Blogia

Crónicas Tamaganas

IIII Carrada

Miña cara señora María: O que lle son as cousas. Eran as nove da mañá e o Mirito e o Alfonso turraban do carro coma se fosen dúas vacas xungidas.

 Acordeime do Isaac, cando se tivera que desfacer dunhas das dúas vacas, para facer fronte a unha deuda e logo botou man dunha novela, que estaba sen amansar e aínda non tiña a medra axeitada para compaxinala con súa nai. O Isaac desxunguiu a xata  e “xunguiuse el. Eran outros tempos, pero a veces rememóranse desta forma.

Seu sobriño, fillo do Alfonso, ía acompañándoos. O rapá, que vive en Lisboa, desexa coñecer os costumes da bisbarra tamagana, por iso apúntase a toda manifestación cultural, que xorde por estas terras, sobre todo, nas  que promociona seu tío. Agarrado ao carro tamén axudaba a que camiñara cara a punta da beirarrúa, fronte a bar que leva o nome de “Canteira”.

 O curioso non foi que colocaran o carro no lugar estratéxico. O curioso é que ese día estaban de “Boda”. Casaba o José Luis e había que estar preparados para o evento, porque era o último que quedaba para cambiar de estado civil, na familia da Morena, que en paz estée.

 Foille un día moi atareado, por iso madrugaron para deixar todo listo. Querían regresar pronto e presidir a marcha da “carrada”, polas rúas da vila. A carrada é deles, polo que ninguén debe tratar de capitaneala, e aproveitarse de algo que xorde espontáneamente da cultura do pobo.

 O Mirito estaba contento, porque seu enxendro ten continuidade, xa que os veciños foron quen de preparar todo para tal evento.

- Non quere que se faga coa carrada o Concello, porque no momento, que a institución queira mangunealo pasaralle, como todo o que se fai, na vila, que non perdurará no tempo.

 Estaba animado, porque a pesar dos atrancos do día, coa boda do irmán e a visita do Papa a Santiago, a marcha presentouse atiborrada de amantes de Baco, para encher os bandullos, de viño e marrao.,

Aínda que hai que pensa, que isto é unha montaxe, para seu negocio non se desanima e cada ano intenta programar novas actuacións, para que a carrada non decaiga.

Pouca axuda económica recibe dos compatriotas do negocio, pero el é de peñon fixo e a pesar da cerimonia presidiu a marcha polas rúas da vila. Ía alegre, notábaselle nas meixelas, porque relucían, aínda que o viño non chegara a seu fin.

 Debe ter coidado, para outra vez, e correxir antes de vender a xarriña, a pañoeleta coa cinta, e o sobre, das verbas escritas no decorado da xarra.

 Un urra para o Mirito e os seus compinches, que grazas a esta carrada, congrega aos veciños, dando vida a esta vila, que tanto necesita os fins de semana.

A Veiga

Miña cara señora María: -Inaudito, berraba o Lois. Seus ollos non daban a mirar o que estaban a ver. A veiga de Tintores convertida en zona de ocio de toda a bisbarra.

 Como cambiaron as cousas. Na veiga, daquela, tomaron o acordo, nun concello, no que prohibían o pastoreo das ovellas, porque  todo o pasto era pouco para as vacas. Chegaran as mans entre certos veciños, porque consideraron que aqueles animaliños eran os que deixaban barrida toda a veiga e o resto do gando non tiñan onde pastorear, namentras crecía a herba nos prados.

 Se levantan a cabeza e ven no que o Concello está a convertir seu pastizal, seguro que volven a tumbarse, porque o que tanto defenderon, pasa a ser servizo da comunidade, perdendo dereitos sobre a súa propiedade comunal.

 Razón tiña o Lois, cando dicía, -a que ven isto de andar a facer peches e  encher as Tapadas de elementos distorsionantes coa natureza, cando non se sabe, o que pode suceder con estos tempos de crises?.

É curioso ver como se plantexan os temas dende a casa consistorial.

 Facía poucos días que tivera que escapar do pobo de Ábedes, como consecuencia do trazado dunha circunvalación, que divide á parroquia, e quixo explicarlles aos veciños as melloras que aquilo lle aportaba mostrando un papel, con liñas, para decirlles que a información que tiñan era errónea, polo que debían tratar de escoitar o que ía  dicir e mostrar.- Podo asegurar que o “Sultanito” non lle conta unha verdade, nin a súa propia sombra.

O papel, seguro, que non concordaba, co que viran os veciños, cando lle mostraron, no Concello, o do PXOM.

 Aos poucos días os veciños de Tintores foron convocados a unha xuntanza na casa do pobo. O tema era facer un arranxo da zona de lecer da veiga.

 Como aínda non lle pasara o susto de Ábedes, tamén colle un papel e móstrao para que os “catro” veciños viran o debuxo e non se opuxeran á obra. Explicación, según testemuñas, ningunha. Deuse por feito, coma sempre, porque é a meneira de facer o que  quere, aínda que non lle guste a ninguén, nin beneficie ao pobo. O importante é facer sen ton, nin son.

 A veiga é zona baixo a Axenda 2000, polo que debe rexirse por esa directiva. Debe, tamén, ter o visto bo da Confederación do Douro e sobre todo o que se está a facer non concorda co seu entorno, nin respeta o medio ambiente, polo que debe o organismo correspondente tomar cartas no asunto e devolver ao estado natural aquela zona que se está a degradar desta forma irresponsable. Que mellor obra ca natureza!. Parece que non!.

 As luminarias son propias dun entorno de praza a recuperar na zona antiga de calquera vila ou cidade, pero non dun capricho natural como é a veiga.

 Seguro que os rapaces do pobo con tanta luz practicarán o que, daquela, dicían, no pobo, señora María, que consistía en ir a “capar” grilos.

 Por certo, tamén prepararon un lugar con cemento e aparellos para facer ximnasia. Hai que copiar dos xaponeses, antes de ir a traballar hai que facer deporte. Isto chámase coidar....

– A poucos metro do lugar hai un ximnasio privado, polo que isto é unha competencia desleal, dende o concello.

Contos da vila

Miña cara señora María: débelle costar moito baixar á rua, porque a súa filla deixou fillo e marido, aló en Madrid, para vir onda vostede. Está ben que queira disfrutar destes anos, porque está visto que a sociedade, pouco fai ou nada polos nosas persoas entradas en anos. Que nos espera!

 Cada vez que visita esta vila sempre encontra as mesmas dificultades para coas persoas maiores. Unha muller de mundo como é ela bota en falta un sin fin de temas relacionados con esta xente.

 Non lle chama moito a atención, porque coida que a culpa téñena os veciños que sempre votan ao mesmo partido e a mesma persoa. É unha sociedade inmovilista. Cansa de andar de emigración en emigración, polo que desexa ter unha tranquilidade antes de cambiar  para outra vida. Como di, non se dan de conta que están  a hipotecar a vida de seus fillos e netos, simple e llanamente por non cambiar o voto. Cando no cambio está a perfección, a mellora, o reparto de oportunidades e sobre todo que a corrupción non campee tanto. Porque só hai que levantar a vista mirar e ver.

 Xa sei que agora non vai por Infistela, polo que non está ao día dos aconteceres daquela zona urbana. Debe ver o PXOM e analisar ben todo o que está debuxado naqueles planos e ver a quen arruinan e a quen enriquecen.

 Unha noite, sentado na mesa para cear, soa o móvil. Extrañoume ter unha chamada, naquela hora e sobre todo daquela persoa, polo que me interesei  e collino inmediatemente, para dar sensación de atendela rapidamente. Escoitei.

- Chamáronme do Concello dicíndome que me queren comprar a finca da zona de Fontenova. Queren saber o precio. Podías facerme o favor de tasala.

- Púxenme á faena. Preguntei aquí e acolá e cheguei a unha conclusión bastante acertada. Visiteina, porque traballa perto de min e díxenlle: túa finca vale cincocentos millóns da antigas pesetas. - Sabes, que en vida de meu marido, mandáronlle dous centos cincoenta. – Pois xa sabes o que debes pedir.

 A cousa quedou así, señora María,  a persoa xa tiña unha referencia, para darlle o precio a quen llo solicitara.

 Pasou algún tempo e apróbase, nun Pleno do Concello, un planeamento da vila, onde a finca aparece nunha área de reparto.

Conclusión, a finca que está ben situada, a trinta ou coarenta metros do Camiño vello de Sousas, podería deixarse en execución directa, no tal planeamento, pero como non houbo compra o que se fixo foi deixala dentro dunha área de reparto para que teña que participar, con cargas e beneficios, na futura urbanización, cando, polo lugar de ubicación podería catalogarse como urbana de execución directa e venderse en solares de “x” metros de facahada, porque nas rúas nas que está ubicada teñen tódolos servicios.

 Así escrébese a historia desta vila, señora María, e vostede penando pola súa netiña, que está aló en Barna, para que veña a traballar aquí. Para quen?

Peregrinaxe...?

Miña cara señora María: As novas do xornal  provincial anuncian a chegada dun pelegrín á área de descanso do polígono industrial.

 A noticia así de sinxela non di nada, pero no fondo arrastra toda unha filosofía de comportamento.

Aos comenzos do ano a  actuación do "pelegrín" foi de traidor, de vendedor de seu pai político, polo que "chama" aos xornais, para que se fagan eco da súa peregrinaxe, porque, coida que, así pode obter un perdón.

 O concepto que este "pelegrín" ten de arrenpentimento non ten nada que ver co sentido relixioso do camiño cara Santiago. O que si destaca é que se sinte avergonzado da súa actuación ou actuacións políticas, porque un  acto de contrición é algo que se fae, porque a persoa síntese arrepentida, pero sen chamar a atención. É algo intrínsicamente íntimo.

 Pode haber perdón dunha acción que lesionaches a alguén, pero cando se quere enmendar as accións negativas de comportamentos erróneos, non se pode solicitar, nin convertir un camiño en confesionarios.

 - Cando se está fora dunha relixión, non se debe empregar esta, para amañar o que un desexa!.

 Antes de emprender o camiño debería ler "Peregrinaxe" de Matilde Asensi. Ou Iacobus. Encontraría todo o que o Conde fixo con seu fixo, para que aprendese a comportarse coma unha persoa  de ben.

Polo de agora temos sorte, porque non hai conde en Monterrei, xa que o poría baixo a tutela dun fraile, na larga camiñata, con misivas, para cada un dos priores, asinándolle cales deberían ser as penitencias, que o "pelegrín" tiña que levar a cabo en cada unha das súas paradas.

 Saberá, señora María, que tal fillo, na corte de Barcelona, era o "rei" de todas as falcatruadas, de todas as actividades luxurosas.  Frecuentaba lugares, non propios, de alguén que tiña que dirixir os destinos dunha orden ou dun pais. As novas que chegaban ao Conde, sobre as andainas, de seu fillo, non eran de seu agrado, polo que a única solución, para sacalo de Barcelona e que recibise un perdón, era facer o camiño ata Santiago de Compostela.

Seralle moi difícil acadar o perdón, porque o "camiño" da prata, pasa por Auria. O "prior" de Auria non o recibiu, polo que non puido facer a penitencia que o conde de "monterrei" lle dera. Habería que ver se levaba tal misiva, porque, é de supor, que tamén o "prior" de Monterrei non o recibiu, polo que as penitencias deste taifiñas-pelegrín teñen pouco que esperar ata chegar ao apóstolo.

 Debe pensar que todo se soluciona con cartos, por iso elexiu o camiño da "prata", pero o apóstolo non quere cartos, quere bos comportamento, bos cumprimentos, boas accións, non quere traizóns, nin quere maldades nin enganos, como aquela chamada que recibiu, en ruta, o señor alcalde de Monterrei, cando estaba convocado a unha xuntanza co señor conselleiro de sanidade, etc, etc..

De todas as formas este perdón sería terrenal, porque o  outro non hai deus que lle perdoe. Nin os do Olimpo!.

Empezamos!

Miña cara señora María: empezamos de novo, para contar cousas que pasan na bisbarra tamagana. Un curso máis para estar na procura das andainas políticas, culturais e acontecimentos que sexan de interese para todos aqueles que disfrutan lendo estas opinións.

Intentarei chegar ao corazón de todos, pero non espere que sexa máis sincero do que ata de agora, porque a miña maneira de ser e de ver as cousas é como é, e non podo terxiversar, querendo darlle outro significado, porque a miña intención é que a través do que escribo teñan claro o que quero e desexo dicir.

 Os temas son da bisbarra e non doutros lugares. Quero que estén informados, a través destes escritos, do que acontece nas beiras do támega e nas terras de Monterrei.

Non é que suceda moito, sobre todo nestas épocas de penuria, pero sempre amañaremos sucesos que chamen a súa atención e así estar informados do que ocorre na nosa querida terruña.

Isto non quere dicir que se hai que comentar algo sobre a nosa terra, fóra de aquí, non o fagamos, porque temos dereito a dar a nosa opinión sobre calquera acontecer a calquera galego, en calquera recuncho deste mundo global.

Nós estaremos sempre centrados na bisbarra tamagana, e tamén na lusa que nos quere e linda, porque síntome raioto e síntome luso, porque visito Chaves varias veces cada semana. Sen Chaves non son nada. Grazas a Chaves vivo onde vivo. Hai moita xente deste lado da fronteira que non pode vivir sen ir ao outro lado. Eu son un deses. Síntome orgulloso de ser raioto, aínda que algúns quérenlle dar un tono despectivo a esta palabra. Pero sempre me gustou, porque considerei que os raiotos non tiñan fronteiras. Persoas que se comunicaban sen complexos e iso é o máis importante para min.

Hai personaxes dentro de todos os ámbitos e sectores que so se aprobeitan da raia para crear organismos, que só crean gasto dos contribuíntes, pensando máis en colocar a unha persoa para cautivar o seu voto, que non pola súa rendabilidade de cara a mellorar a zona.

 Así xurden entidades de eurorrexión, eurocidade, eixo atlántico, etc... das que só se benefician os que traballan nesas oficinas, porque cobran un soldo, non porque se vexan realizados, porque tampouco cren no que están a facer.

Quero dicir con isto que hai unhas oficinas montadas nun edificio no polígono industrial de Pazos, que pouco teñen que dicir do que fan, porque resultados positivos para ámbalas zonas aínda non saíron na prensa, cando hai que dicir que para montalas saíron publicacións perante varios días. Isto indica que crear organismos por crealos non foi bo, porque agora vese que non saben que facer con eles. 

Agora andan a recuperar o edificio da alfándega no pobo de Feces. Esperaremos a ver o que vai pasar alí. Seguro que un posto de traballo, como pode ser o de conserxe, que xa está adxudicado, porque hai que pagar favores e sobre todo nestas circunstancias. Posto botado, posto recuperado. Así é como se actúa. Hai que demostrar que se ten poder e que se hai que colocar a alguén, bótase man do poder e xa está. Así de sinxelo. Ninguén se fai eco destes aconteceres vilanos.

Pero a vida é así neste recuncho da terra.

Alegación ao PXOM de Verín. Aprobación inicial.

Preámbulo:

 Ano 1995 o PP gaña as eleccións locais, polo que é elexido alcalde o actual rexedor.

 O equipo redactor, daquela, fora Habitat-6, e o alcalde, que sacou a concurso a redacción do PXOM, D. Emilio González Afonso.

 Ano 2010. O PP gaña de novo as eleccións e volve ser nomeado alcalde a mesma persoa.

 O equipo redactor deste PXOM é Consultora Galega e foi D. Emilio González Afonso quen sacou, de novo, a concurso este plan. E volve estar de rexedor o mesmo candidato do PP.

 Ano 1998, apróbase aquel Plan, coas premuras do tempo, porque ao ano seguinte convócanse as eleccións locais.

 Ano 2010, repítese a mesma circunstacia. O ano seguinte, 2011, celébranse as eleccións á alcadía. De novo o equipo redactor, a marchas forzadas, debe rematar o Plan. Non se pode entrar en ano electoral co Plan sen aprobar, porque sería a defenestración do mandamais local.

 Que pecado cometeu Verín para encontrarse na mesma situación! Nin o deus Bantua, nin o deus Larouco, que bendicen estas terras, son capaces de liberar Verín de personaxes que so se benefician a conta dos electores. Seguro, que a culpa que sufre esta terra, debe ser tan grande, que non hai forma de purgala.

- Nunhas vacacións de semana santa, daquela lexislatura, foi solicitada a miña intervención para facer de correo entre un empresario e o actual rexedor.

 O empresario, que se sentiu discriminado ou perxudicado, naquel plan do 1998, presentara un contencioso contra, polo que quería negociar a retirada a cambio dunha sanción administrativa, que tivera que pagar por unha obra, supostamente, fóra de ordenación.

 Comunicada esta intención do empresario, a resposta de quen ostentaba o poder, naquel momento, foi: “eu non me sento cun .........”.

  De volta das vacacións preguntoume se falara co empresario, ao que lle contestei: “non me autorizaches e con quen quería falar era contigo”.

 Aquel Plan seguiu o curso normal e os tribunais de xustiza declarárano nulo.

 Podo afirmar que todo foi un “capricho”. O empresario sentiuse perxudicado, porque un edificio, que construira na estrada de Cabreiroá, estaba afectado por unha posible rúa que o deixaba, en parte, fóra de ordenación.

 Daquela foi un “capricho”. Agora, este Plan, ten “dous caprichos”.

 - Esperemos que a este non lle ocorra o mesmo, porque estamos ante un mandamais ao que non só se lle marchan os concelleiros, senón que os tribunais mándanlle os PXOMS ao ostracismo.  Debe ser todo produto da metodoloxía empregada, cando rexenta a alcaldía.

 Feita esta introducción, vaiamos co PXOM.

 Este proxecto de Plan é: discriminatorio, negativo-perxudicial, recaudador, insólito e inexecutable.

 Discriminatorio: A discriminación ten nomes: Infistela, Laureano Peláez e Gargalo.

 Discriminación en propiedades que hai que segregar e en outras , na mesma rúa ou zona, non.

 Discriminación no fondo, na mesma zona.

 Discriminación da execución directa na mesma rúa. Caso camiño Vello de Sousas.

 Discriminación nas parroquias. Unhas teñen áreas de reparto e a outras non lle deixan para que un fillo ou neto fagan unha casa, habendo todos os servizos. Unhas entran na malla urbana da vila e quedan divididas, rompendo a unidade da parroquia  e parte delas quedan fóra.

 Discriminación nas edificacións afectadas cunha protección e outras, como no caso do conxunto delas, da rúa Laureano Peláez, en concreto o nº 19, non a teñen.

 Discriminación nas industrias, deixando fora de recalificación a única fábrica de madeira noble. Se a catalogaran como as outras, algún día podería optar a ubicarse no Parque Empresarial. A súa ubicación é a máis cercana ao centro de Verín. Queda dentro da circunvalación sur. E para máis “inri” seguirá traballando, coma sempre, a pesar de que “molesta” ao rexedor. En vez de catalogala como corresponda, para que se traslade o máis pronto posible, parece  que conta máis a intención de aniquilala. Como exemplo da súa situación, observando os planos do PXOM, a fábrica queda entre o centro de Verín e Augas de Cabreiroá , en línea recta. Augas de Cabreiroá clasificárona cun PREPI e parte da súa propiedade, chea de árbores, urbanizable. De todas as industrias, que Verín ten poucas, é a única que queda fóra de ordenación, para que non poida crecer, nin facer arreglos, condenándoa a que peche. Esperemos que non.

Algo parecido está a suceder coa finca Gargalo, na subida a Monterrei, polo que sufre tamén discriminación. Alóngase o casco urbano de Pazos ata o termo de Monterrei, ao longo da N-525, e queda fóra de recalificación esta zona, que ten todos os servizos de saneamento e abastecemento, quedando a poucos metros do corazón da Parroquia de Pazos.

 Discriminación porque zonas de viñedo pertencentes a Denominación de Orixen, clasifícanse como urbanas, estando separadas do núcleo rural, mentras outras zonas da periferia quedan en solo agropecuario. Zona de Pazos, marxen dereita da N-525.

 Por que Pazos ten que sufrir a execución de áreas de reparto, en vez de deixar que evolucione, como ata agora, ao longo das súas rúas? Ou hai que xustificar algo? Conserven as parroquias ou inténteno polo menos.

 Mire se discriman que a edificación máis antiga da parroquia de Tamagos, que está situada na marxe dereita da estrada de Portugal, queda fóra dun suposto núcleo rural tradicional, composto de edificacións novas.

 Todos os propietarios de casas afectadas, tanto no casco urbano da vila, como nas das parroquias, estaríanlle moi agradecidos se, a todas as súas edificacións, lles aplicaran o mesmo criterio, que á casa da rúa Laureano Peáez, nº 19. Iso chámase igualdade no trato. E ademáis, se é tan boa esa afección, por que non se inclúe ese nº 19? Nesta rúa está o maior número de edificios, todos xuntos, con fachadas de pedra, incluído o nº 19. Isto xa é máis que discriminar.

  Cando se afecta unha vivenda rural é porque ten algún elemento arquitectónico que conservar. Pois ben, como ese elemento foi o resultado da xeración espontánea dun propietario calquera que lle gustou, por que non deixan que eses veciños sigan tendo desas ideas e non ter que maniatalos dependendo dun funcionario, que tal vez lle escasean? Non varran para a casa.

 Discriminar é tratar de maneira desigual o río Támega e o Regato de Ábedes. Se se pode trazar unha circunvalación polas beiras do regato en Ábedes, tamén se pode trazar polo Pracer e así solucionarían dous problemas: 1º Comunicar o Polígono de Pazos coa A-52, por Queizás. 2º O concello cumpriría o compromiso cos propietarios do Pracer, porque, no seu día, deixaron cruzar pola súa propiedade o saneamento do Polígono de Pazos.

 Por que se discrimina a parte norte da vila deixándoa sen unha circunvalación continua? Por que certas futuras rúas non teñen un entronque común? Por que unha rúa, na zona da Rúa San Pedro, non ten continuidade e remata nun camiño de carros? A quen se contenta?

 Hai dous convenios propostos que son exemplos típicos do que non se debería facer nun planeamento, porque hai que eliminar todos os árbores para executalos. Falamos de freixos, escancereixos (serval de los cazadores) e piñeiros. Convenios así fainos calquera! Non destrúan as suas árbores! Búsquenlle outra solución e manteñan esas fincas. Por certo, en Infistela hai unha propiedade de gran extensión, que non ten árbores, e que podería ser urbanizable, porque os seus propietarios, que aparecen noutro convenio non terían inconvintes en facelo. Non ten árbores e valía para ese futuro Xeriátrico.

 Recaudador: Co aumento da malla urbana por Pazos, Vilela, Salgueiro, Rasela, Ábedes e Queizás estase a xerar un incremento no IBI -contribución urbana- en todas estas vivendas, que antes pagaban como rústicas. Pódese dicir que pouco ou nada reciben a cambio.

Negativo-perxudicial: só en Pazos hai máis de cincoenta viviendas fora de ordenación. Nas zonas entre Tintores-Vilela-Caldeliñas e Salgueiro. Camiño Vello de Queizás- Noria-Queizás-Camiño do Río-Queizás. Cabreiroá-Queizás-Verín.  Así un montón delas por todo o territorio municipal. Esto implica dúas cousas: 1ª Non se pode tocar nelas, nin para tapar goteiras, por exemplo. 2ª Cando un propietario solicita un préstamo e necesita por de aval bancario a vivenda, o tasador tira para abaixo, porque non é o mesmo unha edificación dentro ou fóra de ordenación. Polo tanto é un Plan empobrecedor. Non facilita a capitalización, a non ser a uns poucos elexidos á carta.

 Insólito: porque crea “coutos mixtos” ou terra de ningures. Hai propiedades, que parte delas estaban recollidas no Plan do 98 como urbanas, polo que Concentración Parcelaria só afectou ao resto da finca, quedando excluída a parte afectada polo Plan. Por falta de coordinación entre o concello de Verín e a administración Autonómica, estas partes quedaron ou quedan sen clasificar, creando terras de ningures ao longo das pistas con servizos. Isto dase nos pobos de Cabreiroá, Tamagos, Mourazos, etc.. 

 O concello tampouco soubo xestionar a continuación da pista do Instituto de Queizás cara a Fonte de Cabreiroá, con Concentración Parcelaria, para comunicala coa A-52, pola estrada de Portugal.                                                 

 Inexecutable: hai unha área en concreto, que a hora de facer o reparto de cargas e beneficios acarreará perxuizos para todos, porque hai que tasar un chalé e, mentras se negocia, quedan sen vender os solares que dan a estrada N-525 do outro propietario. Asimesmo, pola financiación dos espazos públicos, que queda, na maior parte, en mans doutras administracións. As áreas de reparto deben ser posibles.

 

PROPOSTA DE PLANEAMENTO PARA VERÍN:

 1º UBICACIÓN DA VILA DE VERÍN: a malla urbana de Verín está ben delimitada por espazos naturais e enclaves que fan protección de toda ela, polos catro costados. Polo norte O Regato da Rasela ou de Queirugás. Polo oeste o río Támega. Polo sur a A-52. E polo leste a fonte de Cabreiroá, fonte de Sousas e barrio da Cruz Vermella. Con esto conseguirían cumprir coas leis protectoras do medio ambiente e zonas inundables. Dentro destes marxes sobra terreo para urbanizar, e ademais estes enclaves servirían de pulmón e transición para futuras ampliacións. Por un lado, recoller a zona de policía do río Támega e polo outro crear ese famoso corredor cara a Fonte do Sapo. Na outra zona saber darlle un deseño á un posible enlace con bulevar ás tres fontes, Cabreiroá, Fontenova e Sousas.

 Dentro destes marxes hai terreo de sobra. Hai que saber ou acertar en urbanizalo, que tampouco fai falta facelo todo, pero si marcar as líñas dun futuro. Deixen de prolongar e prolongar a N-525, que xa está saturada de vivendas e fagan un Verín de xoguete para que os que viven, que disfruten todos os días e os visitantes se sintan a gusto cando elixan este destino. Permítanme unha suxerencia: visiten Chaves.

Quedan dous barrios fóra desta demarcación, que son os da Cruz Vermella e o do Hospital. Hai que insertalos nas súas respectivas parroquias reformulando unha recuperación rural.

 Este cativo modelo serviría asimesmo para cada parroquia. Así contribuiríase a manter e conservar espazos que están configurados, só hai que buscarlles formas legais.

 Ao mesmo tempo, cada parroquia mantería a súa configuración tradicional, e non desfigurándoas, nin integrándoas na malla urbana, porque perderían o seu encanto.

Tres de maio

Miña cara señora María: que desolador aquel campo dos Remedios!. Os piñeiros foron arrasados. A xente non sabe moi ben o porque, pero hai quen di que unha empresa quere plantar unha viña.

Outros falan do banco de terras, que puxera en marcha a Xunta do bipartito, e outros din que nas súas poulas ninguén toca, polo que as faladurías, perante a procesión do Cristo, eran de runruneo, pero eran.

Aquelas feiras do tres de maio non volven a aparecer por aquel campo, porque hai que deixar que todo morra e aínda máis, se é algo que aproveitan os curas para o seu existir.

Restituír aquelas romarías sería algo non só bo para o santuario, senón para darlle vida ao concello de Verín, que pouco a pouco ve como desaparece todo o que sone a relixioso. Ponse de moda o elemento "pagano" en detrimento do culto ao Santo Cristo, cando podían convivir, sendo un reclamo para visitantes e devotos.

O abandono do campo por parte dos propietarios e a falta dunha política de recuperación de espazos, en colaboración cos pobos, fae que Verín abandone os lugares, que antano foron de esparcimento de toda a bisbarra.

Poucas ansias de dar vida a esta terra. Poucas ideas para recuperar o de antano actualizándoo con programas que fagan desta bisbarra un reclamo turístico.

Co fácil que é montar ou trasladar a festa do tres de maio co primeiro sábado do mes, así poderíase realizar algo en conxunto. Ata se poderían compaxinar os maios, dando a esta romería vida civil en combinación coa relixiosa.

A feira do día tres podíase trasladar a ese primeiro sábado, polo que se desenvolvería nos Remedios e recuperaríase aquela festa do tres de maio ou feira dos cabalos. Só hai que ter vontade política e ganas de darlle vida, recuperando costumes que foron vertebración desta bisbarra.

Que vaian á Laza. Que aprendan deles. Non lles importa a vida que ten a Eva, pero seguen e seguen... coma se fose o primeiro día. Ninguén se enfada. Nin hai liortas entre o profano e o relixioso, porque teñen superado todos estes dimes e diretes de incultura laicista.

Mentras tanto andan a plantar, sen autorización dos propietarios comuneiros, ás beiras do río Támega, para que non entre pizca de luz, nas súas augas, e tamén morra ou desaparezca, todo tipo de vida acuática.

O que si coidan é ese interesante campo de herba artificial feito a través do Plan "E". Uns rapazolos, que foron facer algo de deporte víronse sorprendidos, de súpeto, pola policía local que os reprendía polo feito, xa que aínda non se inaugurara, polo que só podían mirar para el e ver que bonito era.

Roubos campan por doquier. As novas dos xornais destacan estes feitos. A Comisión Municipal de Seguridade Cidadá debe tomar nota destes sucesos e tratar de darlle solución.

Os veciños non queren que ó seu redor sucedan estes atracos, porque pode ser produto de retraimento para abandonar saídas e desexan poder pasear seguros.

Pola contra, co novo Plan Xeral de Ordenación está todo solucionado. Os veciños síntense olvidados por non seren consultados na elaboración primitiva, porque agora teñen pouca fe nas enmendas que poidan aportar a este proxecto exposto.

A promesa tardou tres anos en cumplirse. E só eran tres meses. E gastáronse uns doce mil euros nun informe para poder dar licenzas de construcción. Que ricos! Os cartos son do pobo. Así nos administran. O mellor: o cartel da eurocidade. Demostra unha vez máis que somos un barrio de Chaves.

Benita

Miña cara señora María, só eran tres as sentadas na cadeira da urbanización. Faltaba a señora Benita. A súa ausencia será polos séculos, pero vostedes seguirán téndoa presente, para que a conversa sexa máis amena.

Recurrirán a ela para matizar asuntos relacionados coa vila, porque polo seu mostrador pasaron moitas persoas e de todos os tipos. Pense que a rexencia dunha armería é fundamental para coñecer intencións persoais, moi privadas, en cada bisbarra.

Dende o máis aló seguirá outeando as súas tertulias e non permitirá que fagan tema de conversa a súa ausencia.

De cando en ve,z mandaranlle misivas para pola ao corrente dos aconteceres do concello.

E pediránlle opinión, porque consideran que o seu pensamento sempre foi un correcto comportamento. Ela tiña como orgullo a educación que imprimiu ós seus fillos.

Diránlle que se aprobou inicialmente o PXOM.  Ela contestará que esa promesa do mandamais verinés fora de tres meses, pero pasaron tres anos e aínda está no limbo.

Coñéceo ben, porque lle toca de refilón na familia. Sempre tivo pouca fe no personaxe. Mellor dito, ningunha simpatía sentiu nin tivo oportunidade de dicirlle o que pensaba sobre o atraso en que ten o concello.

Sempre con promesas ou encantos de serpente, para entreter aos veciños, namentras pasa o tempo e Verín segue coma de costume.

Recordarálles que lean o programa electoral e fíxense nas promesas que recolle, e cantas se cumpriron. O hotel Spá escola esfumouse. Botarálle a culpa á empresa, que non foi capaz de levar adiante o que negociaran, nunha conversa municipal, porque estamos en plena crise.

As verbas que se pronuncian no búnquer municipal, nunca terán efectividade, porque non son reflexadas, nin gravadas, para ser testemuña dos compromisos, polo que as leva o vento.

Aló enriba enterouse de que aparece unha promesa nova, a creación dun "campus". Non sabe de que titulación. O máis seguro é que sexa de técnicos para o paro ou para atender aos xubilados, dos que está enchéndose Verín.

Sen embargo non é capaz de promover ou recuperar o que moitas vilas están a facer, que é recuperar o que foron antano. E Verín foi unha vila de augüistas.

Cambiarán a estación de autobuses de ubicación, porque hai que facer rentable o solar no que está colocada. Marcharán con ela, para asustar aos futuros visitantes de Verín ou para que as persoas da bisbarra deixen de vir a comprar, cando experimenten que non dan chegado coas mercadurías ata o autobus.

E seguirán facendo da vila un deserto nunha terra chea de auga.

Gürtell

Miña cara señora María, se vostede soubera, botaría as mans á cabeza e seguro que soltaría bágoas. Mireina ben e meus ollos vírona elegante a pesar de que non lle basta a muleta para camiñar, senón que tamén bota man dun fillo para facilitarlle ir dereita.

Facía meses que as súas meixelas non recibían o ar, polo que relucían de brancas. Poucas engurras na súa pel a pesar de que os anos van pasando. Como din por aquí os anos non perdoan, pero vostede lévaos ben.

A escena foi triste porque recibían as condolencias os familiares do defunto, polo que tivo que ser esta forza maior quen a obrigou a baixar do andar. Todos temos que cumprir con estes actos de despedida dos nosos maiores e a veces non tan maiores. Pero a vida é así.

Saberá que as noticias non son moi do gusto do empresario verinés implicado no caso Gürtell, porque aparece como un dos intermediarios e a súa casa como lugar de entrega de cartos en todo este asunto.

Inocente de min, que estiven dúas veces con el, porque facía de condutor e acompañante do mandamais. Por certo, rubín a azotea da casa para ver se outeaba a veciña de en fronte, que era Ana Obregón.

E para máis inri, preguntei de que vivía e agora sae nas noticias gürtelianas. Vivín no Gürtell ou co Gürtell, pero as cousas van andando e colocarán a cada un no seu sitio.

O que máis me impresionou foron os comentarios dos funcionarios, dicindo que non saben de onde saíu o diñeiro. Altas finanzas ou simples chapuciñas que grao a grao fan un montón de fariña.

A vila sigue o seu curso. Tres anos de mandato e só as obras do plan “E”. Polo demais, uns simples obradoiros cunhas cantas persoas para cobrar logo o voto correspondente.

Chama moito a atención a reestruturación do xardín das piscinas, porque os veciños se preguntan de que alí non caben os operarios, porque ven máis que metros cadrados de superficie.

O campo dos Remedios sufriu unha tala masiva de piñeiros. Non hai forma de que aprendan doutros lugares, onde plantan antes de cortar. Falta de sombra para cando se celebre a romaría da Virxe dos Remedios, aló polo día oito de setembro. Os romeiros buscarana, pero só aguantarán o raios do sol.

Os taxistas manifestáronse diante do concello para ser recibidos polo “patesi” verinés.

Pouco a pouco, os veciños van perdendo o medo. Ó parecer foi boa a decisión da Policía Local manifestarse na capital, polo que outros toman a mesma decisión. É bo que  a xente salga á rúa para reivindicar servizos. Esperemos que non haxa que facer o mesmo coa privatización da auga e outra que nos espera.

Aos primeiros que lle quixeron tomar o pelo foio os de Tintores. Pero non picaron.

O Támega sufre outro tanto. Só lle da por querer tapalo. Que non lle entre un simple raio de luz. Queren que morra. Que non teña vida. A sorte é que a plantación foi cativa e colocáronos en terreo pobre, polo que non prenderán.

Por fin recolocaron unha pasarela na ponte do Melo. Así os de Pazos poden gozar dun atallo.

 

Feiras e festas do Lázaro

Miña cara señora María: todo quedou en xogos infantís e xogos de veteranos. Os demais non existen na vila. Isto ocorreulle a estas festas, que non hai quen lle de un empuxe para polas como daquela.

Lusos, poucos e o de recibir ás autoridades na casa consistorial, menos. Agora abusan da figura do Cigarrón ou Peliqueiro para todo. Ata que aburren coas cousas non paran!

Encheron o Pavillón de stands, pero o atractivo era cativo. Pode que se note a crise, pero tamén pode que a xente estea cansa de tanta festa no mesmo trimestre.

Por certo, os veciños raiotos pouco se deixaron ver. As campañas publicitarias das feiras e festas de San Lázaro só estiveron na ondas en boca dunha persoa indirecta ao concello, porque institucionalmente non existiron.

Debeu ter vergoña do programa festivo, por consideralo pouco representativo para a categoría da vila de Verín, sobre todo tendo coñecemento doutras épocas e sobre todo por ser a máxima representación municipal, polo que pouco se lle encheu a boca, ou aínda non dixeriu a derrota do trinta de xaneiro.

Pero Verín é así. Non hai quen busque outros alicientes para colocala na cota adecuada, porque se nota que isto corre cara embaixo.

A culpa non a quere ninguén. Xa dicía a miña aboa que a culpa quedou solteira, por moi vinculeira que fose.

Os que non fallan son os invitados familiares que, ano tras ano, apúntanse ás viandas, porque na mesa sempre hai cabrito, que é o mellor prato gastronómico que se pode inventar para representar a nosa bisbarra.

Non deron noticias do concurso gastronómico, como outros anos, polo que debeu ser pouco interesante. Tampouco apareceu nos medios de comunicación a “nosa” Secretaria Xeral de Turismo, promovendo e dando ao evento o impulso necesario, que tanto pregoou, cando era concelleira en Verín. Daquela sería para xustificar o inxustificable dos seus honorarios.

Quenes non faltaron foron o Xaquín e o Marcelo. A estes impórtalle pouco o programa , porque só desexan vir a Verín para pasar o rato e chegar tarde a casa, porque así considéranse homes. Cartos trouxeron poucos, porque só miraban e non tiraron coa escopeta de balotes e non rubiron aos cabaliños nin a nora.

O que si tiñan nas mans eran uns bocadillos cheos de hamburguesas, caéndolle a salsa pola barbela embaixo, como se nunca comeran, cando eran moito mellor aqueles chourizos que lle daba a súa nai que, protestando, trouxéronos para aforrar en comida.

Non puideron xogar ao futbolín no Bar Angel, nin onda o Pelís nin no Bar Alfonso, porque a vida cambia e uns desapareceron e  outros evolucionaron. Agora xógase á “diana”. Non coñecían este xogo.

 

Pili

Miña cara Pili: é bo que as persoas que estades fora da vila teñades añoranza dela e que dedes unha opinión como ti nos fas no xornal do día 24 de marzal. A túa sinceira e histórica visión sobre o noso caro Verín está chea de verdades. Non fai falta un agudo olfato para catalogar as carencias das que adolece en beneficio da nosa moi amada Aquae Flaviae. Perdeu o tren no que soubo rubir Chaves.

A culpa non a quere ninguén. Gobernouse sempre dende a dereita e a base de decretos, chámalle didactorialmente. Poucos gobernos de esquerdas e sempre en comnivencia con outros partidos. O seu tempo foi insignificante e pouco influínte no desenrolo da vila.

Podo suxerir unha simple anécdota sobre algo que puido axudar a camiñar, pero que ainda a día de hoxe non hai nada de nada, como foi a inclusión de dous puntos no programa do Partido Popular do ano 1995, que son a comunicación coa autovía das Rías Baixas, do Polígono de Pazos, por Queizás e unir Verín con Chaves, con sendeiros a ambos lados do río Támega, colocando pasarelas e adecentar áreas de recreo e lugares de pesca.

Estou convencido de que non lle interesa que este pobo esperte a certos grupúsculos, que viven das esmolas municipais, polo que non se deben tocar as estruturas sociais, porque se poden perder as prebendas que se teñen.

Cando se lle entrega a “xoia da coroa” a unha empresa privada a cambio de cobrar cinco anos seguidos, para pagar débedas, e se deixa ao pairo o soldo dos empregados municipais e non hai ninghunha manifestación... algo falla nesta triste terra tamagana.

Cando só se ve crecer Infistela e non hai quen revolucione o pobo e cando saímos nas páxinas centrais dunha revista semanal, de ámbito estatal, e non se enche a vila de fotocopias, algo moi forte ten que pasar, para que non haxa un tipo de manifestación ou espontaneidade, que denuncie todas estas agresións.

Claro que Chaves creceu e rubiu no tren do progreso, porque soubo crear as bases adecuadas para estar aló nas europas, dende o ano 95-96.

Verín non soubo estar ás alturas, porque o orgullo de estar por enriba da vila lusa, naqueles anos, non lle permitía estar nas mesmas asociacións que deron o froito que hoxe se ve. Aquel “chovinismo” verinés foi o culpable deste atraso do que ti ben falas no teu artigo.

Chovinismo de perxonases que dirixen o Concello de Verín, pero que en épocas de vacas fracas quixeron aproveitarse, pola lonxanía co goberno do bipartito santiagués, creando a eurocidade Verín-Chaves, para saír nos medios de comunicación e por se aínda quedaban algo de cartiños en Bruxelas. Por agora, o único que trouxeron, foron postos de traballo para os amiguiños.

Como exemplo pódese ver a obra do río Támega en Verín e a obra do río Támega en Chaves. Que pertos e que lonxe estamos!

Pero se miras, simplemente, a maneira de acondicionar as beirarrúas xa che demostran como se fan e como queren as obras públicas. O gusto polo ben feito é a mellor propaganda de vender as súas vilas e cidades por doquier.

Para que vexas como progresou Chaves, debes saber que os nosos cativos disfrutan do parque infantil flaviense porque os seus pais os levan aló. Isto algo quere dicir. Unha aperta.

 

Canella Cega

Miña cara señora María: hai tempo que non se a ve pola rúa. Seguro que esta invernía non lle permite pasear, por iso non se decatou do alagamento da Canella Cega. Se vostede puidese camiñar faríao, coma sempre, polas rúas da vila e non deixaría de visitar Infistela.

A lomba onde se encontra tivo as consecuencias derivadas dunha mala planificación por parte dos enxeñeiros que proxectaron as canalizacións subterráneas dunha zona lacustre que agora demostrou querer recuperar o que sempre foi, unha pequena lagoa.

Recordará que os propietarios das leiras e viñas do lugar tiñan que acceder, perante o inverno, polas paredes que delimitaban as propiedades ao longo do camiño, porque non se podía camiñar xa que estaba cheo de lodo e auga. Máis ca un camiño era a saída natural das augas que se acumulaban naquela charca, que se formaba cando as choivas cargaban na zona da estrada de Castela e do pobo de Abedes.

Por certo, cando os rapaces da vila ían roubar uvas, accedían por un pontillón de lousa, despois de deixar o camiño habilitado por enriba das paredes, que tiñan as fincas. Todo aquilo era unha zona tipicamente rural, con todas as consecuencias que se podían derivar daquel asentamento lacustre. Corredoiras que facían de regatos e regatos que facían de camiños. Todo iso era a canella Cega.

Co tempo converteron a zona en urbana, facendo daquela corredoira unha rúa, pero a natureza non perdoa e quixo recuperar o seu lugar, polo que recuperou a súa antiga función, que era facer de desaugue natural da acumulación das augas perante os invernos.

Así fixo de regato, polo que os baixos dos edificios enchéronse de auga e os propietarios intentando recuperar os seus coches, ante un posible deterioro.

Seguro que os redactores dos proxectos non tiñan coñecemento do lugar e tampouco foron postos ao corrente, por parte das institucións locais, para que desen unha resposta axeitada a este tipo de problemas climatolóxicos.

Era curioso ver a canella Cega chea de auga e baixo ela unha capa de asfalto en quente e acabada de pintar, delimitando os pasos de peóns e calzadas, convertida en leito natural dun regato.

Pouco lle serviu pavimentala e pintala facéndoa a mellor rúa de Verín, se está condenada a ser o que sempre foi, porque está na cota máis baixa de todas as rúas da vila.

Claro que por alí circula un coche novo polo que había que eliminar as fochancas, porque sufrían os amortecedores e a columna do condutor e pode ser unha ruína para Verín que se malogre o propietario.

Con isto demóstrase o mal que se empregaron os cartos do Plan “E”, por parte de quen debe dar solucións a estes problemas, que soporta a vila de Verín.

 

Stand

Miña cara señora María: se vostede, cando sae da misa, vise un sombreiro ou unha gorra no chan, ao lado mesmo da porta, nunca se lle ocorrería botar un céntimo, porque non sospeitaría que o mendigo ou a persoa necesitada deixaría soa a súa representación para pedir limosna. Isto que lle estou a contar pasoulle ao stand do concello de Verín, na exposición de “Xantar”, aló en Expourene, perante este fin de semana.

Coitadiño do stand, porque tiña que facer de todo. Recibir aos visitantes. Repartir propaganda e dar a coñecer toda a amalgama de curiosidades, que se lle poden ofertar aos posibles visitadores de Verín.

No medio daquelas manifestacións de coloridos por parte doutros concellos, Verín optou por ter nove metros cadrados para expoñer as súas fontes e pouco máis, nunha simple estantería, e nun caballete cunha banderola coa festa do Lázaro. Para tan pouca cousa, tampouco se necesitaba azafata que estivera pendente dos visitantes e dese unha cativa exposición do que Verín e bisbarra teñen.

Triste e solitario aquel stand no medio de tantos, que presumían dos seus encantos e ofertaban degustacións das súas gastronomías.

Por certo, faltaron tamén os restaurantes verineses, que antano montaban o seu comedor, dando a coñecer os productos de horta e de casas dos pobos da bisbarra.

Sen embargo estaba, coma sempre, o Consello Regulador, competindo con viños doutras denominacións, para dar a coñecer os bos caldos que se están a preparar, dende hai uns anos para acó. Por certo, buscaron o mellor sitio de ubicación, dentro da exposición. Como pensaban non ter azafata, por aforrar uns cartiños, decidiron colocalo na entrada mesmo da porta principal, polo que non te percatabas de que aquelo era un stand ata que saías.

Parecía o sombreiro do mendigo, pedía pero non tiñan a quen darlle os cartos, polo que a xente non botaba, porque non tiña quen de agradecercho e desconfiaban de que outra persoa podía deixar o sombreiro valeiro por falta  de cuidador ou amo.

Así son as cousas deste concello. Quere pero non pode.

Pódese afirmar que está no mellor momento de darse a coñecer, porque ten ben colocada na Xunta de Galicia a outrora ben pagá, María del Carmen, como Secretaria Xeral de Turismo, e algo pode facer pola terra que a aupou á política e como consecuencia a ese posto que desempeña.

De todas as formas, é triste que non sexan capaces de darlle a Verín outra categoría e poñan a disposición deste concello todo o que faga falta, para darlle un empuxe e convertilo en punto de referencia balnearia ou ben de recuperar aos agüistas de antano, para realzar o que daquela era coñecido en todas as bisbarras de Galicia e das zonas limítrofes de Zamora e León.

Ou non saben ou non queren, porque están no lugar que por cartos non debe ser. Noutras etapas anteriores non se facían estes desaguisados e en algunha exposición ata o señor Presidente da Xunta de Galicia, don Manuel Fraga diu noraboas polo stand en Silleda.

Nin O Lázaro souberon anunciar, porque aquela banderola tiña pouco gancho e menos sen unha persoa que o ofertara como festa do próximo fin de semana.

Verín, esperta, que te están a deixar que desaparezcas, porque esta “finquiña” debe ter pouco que mamar.

 

Viriato

Miña cara señora María: debería saber que a vila ten unha rúa que leva o nome de Viriato. No corazón do casco antigo, xa daquela, bautizaron a rúa co nome de quen, tal vez pensaron, fora o fundador de Verín.

Autores hai que tratan de confirmar esta afirmación, pero a historia sitúa a este caudillo lusitano, entre o río Douro e o Guadiana. Tal vez as súas incursións o trouxeran, nalgún momento, a esta bisbarra, pero as súas fazañas contra o invasor romano están lonxe de confirmar este feito.

Haberá que crear algunha beca, por parte das intitucións locais, para que estudiosos do tema poidan indagar nos arquivos históricos e que aseguren que, tamén aquí, loitou contra as lexións dos xenerais mandados por Roma.

A rúa está en Verín e leva o seu nome indistintamente de se foi ou non, quen colocou a primeira tenda neste lugar, para impedir o avance romano, na conquista da parte noroeste da península.

A súa especialidade era a guerra de guerrillas, aproveitando o coñemento da orografía, por ser pastor, para emboscar aos romanos e impedir seu avance. Parecía que este lusitano pastor era invencible, polo que os romanos tiveron que empregar a estratexia máis vella e compañeira do ser humano como é a traizón. Tres dos seus lugartenentes foron comprados e asasinaron a Viriato, porque no campo de batalla, no corpo a corpo, non foran capaces de sometelo.

O feito non debeu ser moi gostoso por parte do invasor, porque ao requerir o pago contestáronlle: “Roma non paga a traidores”.

O día trinta de xaneiro os rurais ourensáns tamén votaron dicindo: “A boina non paga a traidores”.

A historia galaica ten aconteceres onde se reflexa a vida dos indíxenas ao longo da existencia. Os irmandiños tamén se levantaron contra os poder establecido, porque os enchían a tributos. Tiveron que organizarse e demostrar que non estaban dacordo con aquela imposición, porque a terra non daba para manterse. Outra vez os da boina tiveron que enfrentarse aos do bonete. Como dicía Xerardo, os do xacho venceron aos do bolígrafo, no congreso popular de Ourense. Mellor dito, os da aixada venceron os da pluma estilográfica.

Tamén Zamora tivo longos anos a representación de Galicia nas cortes de Castela e León. O voto dos procuradores zamoranos era quen decidía polos galegos naquela época.

En Ourense, o trinta de xaneiro do presente ano, repetíase o mesmo. Madrid e Santiago xogaron a ter a representación dos ourensáns, pero encontráronse co “Viriato” ourensán e nin a traizón puido con el.

Non só houbo traizón, tamén desertores, que desexan que os postos das listas electorais sexan cubertos por persoas foráneas. Que non coñecen a provincia. Que aceptan as directrices dos que os colocaron, para ser deputados, e non defenden os intereses da nosa terra.

É triste que persoas que non saben situar a Ourense nun mapa teñan a súa representación, ocupando os primeiros postos de saída, nas listas, e sirvan só para levantar o dedo, non sendo capaces de reivindicar nada para Ourense, pola súa obediencia debida.

O “viriato ourensán” imprimiulle carácter e loitou para que isto non se dera e saíu victorioso, a pesar das traizóns, porque coñecía mellor co Viriato a terra por onde se movía. Foi mestre de escola polos pobos da provincia e tamén revisor da empresa Mangana, polo que o carácter rural non lle era descoñecido.

Baltar non permitiu que Ourense fora colonizado por santiagueses e madrileños. Baltar, pastor ourensán, venceu aos xenearis romanos, Feijóo e Rajoy.

 

Carnaval

Miña cara señora María: dez días de entroido son moitos días. Pero Verín é así. Non debe haber crise ou debe haber moitos cartos aforrados da época da emigración, porque ninguén levanta a voz protestando, xa que as industrias, comercios e escolares son víctimas deste programa con moi pouco sentidiño da realidade.

A bisbarra está desolada pero á festa apúntase todo quisque. Non importa gastar. Deben vir os cartos por arte de birli birloque.

O importante é pasalo ben e, coma sempre, os grandes beneficiados son os restaurantes e bares. Tamén os amigos lusos, porque nesta ocasión, ampliaron os días festivos locais, polo que a xente escapouse para Chaves, porque os comercios estaban abertos. Botando clientes fora!. Este é Verín, facendo votos para engrandecer a nosa ben cara vila flaviense.

Moitos días, pero isto vai cara abaixo. Ten que darse un xiro para intentar que non se derrumbe de todo.

Poucas ideas e copiando mal as da época do Sarria e logo do Prieto.

A sorte que hai é que existen personaxes para levantar este entroido, pero hai que dar con eles e que estean dispostos a dar o seu traballo para a comunidade verinesa.

Manter aquel nivel era lóxico que non se podía soportar, polo caro que saía, pero darlle un cambio recollendo elementos rurais para adapatalo as circunstanciais actuais é posible.

Este carnaval, e sobre todo o desfile, necesita de cambios que non o fagan morrer. Neste só se salvou unha comparsa, unha carroza e sobre todo o número de cigarróns ou peliqueiros.

Houbo xente que o tildou dun Lázaro máis, pola falta dos elementos característicos e indíxenas da vila.

Se souberan do “pregonillo” do Mirito non lles faría falta recurrir a repetición de ano tras ano do acontecer na praza o xoves de Comadres. Por certo, dalle ambiente a Verín con ese evento de celebración do mércores de precomadres.  Iniciativas deste tipo fan que o carnaval siga o seu curso, por iso hai que arroupalos coa colaboración adecuada.

Hai que recordar que estas festas entroideiras da vila sempre estiveron promocionadas polos veciños que estaban fóra, porque traían amigos que se divertían e facían de bos emisarios falando do ben que o pasaban.

Unha curiosa anécdota pasoulle a un enxeñeiro que foi invitado por un compañeiro de traballo a disfrutar destas festas. O tal, pensando que todo o monte é ourego, entrou no casino e sentouse nunha cadeira, coas pernas cruzadas, para levantarlles as faldas ás mozas.  Algunhas soportaron, pero chegou unha das da praza, musculosa e pequena, e deulle un pescozón que o tirou ao chan.

Daquela o carnaval facíase no casino, no bar Aurora, no café Novo e no Buenos Aires, polo que era máis acolledor e  familiar.

Haberá que recuperar ao Fausto para que recorra as rúas botando cinsa dun lado ao outro, porque así era o carnaval.

Haberá que sentarse e escoitar aos maiores para que conten como o facían, pero tamén haberá que deixar que os novos tempos inmersionen os seus elementos para que todos fagan que a mellor festa perdure no tempo.

O que si ten importancia é o Támega que fai que se unan Oimbra, Verín e Laza, porque beben das súas augas e si el está, tamén teñen que estar os tres pobos na mellor festa carnal.

Viva o entroido!

 

Presidente

Miña cara señora María:  se vostede estivera no Paco Paz seguramente contaría con máis detalle o que aconteceu aló.

Como vostede está entrada en anos non puido achegarse ata a capital, porque necesitaría dun transporte especial. A non ser, que o aseu voto fora imprescindible para aupar á presidencia ao verinés desleal.

Cadaquén arrimou a ascua á súa sardiña, destacando os medios xornalísticos, que estiveron baixo o paraugas da Xunta de Galicia.

Coma voitres se portaron coa familia Baltar ao longo desta campaña cara a presidencia provincial do PP.

Un urra para o xornal, “La Región”, que se portou coma un xabato na defensa de MB. Todos contra Baltar e todos contra “La Región”. Saíron vitoriosos, por iso esta loita soubo a moito máis. Unha loita pírrica.

Pasaba das nove da mañá e o aforo do pavillón estaba bastante ocupado, polos compromisarios e invitados ao evento popular.

Polo corredor central, cara o posto asinado, camiñaba, estilo “Obama”, o aspirante raiano, acompañado da súa dona e o seu fillo cativo. Faltaba a filla.

Nin bos días, nin mirada, nin xesto, nin acercamento cara o anfitrión, o seu “pai político”, que como bo capitán estaba no seu posto. A educación foi sempre a súa debilidade, mellor dito, a súa gran carencia.

Entre as voces da xente, os altofalantes anunciaban outra impugnación máis, comunicando que se faría efecto no momento de ir a votar os supostos compromisarios irregulares. Esqueceuse de cando en Verín gañou irregularmente, polos mesmos motivos de agora. Daquela a impugnación non seguiu seu curso, pero agora bota man dela para gañar. Que fraca memoria ten!. Agora si que fixo o ridículo, non como dixo nas ondas daquela. Agora todo o mundo o soubo, porque os medios de comunicación fixeron eco, desta guerra, onde o fin xustificaba todos o medios que buscaron. Este congreso pasará a historia pola traizón e polas impugnacións.

Toma a palabra Xosé L. Baltar. Rube ao estrado e comeza a dar conta da súa xestión ao longo dos anos que exerceu de presidente do PP de Ourense. Boas verbas para todas as persoas que estiveron o seu carón e foran leais.

Dende as bancadas de enriba outeábase o ambiente. Os aplausos ían marcando os posibles votos e tomaban importancia aqueles que non se deixaban levar polos impulsos de agradecemento, polo que a diferenza ía tomando corpo para diagnosticar o posible gañador. As cadeiras estaban definidas, polo que o gañador ía ser Manuel Baltar. Nas bancadas de Verín non aplaudían.

Aplausos e clamores de entusiasmo, ante as verbas do presidente saínte, resoaban dentro do recinto. O público sentíase vibrante ante quen soubo estar o seu lado nas súas necesidades. E iso que o presidente da mesa, outro fuxido, chamoulle a atención, porque daba as grazas aos presentes.

Baixou do estrado ante as frases de : “Baltar presidente!...”. Foi saudando ás persoas da primeira fila, pero parou na súa cadeira, aínda que estendeu a man para saudar aos seguintes da ringleira. Non quería encontrarse co candidato raiano. Estaba doído co seu comportamento.

O discurso do verinés debeuno facer un aprendiz, porque a palabra “lealdade” saíu da súa boca e de súpeto gritos de: “ fóra!, fóra!, fóra!,...” soou por xeración espontánea. Pouca categoría e pouco nivel. Unha cousa quedou clara: a gran diferenza de preparación cultural, política, etc... entre os dous candidatos. Pero a ousadía é a ousadía. Notábase derrotado.

Cando se dirixía á súa cadeira despois de rematar de ler o pobre discurso tamén empezou a saudar aos convidados da primeira fila. Chegou ata Baltar, que, por certo, estendeulle a man, pero nun xesto de desprezo, soubo, sixilosamente camiñar, en crequenas, ata ó seu fillo, colocándose fronte del, para que non se deran a man, cando chegase á súa altura.

Tempo de votar e, de súpeto, abrazos e alegrías nunha parte das bancadas. MB tiña máis votos, polo tanto, novo presidente do PP ourensán.

Como curiosidades hai que destacar un par delas. A primeira foi que cando o raioto lía o seu discurso, o exconselleiro das “vacas tolas” saíu para fóra, seguro que a botar un cigarro. A segunda foi que a Secretaria Xeral de Turismo colocouse entre dous concelleiros de Verín, charlando todo o rato e, como colofón, desapareceron do recinto deixándoo só, cando todo o mundo ía saudar ao vencedor.

Daba pena, pero buscouna. Viviu a soidade do vencido, vendo a alegría do gañador.

Os da boina gañaron aos do bonete. Os rurais venceron aos urbanitas.

Grazas a Baltar, que soubo imprimirlle carácter de indíxenas ourensáns.

 

Traizón anunciada

Meu caro Baltar: é curioso que che pasara a ti isto. Hai un evanxeo de Xudas, no que se recolle, que foi Xesús, quen mandou a Xudas, que o traizoase. Supoño que ti non farías iso.

Cantos bicos che deu e cantos sen sabores che fixo tragar para pagarche con esta moeda!

Do que gostaba era de cando te ía esperar ás aforas de Verín, rubía no teu coche e aparecía ao teu carón, porque quería sentirse e aparecer ante o pobo, como o teu fillo político e tamén sentirse importante. A importancia está no maxín, non na figura.

Coñecer, debíalo coñecer ben ou teño que recordarche aquela xuntanza nun restaurante ás aforas de Ourense, onde che foi falar de Manuel Baltar, porque estaba a provocar envexas nos políticos locais, que non participaban nas súas xuntanzas, cando fora Delegado Provincial de Agricultura? Eran verdadeiras envexas, pero ti participaches estoicamente naquela conversa-cea, bis a bis.

Algún queríao quitar do mapa político, xa daquela, porque era un rival máis na carreira, cara a presidencia provincial do PP. Xa choveu!

O camiño ata chegar a ti preparouno moi detalladamente. Non lle chegou ter una relación política, senón que quixo terte máis perto, polo que tratou de gañar a túa amizade e, sobre todo, chegar a ter unha relación case familiar, polo que invitou ao teu fillo Luís aos carnavais e fins de semana, converténdoo en “padriño” do seu fillo, co fin de ter unha íntima relación para gañar, aínda máis, a túa confianza.

Mistura todo con tal de saírse coa del, aínda que sexa unha traizón. Estaba preparado para facelo, porque o tiñas no Comité de dirección do Partido, polo que a información éralle privilexiada.

Cada problema que creaba, pola súa actitude antidemocrática e de chulería cos compañeiros, chámabate e presentábaste en Verín para calmar a tempestade da política local. Sempre aparecías no momento que te necesitaba e, agora, págache con esta traizón.

Viviches a sangría de compañeiros, que se marcharon do seu lado, porque o seu comportamento é de "ordeno e mando".

Gañou as eleccións ao Comité Local, incumprindo os estatutos, e agora reclama axuda a Santiago. Desconfía ata da súa sombra.

Leva en política case vintecinco anos e quere ser “renovación”. Está no posto máis solicitado polos políticos de calquera partido, postos a dedo, aupado por ti.

Se ti souberas o concepto que ten de liberdade e democracia seguro que obrarías doutro xeito. Ordenou desenlazar a páxina Web do concello co meu blog. Deu orden de eliminarme do taboleiro de escritores locais, da mesma páxina, e para máis “inri” gasta toda a súa enerxía en chamar aos responsables, provinciais e rexionais, dunha emisora local para que non lea as miñas “Crónicas Tamaganas” cada semana, e salgan nas ondas.

Se souberas como “delega” nos concelleiros terías, coñecemento de primeira man de como ordena e manda. Ningún concelleiro tivemos, nin teñen, firma en cada departamento. Nin deixa que propoñas un orzamento, coa súa memoria, para ser incluído no orzamento xeral.

Un dos ex-tenentes de alcalde, cando soubo dunha lista alternativa en Verín, expresou a seguinte frase: “son uns suicidas”. Este si que o coñece ben. A el expulsouno do partido sen darlle audiencia.

Quérelle tanto ao Partido que na conta bancaria, onde se pagan as cuotas, o titular é el. O Partido Popular de Verín non ten conta nin NIF, coma calquera asociación ou comunidade de veciños. E quere levar a Ourense o que fai en Verín!

Trampeou con dous mil afiliados para ter os compromisarios correspondentes, en cada congreso, e poder negociar as súas prevendas, cando nestas eleccións se comprobou que só foron votar cincocentos sesenta con dereito a voto.

Debería mirarse nos familiares, que acudiron a votar o día trece, para arroupar os postos de traballo, da maioría dos compromisarios, porque foron leais e non coma el.

Nembargantes, meu caro Baltar, é triste que teñan un concepto tan degradado dunha persoa, para buscala co fin de traizoar ao seu “pai político”. Este feito pasará a historia da provincia de Ourense e estudarase como exemplo de traizón política nos círculos correspondentes.

Agora ben, as cousas tamén hai que tomalas según de quen veñan. O único programa que ten é o catálogo das plumas estilográficas e dos móbiles.

Vaia o meu apoio a Manuel Baltar, que si ten un programa e un compromiso coa provincia de Ourense, porque en Santiago, os de Ourense, séntense moi sós.

 

Verinés

Miña cara señora María: todo o meu gozo metido nun pozo.

A miña esperanza dunha renovación do Partido Popular ourensán, ao estilo do goberno da Xunta de Galicia, quedou no baúl dos recordos, cando nos medios de comunicación e políticos, dirixidos dende Santiago, aparecen tomando postura por un deles.

Un personaxe que leva en política, case vintecinco anos e nun dos postos máis solicitados por todos os adlátares, de calquera partido, como é o de ser Conselleiro Delegado de RTVG, resulta que conta coa bendición dende Santiago.

Por certo, este posto non é producto do seu traballo, senón dos que arrimamos o ombro. Primeiro para que chegase a alcalde, e logo, ser proposto polo presidente provincial, o señor Baltar.

Fraco favor lle fan ao partido ao ter que recurrir a un personaxe que Roberto Verinno calificou, na prensa, de “calaña”.

Os problemas con Ourense ou co señor Baltar non se poden solventar co “apoio” a esta clase de individuos. Máis  aínda, a ferida política, que ao parecer non está pechada, quérese curar coa antítese a unha necesaria renovación do partido en Ourense.

O PP ourensán ten persoas preparadas e de talante negociador. O único problema que ten Manuel Baltar é que leva o apelido Baltar. Pero recurrir ao Torquemada verinés é un insulto aos afiliados ourensáns. Se se perdeu indo ao Barco nesta campaña, cómo intenta que recabe apoios, co seu visto bo, se non coñece a xeografía ourensana?.

O concepto que ten liberdade podo resumilo en tres puntos:

Primeiro: deu orden de cortar o enlace da páxina do concello de Verín co meu blog.

Segundo: deu orden de eliminarme do taboleiro de escritores, tamén da páxina do concello, cando teño un libro publicado pola editorial Everest e colaborei, nos do concello, onde aparece el, firmando os prólogos.

Terceiro: para máis inri, gasta toda a súa enerxía en chamar aos xefes dunha emisora local, para que non lea as miñas “Crónicas Tamaganas" cada semana. Menudo demócrata!

O concepto que ten de “delegar” nos concelleiros resúmese nunhas verbas: “ningún concelleiro tivemos firma, en cada concellalía, e menos facer o orzamento, coa súa memoria correspondente." A isto chámalle delegar, estar baixo o seu mando único.

Debería aprender dos familiares dos traballadores do concello, que se comportaron con toda lealdade para con el, o día trece, acudindo a votar. Que pasaría se lle fixeran como lle fixo el ao seu pai político?. Seguro que algún cobra de soldo, cada mes, dez veces menos ca el, pero alí estiveron para manter o posto de traballo dos parentes. Iso é ser leales!. Non o del.

Desta lección non aprenderá e isto non queda aquí. A súa traizón é un aviso para navegantes.

Mire se llo coñecen ben en Verín, que un dos ex-tenentes de alcades expresou a seguinte frase, cando viu que había unha lista alternativa á del, que recibiu noventa votos: “valentes, pero son uns suicidas”. A este expulsouno do partido sen darlle audiencia.

Que concepto deben ter del os que o arroupan, xa que ningún diu a cara e recurriron a el, porque sabían que se convertiría nun traidor. É triste, para unha persoa, que te usen deste xeito e que saiban que eres así.

É tan demócrata e ábrenos as portas a todos os afiliados, que levo seis anos sen ser convocado a ningunha reunión do partido. Pago a cuota nunha conta onde reza de titular o seu nome e outro, e de NIF o seu número do carné de indentidade. Teño recibos do banco para demostrar esto. O normal é que, o PP de Verín, teña o seu NIF e o seu libro de actas como calquera asociación ou comunidade de veciños.

Xogou co número de dous mil afiliados moitos anos, para ter os compromisarios correspondentes en cada congreso e poder negociar as súas prevendas, cando nestas elecións non houbo máis que cincocentos sesenta con dereito a voto. A isto chámaselle ser demócrata.

Foi elexido presidente do Partido Popular de Verín, incumprindo os estatutos, como se demostrou agora. Daquela votaron sen estar ao día nas cuotas.

Voto Manuel Baltar porque ten un programa e, sobre todo, un punto que é o de defensor do afiliado. Onde está o programa do adversario? Só se adica a chamarlle a Baltar o que é el. Dígoo por experiencia.

 

Xudas

Xudas

Meu caro Baltar: é curioso que che pasara como a Cristo. Perdón por esta figura. Nos mentireiros políticos, nos curros dos bares só hai un comentario: "Son cousas do Baltar!", "está todo preparado!", "mandouno presentar!", "ao final intégranse as listas!, "todo é unha pantomima!"...

Hai un evanxeo de Xudas no que se recolle que tamén foi Xesús quen mandou a Xudas que o traizoara. Ao parecer é unha versión gnóstica do comportamento do apóstolo.

Cantos bicos che deu e cantos sen sabores che fixo pasar para que ao final remate desta forma!. Ata o último momento no te chama para anunciarche a súa candidatura!.

Pois coñecer, debíalo coñecer ben, ou teño que recordarche aquela xuntanza que tiveches con el nun restaurante, nas aforas de Ourense, camiño de Santiago, onde che foi a contar as cuitas que estaba a provocar o teu fillo nalgúns políticos da capital?. Non eran cuitas, eran envexas.

Algún estábase adiantando a este acontecer actual, por iso había que denigralo e apartalo, xa daquela. Ti non picaches, pero escoitaches todo o que che dixo serenamente.

Hai que ter morro para irlle falar mal a un pai do seu fillo, sobre todo en política!.

Aproveitou o momento no que non houbo ningún candidato arroupado por Santiago, polo que a conxuntura foille propicia para facelo, e apareceu, como se fose el. Estaba listo para traizoarte, ademais tíñalo nese Comité de dirección do Partido, a nivel provincial, onde tratades todos os temas, polo que a información éralle privilexiada.

Ti deixaches crecer a este personaxe, sobre todo nun lugar onde os votos da dereita están máis que sementados. Calquera persoa que encabece a lista do Partido Popular gana as eleccións locais. Aínda máis, mellorando os votos, porque este non da máis de si. Mantense na maioría raspada e nunca superou a suma dos votos da oposición.

Deixáchelo facer o que quixo. Convocaches as eleccións ao Comité Local de Verín, porque houbera reclamacións de afiliados.

Gañou aquelas eleccións incumprindo totalmente os estatutos do Partido Popular e así foi crecendo ata pagarche con esta moeda.

Compartiches con el a sangría de compañeiros que marcharon do seu lado, porque o seu comportamento é de ordeno e mando. Pódoche afirmar, porque o vivín, que non hai palabras nos dicionarios de todas as Reais Academias das Linguas do mundo que o poidan definir.

Nestes intres estou contento porque el mesmo se definiu con esta actitude co seu “pai político”, polo que confirma a opinión de todos aqueles que o tiñan ben catalogado. Isto é un aviso para navegantes políticos. Que lean neste comportamento. Válelle calquera partido con tal de estar na poltrona!.

Fuches o seu “pai político”. Cada problema que creaba, polo seu comportamento antidemocrático e de chulería, cos compañeiros, chamábate e presentábaste en Verín para calmar a tempestade da política local. Sempre estabas e aparecías no momento que te necesitaba e agora págache desta forma.

Nunca te preguntaches o porque non foi electo presidente da Mancomunidade. Aí tes un elemento que o debiches analizar, para coñecelo mellor.

Como xestor, na política, poño dous exemplos. Nada de parques empresariais e máis de mil persoas apuntadas para optar a un posto dos tres obradoiros concedidos. E a súa xestión quérea elevar á provincia!.

Pero, non te preocupes, porque ti non estás colgado na cruz e podes seguir, a pesar desta traizón.

 

Paseo

Paseo

Miña cara señora María: se vostede puidera permitirse o luxo de dar una volta polas rúas da vila encontraríase con situacións difíciles de comprender. Vostede só pode cumprir coa encomenda que lle ten súa filla. A de recoller ó netiño ás horas que ela está no traballo. E para iso fai un gran esforzo co seu xeonllo, porque nesa rota non hai un par de cadeiras onde poida descansar. Así trata este pobo aos seus maiores, sabendo que son a sabedoría da experiencia.

Non se debe preocupar, que aos novos non lles fai mellor trato, porque para uns simples obradoiros, dunhas vinte ou trinta prazas, presentáronse máis de mil duascentas persoas. Que porvir nos espera!

Os veciños quedan abraiados e pola súa maxín pasan ideas que non poden ter explicación a hora de entender a execución de certas obras. Andan a soterrar os colectores do lixo na calzada da estrada internacional de Portugal. Saberá que cando se intenta facer unha obra deste tipo hai que molestar o menos posible aos veciños, que se senten prexudicados, polo tanto débese buscar o lugar de ubicación que menos dane aos negocios lindeiros.

Ademais, este lugar por varios motivos é o menos axeitado para colocar os colectores, porque non son estéticos, porque atrancan a circulación á hora de recoller o lixo e ademais na tenda que está ao lado poden minguar os clientes, polo cheiro que poden botar en calquera momento.

Ante a protesta dun veciño o que fixeron foi desprazalos uns metros cara o outro. Moi boa solución! Ispen a un santo para vestir a outro!

Non haberá problema señora María, dende o concello cargarase sobre os veciños. Verín recibe as culpas de todo o que está mal ou non funciona.

Que pinta no cargo se non asume as responsabilidades que lle concedeu o pobo nas eleccións!

Non recoñece a súa inoperancia. Quere súbditos, non persoas que esixan!

Aínda que os veciños teñan culpa haberá que facer campañas de concienciación, porque unha casa límpase todos os días, ou, el non?

O problema xorde cando non se ten educación e non se lla pode transmitir aos veciños que recollen o que ven e escoitan dos dirixentes.

O propietario do local máis prexudicado pode que reclame, pero non haberá problema, porque paga o pobo. Coitadiño pobo!

A corenta ou cincuenta metros de distancia hai un lugar que debe estar esperando para ser ocupado por colectores, que se chama rúa Correos, por detrás da Sindical. A ambos lados calquera sitio vale.

Por suposto, non carrexa ningún problema e menos protestas de veciños ou propietarios de locais comerciais.

Decisións caprichosas e falta de táctica política, señora María. Dende o poder hai que amedrentar. Así non se move ninguén.

É a máxima municipal.