Blogia

Crónicas Tamaganas

ameazas..-


Verín. CRONICASA TAMAGANAS. Ameazas!..

Miña cara señora María: -“Ano novo vida nova” habería que dicir, pero na vila todo segue igual.
 Sen embargo nótase que, de vez en cando, lense novas, que non son extrañas, pero que descubren o tipo de persoeiro que dirixe os destinos verineses.
  A ameaza foi sempre un estilo individualista de dirixir, aínda que non se publicitou moito nos ambientes políticos locais, pero co tema dos cartos para o carnaval resurxe como antídoto para conseguir algo, polo que o anuncio dunha espantá ao desfile do domingo de entroido, por parte dos cigarróns ou peliqueiros, resulta moi fora de lugar.
 O querer gobernar a base de caprichos leva a  esta conclusión ou ameaza, porque faltan argumentos que xustifiquen este tipo de novas nos xornais. Hai que provocar para ter protagonismo, senón non se fala dun. É unha maneira de ver a vida, pero non de soportala por parte de quen a sufre.
 Os “cigarróns” ou “ peliqueiros”, a través do seu portavoz, “militante”, é “ voz de seu amo” comentan nos medios, que eles queren unha comida , senón que non participan no desfile do domingo de carnaval. -Agora é fácil ameazar, porque son moitos. Cando eran poucos ou se contaban cos dedos dunha man nin se vían.
 Todo isto provoca reunións, polo que se desprende, que ata agora pouco ou nulo resultado deron as convocatorias cos restauradores, para que aportaran máis diñeiro, por iso apareceron ameazantes os cigarróns, como preludio dun resultado xa sabido.- Foron meras comparsas. O que si destaca é o número de orquestras nos días de carnaval. En vez de encher cada recuncho da vila con charangas ou grupos de gaitas para dar alegría e facer participar aos veciños, seguen a facer o mesmo ano tras ano. Gastar os cartos en algo que non satisface a ninguén e menos aos bailaríns, porque case sempre o tempo non axuda. – Pois haberá que facer o que o tempo permite, gastando o menos posible e divertindo por doquier.
  Da a entender que os cigarróns querían venderse por un prato de lentellas, como daquela. Foi o que se conseguiu, pero para o lonxe mo fiais, díria o protagonista, porque este ano non hai viandas gratis.
 Insolirariedade total para co resto das comitivas que enchen as rúas da vila. A isto chámaselle defender o carnaval!. Se o resto das comparsas, carrozas e personaxes que desfilan se lles ocorrerara o mesmo, que farían os cigarrónas sós?. –Nada. Un desfile que só se basase nos cigarróns sería a morte do entroido, porque a vila vive a festa dunha maneira moi especial, polo que non necesitan de ninguén para alegralos, porque cada persoa quere ser carnaval, foi sempre carnaval, ten  ou crea o seu propio protagonismo entroideiro. Que lle importan ao Fanfán os peliqueiros?.
 A outra ameaza aínda está máis fora de lugar. Darlle publicidade aos industriais que  aportasen  ou colaborasen coas festas deixándoos fora das listas aos que non.
 A intertvención da portavos do bng fixo que esta idea non se tivera en conta, despois de ser exposta, porque argumentaba que se podía incurrir en algunha ilegalidade,  relacionada co segredo dos ndatos persoais.
 O menos importante é o feito o que destaca é a maneira de entender a política ou o cargo institucional, para imporse con tal de saírse coa súa. –Gran demócrata!. O diálogo só é propio das persoas que teñen recursos para posicionarse en calquera tema. Cando a incultura ou ignorancia campea por este cargos a imposición dictatorial é a única arma que saben empregar.
 De todas as formas non se pode dicir que o carnaval empezara moi ben. Se isto se repite outro ano, deberíase tomar outras medidas, para que non acontezan estes actos tan salvaxes. Aínda que tal e como sucederon dá a entender que os persoeiros foron a por esas portas privadas e concretas, como se algo tiveran que reivindicar.
 A Comisión de Festas algo deberá facer ou ter un seguro que se faga cargo destes derperfectos, en propiedades privadas, porque do público, nesta vila, xa é mellor non falar.
 Polo demais a disfrutar deste carnaval, que está cheo de frío. Unha suxerencia para  tratar de melloralo  sería que o xoves de compadres e xoves de comadres pasalos ao venres.

                                                                      Verín 11 de febreiro do 2012.-

                                                              Adolfo Rolán.-
 

a noite.-


Verín-CRONICAS TAMAGANAS- A noite.

  Miña cara señora María:  -Aquela noite non pegou ollo. A culpa tívoa a chamada da corresponsal ourensana, en Santiago do medio que publicou a nova.
Contestou ás preguntas, pero as respostas non subsanaron, nin amortiguaron a denuncia. –“....somos muy amigos......”; “...por eso me la vendió a mi...”.  A enmenda que quixo introducir, co ano 2008, para a catalogación catastral descubriu outra suposta compra. –Todo un desaguisado. Fora mellor estar calado, porque respondía a calquera dos ditos: -“boca pechada non entran moscas” ou “pola boca morre o peixe”.
 A teima, nada mais colgar o teléfono, foi buscar o número da portavoz municipal do BNG e chamala, pero o que son as cousas, non collía o teléfono, polo que non podía porse en contacto co autor do escrito. Recurriu a seu asesor económico para conseguilo.
Hai que destacar aqui que vai perdendo facultades porque, na súa axenda, nunca faltaron os teléfonos de todos os concelleiros, tanto do equipo de goberno como da oposición.
 O teléfono apuntouno e quedou con el, pero ,a día de hoxe, aínda non o marcou para chamalo. – Non só iso, senón que en todos os plenos e comisións, na que participa, non se dirixiu a el. O que si fae é ir esparexendo por doquier, para  ver se alguén  pica e como “empreña de oido” chámalle a atención o primeiro que ten máis a man. –Logo queda enchido e como debe dormir xa ben, pois a esperar que chegue outro con outro suposto ""candidato para tamén chamarlle a atención, pero a quen mandou o escrito a ese nin toserlle. –Medo?.
Tivo que sentarlle moi mal e afectarlle moito a chamada, porque non tivo unha reación dun político de altura –alto e grande si, pero nada máis-, porque o teléfono a quen tiña que dirixilo era a seu xefe inmediato para que parara a noticia, porque ía ser unha nova que estropeaba  o nomeamento que tanto tempo estivo esperando e a pesar dos pesares conseguírao. –Sempre quixo ser “senator”, para emular así á verinesa Lovelle Alén, aínda que nunca unha butaca da cámara alta quentou unhas posadeiras de tan baixa categoría.
 A soberbia debeulle impedir dar cunha solución satisfactoria, porque foi incapaz de dar con alguén que o sacara do toleiro ou tiña medo de que se poideran torcer as cousas. -Esperar, aínda que afeen o nomeamento!.
 Derrotado, amargado e cabreado a noite debéuselle facer eterna. Tanto controlar pero esto escapóuselle ou os “satélites” non estiveron á altura para informar de todo o expediente que diu lugar ao mencionado escrito. Non lle funcionaron os “espías” de lareira polo que que non puido atallar a noticia.Os “brigadistas” non souberon estar á altura das circunstancias e menos os lamecús.
 Hai que imaxinar o seguinte razonamento: -“entrega coarenta e oito mil euros e paga de tasas uns seis mil”. A Xunta na súa valoración, no catastro de rústica, ten como referencia a hectárea (10.000 m2)  para facer a autoliquidación correspondente cando se compra unha leira e dalle un valor de doce mil euros, polo que se paga a razón desta cantidade. -Por unha hectárea vense cotizando uns oitocentos euros de autoliquidación para a facenda autonómica, en papel timbrado, en calquera oficina bancaria, dentro da Comunidade Autónoma.
 Neste caso o comprador paga uns coarenta e oito  mil euros por menos dunha hectárea, é dicir, por uns seis mil metros cadrados. O normal é que pola metade dunha hectárea se autoliquide tamén a metade, polo que, quen lle pon o cascavel ao gato?. -Teralle a Xunta que devolver cartos ao comprador?; por que ese desfase?; ocúltase algo? ; interesa pór unha cantidade alta?.
 Un dato a ter en conta é que o terreno, en cuestión, está máis cerca do centro da vila que a súa vivenda, coa que linda polo parte do leste. Por certo, na  páxina web do senado aparece a súa declaración do patrimonio. Suxire moitas cousas entre as que se destacan a non coincidencia entre esa declaración e o documento exposto no taboleiro de anuncios do concello, con respecto dos lindeiros.
 
                                           Verín 25 de xaneiro do 2012.-

                                            Adolfo Rolán.-


 

cartas...

 

 

Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Cartas....

 

Miña cara señora María: A vila esperta, non moi a présa pero, paso a paso, vai dando a cara e saíndo á rúa manifestándose  ou a través da denuncia pública.

 O descontento é xeral. Non só a crise é problema, senón que arrecian os temas locais e os colectivos afectados dan a cara, a pesar de que logo pasan polo “confesionario” para disculparse, botándolle a culpa ás mans levantadas de todos os presententes para repartir a carga e non verse involucrados en represalias, que é o máis normal. –Ninguén quere o protagonismo. Entón para que forman asociacións se coñecen ao persoal?.

 É difícil vivir así. Os pobos cativos teñen esta idiosincracia. E non se despegan.

Cativos pero valientes foron os empresarios que manifestaron publicamente a súa estorsión por carta.

A nova, a grandes titulares na primeira páxina do diario provincial, puxo de manifesto algo que sucede hai longo tempo. Ao parecer, coas novas tecnoloxías e iso das escoitas telefónicas, os autores tomaron precaucións e empregaron cartas, tipo Euskadi.

 Na vila sempre houbo este tipo de pagamento. Antes usaban a vía telefónica ou meter o “carro” no patio ou xardín para recoller o pactado.

 Tamén se usaban estas novas para desorientar, porque así pasaban o contrabando, a rego cheo, por onde estaba expedito o camiño.

 O querer vivir ben a conta dos demais tampouco é novo. Antes, no tempo da vacas cheas, había para todos pero nesta época de vacas fracas, non hai, polo que a todos toca  apretarse o cinturón.

 Por iso na outra etapa non se producían denuncias. Todo se comenta nos bares, pero que salgan afirmando deste xeito, quere dicir, que están ata o gorro.

 Pero iso é bo. A xente débese expresar  publicamente para que se oiga a súa situación.

Hai que desenmascarar ao individuo ou individuos ou aos que usan a outros para conseguir riqueza deste maneira. Xa está ben que disfruten cos cartos dos que traballan e teñen que sudar parta levar de comer, a cotío, para a súa casa.

 Ninguén debe ser dono de ninguén e menos do seu sudor. Pero hai quen pensa que si e aproveita a situación para levar adiante este tipo de tropelías. Non hai corazón, nin hai ética, nin moral e logo van a comulgar como si nada pasara.

 O curioso é que ata tomas café a seu lado como se todo fose normal, cando as tripas roxen por mor do que sabes e non o podes dicir, porque fan falta probas, aínda que o viviras ou o viras.

 Teñen que sofrir moito estas persoas que viven cousas destas e teñen que permanecer calados e silenciosos, sobre todo cando escoitan, na esquina da barra, a conversa dos clientes e conveciños falando do tema e non poder comentar nada. –O medo. -En calquera esquina hai un “comisario” que se vende por un simple vaso de viño ou por dar a man en calquera recuncho da vila.- Iso é triste.

 - Moi importante é esta nova, no xornal, denunciando o tema, porque pode que a vila esperte, aínda que xesa paseniñamente.

 

                                                             Verín 18 de decembro do 2011.-

 

                                                             Adolfo Rolán.

"solar".-

 

Miña cara señora María: -Querido Fran todos os papeis ou certificados, como queiras chamarlle, son públicos.

 O edicto que colgou no taboleiro do concello ten entrada no rexistro co número 5783 e data 21-6-2011.

 Estes catro papeis foron de onde arrancou todo. Léndoos e coñecendo a planimetría e os propietarios chegas a  información que queiras ou desexes.

 Tes que recordar que o “individuo” é concelleiro de urbanismo e alcalde dende o ano 1995. A non ser eses dous anos e algo do tripartito. Polo tanto, goza da información privilexiada que quere e desexa. Ademais agora tamén ten a súa parella no servizo de urbanismo, polo que non se lle escapa unha rata. O PXOM está aprobado inicialmente. Hai unha ordenanza que regula xa esa superficie. Deberías preguntarte e a oposición que fai?. –Aí radica o problema. –Inoperantes totais.

 Os documentos do taboleiro din: “ Andrés Ylla García-Germán, registrador de la propiedad titular del registro mercantil y de bienes muebles de Ourense e interino del de Verín y su distrito hipotecario, provincial de Orense Tribunal Superior de Justicia de Galicia:

  HAGO SABER: Que D.  .....-Pon o nome do “individuo”-, ha inscrito a su favor en este Registro, acogiéndose al art. 205 de la ley Hipotecaria, la (s) finca (s) que se describe (n) en la (s) nota(s) simple adjunta (s).-

 E l título que originó la(s) incripción (es) referida (s) fue: escritura autorizada el seis de Mayo del año dos mil once, por el notario de Orense/ourense DON JOSE ANTONIO BOLLO DE MIGUEL número 724/2.011.-

 Y por el presente, cumplimiento así lo ordenado en el citado artículo, se pone en conocimiento de cuantos puedan estar interesados respecto de la (s) expresadas (s) inscripción (es), a fin de que hagan uso de los derechos que, en su caso puedan corresponderles sobre la (s) finca(s) descrita(s).

                     Verín a seis de junio del año dos mil once.

Fdo. Andrés Ylla García-Germán.-

 Logo continúa coa descripción de cada unha das fincas.: Lugar, naturaleza das fincas, linderos, superficie, titulares, cargas, limitaciones.. -Hai os lindeiros!. Se souberas!.

Débestes fixar ben nas datas. Ata de agora estamos no ano dous mil once.

 En Verín a, 29 de novembro de 2007 da secretaría do concello sae unha certificación urbanística (URB 2007-311) co número de rexistro de saída 13654 e data 29-11-2007 para un promotor, no Camiño da Glorieta, que pon: “ En relación co escrito presentado ante este concello por D........, con data 27-9-2007 o que solicita certificado de que as parcelas situadas no camiño da Glorieta XX; XX, de Verín teñen todos os servizos necesarios para ser consideradas SOLO CONSOLIDADO,  procede sinalar que unha vez consultados os datos obrantes no Servizo de Urbanismo deste concelllo e sgundo o informe técnico elaborado polo Arquitecto Municipal con data 9-11-2007 e obrante no expediente, as parcelas indicadas gozan da clasificación de SOLO URBANO CONSOLIDADO e alcanzan a condición técnico-xurídicas de soares de acordo co disposto no artigo 16 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Proteccion do Medio Rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 de 29 de decembro.

Continúa dicindo: “Como consecuencia do proceso descrito transformouse física e xurídicamente o solo inicialmente clasificado como SOLO URBANO NON CONSOLIDADO en SOLO URBANO CONSOLIDALO. –Daraste conta de que non fala de solo rústico.- É interesante o que expón a continuación: “O que resulta confirmado pola xurisprudencia do  Tribunal Supremo cando indica que as facultades discrecionais que como regra xeral deben recoñecerse ó planificador para clasificar o solo na forma que estime máis conveniente, teñen o seu límite no SOLO URBANO, pois necesariamente ha de recoñecerse esa categoría ós terreos que atopándose na  “malla” urbana, por chegar a eles a acción urbanizadora, dispoñan de servizos urbanísticos (acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas e subministro de enerxía eléctrica) coas características adecuadas para servir á edificación que sobre eles exista ou deba de construir, ou se atopen comprendidos en áreas consolidadas pola edificación, salvo que a existencia de tales servizos ou a consolidación da edificación tiveran a súa orixe en infraccións urbanísticas e aínda lle sexa  posible á administración impoñer as medidas de restauración da orde urbanística infrinxida (fundamento xurídio 6º da Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta, de data 30-3- 2005.).

 “Por conseguinte, de acordo co razoado neste informe e segundo os datos obrantes no Servizo de Urbanismo deste Concello, as parcelas situadas no Camiño da Glorieta, gozan da clasificación de SOLO URBANO CONSOLIDADO coa condición técnico-xurídica de soar segundo o disposto nos artigos 11, 12 ee 16 da Lei 9/2002 de 30 de decembro.

 Para que conste e para os efectos oportunos, sinaladamente para o disposto no Real decreto 1955/2000 de 1 de decembro que regula as acrividade...................expido a presente certificación, co visto e prace do Sr. Alcalde, en Verín, na data que se indicou ó comezo.

 Unha aclaración: “Estas parcelas lindan co terreo en cuestión, están na mesma beirarrúa”.-

 A historia co seu comentario fareicho nouto momento, porque estes documentos son para escribir un libro. Direiche que todo é producto da envexa, polo que non permite que ninguén lle oculte a vista cara Monterrei. Hai un promotor que tiña apalabrada a compra e outra persoa que quería facer a súa vivienda e que chegou a ir ao concello a pedirlle que lla deixase comprar, porque el xa tiña casa, pero é filla dun exconcelleiro do pp.........-contestoulle......... Continuará....-.Verás que os documentos son do propio concello.- Pero... non deberían contradecirse.

 

    En Verín, 10 de decembro do 2011.-

cicerone

 

 

 

 

Miña cara señora María:  Haberá que chamar a Fran para encomendarlle que debe ser o “cicerone”, aló, na capital das Españas, do “taifiñas” verinés.

 Para iso deberá comprar o libro da autora alancantina Matilde Asensi, que leva por titulo “Peregrinatio”.

  Débeo ler con moita atención e analizar cada unha das encomendas suxeridas para cada lugar, polo pai do protagonista, ao frei, que o acompaña, ao longo do Camiño.

  Terá que beber nesas páxinas para non esquecerse do que ,día a día, debe ensinar a este “peregino” verinés.

 -Ten que purgar fechorías polo que o cumprimento de cada penitencia debe ser o máis exhaustivo, marcándolle cada un dos sacrificios que debe realizar, cando se encontre diante do santo, que perdoa, para que logo poida exercer con vehemencia e exemplaridade a súa vida social. -Aínda que aquí non hai “deus” que poida dar abasto e poder perdoar-.

 A súa vida non foi a de visitar monumentos, nin exposicións, nin museos, nin viaxar para ver cousas novas, coas que enriquecer o seu bagaxe cultural, polo que terás ardúa tarea en programar e planificar eventos cos que alimentar e facer unha persoa de ben, íntegramente.

 Deberá saber que a vida non é só acumular riqueza material, nin comer nos restaurantes máis caros, nin fardar coa mellor estilográfica, nin pór enriba da mesa o último móvil, nin levar na man o maletín do estilista de moda, nese momento, porque “dentro” está valeira de contidos.

 -Serache recompesado polos verineses, cando vexan os cambios producidos no individuo, porque simple e llanamente reciben un saúdo ao cruzalo nas beirarrúas. -Non piden máis, só que o reconduzcas. Tarea difícil e ardua, meu caro Fran.

 Feixóo non soubo que facer con el, por iso optou a largalo lonxe de Santiago, porque debía de estar canso de escoitar sempre a mesma monserga: -No puedo ir para mi trabajo, porque sería una vergüenza volver a quitar callos o pinchar culos”. _Quen dera  ese traballo para outros!.

 Con esta misiva verinesa, querido Fran, terás contactos que che poden redundar en beneficio. Saberás que está, en promesa e marcada no PXOM, un campus universitario, aló, onda o río Pequeno, pegado con Portugal, na Xea, polo que remata os estudos e verás realizados, aló, os teus proxectos ou ter un posto de traballo, como mestre, nun obradoiro. –Que non lle pase, como está sucedendo, co posible desmantelamento da escola de enfermería de Outeiro Seco, pero, de momento está no plano, logo deus dirá.

 Pégate ben a el, porque así terás un asento nun dos palcos do Bernabeu e frecuentarás os comedores de moda, na capital, e saborearás, co viño máis caro, o marisco prohibido. De vez en cando visitarás o Corte Inglés, para ver as últimas novedades, pero non o leves pola Latina, porque iso é moi vulgar, nin o leves o Rastro, porque tropeza coa xente, e el non está para ir sorteando individuos, porque o seu tempo non está para a vulgaridade. Tal vez, nalgunha ocasión, podes levalo pola Praza Maior, por se observa algo interesante, nas coleccións de sellos, pero máis que nada, porque así emula a seu pai político.

                                       Verín, 4 de decembro do 2011.-

                                   Adolfo Rolán.

A. feito...

 

Verín –CRONICAS TAMAGANAS. A.Feito...

 

Miña cara señora María: O día vinte e dous do mes de outubro quedaron moitos teléfonos bloqueados. Todos querían dar a nova que aparecía nunha columna do xornal da Coruña.

 O columnista abriu súa maxín e deixouse levar por tódalas ocurrencias que recordaba das actitudes e comportamentos do individuo, porque non soportaba o silencio no que se colocara, en vez de darlle publicidade en cada momento que tiña a noticia correspondente. Así foi medrando ata que chegou a necesidade de pregoala.

 Aquel estigma que non o deixaba tiña que botalo fora para sentirse cómodo consigo mesmo e cos lectores que, a hora da verdade, son os que lle dan de comer. Esperou o momento no que moveu fichas ou intentaba algo, para colocarse na peana política, e lanzar seu pensamento, definindo ao personaxe, coa idea que tiña formada. –Non se equivocou en nada. Dixo o que a xente pensa e di nos cenáculos políticos e na vila. –

-O xornalista abriu seu corazón e deixou levar polos seus adentros e expulsou todo o que sentía e levaba dentro para librarse daquel estigma que o aterraba.

 Cadaquén pode facer preguntas, aínda que a resposta a esta crónica, pálpase no artigo, pero nunca tomará corpo nun xornal, aínda que será tema de conversa en reunións.

 Serán comentarios nos cenáculos e ata producirá enfados momentáneos entre os tertulianos, aínda que non haxa defensores do cuestionado, pero intentarán colocalo no se lugar, nestes intres, da confección das lista electorais.

 Notoriedade tivo o artigo, aínda que pasada a tormenta todo escampa.-Morto estaba –ou orfo-, só facía falta soterralo.

 O narrador seguro que non afirma sen contrastar a súa información, polo que séntese coa autoridade adecuada para lanzar as afirmacións, que manifesta adecuadamente, tildando ao individuo como lle corresponde.–E non se acobardou, nin se quedou curto.

-O que escribiu foille comentado por altos cargos, por iso non se amendrentou e xogou ben, co político de turno, que era o que buscaba.

 A cornada que lle pegou levaba dardos envenedados,  aínda que é necesario descubrir o por que deste artigo, na Voz de Galicia. O fondo da  narración non se deixa ver, pero vislúmbrase que algo moi importante tivo que ocorrer entre ámbolos dous amigos, para que se teñan que ver as caras deste xeito.

 O que si se pode engadir é que a noticia pronto se expallou pola vila. Pendurada das paredes con frases destacadas con fosforitos relucian polas cabinas telefónicas e portas. Cara o mediodía, alguén se encargou de arrincalas, pero pronto lle contestaron con outras a toda cor, ao día seguinte,deixándoas polos bares.

-Dáselle moi ben iso de tapar a boca ou de privar da  liberdade de expresión, aínda que só eran fotocopias dun xornal.

 Nestes intres o xornalista e o xornal pasaron ao ostracismo da economía publicitaria pública.

 

                                                  Verín, 2 de novembro do 2011.-

 

                                                      Adolfo Rolán.

"funcionaria".....

Verín. CRONICAS TAMAGANAS.- Funcionaria....!

 

 Miña cara señora María:  A funcionaria quedou estasiada do que esaba a ver. Polo seu maxín pasou un feixe de pensamentos que non daba ordenado e asimilado. Non podía dar credo ao que estaba a ver,sobre todo, dentro da igrexa.

 Necesitaba chegar pronto á casa. Quería vaciar a mente e sentirse liberada, porque consideraba que aquilo non podía acontecer. Descargou co marido e sentiuse alibiada, pero pouco lle durou, porque a contestación que recibiu colocábaa no lugar que tiña pensado. –Aquel acto- o máis importante da relixión- viuno polo chan, cando o personaxe acercándose ao altar recibiu do concelebrante o pan sagrado.

 -“Personaxes amorais así debíalles caer a cara de vergoña, cando queren ser como os veciños. As persoas participan dos actos relixiosos porque os senten e cumplen coa moral da relixión que profesan. –Non a pisotean!.

-Seu marido contestoulle: “- Se fose o “Padre” non lla daba”.

 Ao  día seguinte o marido preguntou polo “suceso” e a rsposta que tivo, dos presentes, é que a todos lles pasara como a súa dona.

 -Empregar unha cerimonia relixiosa e participar no acto máis sagrado e solemne así, deixa sen contestación a calquera que coñeza ao individuo!.

 A “funcionaria” empezou a comprender que con este concepto sobre a moral é lóxico que individuos que se dirixen ao público, en xeral, todos os días polos medios de comunicación, emboben ao público coas monsergas e promesas, porque o significado destas palabras e actos non lle dan a categoría moralizante adecuada.

 Os valores sociais están polas corredoiras, pero a moral dunha relixión, -que mamaches dos pais-, debía ter a máxima categoría, –nunha mente minimamente formada-, para que certos individuos sintan algún dolo, cando practican algunha fechoría. -Está visto que non!. –Dalles o mesmo.

 Interesante a “culebra” volvéndose arrastrar, pola xeografía provinciana, tratando de buscar apoios para optar a “ceador” –léase senador-, nas próximas eleccións. –Que longo mo fiandes!. -Estes da mancomunidade son moi ocorrentes. Quérenlle moito!.

 Ao parecer tamén opta a unha embaixada. Aquí, como cofundador deste “fume raiano” non debería ter problema, porque se Cataluña ten embaixadores por que non a eurocidade ou o couto verinchaves?. –Que longo mo fiandes!.

 Por certo, señora María, os xornais xa empezan a vislumbrar e a indicar o destino, que por certo, ten que ser o que ten. Facía un par de meses que lle comentou a certa persoa que volvía a pinchar cús. As novas, sen embargo, na rúa, eran outras, pero ao parecer estanse preparando para que todo suceda como algo normal e non haxa resquebraxamentos políticos, porque, se da outra vez quedou como quedou, desta e que desaparece. -Que llo pregunte a quen dicen, -con quen ten moita amizade-, ao parecer, -según vende para a rúa-, que de pronto este poderoso o único que fixo, politicamente falando, foi prepararlle a cama para largalo do mellor posto pagado da política galaica.

 Dos incendios e da morte do piloto da avioneta só hai que engadir que a señora ministra apareceu só para estragarlle a interpelación parlamentaria aos do seu partido. Di o refrán: “despois de burro morto cebada ao rabo”.

 Facía uns días que o “ministro” do rural galego lanzara as campas ao vo, botara a lingua a pastar ou lanzou o cuspe cara o ceo e caíulle a el mesmo. Que lea :”El arte de la prudencia”, de Baltasar Gracián e así saberá como se ten que comportar un político.

 Isto é o que temos e así nos vai!.

                                                    Verín, 19 de outubro do 2011.-

                             Adolfo Rolán.-

Couto verinchaves.

 

 

Verín .CRONICAS TAMAGANAS.- Couto verinchaves.

 

Miña cara señora María: Debería saber que nesta eurocidade Verinchaves están de mal humor porque as leis dos seus respectivos países non lle permitir acadar novos teitos lexislativos para chegar a acordos que son propios doutras administracións, no referente a proxectos en común.

 Os dous mandamaises de ambos lados da raia queren crear un “couto”.

Este “couto” debe ter autonomía e independencia para facer o que lles peta.

Esta “queixa” política debe encadrarse nas reivindicacións de independencia e autogoberno que algunhas autonomías andan na precura no estado español.

  Aínda se deron de conta de que os estados –Luso e español_ teñen leis que as súas respectivas comunidades deben cumprir. O que chama a atención é a intención deste “personaxes”, de querer saltar as leis dos seus respectivos países.

 -Ou, non será que se agotou a súa capacidade de emprender novos proxectos que ilusionen a cidadanía raiota?. –De todo haberá un pouco.

 Nalgunha ocasión comentouse que Verín ía ser un barrio da eurocidade, que só serviría para que a urbe lusitana podera acceder a proxectos doutro nivel, pero ao parecer a crise chegou a todas partes, polo que hai que buscar excusas ante as dificultades de seguir apostando pola nova administración territorial raiana.

 Hai que pensar que hai que encher o edificio da alfándega, en Feces, de persoal, polo que a falta de cartos imposibilita estes novos inchufes a costa de todos os contibuíntes, polo que hai que buscar excusas ou desviar o tema cara temas que signifiquen impedimentos.

 Co desmadre das autonomías,  no seu gasto, aparecen estes “taifiñas” denunciando que, seus estados respectivos, non lles deixan avanzar no reino de taifas do alto Támega. –O malo é que ten que ser bicéfalo. –E xa se sabe cal foi o resultado das bicefalías ao longo da historia.

 Este tipo de maniestacións responden,xeralmente, a dúas concepcións de rexentar a política. –Unha é que tratan aos concidadáns de analfabetos. -Concepto de persoeiros acomplexados. A outra é a súa ignorancia da historia. A incultura élle innata a súa persoa. Nembargantes o luso debería saber que ningún estado pode permitir desgaxes territoriais. En canto ao galego xa se sabe cales son os libros que pasan polas súas mans: -os catálogos.

 De tódolos xeitos hai un detalle que é moi importante. Os portugueses xa lexislaron que os presidentes das Cámaras só estarán tres lexislaturas. Os españois deberían aprender e tomar nota, para que os alcaldes e todos os políticos tiveran tempo limitado a dúas lexislaturas.

 Debe ser este tempo limitado o que fixo que o lusitano se botara ao buraco deste xeito, non propio del, sobre todo, pola súa descendencia profesional, aínda que, ao parecer, está na mesma situación persoal que o verinés.

 Ámbolos dous están distantes, do que se pode chamar oficialismo relixioso, aínda que se deixan ver nas cerimonias, xa que está ben na procura do voto.

 Non hai lugar para os setecentos vinte e catro postos de traballo que prometeu, perante a campaña das municipais e hai que ir anunciando os atrancos necesarios para disculparse, ante cada persoa, que o visita para ser colocado.

 Non se preocupe señora María, que houbo que facer algún apaño para poder pagar as nóminas dos empregados públicos. Aínda non hai ningún ERE, pero..... pronto. Aínda así é moi doloroso para as familias que o sufran. –Todo polo voto!

                                Verín, 9 de outono do 2011.-

 

                                           Adolfo Rolán.-

soldo...

 

 

Verín.CRONICAS TAMAGANAS. Soldo....

 

Miña cara señora María: É triste que haxa que estar en tempos de vacas fracas para que os xornais se fagan eco de algo, que, a cotío, denuncian os concelleiros de calquera tipo de oposición e nunca se lles deu a importacia requerida neses medios.

 Tivo que ser unha concelleira do goberno bipartito que sacara a luz tal inxusta prebenda, non por estar en crise, senón polos veciños que corren co plus municipal, ao longo do tempo, sexa boa ou mala a época económica.

 Habería que engadir que este complemento foi negociado coas forzas sindicais que piden o voto para este goberno local, por ser da mesma tendenza política. –Asi nos vai.

  Empezaron cos funcionarios, logo pasaron aos docentes-funcionarios e agora tocoulle aos empregados dos concellos.

 -Aínda nos lles tocaron na paga aos políticos!. O que se vertebra e anuncia é que en calquera lugar estanse dando exemplos, onde os gobernos non fan falla, por iso os políticos tamén se dan de conta que eles non contan para a cidadanía e iso se que é un problema, seu problema.

 Teñen como exemplo Bélxica, que levan máis dun ano sen goberno e o país segue seu camiño.

 Cando toda a cidadanía eleve seu coñecemento e saiba que estes personaxes non se adican ao que prometen, senón só a beneficiarse individualmente cambiará súa maneira  de votar. Aí está o tema. Cada votante debe saber usar seu poder de votación. Isto ocorre só cando a persoa se sente libre.

 Estes sectores, ao parecer, “foron e son” os responsables da “crise” de cada unha das economías específicas das súas administracións respectivas, según as medidas tomadas en cada caso. –Que análise máis vanal!. A crise provocouna cada un dos xestores que rexiron os destinos de cada unha das administracións correspondentes e eles aínda non tiveron a delicadeza de dar exemplo, reducíndose seu soldo e súas prebendas.

 Encheron e enchen (obradoiros de emprego) de traballadores ás administracións, entrando por portas falsas, para asegurarse a súa elección cara a poltrona, que ía dar as prebendas que buscan na política, por incompetentes, na loita cotián, na súa profesión ou oficio liberal, no libre mercado.

 Que conste que entre estes tres estamentos hai que diferenciar aos locais. –Nestes creáronse e seguiranse creando postos para persoas concretas.

 Cando se negociou e firmou o primeiro convenio colectivo do Concello estiven de “convidado de pedra”.

 Polo meu maxín pasaron tantas ideas, naqueles intres, que non me facía á idea de votar algo que ía contra meus principios. Aquilo foi un fraude aos  contribuíntes locais, que tiñan que aportar os cartos para crear unha casta de privilexiados a costa do seu cativo soldo.

 Naquel convenio había subvencións tipo “corte inglés”, para todo. –Non só boa paga, senón axudas para dentista, lentes, libros, etc. -Léano, que estará no Concello. E para máis “inri” aparecía unha asinación para un posto de auxiliar dun millón das antigas pesetas, como complemento, máis ao ano. -Por certo, ningún docente da ensinanza privada cobraba aquela suma.

 -O  soldo dos empregados dun concello deberíase calcular atendendo a media de cada un dos sectores dos habitantes que contribúen a esa cobranza.

 Deberíase ter en conta os traballos que realizan algúns, porque crean competencia desleal cos autónmos e liberais, que son os que contribúen  para que eles cobren mensualmente.- A lei de incompatibilidade funciona á “maneira” deste país.

 Interesante que sexa unha persoa política a que tome esta decisión, porque trátase de botar pelotas fora. –A culpa téñena os outros!. Típico da “casta” expallada pola xeografía galaica.

 

                                                     Verín , 1 de outono do 2011.-

 

                                          Adolfo Rolán.-

 

 

Crise...

Miña cara señora María: tivo ben en chamarme para parlar un pouco con vostede, porque facía tempo que non a vía.

Coido que sempre está ben acompañada, pero as linguas das compañeiras son perigosas. Non se lles escapa nada. Están ao dia en todo o que acontece na vila. Séntense preocupadas polos aconteceres cotiáns e sobre todo no que toca ás necesidades das familias.

A veciña tivo un pensamento axeitado cando reflexionou sobre os comercios que sufragan, ao longo do tempo, os imcumprimentos de paga municipais. Debeu engadir que son os contribuíntes os que se fan cargo deses impagos e que axudan a manter esas actividades, simplemente indo a comprar mercadurías a cotío. Se os veciños non compraran, eses comercios pecharían, por iso os "paganos" de sempre manteñen ao comercio para que lle poda vender ao Concello e ao mesmo tempo manteñen ao comerciante. Boa reflexión, nestes tempos de presa!

Pero o que non dixo a veciña foi o referente á carnicería do barrio. Por certo, haberá que esperar a como suceden os feitos, porque non fai máis que desproticar contra o veciño do sexto, que pide cervexas e mándallas apuntar na conta da súa muller, que por certo paga tarde, mal e cando quere. Darase conta, señora María, que esta tenda está condicionada tamén, a que o resto dos veciños paguen ao día para manterse aberta.

Todo é un círculo vicioso, pero a vida debe continuar e por iso na xuntanza municipal dos políticos locais falaron de subir ou crear algún imposto. Ninguén falou de baixar prebendas. Ao parecer, o máis sinxelo e cargar, sempre, ao contribuínte. Como non protesta?

Os técnicos do concello levan anos dicindo o perigoso das contas públicas, pero ninguén toma nota e leva adiante medidas de aforro. Corren o perigo de que non teñan cartos para as nóminas, porque as outras administracións dan obras co setenta e cinco por cento, para que o concello só aporte o vinte e cinco por cento, pero ao parecer, nestes intres, nin eso se pode aportar.

Hai un tempo que tiñan un remanente que lle permitía certos atrevementos para facer obras, que eran os ingresos da auga, pero como agora está privatizada, iso non existe.

Hai que facer frente a un pagamento, que xa vai por terceira ou cuarta vez, que chega baixo burofax ás oficinas municipais. Este tipo de avisos son moi claros. A próxima vez hai que verse nos xulgados. Hai que esperar que o sangue non chegue ao río!

Por certo, falando de sangue, ao parecer os vertedoiros que provocan os residuos do matadoiro son problemas dos "outros", non de quen leva dende o ano 95 de mandatario municipal, cun impax de algo máis de dous anos e medio do señor Milín.

A culpa non a quere ninguén, e menos o que está, que leva un cuarto de século sentándose nunha cadeira municipal. E cando se tratou de crear un imposto, tivo a desfatachez de suxerirlle ao técnico municipal, que debería ser el quen de sinalar que imposto se subía.

Sempre botando pelotas fóra. Difícil que asuma a responsabilidade que lle deron os votantes.

Totali....

Miña cara señora María: hai que recorrer aos ditos populares para acertar na definición dos feitos cotiáns de certos “politiquiños” que merodean pola política verinesa.

O refrán di: ”O que as fai, págaas”. Isto debeu ser a paga que o Presidente da Deputación lle asinou ao “taifiñas” verinés, polo seu comportamento no último congreso provincial do PP ourensán.

Seguro que vostede, señora María, sería moito máis prudente e esperaría a ver os comportamentos do resto de compañeiros, para logo tomar unha decisión política. Nunca lanzaría aos medios de comunicación, que foi vostede quen recuperou o segundo deputado para constituír a formación da Deputación, cando ten nota da debacle dos socialistas na bisbarra e sobre todo en Laza, onde non teñen representación, e en Vilardebós que pasaron a oposición, despois de tantos anos gobernando.

Non pasara un mes do que fixera na composición da lista de Verín, como para decirlle ao aspirante a presidir a Deputación con quen tiña que contar e formar o seu equipo. A resposta estaba na reclamación: “eu a ti non che dixen a quen tiñas que levar, nin fixen o teu equipo”. Así funcionan os partidos políticos, pero unha cousa é formar un equipo para presentarse ás eleccións municipais, nas que deberían participar os afiliados, e outra  formar un equipo despois de ser elexidos para constituir o organismo provincial.

Este compormento totalitario exténdese por doquier, e así hai en distintos cruces e lugares da vila carteleiras con fotografías do mandamáis, copiando o máis puro estilo dos persoeiros que encheron a historia en países totalitarios, sufrindo os escarnizados comportamentos correspondentes.

A lei non debería permitir este tipo de propaganda encuberta. Tiña que marcar o tempo o mesmo que ocorre co tempo da campaña.

Con iso de “grazas pola vosa confianza” mantén a súa foto para que se saiba que dirixe os destinos do concello. Quere estar presente e quere que os veciños o teñan sempre na súa maxín, nin durmindo deben esquecerse do individuo. Deben soñar con el e así dirixir a vida de cada un dos concidadáns. Terán que vir as eternas anduriñas e nidar enriba para que os excrementos luxen toda a carteleira e fagan que desaparezan da vila.

O primeiro que lle saíu nos medios de comunicación foi o novo rexedor de Laza, dándolle a resposta á súa medida, que non contestou, porque sabe que non lle é coma o anterior alcalde. Parece que o refrán ten razón cando di: “A todo porco lle chega o seu sanmartiño”.

Ao parecer vendeu por todos os recunchos do concello que abandonaba e quedaba o segundo de alcalde. A mesma propaganda de todas as eleccións. Nunca se cumpriu esta promesa ou proposta, pero fai o seu efecto e a xente segue votando a piñón fixo. ¿Cando as promesas incumplidas toman corpo de lei e son punibles? Nunca abandonará esta “finquiña”, como lle chamaba. Coido que aínda segue calificándoa así, senón públicamente, si para os seus adentros.

Nembargantes atacan por todas as partes. Na encrucixada de rúas na rotonda da rúa Canella Cega está escrita, nas paredes dun peche dun solar, unha frase que di: “POLITICOS (flecha á esquerda) LADRONES EN TODAS (flecha á dereita) DIRECCIONES”. Cada quén que saque as súas conclusións e que mire ou observe na zona as direccións correpondentes que indican as flechas. Sutilmente o autor ou autores souberon buscar o lugar adecuado para que os lectores se orienten adecuadamente.

Nesa zona está INFISTELA, lugar residencial por excelencia na vila, polo que estén atentos porque dará lugar a grandes comentarios e aspaventos, que pode que traigan consecuencias.

Señora María, que teña unhas boas vacacións en compañía dos seus. Sei que está triste, pero a vida continúa e todos imos ter o mesmo fin.

Como gañar?

Miña cara señora María: se vostede tivera o poder nuns intres, seguro que non usaría todas as falcatruadas que se ven e se escoitan en cada recuncho do concello.

 Seguro que non chamaría a membros da etnia xitana para que fosen a retirar calquera aparello de electrodomésticos en calquera comercio que hai na vila, cun vale, no que rezaba unha cantidade de setecentos oitenta euros.

Isto sucedía ás once e media da mañá, do día 20 de maio, venres, nunha tenda da vila.

 E para máis inri esixen elexir, e moitas veces impoñen, que non queren o electrodómestico, senón unha televisión de plasma, como contou un industrial que se viu na tesitura.

 Isto é rirse dos contribuíntes, e cantos non chegan a esa televisión, nin a manexar tantos cartos como se permiten e mostran certas persoas desta etnia, aqui, nesta vila. Cos cartos de todos nós, cómpranse votos, señora María.

   Vostede non sabería facer isto, porque vostede, seguro que tampouco botaría máis de dúas lexislaturas servindo ó seu pobo, polo que non crearía ningunha tela de araña para perpetuarse no sillón da alcaldía, nin tería necesidade de recurrir a este tipo de irregularidades maquiavélicas.

  Pero hai máis. Noutra ocasión chegou unha camioneta a descargar uns sofás ao Campo Grande e os empregados da empresa empezaron a baixar e a desembalar a paquetería, polo que foron intervidos para que arrimasen os embalaxes nun rincón e mais nada. Obedeceron ordes. Contan que na seguinte feira estaban nun dos quioscos que se colocan na Alameda, para ser vendidos. Así se administran os cartos dos contribuíntes!

 A vostede nunca se lle ocurriría “amañar” ao Pastor que predica no culto, aló no Campo grande, para que dende o púlpito se dirixa aos “devotos”, predicando que  non se pode votar ao PSOE porque queren alongar a idade escolar dos “nosos fillos” ata os dezaoito anos. Que maneira de xogar coas baixas sensibilidades desta etnia, que permite casar aos catorce!

 E máis. Vostede non aproveitaría estas datas para facer todo tipo de prevendas e enganos, porque vostede, se tivera ansias de prolongar súa vida política, seguro que o faría cando xurden as necesidades, e non esperar a estes momentos, porque se descubriría. Vostede, como non ten necesidade disto, porque sabe o tempo que lle quere adicar á vida pública, non xoga coa xente, porque ante todo, son persoas. Porque vostede, ante todo, é unha persoa honrada e honesta. As súas tripas non tragan estes feitos.

 Tampouco vostede xogaría cos votos da Residencia de Anciáns dunha maneira tan chabacana, porque vostede é unha persoa elegante e sabe distinguir os tempos para visitar e facer calquera tipo de cubrición de necesidades e non esperar, sempre a estes momentos de eleccións, para facer a visita e rirlle a estas persoas, que necesitan calquera xesto menos o voto.

  Vostede non necesita crear algo fantasmal para picarse e enfrentarse á contenda, non ten necesidade dun aguillón, porque para vostede a votación é un acto democrático e enfréntase con toda a naturalidade porque vostede, sendo o concello tan cativo, visitaría case todos os dias do ano ao conveciños, e non cada catro anos. Por iso, ao estilo de D.Quixote, necesita crear muíños de vento contra os que loitar. Unha quimera, señora María.

 Primeiro inventaron unha lista de independentes e logo ían sacar doce ou trece concelleiros. O resultado só confirmou o que estivo sempre a punto de producirse, sacar dez. Por iso a euforia e a alegría foi a que foi e nada máis, porque non é o mesmo doce ou trece concelleiros, para Ourense e Santiago, que dez.

Reflexión

Miña cara señora María: despois da festa vén a resaca. Nestes intres o que toca é unha reflexión.

 Reflexionar non está ao alcance de todos. Para reflexionar hai que ter base científica e cultural, e isto só se colle nos libros, non nos catálogos das plumas estilográficas, nin nos dos móbiles, nin nos dos lentes ou lentillas, nin nos das carteiras, etc... Por iso resulta difícil escoitar verbas que se axeiten a unha análise dos resultados sen buscarlle a parte negativa, senón só a positiva. Todos gañan!, é o resultado de cadaquen que se pronuncia públicamente.

 Vistos os resultados, chégase á conclusión ou á interpretación de que hai partidos gañadores e perdedores, pero hai resultados que tamén demostran a negatividade e rechazo de certos individuos, nas listas electorais, a pesar do poder que rexentan.

 Dos dous mil votos que conseguiran os grupos minoritarios nas anteriores eleccións, só cincocentos coarenta e seis recaeron no Partido Popular, uns trescentos no BNG e o Partido Socialista perdeu cento seis, co efecto negativo do goberno.

 O que si chama moito a atención son os douscentos votos en branco, que si son froito dun voto de castigo a quen gobern,a e os cento sesenta e seis nulos, onde ao parecer, se escribiu de todo, menos guapo, os apelativos e insultos eran a doquier nas papeletas.

 Estes cento sesenta e seis, sumados aos do Partido Popular, facían que conseguira o concelleiro número once, restándolle o cuarto aos socialistas. O BNG, con douscentos oitenta e cinco votos, púñase con catro e isto si que representaba un éxito para os nacionalistas, que recibían votos dos descontentos das dereitas.

 O Partido Popular perde nestas eleccións, os votos que recibiu o BNG, os votos que foron á abstención, os votos en branco e parte dos nulos, polo que non da chegado, lexislatura tras lexislatura, a ese número de concelleiros, que representan a maioría natural do concello, quedando sempre ás portas, por non cambiar o candidato.

Tanto anunciar que ían sacar doce ou trece concelleiros, e resulta que os votos brancos son os que impiden que sumen once, demostra isto que o problema está no candidato e non na candidatura.

 Insistindo no mesmo tema trata de apuntarse a ganancia do segundo deputado provincial, porque a lectura que fai das eleccións cae pola súa propia base, polo que  hai que recurrir ao deputado provincial, porque como aquelo non pegou, a ver se con isto gaña algo para logo ilo vender a Santiago.

 Pouco tempo transcurriu para que o señor alcalde de Laza lle contestara correctamente e facendo unha lectura obxectiva dos resultados. Non hai máis leña ca que arde e aí é onde hai que facer a análise destas eleccións.

Lista-candidatura

Miña cara señora María: recordando a Esopo, coa súa fábula do "Parto dos Montes" e seguindo con Horacio, na epístola aos Pisons (Ars Poética), os montes tamaganos ruxiron moi forte, pero só pariron unha lista de serviles. Pasou como na fábula, un rídiculo rato foi o que saiu daquelas entrañas.

Representan ás familias que, fai un ano, acudían a refrendalo, na sede local, para enfrentarse ao fillo de seu "pai político". Non se pode buscar unha voz que distorsione. Máis aínda, non verán un papel, porque non se enterarán de nada. E non lles importa, porque para iso foron elexidos, polo que o seu empeño por destacar ou querer facer algo polo seu pobo, verano diluído en verbas vacías de contido, pero intencionadas, para telos contentos. Iso faino moi ben.

O anuncio dos partos por parte do taifiñas, é o del. Non lle importa lanzar calquera promesa, aínda que sabe de certo que non se vai facer, pero lánzaa aos medios para que resone por todos os recunchos do concello. Sacarálle deseños e publicaráa na campaña, aínda que lle recorden que do panfleto da anterior lexislatura, nada de nada. Oídos xordos e non se avergoña, e segue de porta en porta. Cara para todo!

Na mesma zona que en anteriores campañas presentou a ubicación do auditorio, agora coloca "La Ciudad de las  Artes". Un conxunto de edificacións ailladas para que haxa máis porteiros, máis conserxes pero, sobre todo, destaca o sentido do aforro en época de crise.

 A publicidade destas obras sempre leva unha coletilla: "se os veciños ceden os terreos".

 Respecto destas propiedades hai un posible problema, porque están nunha área de reparto do futuro PXOM, polo que de momento hai que aprobalo e despois, que os convenios se poidan executar. Neste caso, o convenio non está firmado por todos os propietarios, porque nunha das fincas falta a firma da parte que ten a metade.

 Será por anuncios, por promesas, por obras megalómanas, que aínda ningunha delas se ve por ningures.

 A BMW, a Cidade do Motor, o auditorio, o hotel-spá-escola, a Cidade do Transporte, o xeriátrico, o parque empresarial, etc. Promesas que recordo sen coller os libriños publicitarios das campañas onde aparecen con bocetos para impresionar aos votantes, pero que, ano tras ano, seguen sen executarse.

 Destas promesas pódese afirmar que quen fallou foi a xestión municipal, porque testemuñas hai de abondo nas hemerotecas, que recollen as verbas dos políticos que comprometeron a financiación correspondente, na súa visita á vila. Só un detalle, sen PXOM, non hai obras. O PXOM depende do concello.

 As inversións da Fundación San Rosendo con respecto ao termalismo e un xeriátrico quedaron no limbo, porque o compromiso municipal foi sen respaldo, polo que pouco se podía facer, cando todo se concentra nunha soa persoa. Gastáronse, perto de trinta millóns das antigas pesetas, en perforar o val, por parte da empresa e pode que a Xunta, pero nos xornais saían novas falando do tema.

 O famoso xeriátrico que se ubicaba na Paragalda (A Rasela) e no que a empresa concesionaria entrego dous millóns das antigas pesetas aos propietarios, pola adquisición dos terreos, tamén quedou no esquecemento e iso que se mandaba aos veciños a apuntarse para un futuro posto de traballo. Outro engano máis!

Partos e máis partos, señora María, pero só "ridículos ratos", como gastar en obras xa feitas, como sucedeu co Plan "E". O tema da auga, cando o río Támega ven cheo de residuos está sen solucionar, porque a captación é directa do río, por iso chega ás viviendas nese estado. Chégase tarde á procura de futuras empresas, porque non hai solo industrial, polo que os rapaces e non tan rapaces, volven ter que emigrar.

 Señora María, debe dar outras oportunidades, porque non pode ser sempre de piñón fixo, porque así lle vai á vila. Pechan negocios e a xuventude vaise. Só se ven persoas de idade e, ás veces, nin iso, porque non hai cadeiras para eles, e así vostede leva moitos días sen baixar á rúa. Faga un esforzo e cambie o voto, porque nun concello débese votar á persoa e, sobre todo, porque non debe estar sempre o mesmo, e vostede sabe moi ben que os anos corrompen. Oito anos e cambiar o voto!

Precampaña

 

Miña cara señora María: as cousas seguen por bo camiño. A liña marcada segue seu curso e polo de agora non hai síntomas de que a torzan.

O refrán estase a cumprir: "madruga que deus te axuda". Ou, "o que primeiro dá, dúas veces dá". O colocar nos recunchos estratéxicos da vila que só se deben presentar tres partidos foi unha boa idea, porque concentra os votos e isto pode provocar unha perda do Partido Popular.

Daquela, Blanco Casal, de vez en cando, recordaba, nalgún pleno, que a oposición representaba máis veciños que o Partido Popular, porque a suma dos votos dos dous partidos era maior, polo que a estratexia de que só haxa tres partido na concurrencia electoral dá para todos.

Chama moito a atención de que nos xornais salgan noticias contaminadas apuntando ao señor presidente da Deputación como causante dunha lista de independentes na vila, cando iso é contraproducente no cálculo matemáticos dos votos populares.

Todas estas novas teñen un fin concreto, que é provocar o efecto contrario. Que se presenten máis listas, porque sae favorecido o partido máis votado e neste caso concreto é o Partido Popular. Chegou tarde esta estratexia e sobre todo falta quen se encargaba de que isto sucedera en pasadas contendas electorais.

Mais ainda, isto é unha proba para comprobar se se recuperan eses mil votos que se perden en todas as eleccións municipai con respecto das autonómicas e as xerais. E iso que os ventos están todos do seu lado!.

O que si está claro é que o señor Presidente da Deputación quere que se concentren os votos no Partido Popular para recuperar o segundo deputado provincial, polo que non podía xogar con outra lista, porque ocasión tena, simplemente facendo un nomeamento, como ocorreu na Mezquita.

Tamén todo isto pode ter outras lecturas, como pode ser que se non se recuperan parte deses mil votos que den o segundo deputado, pode indicarlle ao señor Feixóo, que o seu candidato non estivo á altura das circunstancias, polo que xa é hora de mandalo ao ostracismo político. Que limpe ao partido deste tipo de personaxes, que só están para aproveitarse das siglas. Este si que é un problema para o Partido Popular aqui na vila.

O que si hai que dicir é que co enfrentamento co señor Baltar quen perdeu foi Verín, porque acordaránse das promesas da Cidade do Motor, da BMW, do circuito de automoción, etc... sempre aparecía esta bisbarra como posible ubicación, pero nesta última oferta dos coches eléctricos da empresa inglesa, xa non hai ninguén que se acorde de Verín, cando todo o mundo sabe, e sabía, que calquera proposta feita desde Verín, o señor Baltar era o primeiro en defendela con unllas e dentes.

Os verineses deben coidar moito este comportamento do "traidor" verinés para co seu "pai político", observando tan negativos feitos, polo que debe preguntarse se é un bo candidato, nestas circunstancias, para defender os intereses da bisbarra.

Cando o que menos interesa é o ben social e común, non hai pensamento que libere a este pobo de personaxes que só lles interesa o "sillón" para crecer persoalmente, polo que é difícil que xurda unha nova vía liberadora dentro do Partido Popular, que faga que non haxa persoeiros desta estirpe baixo as súas siglas.

Señora María, debe ir a Infistela para mirar ben e ver mellor. Así aumenta a vila...

 

 

Monterrei morre

 

Miña cara señora María: o Fran quere saber, pero a idade é todo nunha vida.

Cada tortazo que se recibe é un descubrimento novo. A experiencia é a mellor escola, polo tanto irá aprendendo, pouco a pouco, como nos pasou a todos.

De momento, que saiba que o "visitador" deu sinais de vida. Ten un teléfono novo e puxo prezo ás fotografías. O vídeo mantén o inicial.

Debe saber que o Castelo de Monterrei está no olvido das institucións. O que tiña que ser o centro dinámico da bisbarra está no baúl dos esquecementos.

El, que gosta de viaxar, debe ter no seu maxín algunha cidade europea, que sirva de modelo, para copiar e realizar nesta acrópole, algo parecido. O mesmo que está a suceder neses castelos podía facerse aquí, convertendo este patrimonio en cultura xeradora de riqueza.

Monterrei morre. É unha vergonza levar aos amigos ou familiares emigrados a ver tal penuria. Debe ser o experimento dalgún espabilado, que proxecta nel o que desexa facer noutras construccións, para ver como responden os materiais ou levar adiante ideas peregrinas no deseño sobre edificacións catalogadas polas autoridades competentes. Debería saber, ou hai que recordarlle, que todo iso págano os contribuíntes e non están os tempos para tanto despilfarro.

Do paseo das Damas só recordar a orde de talar os olmos, cando apareceu, daquela, a famosa peste dos negrillos. Fincáronlle a motoserra. Non souberon esperar a plantar, entre eles, outras árbores, ata que creceran ao mesmo que podaban as polas afectadas, intentando recuperalos, pouco a pouco, como pasou cos das Estivadas, aínda que logo morresen definitivamente, pero xa estaban os outros crecidos. Uns eran de Fomento, estes non tiñan propietario.

Así podíase manter algo de sombra para guarecer aos paseantes e amantes da acrópole, posto que a imaxe que se recibía era desoladora ante tanta saña inxectada naquelas árbores infectadas ao velos tumbados sobre os paralelepípedos. Tristeza e impotencia era o que se percibía.

Nunha xuntanza de técnicos da Xunta, sobre a mesma calzada, acordaron repor no Paseo, rubinias e pradairos.

As árbores foron plantadas polos alumnos do colexio dos Padres Mercedarios de Verín. Hai que decir, que estes alumnos non tiñan máis que doce e trece anos, polo que quen tivo que botar man do pico e da pala foi o seu mestre. Todo resultou ben e as ábores foron crecendo, pero ningunha man tratou de podalos e ilos facendo ao xeito do paseo, dende o ámbito institucional, pero ainda así quedaban xeitosos.

Estas árbores, as rubinias, tamén sufriron os efectos destrozadores da motoserra, despois de trece anos. Ninguén se fai cargo desta tala. Só hai individuos insensibles coa acrópole. Cando a deixarán tranquila?. Tanta falta de sensibilidade coas árbores e coas persoas que as plantaron!. Ninguén responde. Cada personaxe que exerce mando, por aló, fai e desfai según o seu antollo. Así nos luce o pelo, cando o abandono da riqueza endóxena da bisbarra sufre estes efectos devastadores de persoas con miras tan peregrinas, é normal que non salgamos deste atraso e atranco que nós mesmos nos impomos.

Querido Fran, lévaos contigo e móstralles o que hai por aí, porque é imposible que sexan tan pitoños, tan curtos de maxín ou, van aos cartos?.

O que si che digo é que hai unha carteleira, na que rezan trescentos otenta mil euros de obra, que consiste en adecentar a calzada que sube ao castelo dende San Lázaro. O que máis chama a atención de toda ela, son os peches dos propietarios das fincas colindantes, é dicir, con cartos públicos facer obras privadas, co risco ainda de denuncia por parte dos propietarios, por tocar na súa finca.

Esperta e non te deixes camelar!. Agora chega maio!.

Comadres

 

Miña cara señora María: o carnaval ou entroido, como gostan os de Laza en chamarlle, está contaminado de tres ingredientes. A masificación, celebración dunha festa patronal calquera e sobre todo do botellón.

A globalización á festa faille perder tradición, enxebrismo, carácter indíxena, convertíndoo nunha celebración calquera, onde impere calquera elemento que rompa co costume. A publicidade fixo que todo se escape do control dos organizadores, por iso desespéranse cando intentan seguir unha planificación.

O Xoves de Comadres ten moito que ver con este tipo de carnaval que se está impodo ano tras ano. Esta noite, en que a vila se enche de mulleres, atrae multitude de persoeiros, por se algo cae. Así temos o "taifiñas" verinés invitando a toda a plana maior da xunta, porque hai que aproveitar o voto dos concurrentes.

A plataforma é idónea, pero prestarse a este xogo é un pouco peregrino para quen ostenta a máxima representación do pobo galego. Hai que aproveitar os momentos adecuados, pero o carnaval, como plataforma de busca de votos, ronda o esperpento por parte de quen pensa deste xeito.

Do "taifiñas" non se pode esperar outra cousa, porque hai uns días pisou as clases dos colexios da vila, aproveitando a visita institucional, ainda que malévola, do conselleiro de educación.

Estamos en ano de eleccións polo que hai que deixarse ver. Despois de tantos anos na poltrona espera unha visita institucional para entrar nas clases. Nin que non tivera outras ocasións!. O normal é que a máxima autoridade dun concello faga a vista, tamén institucional, durante calquera curso, acompañado de todas as forzas políticas, representadas no concello. Non, hai que esperar que veña unha alta instancia, porque así ten máis categoría. Con esta mentalidade estamos onde estamos.

É unha festa máis porque acude a xente vestida de etiqueta. Perdéronse as chirnas, a cinsa e, sobre todo, as mascariñas.

Orquestas hai dabondo, colocadas na praza, discriminan ao resto da vila, cando todos os veciños contibúen cos seus cartos. Nunca se porán de acordo para aproveitar ao máximo estas actuacións, porque arrancan, case sempre, preto da hora de cear. Máis tarde, cóntase as persoas que se arriman á praza.

O desfile vai caendo, pero é normal, porque lle ocorre como a todas as cousas: "nacen, crecen e morren". Terá que vir outra xeración para tomar as rendas, e darlle outro pulo.

O que si triunfa é o luns. As viandas gratis atraen a calquera. Comentan que hai persoas que controlan estas festas, para encherse a comer, polos distintos pobos que celebran o carnaval. Así nunca faltarán desfameados, que comerán ainda que rematen de facelo na súa casa.

Hai individuos que aproveitan estas celebracións para olvidar, aínda que non se sabe de que, porque agárranse a unha botella de cervexa e non se descolgan dela en todos os días de festa. Quenes fixeron o agosto foron as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado co montón de multas. Tiveron á vila acordoada. Non había saída que non controlaran. Que afán de recaudar!.

En calquera dos lugares do triángulo tamagano carnavalesco os cascos das botellas enchían todas as rúas. Eran un perigo para calquera viandante e sobre todo para quenes participaban nos cortexos entrodeiros de cada lugar. Pisábanse botellíns por doquier!.

A pesar dos pesares o entroido está arraigado e non perderá esencia, porque sempre se encontrarán persoas que pegan dos elementos máis arcaicos que o farán diferente. Serán poucos, pero suficientes, para manter no tempo algo que recollerán dunha conversa con seus avós ou familiares, que participaran ou contaran como o facían este ou aquel personaxe da historia carnavalesca.

O que si se debe é apartar da política e sobre todo a aqueles que o ven como unha plataforma para buscar votos.

Gostaríame que o Fausto percorrera as rúas de Tintores, como daquela, botando borralla con formigas aos veciños, que se lle cruzaban ou miraban, dende os corredores. E sobre todo,cando o luns de entroido, percorría as leiras e bacelos, retirándolle a ferramenta ou aparello, imprescindible para o traballo, obrigando ao veciño a abandonar o labor.

 

Vídeo

Miña cara señora María: hai un ano que o visitador deixou de vir á vila. Razóns fortes penduraron longos meses para tomar a decisión que, perante o verán, fixeron que me tiveran pendente da persoa que conseguiu o meu móbil, porque necesitaba colocar a mercadoría, que naqueles intres pesáballe moito.

A doencia debía ser moi forte, mellor dito, a falcatruada que sufría non era capaz de apartala do seu maxín, polo que buscaba venganza por doquier.

O produto que tiña, según contaba e describía, era excepcional, para apartar a calquera politiquillo do seu posto. O momento non era moi bo pero, nestes intres, esa mecadoría vale todo o que pesa e moito máis.

Os contactos do negocio foron dous. O visitador estaba seguro do que quería e do que valía o producto que ofrecía. Pero non había maneira de que deixara un ápice para forzar a decisión de entrega e visionalo. Difícil o asunto cando un quere vender, pero o comprador non toca a mercadoría.

O prezo eran trinta mil euros. A mercadoría un vídeo e unhas fotos. Os personaxes: un moi coñecido por todos vostedes e o vendedor, simple e llanamente un individuo, que o seu xefe lle encarga que ofreza o producto a calquera partido político ou persoa que necesite desta información para demostrar o que se tran certos políticos locais e non locais a nivel de Galicia.

No vídeo, según o vendedor, estaba gravado un intercambio, onde se vían contar billetes de cincocentos euros, nun hotel de Santiago e tamén no parquin, entre varias persoas, algunhas moi coñecidas públicamente.

Puxen prezo a unha das fotos. Nela estaba o vendedor, sentado ao volante do seu coche e en actitude de conversa. Todo traxeado, o politiquiño implicado. Mandei mil euros por aquela foto e permitíalle que a súa cara se recortara, porque bastaba como testemuña a cor do.

As conversas foron tensas e por dúas veces o "visitador" levantouse, facendo ademán de abandoar.

Respondía ó nome de Raúl, debía ser o alcume de guerra, xa que a súa conexión era a través de dous números de teléfono. O curioso do tema era a maneira de presentarse: "soy Raúl, vengo de Canarias o de la Isla Margarita..., donde nos vemos..." . Sinalaba un lugar e chegaba antes... Todo era moi fácil e todo era moi siniestro...

Describía con moito detalle as súas vistas á vila. Varias veces deixoume anonadado pola cercanía do detalle, tanto na maneira de chegar e recoller, como na súa entrada e saída do lugar. Colocación dos mobles e xeitos das persoas coas que tiña que pasar para chegar describíaas como se estivera no acto.

O comportamento era apurado, polo que se facía difícil chegar a un acordo, sobre todo respecto do vídeo, porque non deixaba o CD. Pero as fotos... ai!, aquela foto.

O velero que tamén se prestaba para os "trapicheos", según o visitador, tiña tres mástiles e aparecía na foto todo lustroso.

Todo parecía unha película, que facía eu en todo iso?. Querían que soubera máis vida do politiquiño ou que me prestara para ter noticias de min e así que volvera ao redil. De todo un pouco, pero esas andanzas sospeitábaas, o que fixeron foi confirmarmas. Aínda manteño os dous números telefónicos e algunhas das mensaxes.

O que quedou claro era que recollía cartos. Logo deixou de recollelos, entón tiñan un material compremetedor, que había que colocar, para que chegara aos políticos e aos medios de comunicación, se non se recuperaba a situación primitiva.

Polo de agora o asunto está dormido, polo que se intúe que a situación está como fai un ano. Responde ao requerimento e todo segue seu curso. Haberá que esperar tempos propicios.

Toda esta historia englóbase en colocar cartos en paraísos fiscais, por unha parte, pero tamén pode responder a droga ou a trata de brancas.

Hai un refrán que di: "cando as barbas do teu veciño vexas pelar, pon as túas a remollar".

O Serodio

Miña cara señora María: o Serodio emigrou dende a aldea a Suiza. O Escaiolas fíxoo dende a aldea á vila.

O Serodio marchou novo. Aló casou cunha case veciña e gañaron moitos cartos,  que foron invirtindo na vila. Compraron un solar e construíron un edificio de baixo e dúas plantas. É normal, coma galego, sempre pensando que os descendentes vivirían preto deles, pero... o posto de traballo?

 De momento, todo o edificio está a seu servizo, porque xubilou e veu sen os fillos.

 Como emigrante exerceu postos de responsabilidade, na política, dentro do Partido Popular. Pódese afirmar que era a persoa que case sempre acompañaba aos dirixentes galegos que ían visitar ou en busca do voto en época de eleccións. Dentro do partido está ben considerado, xa que os postos que exerceu e aínda exerce son meritorios. Tesoreiro, vicepresidente, presidente en funcións, etc...

 Cada verán, nas súas ferias, visitaba a casa consistorial, porque o grupo de  goberno tiña as mesmas cores, polo que matiña algunha conversa con algún concelleiro.

  Mantiven longas charlas porque o coñecía antes da emigración e case me toca na familia.

 Nunca pediu ningún favor a pesar de sufrir unhas contribucións especiais para construír as beirarrúas ao longo do seu edificio. Facía comentarios pero aceptou o sinalado polo concello.

 No PXOM do 98, súa propiedade quedou integrada nunha área de reparto pero nunca comentou nada e tampouco fixo reclamación algunha, aínda que a dona que lle vendeu non perdía un momento en visitar o concello, cada vez que se encontraba na vila. Algo de razón tiña porque o resto da propiedade daba directamente a unha rúa con beirarrúas e servizos adecuados.

 Non PXOM que se está a realizar aquela área de reparto do 98 está dividida en dúas.

 Por esta causa o Serodio visitou ao “taifiñas”, no despacho bunquerizado da casa consistorial. Presentouse simple e llanamente como un veciño retornado da emigración. Coa retranca típica do galego deixou caer se non o coñecía e se recordaba a súa presenza un día coa “ben pagá”, nuns saúdos de acto político... non recordaba... A conversa seguía seu curso e vendo que non había de conseguir nada diullo unha reviravolta para atallar e dar co remate do asunto.

 Despois de por de manifesto, con verbas altisonantes, de que nunca se lle ocorrera por os pés na súa propiedade, nin el, nin o outro propietario... sacou do bolsillo unha carta e diulla para que a lese. A misiva recibíraa, estando en Suiza, do señor Feixoo, agradecéndolle os seus servizos, cando fora en busca dos votos, para a presidencia da Xunta de Galicia.

 Aquilo foi coma un aguillón. Chamou a secretaria e mandoulle sacar fotocopias ao escrito do Serodio, anotando nun dos folios a recomendación do señor Feixoo. Quen sería ese tal Serodio, cando o señor Feixoo o trataba de querido presidente?

  Hai que decir que o Serodio manifestoulle que nunca reclamara, urbanisticamente, nada, porque aquela primeira área de reparto considerouna, máis ou menos, equilibrada, pero agora púxoo baixo as condicións dun só propietario, co cincoenta e un por cento. E isto se que é unha canallada.

 O escaiolas tivo unha reunión co equipo redactor do PXOM. Levou con el aos seus técnicos, pero alecionounos para que só escoitaran. Na segunda reunión expuxeron o seu plantexamento, manifestando que aceptaran a súa proposta ou o PXOM iría, coma da outra vez, ao limbo dos xustos. A isto chámaselle negociar. Coñece ao personaxe e sabe como atacalo.

 O Serodio ten de apoio a carta do señor Feixoo. O escaiolas ten a manobra-chantaxe e ten os cartos. Polo de pronto a área está en contra do Serodio.

 Mentras tanto o “taifiñas” que fai?

 Así é como se redacta o PXOM da vila. O resto de propietarios e veciños están totalmente ninguneados.

 A culpa é de vostede, señora María, que chega maio e seguirá votando de piñón fixo.

C. de Biomasa

Miña cara señora María: vostede debeu estar moi imbuída en preparar a cea do Nadal, porque non escoitou as novas na radio, nin leu os xornais que se fixeron eco da “bomba” que vai sufrir e soportar o val do Támega.

 Alguén apuntou a que fora unha “pulla” do vinte e oito, pero a información correspondía ao día vintecatro.

 Se vostede entra en internet e abre calquera das páxinas que fale dos inconvenientes e ventaxas que acarrea a noticia encontrarase co seguinte: “Unha central de biomasa deteriora a paisaxe, produce contaminación térmica e sobre todo posibilita a contaminación das augas”. Que nos espera! Pobre río Támega, sempre na mesma zona!

 Recordará, señora María, cando se instalou a cerámica de Queizás, que as hortas e casas colindantes sufrían as consecuencias daquela cheminea, polo que tiveron que darlle máis altura, pero o fume seguiu facendo das súas.

 Recordará que a primeira manifestación ourensana foi producto dunha posible instalación da Tafisa, que provocou que os abrigos de visón encaberan a marcha polas rúas de Ourense, como protesta pola posible ruina que acarreaba.

 Aquí, aínda non houbo manifesto de ningún partido político, nin asociación, nin veciños, nin sectores perxudicados, como pode ser o relacionado co viño.

 Hai un exemplo de central de biomasa, como é a de Allariz, onde se poden corroborar os beneficios que aporta aos veciños. Polo de pronto o que si se ve é que os de Allariz están a construir outro polígono, terras máis arriba, porque seguro que as industrias non soportan o fume diario. Beneficios para o cidadán? Ningún, porque seguen pagando o recibo da luz igual que os demais.

 O goberno central prohibindo fumar e o goberno local querendo montar un “puro” permanente de fume para arruinar o val de Monterrei. Así nos vai! E véndese como se fora a panacea de postos de traballo. Que pregunten en Allariz! Merecerá a pena, compensará? Coido que o val non se merece este trato.

 Este tipo de centrais e deste tamaño son só para recibir subvención. Non responden a outra cuestión, porque a súa produción é mínima, polo tanto non se debe arruinar un val con este enxendro que marcará o futuro do val do Támega.

 Esta futura planta de biomasa do futuro Parque Empresarial de Tamagos está condicionada por dúas medidas que deberá respetar. A primeira é que o val do río Támega está dentro da Rede Natura 2000, polo tanto as Institucións correspondentes algo terán que dicir. A segunda é que a cunca do río é pobre en auga, polo tanto a Confederación do río Douro terá que dar a última palabra para por en marcha tal industria. Haberá problemas de abastecemento de auga para Verín e os pobos no futuro?

 Non hai que ser moi ilustrado para ver como está configurada a orografía do val, para constatar que as montañas que o circundan son baixas, polo que reciben poucas neves e poucas choivas, polo que a recuperación da súa capa freática é moi lenta. Hai que engadir que un estudo feito por unha empresa madrileña de captación de augas, cando foi aquilo de construir un balneario, demostroulle ao empresario o que estou dicindo, porque o balneario, aínda non foi construido e aínda máis, na veiga de Cabreiroá a fonte construiu un muro pantalla para acumular as augas que baixan do Pozo do Demo. Isto pódese ver. Non estou a falar de invencións, son realidades.

 Que se pode dicir sobre a incidencia no viño desta bisbarra, que está a ser o despunte agrario, fixando poboación nos pobos, porque da para vivir, cando as outras zonas empecen, co boca a boca, campañas de desprestixio por esta ubicación, desta planta de biomasa, entón turraránse dos pelos e recordarán que non fixeron nada para que non se ubique neste val.

 Señora María: “a can fraco todo son pulgas.”