celta. Pois ben, ocorréuselle facer a festa da cachucha. Pero o que demostraron é que son hábiles no día que propuxeron e sobre todo na hora. Non estropearon, nin cargaron os días principais do entroido con actuacións, senón que rebuscaron e foron dar co día máis axeitado. Non estaría de máis, miña cara Mirian, de xuntarse os tres concellos das ribeiras do Támega para programar a festa do carnaval de tal maneira que non se entorpeceran nos festexos, mantendo cada un a súa raigame principal. Cabe destacar o resurdir do luns de Oimbra, pois non entorpece a baixada da “morena” de Laza, polo que non resultaría difícil compaxinalos cos de Verín, para formar, non o triángulo máxico do entroido do sur da provincia, senón os carnavais do val do Támega ou de Monterrei, que por certo xa hai moita xente que percorre estes pobos ribeireños do Támega. E aínda máis, miña cara Mirian, deberíanse publicitar cos daló da raia, coas Cámaras portuguesas, para crear rutas gastronómicas do inverno, ó longo do río Támega. Foron grandes, a festa gastronómica de Laza, o percorrido polas bodegas de Oimbra e tamén a cachuchada de Verín. Miércoles, 21 de Febrero de 2007 13:39 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Nadal![]() Meus caros Reis Magos: rematou o ano sen facer balance dos acontecementos e obras do concello. Non apareceron discursos dos que gobernan nin dos da oposición. Os que gobernan non falaron dos feitos e do que aínda resta por facer, sobre todo, no referente ó programa co que se presentaron ás eleccións locais. Os da oposición, convertidos en pinza municipal, non loitaron por decir quén fixo mellor tarefa, aínda que un deles tamén gobernou co bipartito cando se formou o tripartito. O outro gobernou en solitario e en minoría no primeiro ano da presente lexislatura. Visto o anterior, meus caros Reis Magos, o vecindario dubidará moito á hora de atribuír a calquera deles as mencionadas obras. Nembargantes, a señora María escribiuvos para que alumedes os carrouchos polos que pasearán os seus netos, porque dos discursos políticos sempre quedan asuntos no olvido. Nunha palabra: non se fía. A misiva máis importante chegaríavos do señor Alcalde, porque dándolle a recente enquisa máis votos, e polo tanto algún concelleiro máis, resulta que o PSOE quere prescindir del. A señora María non entende nada, xa que foi a persoa e candidato que lle deu categoría a este partido na vila, a pesar da súa andaina política, e resulta que tratan de que non encabece nas próximas eleccións municipais. ¡Non teñen outro mellor!. ¡Esperemos...! Os propietarios das leiras que ocupará a autoestrada cara a fronteira tamén vos remitiron cartas. Esperan que as teñades moi en conta, pois fanlle falla os cartiños e resulta que non teñen documentos de propiedade. Preferían que as recibira o cuarto rei Mago, porque saben que se perdeu por mor de axudar ós pobres e así a solución sería rápida. Nunca se pararon en facer unha simple partilla, entre irmáns, despois de elexiren o cupo, para levala ó Rexistro da Propiedade e inscribila, polo que non teñen con qué demostrar a súa propiedade. Só a posesión da terra fai posible a súa pertenza, pero eso non é papel oficial, polo que tivo que ser o concello quen habilitou un documento para dar forma a todo este desbaraxuste. A Galiza profunda, diría a señora María, pero non se enterou deste problema. Coa concentración parcelaria que está en marcha nos mencionados pobos quedaría resolto o tema, pero como se adiantou a execución da autoestrada colleunos fóra de sitio, polo que é necesario dar carpetazo ó asunto e que os veciños cobren o máis rapidamente posible. O Cabazas tamén vos escribiu, porque non quere perder os dereitos da palleira aló no Carqueixal. Faríandeslle caso. Teriades moito coidado do acompañante dos xuristas reclamantes. Seguramente que as misivas que vos escribiu foron partidistas, polo que non reclamou obxectivamente. Leríandeslle ben a letra miúda. Unha aperta meus caros Reis Magos. Lunes, 29 de Enero de 2007 09:17 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Ameazas![]() Miña cara señora María, aínda non chegou marzo e os pantasmas municipais están a flor de pel... - Cid Harguindey debe ter coidado cos “idus de Marzo”, porque nunca lle foron propicios, dime acurrucándose e arrimándose a min, porque segue sen evolucionar nada a súa enfermidade. Agora vive arrimada a unha muleta e lévaa a todas partes. Sen ela non pode facer nada. Pasou ben as feiras do nadal. Notábaselle nas meixelas que relucían esplendor. Segue a comentar que Harguindey sempre andou polo fío da navalla, polo que debe ter coidado. Anuncian querelas, denuncias ante os tribunais, para amedrentalo, pero segue e segue, porque lle gosta estar aí, onde a xustiza ten lagoas, para que os xuíces se definan. Desexa xogar coa interpretación xudicial e coa tardanza dos veredictos. Os da “pinza” municipal, que non é tal pinza, senon anulación completa, politicamente falando, do PP sobre do BNG, tratan de minar as bases de Cid Harguindey. Pero Harguindey responde sen encollerse e toreándoos con máis desprecio, porque os considera non aptos para dirixir os destinos do Concello. Escoiten a contestación que lle dirixe ó portavoz municipal do PP no famoso pleno das mocións: - “Quiere colar las mociones sin presentarlas en tiempo y forma evitando los informes técnicos. Pero yo tengo más experiencia que él, pues cuando hizo la primera comunión yo ya tenía novia. A mi no me las cuela”. A señora María dime que algo de razón ten, porque sumando os votos da oposición poden sacar adiante calquera iniciativa, incluídas as mocións, presentándoas polo curso ordinario, sen ter que recurrir ó último momento da iniciación dun pleno. A reflexión deste punto é importante porque demostra a qué xoga esta pinza municipal. Independentemente de que calquera desas mocións non teñen importancia algunha para os veciños, que prefiren que se preocupen máis de temas como pode ser a limpeza das rúas ou o coidado dos animais de compañía, que deixan os excrementos nas beirarrúas facéndoas intransitables e provocando disgustos nos viandantes, cando entran no seu andar, porque o cheiro que introducen fano insoportable. Mocións sobre este tipo serían interesantes para que tratemos de cómo saber ter un animal de compañía nunha vila coma a nosa. Así os veciños saberán quen se preocupa pola súa convivencia. Sábado, 20 de Enero de 2007 09:57 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Antonino![]() Meu caro Antonino, pasaches por Verín para facer a túa presentación na capital auriense do libro que titulas “Dibujas Ausente”, onde cantas e recordas a túa nai. Non entendo ese paso de largo e non parar na terra que te viu nacer. Moi dolido tes que estar para non ter un minuto de vida para adicarllo a túa vila natal. ¡Así pagan ós pobos os seus creadores, os seus intelectuais! Das a entender que te fuches e desexas que se prolongue a túa ausencia para que outros aproveiten e disfruten coas túas xenialidades. Ós verineses seranos complicado entender esa presentación sen contar con nós porque, a pesar de todo, querémoste. Máis aínda, debíchela facer aquí para demostrarche que estamos ó corrente da túa actividade. Sabemos que non paras, pero nós seguimos a estar no mesmo sitio, esperando a que tomes unha decisión para representar calquera das túas obras, porque sabemos que darás todo do que é capaz o teu intelecto. Porque ti necesitas dos teus. O mesmo que nós necesitamos de ti. Sabemos polos xornais que estás aí, que non paras. Os proxectos cubren toda a túa existencia, pero vemos que tes tempo para escribir poemas adicados a túa nai. Nós queremos ser túa nai. E que nos cantes. Que sexamos instrumentos de escape para teu maxín. Non queremos ser culpa do teu olvido. Teu enfado é para nós algo que nos da forza para recordarte, porque seguimos a defender a túa obra. Algo insólito na bisbarra de Monterrei aquel acontecemento: "Lluvia como risa furiosa”. Sucedeu nesta terra, porque fuches ti o que tiñas fe na súa posta en escea e porque necesitabas demostrarlle á vida que esta bisbarra tamén sabe facer cousas. E realizáchelas, por iso fuches un incomprendido. Adiantácheste ó tempo. Non estabamos preparados para tanta xenialidade. E agora non nos queres e pasaches de nós. Non soubemos apreciar as túas manifestacións artísticas. Só se falaba de cartos, cando o que estaba nos bocetos era moito máis que esas penurias mercantís. A vila adolece tanto desas actividades que persoas coma ti fan falta continuamente para encher esta alma que cada día se abandoa máis. A vila necesita beber do saber de persoas coma ti. Mira para o Aian que sacou do baúl dos recordos o cineclube para deleite dos amantes do sétimo arte. Porque persoas coma vós son as que fan falta na vila, a pesar dos pesares, que desinteresadamente traendes algo no que podamos recrear a maxin, para olvidarnos, un pouco, do ensimismamento no que estamos sumidos. Dende aquí, dende esta atalaia da COPE reivindico a túa presencia na vila, porque sen ti a vila está orfa de poesía, de paisaxe, de vivencias e sobre todo de marcha orquestal. Lunes, 04 de Diciembre de 2006 13:55 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Concello de Monterrei![]() Meu caro alcalde, a mellor descripción das cousas atópase nas hemerotecas, nos anales da historia e cómo non, na estrofa da canción: "Monterrei está nun alto e Verín está nun baixo. Nosa señoa da Estrela está nun campiño raso". A escribidora das follas centrais do "ecoagro" non soubo buscar para nomear a xoia que está no teu concello. Quedouse simple e llanamente no egocentrismo da loita entre Vilaza e Albarellos. Aparece logo un Vences mal situado e, cómo non, a Fortaleza presidindo a parte central de tódolos textos publicitarios municipais. Así reduciu tódala xeografía, cultura, historia, costumes, gastronomía, actividades agrarias co silencio de temas tan importantes como é a arte ou recunchos naturais como tes alí no Requeixo. Non hai referencia á romaría da Virxe da Caridade e coloca a festa do emigrante en Vilaza. ¡Que non se enteren o Zarraquiños e o Ernesto!. Nin unha palabra a San Salvador de Medeiros cos sepulcros megalíticos. Nin a súa igrexa cos innumerables "cruceiros" espallados polo pobo, que poden representar un antigo "vía crucis", pola forma da colocación. Tamén faltan á cita a cultura castrexa, tanto na "cidá" como no "muro do Buble". Pero onde está o colmo do texto publicitario é na ausencia de referencia á igrexa de Santa María de Mixós. Unha xoia do arte como di Xaquín Lourenzo. Mistura de estilos: asturiano, visigodo e mozárabe, que fan que apareza nos libros de texto de Histora do Arte. Ten unha lápida adicada ó deus bandua. Ningunha mención ós vestixios da vía romana ó seu paso por Estevesiños. Lagoas, entre outras, do texto publicitario, que sí son un "reclamo" turístico, se ese foi a intención de colaborar económicamente co fascículo agrario do xornal provincial. Martes, 28 de Noviembre de 2006 20:18 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Templanza![]() Miña cara señora María, o xeonllo segue igual: non quere curar para que vostede ande mellor e sen dor. Pero vostede loita contra el. Non quere tomar brebaxes curativos, nin medicamentos oficiais xenéricos, a non ser no último momento. - De tódalas formas ando, aínda que teña que levalo arrastro. -Agora levo tamén o carriño da mercaduría e de cando en vez descanso nel, sen deixar o caxato. Está contenta porque os seus fillos alá lle arranxaron un portelo no portalón, polo que non ten que alancar no travesaño ou rubir polas escaleiras sen barandas. As galiñas, que son a súa alma, arráncana da cadeira e baixa á rúa para darlle de comer e beber. Nunha palabra, son as que a fan andar, por iso non se quere desfacer delas, como lle din os fillos. Ata agora tivo bos veciños e aínda non lle chamaron a atención, nin a denunciaron por ter o galiñeiro no medio da vila. -"Son só catro galiñas, polo tanto tampouco fan moito mal e, como matei o galo, non despertan a ninguén fora de horas". Debe ter coidado, señora María, pois alguén anda moi preocupado polos usos urbanísticos, dende un tempo para acá. Antes dáballe o mesmo. Eran votos. O comer e beber destas galiñas son a causa ou olvido da dor da señora María, polo que se ten que pechar o galiñeiro deixaríase sen media vida. No pasado setembro unha culebra oteaba dende a esquina do cruce ata que chegou ás vianda. Debe ter coidado. Co seu humor fala da noticia do xornal que recolle a rolda de prensa do portavoz da “Pinza”, afirmando: ”que está en condicións de meter dentro dun sobre o nome da persoa que gañará a praza fixa do concello”. Resposta moi sinxela para Cid Harguindey. Basta que lle recordase cando ambos militaban na mesma formación política, daquela, sendo alcalde e concelleiro respectivamente. A resposta está implícita na aseveración. - Faltoulle prudencia, di a señora María, e mira que recomendo case sempre a estes politiquiños que lean o libro de Baltasar Gracián;” El Arte de la Prudencia”. De tódalas formas o equipo gobernante non contestou. Seguramente non quixo baixar ás cloacas da política local e preferiu manterse á marxen de algo que só os imprudentes fan públicos. Haberálle que dar a volta o adaxio latino: excusatio non petita, acusatio manifesta. Martes, 28 de Noviembre de 2006 19:58 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Autoestrada![]() Meu caro Marcelino, deches moitas voltas. Fuches ó Toural e regresaches, pero non te atreviches a baixar a bicicleta encaramada na trave da adega. Aqueles recordos da época do contrabando rebulíanche polo maxín, pero os anos non pasaron en balde e o corpo non está para aquelas aventuras de corredoiras, escapando dos gardiñas. ¡Que coidada tes a bicicleta!. Está coma se fose do trinque, pero o que fallan son as túas pernas polo que se quixeches acercarte ó Concello tiveches que botar man do coche do xenro. Á hora da verdade non te distinguiches dos resto dos veciños. O corpo non está para bromas. Está visto que hai que arrimarse a quen che pode botar unha man, aínda que teña que pedir o día na empresa. As leiras que ocupará a autoestrada de Verín na fronteira foron as culpables do absentismo laboral do xenro. "Espero que o recompenses, cando recibas o cheque do Ministerio". Está contento, porque as leiras están a ermo, dende fai moitos anos, e as viñas xa non teñen rastro das cepas. Só mantén aquela de enriba e a que está perto da casa. "Teñen bos bacelos e como é pouca extensión o xenro axuda os fins de semana". De tódalas formas cárgalle ó lume a culpa do abandono, pois non dá o brazo a torcer de que xa non está para traballar. Quen foi fino foiche o Gonzalo. Coas súas tretas propúxolle a permuta do cupo a seu irmán, coa disculpa de querer plantar unha viña aló na Toixigueira, resultando que agora atravésaa a autoestrada, polo que recibirá un montón de euros. ¡Nin que soubera que ía pasar por alí a vía de comunicación internacional! A alegría e ó entusiasmo con que plantou a viña non se reflexan nas meixelas. Seguramente que o negocio do viño require outras actividades e outros compromisos coa terra, pero non pode deixar a súa industria para adicarlle máis tempo á viña polo que se recolle uns cartiños polo esforzo que fixo ben vidos sexan. A queixa está no Concello por ter que atender e informar de algo que é competencia do Ministerio, polo que os funcionarios municipais deberían recibir un plus, por parte da administración estatal, porque están a traballar sobre algo que non é da súa competencia. Nunca entedín que o Concello teña que facer este traballo. O mesmo que atender ás persoas que as Forzas e Corpos da Seguridade do Estado reteñen no depósito do Xulgados. Martes, 28 de Noviembre de 2006 19:55 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Lois![]() Meu caro Lois, claro que a señora María existe. Dixen, moitas veces, que anda polas rúas amarrada a un bastón e que descansa sobre as bases dos escaparates ou no pinar, perto da súa casa, enriba de calquera pedra. Tamén dixen que a este problema de encher a vila de cadeiras, aínda no lle deron solución dende o Concello, porque non se dan conta de que estamos cheos de xente entrada en anos, de disminuídos físicos e persoas que necesitan descansar polos problemas que sexan. En definitiva, de que estamos cheos de xubilados que regresan ó seu pobo e compran un piso en Verín, polo que é necesario pensar neles. Porque necesitan saír á rúa para dar un paseo, aínda que non parolen, porque non lle é o veciño da aldea, nin teñen a debida confianza, pero necesitan saír a respirar o ambiente da rúa e dos arredores de Verín. Nembargantes, dende o concello, tomaron a iniciativa de encher de pasos de peóns as radiais correspondentes, aínda que estén fora do casco primitivo. Meu caro Lois, isto a ti non che concerne, porque ti non te baixas da furgoneta Renault, pero a gran maioría da población que gosta de andar ve moi ben estas medidas e outras que dende as instancias públicas débense tomar para facerlle a vida máis agradable a quen traballou, e que nós disfrutemos, polo que facilitarlle que poidan desprazarse pola vila coa máxima seguridade é algo ao que debemos contribuir todos. Meu caro Lois, sabemos que eres un bo avó. Esperas tódolos días ó remate da escola. Todos camiñamos para aló. Polo que todos nos beneficiaremos das cousas ben feitas e ben pensadas nestes intres. É moi importante que vaiamos pensando nestes pequenos detalles, porque así veremos cómo os veciños saberán corresponder no seu momento, políticamente falando. E cómo non, neste período preelectoral de camiño cara as eleccións locais da próxima primavera. Saberán quén fai a vida imposible. Só actúa por fastidiar. Para que non se cren postos de traballo públicos. Cando nesta vila os únicos postos teñen que ser municipais, porque de empresas teremos que esperar pola Cidade do Motor, do Circuito de Automoción, da BMV e por qué non, daquela primeira promesa da democracia, de un tal Barrionuevo, que agora estase a consumar. ¡Xa choveu! ¡Coidado coas promesas! Martes, 28 de Noviembre de 2006 18:10 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Máscaras![]() Se leran a Taboada Chivite, seguramente non terían que investigar nada e se leran a Federico Justo tampouco, porque no seu libro aparece afirmando que “cigarrón” é o macho da cigarra. Non importa que lle pinten un nariz de pallaso ou que lle poñan a bandeira de Galiza no zurrón do “peliqueiro” o que importa é que esta carauta vende. O que sinte a máscara non se deixa levar por eses usos, porque a fin de contas o que se sinte cando se viste con ese traxe non hai palabras para describilo, afirmación do Beni. Ademais, onde está o espíritu do personaxe é en saberse vestir, no andar, no correr, no parar, no zurrar, no movemento de cadeiras para que os chocos soen con ritmo e sobre todo no elevar a carauta para otear, dende alí, no alto da Picota. Seguramente que o Peliqueiro que percorre as rúas de Laza non se sinte denigrado, porque sabe o que leva enriba. Como tamén sabe por onde ten que andar e sobre todo o que ten que facer nos desfiles ou nas cerimonias que hai ó longo do tempo carnavalesco. Alguén plantexou o dos carteis como se fose unha guerra santa. Ou quixo aproveitarse para dar máis propaganda do carnaval verinés. Así houbo comunicacións mutuas entre aludidos tratando de buscar unha solución adecuada como se do mesmo Mahoma se tratara. O Beni non está por esas. Sacan as cousas de sitio. Cada un pode facer o que queira coa máscara, porque ninguén ten rexistrado, nin patentado nada que se corresponda coas prendas, nin co estilo, porque quen respecta máis, os de Laza ou os de Castro. E non digamos os de Verín, que aparecen con zapatillas ou sen a carauta camiñando como se fosen de copas. Seguramente que o Juan non participou, nin se enterou deste tema, porque últimamente está por outra labor. Ademais o carnaval non necesita de falsos adalides, nin inventores, como di, porque antes que ninguén xa existía como ritual funerario, según o noso coñecido antropólogo Mandianes, estudoso do tema. Seguramente que Mandianes non está ó corrente de que o Concello ten gastado moitos cartos en algo que se promociona por si só, polo que non fai falta esa inxente cantidade e levalo a onde a distancia fai que a visita sexa esporádica e menos agora coa globalización festiva. Aínda así a importancia do tema non está nas caricaturas. O importante é que houbo comunicación entre Marín e Verín. A máscara está en cadaquén. Martes, 28 de Noviembre de 2006 18:03 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. A pinza![]() A pinza empregouse sempre para amarrar a roupa no cordel ou no aramio. Pinzas houbo sempre de moitos materiais e de moitas formas, pero o que non sabía era que tamén as había no Concello, di Rosa Mari. Os do”non” coaligados, pegados, amarrados, levados de ganchete cos do “derribos s.l.”. Tócanse os extremos. Resulta perigoso para os administrados e futuros votantes esta ligazón interesada, porque pódense confundir os electores. Non importa, o efecto é o que interesa, polo que hai que rechazar e presentar mocións para non deixar “mover”, xestionar ó señor Alcalde. Mantelo paralizado, atalo de pés e mans para que non leve adiante o seu programa. Nembargantes, quen resultan perxudicados son os veciños, porque ante a falta de cartos dunha partida determinada para subsanar calquera problema hai que recurrir a modificacións, polo que o señor Alcalde non vai estar esperando a que cheguen as propostas da oposición. Pasan os días e os veciños sen o servizo. O señor Alcalde fará como calquera fillo de veciño que se senta nese sillón: subsanará a avería e logo xa se buscarán os cartos. Estas iniciativas da oposición chámanse: “botar votos fora”. Porque unha explicación de calquera membro do goberno municipal é suficiente para desmantelar esta “pinza”. A isto chámase "tirar pedras contra seu propio tellado” e “quen sementa ventos, recolle tempestades”. De tódalas formas, as propostas e iniciativas desta “pinza” teñen pouco que facer, porque en frente teñen a Cid Harguindey. Que llo pregunten. As máquinas non paran e os veciños contentos e agradecidos, a pesar de que teñen que pagar os materiais das obras. Estas inicitativas desta “pinza” ademáis de seren nefastas, políticamente falando, di Rosa Mari, porque demostran o pouco cariño que lle teñen a eses veciños necesitados desas obras de abastecemento e saneamento, son o resultado dun futuro cambalache, pensado nas futuras eleccións locais. O Partido Popular ante o desaguisado do tripartito espera e desexa que o BNG, nas próximas eleccións locais, non entre a formar goberno, que sería tripartito, outra vez, e se manteña ó marxe, redundando en beneficio do PP para facerse coa alcaldía, porque coida ser o partido máis votado. Aínda non asimilaron nin aceptan que está gobernando Cid Harguindey. ¡Coidado cos amigos! Martes, 28 de Noviembre de 2006 17:57 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Director![]() Chegou a onde desexaba, aínda que a súa coroación só é por un ano. A loita producida por unha interpretación lexislativa foi a causa da súa pelexa contra o director anterior. Por iso era a persoa adecuada para conquistar o posto. Cego pola inxustiza que considerou, aproveitou a primeira envestida que puido para encararse e así foi. Deu a cara e fixo campaña para que outro tomara o relevo na dirección. Os cambios de plans persoais como foi o regreso a súa terra deixou baleiro o carrego ó que a única candidatura aspirante fíxose cunha dirección en contra da súa afirmación de que se non tiñan o respaldo da mayoría dos votos dos compañeiros non tomarían posesión. Só foron verbas, porque os votos non chegaron, pero como non había máis candidaturas e, ante a desidia dos restantes, sentáronse no sillón da dirección do Taboada Chivite. A señora María, que non puido disfrutar da súa netiña perante estas vacacións porque aínda non ten fixo o posto de traballo, dinos que é normal nunha persoa que leva máis de vinte anos por alcanzar a alcaldía, ó menos chegou á director, pensando que dende esta plataforma seríalle máis doado facerse con ela. "Ó estilo Fraga", di a señora Benita, "cando abandonou Madrid para vir a Galicia". O artífice daquel equipo que buscou os votos para sentarse don Alberte foi o que neste momento resultou nomeado pola Delegación Provincial para levar a dirección do Instituto. Chámase a esto entrar pola porta falsa e só resta un ano para as novas eleccións. A xente sabe que o importante é sentarse no sillón, despois todo é máis fácil. Dende o poder conséguense outras prevendas e renovar no carrego e moito máis sinxelo. O camiño foi longo, porque ocupou o posto de xefe de estudos con tres directores, despois da marcha do señor Casal para Santiago. Esperou a ter o campo despexado, non só aquí, senón tamén enriba, polo que o nomeamento foi pura rutina. Nembargantes a señora María manifesta que daquela debeu facer a súa candidatura e non buscar votos para ninguén, porque houbera tido máis se el a encabeza. Como anécdota, a señora María, que está moi relacionada con esta profesión, dinos que un pai foi requerido a pasar pola xefatura de estudos do Instituto. Problemas co fillo. Levaba na man o aviso correspondente, polo que solicitou que desexaba falar co “Señor Taboada Chivite”. Aclaráronlle que aquilo era o membrete das misivas do Instituto. Por certo, unha alumna presentouse ós exámenes deste setembro e cando chegou a profesora para facer o exame, atopouna moi compunxida, polo que lle preguntou se lle pasara algo. A rapaza díxolle, que non pudiera estudar, porque tivera que ir á praia. ¡Menudos pais! Miércoles, 18 de Octubre de 2006 20:34 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Voltamos![]() Parafraseando a frei Luis de León:”como decíamos ayer”, voltamos a estas ondas para estar en contacto con todos vostedes. Algúns preguntaban se voltaba á radio ou non. A outros dalles o mesmo, pero o que sí notei é que ós interesados no tema faltáballes algo. Pois aquí estou, aínda que este hobbie non depende de min, senón que teño que estar supeditado a un horario que non fago. Por iso había que esperar para encadrar estas saídas nas ondas da COPE. Todos estamos atados a algo e todos dependemos de algo. Así é a vida. De tódalas formas alguén afirmou, nunha noite de esmorga, que despois de César Vidal, a crónica que máis gostaba era esta. De aí que estaba ansioso por saber cando escomenzaba a contar historias da vila , da bisbarra, porque, según el, teñen outra forma os aconteceres cotiáns. Seguramente haberá quen non considera que esta voz salga na radio, porque a maneira de ver os feitos, dende aquí, non concordan cos seus intereses. A isto chámaselle liberdade de expresión. Ás veces as cousas necesitan doutra explicación, porque sempre dependen do cristal con que se miran. É negativo velas sempre co mesmo cristal. Ademáis é necesario ter outra opción dos sucesos para que os veciños teñan polo que optar e non contar só o que interesa sen decir todo o que se pensa e se sabe, e sobre todo para non sentirse enganados. As verdades a medias son moi perigosas e dende as roldas de prensa local que escoitamos, fáltase moito á verdade. Pero o importante son vostedes, porque sen vostedes esto non funciona. Tamén a señora María está aí escoitando a COPE, sendo a principal protagonista deste narrador, sen olvidarnos do Paco, do Marcelino, do Mateo, da Rosa Mari, da Fina e tantos outros que merodean polo municipio dando corpo a estes comentarios, surxindo estas "crónicas tamaganas". Aínda que vos pareza mentira, sen as citas destas persoas, seguramente os feitos da vila non terían tanta transcendencia, nin tan apropiados a nós. Aconteceres sucederon moitos. Historias, as que busquemos. Feitos, os que surxan de todos vós e nós, pero cousiñas só as que ti e mais eu sabemos. A señora María está o corrente delas, porque foi moi sagaz e soubo facer da súa vida cotiá un diario que é fonte de inspiración para resaltar calquera detalle, contando algo que difícilmente sae á luz. Onde hai construcción hai Marbellas. Cada unha na súa medida. Jueves, 05 de Octubre de 2006 21:47 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Postos de traballo![]() A señora María xa tomou como costume o sentarse na base do escaparate do edificio contiguo a súa vivenda, aínda que ás veces tamén o fai no seu. Non hai ansias de favorecer a esta xentiña colocándolle unhas cadeiras nos lugares que merodean, porque camiñar, camiñar é moi pouco. Acompáñaa case sempre a señora Bieita. Ambas non teñen problemas cos fillos, pois son grandes e cada un buscouse a vida por onde puido, xa que elas puxeron o remedio para que tiveran unha boa instrucción académica para situarse ben. Non se queixan dos sacrificios que viviron pero están satisfeitas cos resultados. Netos e netas, di a señora María, xa empezan a situarse en bos postos de traballo, polo que xa non piden a seus pais, asegurándose o seu porvir. De tóda-las formas non sei qué dereito teñen algúns para que os fagan fixos no concello. Algunha bula, contéstalle a señora Bieita. Estas liortas non acaban ben. ¡Cómo intuiron o remate da desfeita do tripartito!. Meus fillos están esparexidos pola xeografía hispana. ¡Qué ben o pasamos cando nos xuntamos polo Nadal e nas feiras do verán!. Contan historias e anécdotas dos seus lugares respectivos. Se estiveran aquí todo ano sería un aburrimento. Con esto do AVE, das autovías e dos prezos baixos das aerolíneas non hai incovintes en presentarse sen avisar. ¡Qué sorpresa, qué alegría¡, cando chegan. Algúns queren ter ós seus fillos sempre baixo as faldas. A experiencia doutras vidas enriquecen a personalidade e ven a vida con outros ollos. Os intercambios producen riqueza vivencial nos humanos, dille a señora Bieita. Nembargantes a señora Bieita gosta de que estén pertos dela, polo que poida pasar. Os anos están enriba e necesita a visita dos seus aínda que sexa de pasada. O certo é que unha praza nun concello non ten prezo. Por iso deberían ser tratadas doutra forma, porque tódo-los veciños contribúen a mantela. Non estaría demais que se reservasen certas prazas municipais, para cubrir polos veciños eventualmente, sen ter que facelas fixas. Desta forma poderían rotar cada seis meses ou cada ano varias persoas garantindo desta maneira a pervivencia de varias familias. Nunha bisbarra tan escasa de postos de traballo como é esta é lóxico que sucedan estas liortas, porque cada formación política desexa colocar ós seus. Haberá que buscar fórmulas para que non se den estes acontecimentos. A transparencia debe estar por enriba de calquera partido, aínda que todos xogan ó seu. As prebendas, señora María, as prebendas. O que esté limpo de pecado que tire a primeira pedra. Por certo, nestes días acábase de aprobar polo goberno de Galicia o anteproxecto de lei de Transparencia e boas práticas. ¡Chegou demasiado tarde!. Sábado, 08 de Julio de 2006 10:13 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 1 comentario. Neófito![]() Chamoulle neófito -exclama a señora María- alá no fondo da estancia namentras a conversa coa veciña desenrólase sen dificultades. O señor Harguindey, veterano político onde os haxa, non debeu empregar este calificativo para co seu compañeiro, porque pertence ó mesmo equipo de goberno ca el. Tivo tempo de abondo, neste dous anos, para ensinar ós novatos a saber comportarse en política e sobre todo estando gobernando, independentemente da ideoloxía que profese cadaquén. É importante recoñecer que a veteranía é un grao, pero a experiencia do señor Harguindey debería saber resolver estes casos sen chegar a descalificacións públicas, porque o resultado que recollen os veciños non é positivo para ninguén. Coa profesionalidade dunha persoa da categoría do señor Harguindey, debería darse conta con quén se coaligaba, polo que tiña que advertir que ser concelleiro de urbanismo, dunha vila como Verín, é arriesgado xa que as crises municipais son froito destes departamentos. O argumento de que as negociacións foron con outra persoa non ten fundamento, porque cada partido refrendou as decisións tomadas individualmente, na mesa de propostas e por cada representante, de aí que os cargos políticos son de cada grupo. E se non tomar outros acordos no momento que un deles abandonou a súa responsabilidade municipal. A señora María está preocupada porque sente abandono político. Necesita dos servizos de asistencia a domicilio e dase conta que con estas liortas de prazas de auxiliares e do avance do PXOM perden moito tempo e a vila necesita pegar outro impulso para non estancarse. Agora ben, o que faltou foi dirección política e coordinación, porque un equipo tan diverso e distinto necesita dunha sensibilidade especial para non chegar a estes problemas. De tóda-las formas, recorda os anos de nova que a palabra “neófito” ten outro significado, polo que o señor Harguindey trabucouse ó designarlla a seu compañeiro. Alguén lle dixo que fora San Pablo quen a empregara na carta ós Timoteos para referirse ós conversos que tomaban a relixión por primeira vez. Que saibamos, por referencia, o concelleiro, o máximo que pode profesar é o agnosticismo ou o ateísmo, pola militancia da que fai pública. Domingo, 18 de Junio de 2006 09:42 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Xornais![]() Non me chamaches, miña cara Rosa Mari, para que lera as noticias dos xornais do día 29 de abril e do día 5 de maio. Seguramente que botache ese sorriso irónico cando as liches. O bonito do caso é que son de dous personaxes que ti aprecias moito, xa sabes, tesme que perdoar, por permitirme esta licencia. Sei que canto máis lonxe estén de ti, moito mellor. Nos tes que torcer a cabeza, nin tes que cambiar de beirarrúa, cando os albiscas. Ademais a túa man non está para cambiar as bolsa do supermercado e cruzar a rúa. Debes seguir o consello do doutor, se queres mellorar, porque levas moito tempo con esa venda, apretando os músculos e non das recuperado a forza nela. Seguramente a túa vida na vila sería moito máis sinxela, porque sería difícil encontralos, pero as cousas son como son e contra iso non tes nada que facer. As gargalladas que te botaches non chas quita ninguén e ese momento de felicidade tampouco, porque sen desexarlle mal, cando tes ocasión, como neste caso, de rirte, falo con toda a túa alma. Eses momentos nos que estás soa o sorriso aparece nas túas meixelas ó ver o que pon a prensa, sobre todo coñecendo ás persoas que fan tales aseveracións. Porque te das conta de que son como se declaran, por iso a prensa, entre comillas, recolle as súas verbas, para atestiguar de que saíron da boca deles. Nembargantes sei, miña cara Rosa Mari, de que a ti ninguén che ten que decir como son, porque, por moito que se solten nos diarios con estas ou con outras manifestacións, ti viviches experiencias onde se descubrían tal e como son. Non te collen por sorpresa porque o teu xuizo sobre estes personaxes é claro. Esperas que algún día non representen a ningún veciño no Concello, porque sería nefasto que Verín seguise con persoeiros desta estirpe. As frases das que estou a falar transcríbochas textualmente: “Houbo moito barullo, cando o avance é papel mollado”. O traballo duns profesionais non se debe tratar así e sobre todo pagándoo os veciños de Verín, que son os que lle deron o voto para desempeñar o cargo que ocupa. Algo de respeto e consideración débese ter cos votantes e cos profesionais e senón para que mandaches aquela misiva ós diarios nos que te queixabas do trato político cando non gobernabas. O outro texto di: ”Se fai iso un edil meu, tería o cese ó día seguinte na súa mesa”. Fíxate nese posesivo. Indica propiedade privada. Dono dos concelleiros, de Verín, dos votos, do Concello, do partido, etc. A democracia e a liberdade aínda non botaron raices nese maxín. Hai reminiscencias feudais. "Espero que non exerza o dereito de pernada, pois estamos no século XXI", di Rosa Mari. ¡Non saben que somos grandes!
Jueves, 11 de Mayo de 2006 13:43 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. Avatares do Parque Empresarial![]() D. Ramón é unha persoa moi comprometida. Entregado en corpo e alma ós demais. A súa vida está chea de anécdotas, polo que estar ó seu lado é ler nunha enciclopedia de moito compendio. Emigrou. Quixo estar ó lado dos que ían facer as américas. Pasou o charco e adicouse a conservar as crenzas dos chegados, tratando de gañar para causa ós indíxenas. Botou uns anos en terras lonxanas, pero a morriña pesaba moito e regresou a súa terriña. Asentou no val, preto do Támega. As inquedanzas bulían polo seu maxín, polo que botou man ás obras tratando de mellorar a vida dos veciños. Saneamentos e abastecementos foron os seus primeiros logros. Abandonouse aquilo de facer cola onde o pozo público para levar auga para a casa e facer as necesidades no recuncho axeitado. A vida discorría pero faltaba dar empuxe á bisbarra. Participou na primeira intentona de configurar un polígono industrial en Verín. SIGALSA era a empresa pública encargada de por en funcionamento tales infraestructuras pola xeografía galaica. D. Ramón plantexou o tema ante as Instancias Superiores, tratando de que se ubicase nos montes de Cabreiroá. Non era Alcalde, polo que a súa proposta quedou no olvido. O Polígono Industrial fíxose no Toxal. Dende aquela houbo varios intentos de darlle un bo acceso, pero os avatares da política non deron coa comunicación adecuada. Houbo momentos que se deberon aproveitar para facer que o polígono tivera bos accesos. Cid Harguindey, sendo alcalde aterrou un vial ó longo do Pracer, que servía de protección para o saneamento que daba servizo ó matadoiro. Vial que é tema de litixio nestes momentos, por non estar rematado polos seguintes alcaldes. Logo coa autovía. Máis tarde co acceso e Concentración Parcelaria de Vilaza, unha pista da Concentración podía comunicar o Toxal coa N-525, antes de chegar a Albarellos. Por outra o acceso de Vilaza púidose colocar entre este pobo e O Rosal. Dende aquí era máis fácil comunicar o polígono. Enfrentamentos entre os dous rexidores, daquel momento, non deron lugar a resultados positivos. No ano 96, cando D. Manuel Fraga inaguraba a adaptación do matadoiro, solicitou a presencia do señor Conselleiro de Agricultura e do señor Presidente da Deputación para darlle solución ó polígono industrial, pois era unha criatura sen pai, porque SIGALSA desaparecera do mercado. O traspaso a Xestur foi a consigna que o señor Fraga requeriu e así se fixo, naqueles anos. Recolleuse a súa ampliación no PXOUM. Houbo un intento do equipo redactor de reubicalo no mesmo lugar que se di agora. Hai que decir que o actual alcalde foi quen contratou ó equipo redactor de PXOUM e sempre foi partidario de Cabreiroá-Tamagos. O mesmo que Xestur, pois xa se ve o informe que remite ó Concello de Verín. Participei en dúas reunións, na escola de Pazos, cos propietarios das leiras, para censalos e chegar a acordos do prezo, pois as directrices do organismo correspondente eran claras. Menos de mil pesetas o metro cadrado para poder asumir con rapidez a futura urbanización do futuro Parque Empresarial. Ó meu traballo faltoulle o acompañamento político correspondente, polo que así quedou todo. Gobernando o Partido Popular melloráronse as infraestructuras, pois crecían árbores nas beirarrúas, provocando un nulo reclamo para futuros emprendedores. Os empresarios do Polígono non deben renunciar a un bo acceso nin á ampliación das súas industrias no lugar, pero con educación e saber estar. Querido D. Ramón xa ve cómo son as cousas. Despois dos anos veñen a darlle a razón.
Benigna![]() O que son as cousas miña cara Rosa Mari, a túa veciña, perante moitos anos, pensa que a señora María non ten corpo nin alma. A señora María, cara Benigna, é viuva, ten fillos e fillas, galiñeiro e bodega. O que ocorre é que no galiñeiro só hai catro pitas, que son as culpables ou colaboradoras co doutor para facela andar. Visítaas pola mañá e pola tarde polo que ten que baixar do piso e andar pola beirarrúa sen cadeiras, para descansar cada tramo. Dígoche querida Benigna, que non se lle escapa nada. Só lle falta que o Concello se preocupe algo máis desta xente e acondicione recunchos na vila para provocar todo tipo de tertulias, onde se analizan os problemas cotiáns ou anécdotas que non sei cómo se enteran, pero saber sábenas todas. Mira como son, que estaban enteradas dos problemas do avance e que o Tenente de Alcalde quería presentar un escrito ó Pleno para retiralo. Sería un amago para ter máis protagonismo de cara ós seus votantes, apuntándose méritos cara as eleccións locais do ano que ven. Que fora ou non, ata a última hora, os concelleiros do BNG mantivéronse na súa postura. Unha chamada de lonxe fixo que cederan. O señor Harguindey é un veterano na política local, polo que: “máis sabe o demo por vello que por demo”. Tamén se enteraron de cómo no santuario de “Covadonga” da avenida Luis Espada facíanse SUXERENCIAS coma churros. E ríanse a gargalladas, porque era a mesma para tódolos interesados: “Quero que me quede a miña finca coma no PXOM do 98”. ¡Que bo é aquel Plan e iso que ten o fallo da muralla! Nin argumentos, nin razoamentos en que basar a instancia, para tomar corpo legal e ter que prolongar o núcleo rural correspondente. Máis aínda, sen especificar e sen acompañar un plano que xustifique tal solicitude, demostrando que a finca está dentro da zona que permite a lei do solo de Galicia aprobada polo anterior Goberno da Xunta de Galicia, presidida polo señor Fraga. O importante é presentar suxerencias, para atestiguar que son moitos os disgustados con este avance. É curiosa a anécdota da Bieita contando o que lle pasou ó Ernesto. No anterior Plan deu múltiples visitas ó Concello para falar co equipo redactor e os políticos locais, tratando de convencelos de que debían endereitar a circunvalación e así quedáballe un solar na súa finca, pois do contrario non había forma de ter terreo suficiente para obrar. Non houbo maneira de que lle cambiaran a línea de ocupación, vendo que as fincas de enfrente tiñan fondo de abondo. Preséntase agora no santuario e fanlle unha suxerencia co contido que el se fartara de explicar e argumentar ó equipo anterior. Pode haber tanta falsedade, tanto cinismo, tanta hipocresía. Daquela non o escoitaron. Agora fanlle a suxerencia, sabendo que a circunvalación, agora, ten menos anchura. Reflexión![]() Corría o ano de 1995. D.Emilio González Afonso era o alcalde. Na parede do departamento de urbanismo colgaban os planos do Avance do POXM, que na actualidade está “sub iudice”, é decir pendente da resolución que dicten os Maxistrados do Tribunal Supremo. D. Emilio accedera ó sillón municipal a través dunha moción de censura. Naquel maio do 95 celebrábanse as eleccións locais. Aquel alboroto dos veciños, por descontento cos planos daquel avance foron a causa principal da perda da alcaldía porque se empregaron, por parte do PP, para avivar os ánimos. Vidas paralelas son as que fan de Verín unha vila singular. Non hai tempo para a historia na vila. D. Emilio debería reflexionar sobre o que aconteceu naquel ano 95 e tomar a decisión máis adecuada para sobrevivir na política local como alcalde.O tempo non corre, voa, pero en política local é moi importante saber onde estás, coñecer ben a quen tes e de quen te rodeas. Polo tanto D.Emilio debería saber que está a un ano das eleccións locais e polo que poida pasar debería tratar de que non se repetisen os mesmos acontecimentos que, daquela, levárono ó fracaso electoral. O pobo está levantado. Enfadaron ós que non o estaban. O actual alcalde está a tempo de tomar a decisión máis importante: SUSPENDER O AVANCE do futuro POXM e deixar que as cousas segan como están e dar licencias como ata agora. Ademais estase a recibir en calquera momento a sentencia definitiva do POXM do 98. Así non paralizan a única actividade que dá de comer a moitos verinenses, salvándose das críticas da rúa e sosegando a política municipal para encarar con tranquilidade o próximo ano electoral. D.Emilio, non dé oportunidades e menos a quen foi incapaz de sentarse a negociar para que Verín tivese un POXM definitivo, polo que de momento só habería que adaptalo á lei do solo de Galicia. Corría o ano 1998 e o mes era xullo. ¡Estamos chegando!. Ocorréuseme dicir que non se debía deixar sen aprobar o POXM, antes de rematar o ano. ¡Quén viu tal cousa! Non houbo tempo de reaccionar. Colleu ó equipo redactor e marchou a Santiago. En tres días solucionou os problemas daqueles planos coa administración. Eran amigos. O tres de agosto aprobouse definitivamente. Había que encarar non só o ano electoral con tranquilidade, senón tamén aquelas vacacións do mes de agosto. Ganáronse as eleccións do 1999. Aquel tempo chegou para calmar os ánimos dos propietarios, promotores, etc. D. Emilio, non cometa os mesmos erros do 1995. Xa repetiu un e está con outro. ¡Sorte alcalde! Domingo, 16 de Abril de 2006 09:36 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Tríptico![]()
Mirian chamou a súa avoa para dicirlle que os cigarróns-peliqueiros foran a Madrid e non a avisou, pois desexaba estar na cerimonia carnavalesca da capital do estado. Daquela, cando era cativa, seu pai tróuxoa á festa e o primeiro que se lle ocurriu foi que quería vestir o traxe. Arranxaron por aquí e por acolá, confeccionando un traxe para a rapariga. Traballaron a reo para estrear, a netiña, aquel traxe que tantos cartos houbo que xuntar para satisfacela. A parrafada prolongouse e da boca da señora María, a neta escoitou os aconteceres da viaxe e as novas sucedidas na capital. As noticias falaban do tríptico explicativo que non se repartiu por orden do Concelleiro de Cultura, pois considerou que era despectivo cos veciños portugueses. - Vouche ler o párrafo para que ti analices se é xenófo cos de Chaves: ”Máscaras de incomparable atractivo visual, coexisten con las más inesperadas manifestaciones, en un incomparable ambiente de fiesta popular. Vecinos, turistas y portugueses, crean, en su mezcla un particularísimo teatro humano, sobre calles y plazas tapizadas del blanco fértil e inmaculado de la harina, difuminadas por el humo de la pirotecnia”.
- Miña avoa, a narración ten intención e significado de dar a coñecer a nosa festa tradicional cos participantes que acuden ano tras ano. ¡Eu si son turista, pois véxote só unha vez! - Non hai insulto nin xenofobia. A cadaquén, o autor chámalle polo seu nome. Aínda máis, destaca a participación da xente do alén da fronteira no evento carnavalesco. E tampouco desprestixian a festa ou só se queren para comprar nas tendas. A señora María contoulle, como anécdota, o sucedido na capital ó Concelleiro, pois ten unha curmá vivindo alí. Chamouna para que arroupase á comitiva verinense. A curmá díxolle que a esperase baixo a bandeira que o Señor Ministro mandou colocar na mencionada praza, pois así era máis fácil velo. Como un plantón estivo baixo a bandeira española ata que chegou. ¡Faltoulle a estrela de cinco puntas e que púxese “Galiza Nazón”!. - ¡Menuda broma lle gastou a curmá!, susúrralle a neta dende Barna.
Sábado, 11 de Marzo de 2006 09:46 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Mirian Por primeira vez Mirian non disfrutou, en persoa, do Carnaval. Tampouco quixo que súa avoa lle contase nada, pois apénase moito. Non quere recordar os seus anos de cativa percorrendo as rúas da vila. Agora é moza. Traballa e aínda non aprendeu a conquerir ó xefe, nin buscar a maneira de compaxinar carnaval con feiras.O traballo foi un agasallo, por parte do empresario, a seu pai; de aí que non desexa nin enfadar ó pai, nin comprometer ó xefe. Fala e fala da festa, pero non queren entender o que a rapariga desexa. Aínda así, cando lle permite o horario entra en Internet e paséase polos fotogramas do entroido que aparecen na pantalla. ¡Cánta morriña!, ¡cánta envexa! Non pode máis e remata chamando a súa queridiña avoa. - ¡Ai miña filliña, canto frío! - Fixeches ben en non vir. Este ano en Verín non cabía unha agulla entre tanta xente, a pesar de que carrozas e comparsas van a menos. - Xa lin que hai queixas no trato e que desexan cambiar o desfile para a tarde. - Os grandes sacrificados do entroido sempre foron as carrozas e as comparsas. Ninguén se acorda delas. Nin os hosteleiros nin o Concello. Como se cansen, dan ó traste co desfile. - Saín cedo para coller sitio na beirarrúa. Encontreime coa falta de previsión para saíren os autobuses da estación. Ó final invadiron a calzada do desfile. Comentaban que na ponte estaba parado un camión cargado de gas. Alí botou todo o tempo que durou a cabalgata. Grazas que non houbo lanzamentos de petardos por alí cerca. Para este problema de ocupación da estrada nacional, tantas horas, debería establecerse un gabinete de coordinación da Comisión de Festas coas Forzas de Seguridade, Policía Local, Protección Civil e as concellalías correspondentes, para prever estas situacións e pór solucións adecuadas. Non é tan difícil reorientar ó trafico da estación pola rúa Espido, con saída a Sousas. O imprenteiro non quixo facerlle as pegatinas ós "PePes”, porque falaban do alcalde e o Concelleiro de festexos negoulle unha pañoleta a un membro dunha comparsa, cando se vían, por doquier, no pescozo da xente. Nun bar cobráronlle a auga que pediu un Cigarrón cansado de bregar. - Don José, daquela todo era máis humano e o Andrés chegaba para dirixir, só el, o tráfico. ¡Claro, era Lázaro¡ Sábado, 11 de Marzo de 2006 09:29 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Entroido![]()
Don José, sentado no salón, está escoitando a COPE. Seu fillo está pendente del, aínda así non debe preocuparse polo acaecido co tríptico explicativo do carnaval, nin co xornal madrileño, que no especial do sábado pasado describe que o disfraz máis tradicional e multitudinario é o capuchón. Darase conta, don José, do que trae a publicidade. Daquela non había medios económicos, nin de comunicación. Só se chegaba a Ourense e a veciña Chaves. Todo era máis persoal, máis directo, polo que non sucedían estes fallos; nin nos percatabamos do que escribían sobre a nosa festa, porque non ocurría. O seu percorrido dende Laza ata Oimbra é unha pelegrinación. Ten que estar na súa terriña para ver ós peliqueiros, baixar a “morena” e sobre todo escoitar o testamento do burro, por se lle reservan algo. Acompañará ó seu amigo Pardo na procesión da bodegas en Oimbra, pois agora son “lai”, xa que deixaron de “bautizar” ós bebedores co purín humano. O mesmo lle sucede ó Pelís e ós ”Xanganos". Víveno cada día. Soldando, pintando, armando e colocando cada cousa no seu sitio. Non falta o viño, nin as brasas para asar. Cada noite alegran o momento cos micros, ensaiando as cantigas que lanzarán ó aire o día grande. Non hai carnaval coma o verinense. É tan intenso que cada cidadán leva un dentro. De aí que haxa tanta crítica, porque desexan que os da comisión acerten co que cada un faría. Xerardo farda de ter a mellor colección de carteis sobre o entroido. Para velos hai que ir a súa casa. - Non importa, tamén hai viño. Don José, sei que ten visitas dos seus que veñen de Madrid e de Ourense, pero que o seu fillo o debruce no balcón, para ver pasar ó Pelís. – Non se preocupe, porque a pita no ten a gripe aviar.
Sábado, 11 de Marzo de 2006 09:26 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. Bandas da estrada de Laza![]()
Unha vez máis dende estas ondas escomenzamos unha andaina para narrar ós oíntes da COPE, novas que vaian surxindo ó longo do ano. Pasou o dous mil cinco. Verín estivo perante a maior parte do ano bastante tranquilo. A concentración dos empresarios de Pazos enturbiaron a serenidade que se respiraba na vila, que parece que non se move, pero paseniñamente camiña cara o seu futuro. Na oposición enfrentamento entre o xefe e o traballador político do Grupo Popular. Desavenencias eran as que aparecían nos xornais, aclarando cadaquén a súa postura. No fondo, a loita polo poder, tratando de situarse no mellor posto. Vexan a Voz de Galicia do martes e fíxense no soldo dos Conselleiros da RTVG. 12O.OOO euros por ano como media. Antes de rematar o ano unha ocurrencia fóra de lugar: “información privilexiada”, por ver un polígono dentro dunha área de reparto na nova reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal. Esto chámase alarma municipal por exaltar os ánimos dos propietarios correspondentes. A cousa quedou en pouco, pero a xente preocupouse polo tema e preguntan por todas partes cómo anda a nova redacción. Chama a señora María. Non falta á cita de cada Nadal. A súa filla levouna para a súa casa. Dorme tranquila a pesar de estar preto das bandas colocadas na estrada de Laza.
Martes, 31 de Enero de 2006 13:38 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 2 comentarios. Pelegrinatio![]()
“Pelegrinatio” é o título dun libro da autora Matilde Asensi, que trata dun pelegrín que percorre o camiño de Santiago, por obrigación do seu pai, para purgar toda a súa vida chea de praceres, que viviu na corte de Barcelona. A señora Pilar tamén pelegrinou ó Santuario dos Remedios. Cumpre co novenario e remata sempre cunha esmola no peto da santiña. - Non te preocupes, miña queridiña. ¿Cánto hai que abonar? - De momento son doce euros. Logo veremos se hai que engadir algo máis. Como non temos o poder, cadaquén paga o seu. Deu media volta. Mirouna de enriba a baixo e contestoulle: - Sempre paguei o meu. - Non se despiste, pois isto remata pronto. Imos mal de tempo. Porque, olvídanse de vostede e, xa sabe, hai que facer algo por esas netas. A señora Pilar, coma sempre, pensando no futuro das netiñas baixou a Verín e botou a súa esmola no “peto” de sempre.
Domingo, 29 de Enero de 2006 10:37 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín Hay 4 comentarios. Parque empresarial![]()
O señor Domingo estaba satisfeito. Por fin as boas novas surxiron e radiaba de alegría. Xubilou. Elexiu este val para descansar. Moitos anos nas entrañas da terra, picando e botando carbón para o exterior, respirando aquel infernal polviño que cada pouco tempo remata cun mineiro abafado de silicose.
Lunes, 28 de Noviembre de 2005 13:39 Autor: A. Rolán. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. IMPUGNACIÓN![]()
Miña cara Rosa Mari. Déboche unha explicación do meu facer do sábado, día cinco, do presente mes. Saberás que se celebraron as eleccións para presidir a Xunta local do PP de Verín. Tiven a ocurrencia de presentar un escrito de IMPUGNACIÓN do acto. Ó parecer non sentou ben a certos personaxiños. - Era algo que estaba esperando, ¡como auga de maio!, para manifestar a miña “opinión”, polo que aprovetei esta convocatoria aberta a tódolos censados, pois facía máis dun ano que non participaba en reunións do partido por decisión persoal e unilateral do “taifiñas”. Pago tódolos meses dúas mil pesetas, coma se estivera aínda de concelleiro, cando me corresponden dúas mil por ano, coma calquera outro, pois non exerzo cargo público do partido. Coma min, fano once máis de Verín. Logo hai tres da bisbarra. Hai diferentes cuotas. Con estes ingresos págase a sede do edificio Zagros, da Avda. Luis Espada, máis electricidade e auga. Por certo, Rosa Mari, aposto que dende o luns seguinte ó día cinco, o saldo da conta vai en aumento, ¿xa te imaxinas por qué? Entre nós, Rosa Mari, ¿o teu pulso mellora? É algo que desexo con toda a miña alma. Vexo que aínda a bolsa que levas vai pouco chea, polo que tés que saír varias veces a compra. Cóidate que xa fai frío. ¡Todo isto son perogrulladas!. Divertímonos un pouco e satisfacemos o ego, porque decimos o que sentimos: que se repete a lei. Nárroche textualmente: ”En el mes de noviembre se abrirá el proceso en cada ayuntamiento para elegir a los compromisarios, mediante la celebración de votaciones secretas en urnas. Los afiliados que tengan las cuotas al día podrán votar a tantas personas como delegados corresponda a su ayuntamiento", ¿é diferente Verín?. Escoitei nas ondas que fixen o “ridículo”. ¡Cantas veces tiven que facerlo, pero conscientemente! Por facer o ridículo descubrín isto. Por facer o ridículo ante os veciños alardeaba ante os órganos do partido e aproveitábase políticamente. Por facer o ridículo puxen enriba da mesa da alcaldía as firmas dos propietarios do acceso ó polígono e as negociacións dos veciños de Pazos, para o Parque Empresarial, etc, etc... Por certo, non moveu un papel, pois xa ves cómo está todo na actualidade. Un veciño de Pazos recordoullo o día que viñeron en protesta ó Concello. O que son as cousas Rosa Mari, o día cinco ese veciño acarreaba votantes recordando a época de Cid Harguindey-Lovelle Alén. ¡Se traballaran así nas eleccións! ¡Claro, sen rival! Tomando café, un veciño díxome:”Quero que digas que eu non son afiliado do PP, aínda que me enviaron cartas de ámbolos candidatos. Eu fun de Alianza Popular." Réstame decirche que este acto chámase 600 mil pesetas ó mes, perdón 3600 euros. Abrinlle os ollos a moitos. Empurreinos a este posto tan codiciado. Grazas, Domingo Otero, por desdecir ó señor Presidente:” En ningún momento se trató de quien podía votar o no". ¿Para que están os estatutos entón? ¡Esto parece o exército de Pancho Villa! ¡Canta falsedade! Hora![]()
Cando se ergueu e abriu a ventá a señora Pilar pensou que era media mañá. Baixou á lareira e mirou cara o reloxio que tiña colgado dunha punta que o seu difunto marido clavara na parede. A agulla estreita seguía o seu curso, dando voltas, polo que a pila non estaba esgotada. Algo estaba a suceder, pois había moita luz e levantouse como de costume. Prendeu o lume. Fixo o seu almorzó, ó mesmo que preparaba o do gando que lle fai de compaña. Galiñas, un macho e uns leitóns para facer a matanza, xa que naquela bodega sempre ten que haber algo con que satisfacer a fame deseperada das netas despois de camiñar, por aqueles outeiros, cando van de visita.
Galiñeiro![]() A señora María leva moito tempo sen pisar o galiñeiro. E iso que lle colocaron unha cadeira para poder descansar e botar unha parrafada co propietario do bar, máis ou menos no medio do percorrido.
Presidente Marcelino non tiña en qué vir á vila. Daba voltas e máis voltas. Subía e baixaba polas corredoiras e non atopaba a ninguén que o acercara, pois desexaba ver ó Presidente.Estaba ansioso por escoitar directa e persoalmente as verbas que solucionarían tódolos problemas da bisbarra. Ó final decidiuse por baixar a bicicleta que tiña encaramada na bodega. Limpouna e, recordando os tempos da raia, botouna a andar. Tiña que facer esforzo co seu maxín para lembrar as viaxes cara a vila, cargado de contrabando, naquela bicicleta que lle regalara seu tío, porque comprara un seiscentos de segunda man. O bombín funcionou, pero o neumático non colleu aire. Outro atranco para chegar e poder ver o seu Presidente. Sentía as cores, coma un afeccionado culé. Non podía faltar a cita dos camaradas que lle anunciaron a visita. Pola súa testa só pasaban imaxes dos aconteceres cotiáns, levando a mercaduría, naquela bicicleta, cara Verín. Tiña ilusión por ver ós seus, como di el. Sobre todo ó máximo representante. Porque agora poderá discutir no bar e falar das ideas que se levarán á realidade, para desenrolo da bisbarra. Porque os seus non fallarán como Mariano Rajoy que prometeu a Cidade do Motor e non hai resquicios de que tome corpo. A pesar de que agora andan co do circuito de automoción, devaluando a primeira promesa. Colocado frente ó Concello, como unha estatua, inmóvil, sen pestañear, esperou e esperou. Seu presidente non daba chegado. Daquela empezaba a dubidar do aviso e sentía resquemor a ser unha vez máis víctima do engano polos camaradas que mercadeaban na raia. Pola noite, a eso das doce encendeu a radio e a noticia que escoitou así llo confirmou. O seu Presidente pasou por Verín, pero non parou. Estivo no Concello de Monterrei, no Parador de Turismo. Daquela os camaradas non o avisaron do cambio. Por aquel carroucho estaban os gardiñas. - Non perdiches nada. Non houbo ademán, nin saudou a ninguén daquelas persoas que se acercaron ata o Parador coa mesma idea ca ti. Unha visita a vista de paxaro. Veu en helicóptero e os seus zapatos non tiveron ocasión de luxarse. - Como verás, Marcelino, foi culpa do borrallo. San Pedro A señora Pilar non se enterou da Feira do Sol. Como fai tempo que a Feira do Lázaro non se celebra, como antano, non comprendeu que se trataba dunha “festa”, polo que o seu maxín derivou na manía que teñen os verinenses de cambiar as datas das feiras.Sabe que as feiras son o tres, once e vinte e tres de cada mes, polo que non daba creto do que estaba acontecendo. – ¡Só fan propaganda e carteis da do vinte e tres, nin que as outras non tiveran arraigo nos paisanos da bisbarra para vir a Verín!. Algo de razón tiña, xa que se celebrou pola caída da tarde e pola noite na súa aldea a esmorga é diferente. Na noite de San Xoán os mozos recollen os tiestos dos corredores e colócanos na praza. Os rapaces métense no río, pois a auga de Santa Mariña cura a feridiña. A señora Pilar pon ó orballo pétalos con auga. Logo lávase pensando que o seu rostro recupera a tersura. Fai lavar a toda a familia. - Está ben iso de celebrar acontecementos como foi a chegada do verán, pero haille que buscar data axeitada, pensando en querer arraigala e extendela ó exterior con miras a ser centro de reclamo turístico. Sería bo pensar nun venres ou nun sábado, pois a non coincidir co solsticio de verán, calquera data próxima é adecuada. De todas as formas a festa de máis raigame da bisbarra, di a señora Pilar é a noite de San Pedro. Os estudosos aínda non se parararon a investigar estas falcatruadas nocturnas. Sería bo que os sociólogos e antropólogos lle adicaran algo do seu tempo. Pois chama moito a atención que os participantes, casados e solteiros fan da noite a súa correría polos distintos recunchos de cada aldea buscando atrancos cos que tapiar a rúa e impedir que os veciños pasen para a igrexia. - Que lle pregunten a Emilio. Pediu o día libre para poder descansar e dormir pois sabía que ía estar tóda a noite en vela. Así aconteceu. Non quería que lle marcharan co macho. Pola media noite tivo visita dos xefes. Encontrárono cunha lanterna acesa metida no bolsillo. Pensou que viñan os veciños a facerlle a broma. Manolo e Lois do Espíritu Santo invitaron a cear a Ike, namentas dous veciños levantáronlle unha parede de ladrillo por dentro da persiana. Pola mañá, foi sacar o coche e encontrouse que non puido entrar. Os catro vixiaron o estado de ánimo do Ike. O Manoliño pasou a noite debruzado na barandilla do corredor. Vixiaba seu carro. A roda veina dende enriba. Os mozos falaban con el, namentras catro ou cinco colocáronse preto do carro e arrancaron co chideiro. Como os vía pasar e a roda estaba no seu sitio non se percatou da falcatruada dos veciños. Estes costumes si que perduran no tempo e iso que non teñen subvencións nin propaganda, nin marketin, pois o que necesitan é a espontaneidade, a sorpresa, o silencio absoluto para non ser descuberta a allada e, sobre todo, ter sentido do humor. ¡Que poucos son os elexidos¡ Cine Buenos Aires Rosa Mari está moi pendente do seu pulso. A filla ten que vir de vacacións a liberala un pouco das tarefas da casa para darlle descanso ó seu brazo, pois o doutor insiste que mentres non pare de facer cousas a man non recuperará a súa normalidade.Aproveitará estas datas e verá se a lesión ten cura ou non. Desconfía, pois leva moito tempo sen notar mellora. Irá a Cangas, tomará peixe e dará uns longos paseos na praia de Rodeira. Lembra os seus anos novos -aínda está de bo ver- cando subía para o “galiñeiro“ do cine Buenos Aires e debruzada na barandilla escupía as cáscaras dos cacauetes cara embaixo. Logo agachábase para no ser recoñecida, pois os de butaca reclamábanlle ó acomodador, que nun periquete subía buscando a rapaza ou rapaz que facía tal falcatruada. A película estaría interesante pero a gamberrada apetecíalle máis ós que ían ó cine a pasar a tarde, aínda que os cortes que se producían ó longo da proxección eran suficientes como para lanzar calquera desperdicio, sen ter que perder nada do que acontecía na pantalla. Nalgunhas ocasións o acomodador colleuna pola orella e púxoa de patiñas na rúa. -¡Eu non fun¡, ¡eu nun fun¡, pero o vixiante tiña ben catalogados ós que facían as trasnadas e de vez ven cando dirixíase a un e invitábao a saír. Como non tiña certeza turnábaos, pero sempres eran os mesmos. Daquela non había reclamacións, nin volta dos cartos. Apénase moito porque viu os carteis da venda ou compra da mellor sala de proxeccións de toda Galiza. Aquelo de convertir o cine en salas multicines, pola nova propiedade parece que non encaixou, polo que aqueles recordos rememorando a nenez non van ter volta. Houbo intentos por parte do Concello na adquisición do inmoble. Só faltou vontade política, pois dúas Consellerías, en boca dos Conselleiros respectivos, puxeron cantidades para facer en Verín un auditorio. Puido ser e non foi. Agora estase en situación de poder facer algo. Comprada a Fonte de Caldeliñas, a mesma forma pódese empregar para adquirir o cine Buenos Aires. Poderíanse buscar fórmulas para seguir proxectando, ó mesmo tempo que o Concello faría deste inmoble un emblema de actos públicos ó servizo de tódolos veciños, pois a ubicación é envidiable. ¡Naqueles cortes da película cantos aproveitaron para dar o primeiro bico! Red, red wine ¡Hurra tres veces para Don Xosé Vilela! Os deberes ben feitos. A lección aprendida e as novas ideas ó servizo da agricultura.Aquí temos o exemplo de persoa que apostou polos productos endóxenos, polo que hai aquí, que non fai falta importalos, nin encher a bisbarra de “castelos no aire”, para crear riqueza. Abandonou a vila e foi para a aldea e alí casou coa terra e cos inxertos e desta simbiose saíu o “Ladairo”. Viño que percorre toda Galicia, España e outros recunchos do mundo. Froito de todo isto é o galardón recibido ó mellor viño tinto de Galicia. Ademáis doutros premios en distintas categorías. A Baco seguramente lle agradecería tomar este caldo daquela. Pero son os mortais os que se aproveitan de tan boa elaboración para dar con ese paladar que agradou ó tribunal que decidiu concederlle o premio. Sangue, suor e bágoas como din, son o que Vilela verte tódolos días ó longo dos rueiros, entre cepas, que soubo adaptar á terra para conseguir este premio que redundará en tódala Denominación de Orixe. En tódala bisbarra. Ten anécdotas das que se ri pola ocurrencia con que llas contan, facendo ver que nesta terra do Támega sempre se desconfía de que se pode conseguir un viño de tan alta calidade. Visitou Verín un alto funcionario de Madrid e ocurriu que visitou a Bodega Ladairo, probando un viño sen etiquetar. Levou unhas caixas e bebendo cuns amigos, na súa casa, saíu a relucir de onde era aquel viño. Todos o localizaron na Ribeira do Douro, desexando saber de qué bodega era. O río Támega é afluente do Douro en terras de Portugal, pero para isto non pertence ó Douro. Para traer de rúa os propietarios das súas ribeiras si. O funcionario é un gran amigo do premiado e continúa comprando viño desta terra. Daquela abandonou o garaxe. Cambios de aceite e colocar pastillas de freno, da rúa Laureano Peláez. Apostou pola agricultura, aínda que nos primeiros anos, este garaxe foi o almacén e dende aquí principiou a comercialización dos primeiros caldos do Ladairo. Os expertos aconselláronlle estar no campo, no medio da viña, para vivir cada día os seus problemas, para tratalas con xeito adecuado e pór remedio antes de que cheguen as pragas. Haberá que aprender del. O mestre de Tintores, lembro de rapaz que dicía que non había leitugas coma as que collía alí. Cebolas coma as de Albarellos non se encontran por ningures. Temos a terra, temos os productos, ¿qué falta? Persoas como o Vilela. P.D.: Por certo, ningún bodegueiro presente no acto da Denominación de Orixen o felicitou. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
EnlacesVerínOtros |