
|
a noite.-
Jueves, 26 de Enero de 2012 19:20 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. cartas...
Verín-CRONICAS TAMAGANAS. Cartas....
Miña cara señora María: A vila esperta, non moi a présa pero, paso a paso, vai dando a cara e saíndo á rúa manifestándose ou a través da denuncia pública. O descontento é xeral. Non só a crise é problema, senón que arrecian os temas locais e os colectivos afectados dan a cara, a pesar de que logo pasan polo “confesionario” para disculparse, botándolle a culpa ás mans levantadas de todos os presententes para repartir a carga e non verse involucrados en represalias, que é o máis normal. –Ninguén quere o protagonismo. Entón para que forman asociacións se coñecen ao persoal?. É difícil vivir así. Os pobos cativos teñen esta idiosincracia. E non se despegan. Cativos pero valientes foron os empresarios que manifestaron publicamente a súa estorsión por carta. A nova, a grandes titulares na primeira páxina do diario provincial, puxo de manifesto algo que sucede hai longo tempo. Ao parecer, coas novas tecnoloxías e iso das escoitas telefónicas, os autores tomaron precaucións e empregaron cartas, tipo Euskadi. Na vila sempre houbo este tipo de pagamento. Antes usaban a vía telefónica ou meter o “carro” no patio ou xardín para recoller o pactado. Tamén se usaban estas novas para desorientar, porque así pasaban o contrabando, a rego cheo, por onde estaba expedito o camiño. O querer vivir ben a conta dos demais tampouco é novo. Antes, no tempo da vacas cheas, había para todos pero nesta época de vacas fracas, non hai, polo que a todos toca apretarse o cinturón. Por iso na outra etapa non se producían denuncias. Todo se comenta nos bares, pero que salgan afirmando deste xeito, quere dicir, que están ata o gorro. Pero iso é bo. A xente débese expresar publicamente para que se oiga a súa situación. Hai que desenmascarar ao individuo ou individuos ou aos que usan a outros para conseguir riqueza deste maneira. Xa está ben que disfruten cos cartos dos que traballan e teñen que sudar parta levar de comer, a cotío, para a súa casa. Ninguén debe ser dono de ninguén e menos do seu sudor. Pero hai quen pensa que si e aproveita a situación para levar adiante este tipo de tropelías. Non hai corazón, nin hai ética, nin moral e logo van a comulgar como si nada pasara. O curioso é que ata tomas café a seu lado como se todo fose normal, cando as tripas roxen por mor do que sabes e non o podes dicir, porque fan falta probas, aínda que o viviras ou o viras. Teñen que sofrir moito estas persoas que viven cousas destas e teñen que permanecer calados e silenciosos, sobre todo cando escoitan, na esquina da barra, a conversa dos clientes e conveciños falando do tema e non poder comentar nada. –O medo. -En calquera esquina hai un “comisario” que se vende por un simple vaso de viño ou por dar a man en calquera recuncho da vila.- Iso é triste. - Moi importante é esta nova, no xornal, denunciando o tema, porque pode que a vila esperte, aínda que xesa paseniñamente.
Verín 18 de decembro do 2011.-
Adolfo Rolán. Domingo, 18 de Diciembre de 2011 10:43 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. "solar".-
Miña cara señora María: -Querido Fran todos os papeis ou certificados, como queiras chamarlle, son públicos. O edicto que colgou no taboleiro do concello ten entrada no rexistro co número 5783 e data 21-6-2011. Estes catro papeis foron de onde arrancou todo. Léndoos e coñecendo a planimetría e os propietarios chegas a información que queiras ou desexes. Tes que recordar que o “individuo” é concelleiro de urbanismo e alcalde dende o ano 1995. A non ser eses dous anos e algo do tripartito. Polo tanto, goza da información privilexiada que quere e desexa. Ademais agora tamén ten a súa parella no servizo de urbanismo, polo que non se lle escapa unha rata. O PXOM está aprobado inicialmente. Hai unha ordenanza que regula xa esa superficie. Deberías preguntarte e a oposición que fai?. –Aí radica o problema. –Inoperantes totais. Os documentos do taboleiro din: “ Andrés Ylla García-Germán, registrador de la propiedad titular del registro mercantil y de bienes muebles de Ourense e interino del de Verín y su distrito hipotecario, provincial de Orense Tribunal Superior de Justicia de Galicia: HAGO SABER: Que D. .....-Pon o nome do “individuo”-, ha inscrito a su favor en este Registro, acogiéndose al art. 205 de la ley Hipotecaria, la (s) finca (s) que se describe (n) en la (s) nota(s) simple adjunta (s).- E l título que originó la(s) incripción (es) referida (s) fue: escritura autorizada el seis de Mayo del año dos mil once, por el notario de Orense/ourense DON JOSE ANTONIO BOLLO DE MIGUEL número 724/2.011.- Y por el presente, cumplimiento así lo ordenado en el citado artículo, se pone en conocimiento de cuantos puedan estar interesados respecto de la (s) expresadas (s) inscripción (es), a fin de que hagan uso de los derechos que, en su caso puedan corresponderles sobre la (s) finca(s) descrita(s). Verín a seis de junio del año dos mil once. Fdo. Andrés Ylla García-Germán.- Logo continúa coa descripción de cada unha das fincas.: Lugar, naturaleza das fincas, linderos, superficie, titulares, cargas, limitaciones.. -Hai os lindeiros!. Se souberas!. Débestes fixar ben nas datas. Ata de agora estamos no ano dous mil once. En Verín a, 29 de novembro de 2007 da secretaría do concello sae unha certificación urbanística (URB 2007-311) co número de rexistro de saída 13654 e data 29-11-2007 para un promotor, no Camiño da Glorieta, que pon: “ En relación co escrito presentado ante este concello por D........, con data 27-9-2007 o que solicita certificado de que as parcelas situadas no camiño da Glorieta XX; XX, de Verín teñen todos os servizos necesarios para ser consideradas SOLO CONSOLIDADO, procede sinalar que unha vez consultados os datos obrantes no Servizo de Urbanismo deste concelllo e sgundo o informe técnico elaborado polo Arquitecto Municipal con data 9-11-2007 e obrante no expediente, as parcelas indicadas gozan da clasificación de SOLO URBANO CONSOLIDADO e alcanzan a condición técnico-xurídicas de soares de acordo co disposto no artigo 16 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Proteccion do Medio Rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 de 29 de decembro. Continúa dicindo: “Como consecuencia do proceso descrito transformouse física e xurídicamente o solo inicialmente clasificado como SOLO URBANO NON CONSOLIDADO en SOLO URBANO CONSOLIDALO. –Daraste conta de que non fala de solo rústico.- É interesante o que expón a continuación: “O que resulta confirmado pola xurisprudencia do Tribunal Supremo cando indica que as facultades discrecionais que como regra xeral deben recoñecerse ó planificador para clasificar o solo na forma que estime máis conveniente, teñen o seu límite no SOLO URBANO, pois necesariamente ha de recoñecerse esa categoría ós terreos que atopándose na “malla” urbana, por chegar a eles a acción urbanizadora, dispoñan de servizos urbanísticos (acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas e subministro de enerxía eléctrica) coas características adecuadas para servir á edificación que sobre eles exista ou deba de construir, ou se atopen comprendidos en áreas consolidadas pola edificación, salvo que a existencia de tales servizos ou a consolidación da edificación tiveran a súa orixe en infraccións urbanísticas e aínda lle sexa posible á administración impoñer as medidas de restauración da orde urbanística infrinxida (fundamento xurídio 6º da Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta, de data 30-3- 2005.). “Por conseguinte, de acordo co razoado neste informe e segundo os datos obrantes no Servizo de Urbanismo deste Concello, as parcelas situadas no Camiño da Glorieta, gozan da clasificación de SOLO URBANO CONSOLIDADO coa condición técnico-xurídica de soar segundo o disposto nos artigos 11, 12 ee 16 da Lei 9/2002 de 30 de decembro. Para que conste e para os efectos oportunos, sinaladamente para o disposto no Real decreto 1955/2000 de 1 de decembro que regula as acrividade...................expido a presente certificación, co visto e prace do Sr. Alcalde, en Verín, na data que se indicou ó comezo. Unha aclaración: “Estas parcelas lindan co terreo en cuestión, están na mesma beirarrúa”.- A historia co seu comentario fareicho nouto momento, porque estes documentos son para escribir un libro. Direiche que todo é producto da envexa, polo que non permite que ninguén lle oculte a vista cara Monterrei. Hai un promotor que tiña apalabrada a compra e outra persoa que quería facer a súa vivienda e que chegou a ir ao concello a pedirlle que lla deixase comprar, porque el xa tiña casa, pero é filla dun exconcelleiro do pp.........-contestoulle......... Continuará....-.Verás que os documentos son do propio concello.- Pero... non deberían contradecirse.
En Verín, 10 de decembro do 2011.- Domingo, 11 de Diciembre de 2011 20:11 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. cicerone
Miña cara señora María: Haberá que chamar a Fran para encomendarlle que debe ser o “cicerone”, aló, na capital das Españas, do “taifiñas” verinés. Para iso deberá comprar o libro da autora alancantina Matilde Asensi, que leva por titulo “Peregrinatio”. Débeo ler con moita atención e analizar cada unha das encomendas suxeridas para cada lugar, polo pai do protagonista, ao frei, que o acompaña, ao longo do Camiño. Terá que beber nesas páxinas para non esquecerse do que ,día a día, debe ensinar a este “peregino” verinés. -Ten que purgar fechorías polo que o cumprimento de cada penitencia debe ser o máis exhaustivo, marcándolle cada un dos sacrificios que debe realizar, cando se encontre diante do santo, que perdoa, para que logo poida exercer con vehemencia e exemplaridade a súa vida social. -Aínda que aquí non hai “deus” que poida dar abasto e poder perdoar-. A súa vida non foi a de visitar monumentos, nin exposicións, nin museos, nin viaxar para ver cousas novas, coas que enriquecer o seu bagaxe cultural, polo que terás ardúa tarea en programar e planificar eventos cos que alimentar e facer unha persoa de ben, íntegramente. Deberá saber que a vida non é só acumular riqueza material, nin comer nos restaurantes máis caros, nin fardar coa mellor estilográfica, nin pór enriba da mesa o último móvil, nin levar na man o maletín do estilista de moda, nese momento, porque “dentro” está valeira de contidos. -Serache recompesado polos verineses, cando vexan os cambios producidos no individuo, porque simple e llanamente reciben un saúdo ao cruzalo nas beirarrúas. -Non piden máis, só que o reconduzcas. Tarea difícil e ardua, meu caro Fran. Feixóo non soubo que facer con el, por iso optou a largalo lonxe de Santiago, porque debía de estar canso de escoitar sempre a mesma monserga: -No puedo ir para mi trabajo, porque sería una vergüenza volver a quitar callos o pinchar culos”. _Quen dera ese traballo para outros!. Con esta misiva verinesa, querido Fran, terás contactos que che poden redundar en beneficio. Saberás que está, en promesa e marcada no PXOM, un campus universitario, aló, onda o río Pequeno, pegado con Portugal, na Xea, polo que remata os estudos e verás realizados, aló, os teus proxectos ou ter un posto de traballo, como mestre, nun obradoiro. –Que non lle pase, como está sucedendo, co posible desmantelamento da escola de enfermería de Outeiro Seco, pero, de momento está no plano, logo deus dirá. Pégate ben a el, porque así terás un asento nun dos palcos do Bernabeu e frecuentarás os comedores de moda, na capital, e saborearás, co viño máis caro, o marisco prohibido. De vez en cando visitarás o Corte Inglés, para ver as últimas novedades, pero non o leves pola Latina, porque iso é moi vulgar, nin o leves o Rastro, porque tropeza coa xente, e el non está para ir sorteando individuos, porque o seu tempo non está para a vulgaridade. Tal vez, nalgunha ocasión, podes levalo pola Praza Maior, por se observa algo interesante, nas coleccións de sellos, pero máis que nada, porque así emula a seu pai político. Verín, 4 de decembro do 2011.- Adolfo Rolán. A. feito...
Verín –CRONICAS TAMAGANAS. A.Feito...
Miña cara señora María: O día vinte e dous do mes de outubro quedaron moitos teléfonos bloqueados. Todos querían dar a nova que aparecía nunha columna do xornal da Coruña. O columnista abriu súa maxín e deixouse levar por tódalas ocurrencias que recordaba das actitudes e comportamentos do individuo, porque non soportaba o silencio no que se colocara, en vez de darlle publicidade en cada momento que tiña a noticia correspondente. Así foi medrando ata que chegou a necesidade de pregoala. Aquel estigma que non o deixaba tiña que botalo fora para sentirse cómodo consigo mesmo e cos lectores que, a hora da verdade, son os que lle dan de comer. Esperou o momento no que moveu fichas ou intentaba algo, para colocarse na peana política, e lanzar seu pensamento, definindo ao personaxe, coa idea que tiña formada. –Non se equivocou en nada. Dixo o que a xente pensa e di nos cenáculos políticos e na vila. – -O xornalista abriu seu corazón e deixou levar polos seus adentros e expulsou todo o que sentía e levaba dentro para librarse daquel estigma que o aterraba. Cadaquén pode facer preguntas, aínda que a resposta a esta crónica, pálpase no artigo, pero nunca tomará corpo nun xornal, aínda que será tema de conversa en reunións. Serán comentarios nos cenáculos e ata producirá enfados momentáneos entre os tertulianos, aínda que non haxa defensores do cuestionado, pero intentarán colocalo no se lugar, nestes intres, da confección das lista electorais. Notoriedade tivo o artigo, aínda que pasada a tormenta todo escampa.-Morto estaba –ou orfo-, só facía falta soterralo. O narrador seguro que non afirma sen contrastar a súa información, polo que séntese coa autoridade adecuada para lanzar as afirmacións, que manifesta adecuadamente, tildando ao individuo como lle corresponde.–E non se acobardou, nin se quedou curto. -O que escribiu foille comentado por altos cargos, por iso non se amendrentou e xogou ben, co político de turno, que era o que buscaba. A cornada que lle pegou levaba dardos envenedados, aínda que é necesario descubrir o por que deste artigo, na Voz de Galicia. O fondo da narración non se deixa ver, pero vislúmbrase que algo moi importante tivo que ocorrer entre ámbolos dous amigos, para que se teñan que ver as caras deste xeito. O que si se pode engadir é que a noticia pronto se expallou pola vila. Pendurada das paredes con frases destacadas con fosforitos relucian polas cabinas telefónicas e portas. Cara o mediodía, alguén se encargou de arrincalas, pero pronto lle contestaron con outras a toda cor, ao día seguinte,deixándoas polos bares. -Dáselle moi ben iso de tapar a boca ou de privar da liberdade de expresión, aínda que só eran fotocopias dun xornal. Nestes intres o xornalista e o xornal pasaron ao ostracismo da economía publicitaria pública.
Verín, 2 de novembro do 2011.-
Adolfo Rolán. Miércoles, 02 de Noviembre de 2011 20:03 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. "funcionaria".....Verín. CRONICAS TAMAGANAS.- Funcionaria....!
Miña cara señora María: A funcionaria quedou estasiada do que esaba a ver. Polo seu maxín pasou un feixe de pensamentos que non daba ordenado e asimilado. Non podía dar credo ao que estaba a ver,sobre todo, dentro da igrexa. Necesitaba chegar pronto á casa. Quería vaciar a mente e sentirse liberada, porque consideraba que aquilo non podía acontecer. Descargou co marido e sentiuse alibiada, pero pouco lle durou, porque a contestación que recibiu colocábaa no lugar que tiña pensado. –Aquel acto- o máis importante da relixión- viuno polo chan, cando o personaxe acercándose ao altar recibiu do concelebrante o pan sagrado. -“Personaxes amorais así debíalles caer a cara de vergoña, cando queren ser como os veciños. As persoas participan dos actos relixiosos porque os senten e cumplen coa moral da relixión que profesan. –Non a pisotean!. -Seu marido contestoulle: “- Se fose o “Padre” non lla daba”. Ao día seguinte o marido preguntou polo “suceso” e a rsposta que tivo, dos presentes, é que a todos lles pasara como a súa dona. -Empregar unha cerimonia relixiosa e participar no acto máis sagrado e solemne así, deixa sen contestación a calquera que coñeza ao individuo!. A “funcionaria” empezou a comprender que con este concepto sobre a moral é lóxico que individuos que se dirixen ao público, en xeral, todos os días polos medios de comunicación, emboben ao público coas monsergas e promesas, porque o significado destas palabras e actos non lle dan a categoría moralizante adecuada. Os valores sociais están polas corredoiras, pero a moral dunha relixión, -que mamaches dos pais-, debía ter a máxima categoría, –nunha mente minimamente formada-, para que certos individuos sintan algún dolo, cando practican algunha fechoría. -Está visto que non!. –Dalles o mesmo. Interesante a “culebra” volvéndose arrastrar, pola xeografía provinciana, tratando de buscar apoios para optar a “ceador” –léase senador-, nas próximas eleccións. –Que longo mo fiandes!. -Estes da mancomunidade son moi ocorrentes. Quérenlle moito!. Ao parecer tamén opta a unha embaixada. Aquí, como cofundador deste “fume raiano” non debería ter problema, porque se Cataluña ten embaixadores por que non a eurocidade ou o couto verinchaves?. –Que longo mo fiandes!. Por certo, señora María, os xornais xa empezan a vislumbrar e a indicar o destino, que por certo, ten que ser o que ten. Facía un par de meses que lle comentou a certa persoa que volvía a pinchar cús. As novas, sen embargo, na rúa, eran outras, pero ao parecer estanse preparando para que todo suceda como algo normal e non haxa resquebraxamentos políticos, porque, se da outra vez quedou como quedou, desta e que desaparece. -Que llo pregunte a quen dicen, -con quen ten moita amizade-, ao parecer, -según vende para a rúa-, que de pronto este poderoso o único que fixo, politicamente falando, foi prepararlle a cama para largalo do mellor posto pagado da política galaica. Dos incendios e da morte do piloto da avioneta só hai que engadir que a señora ministra apareceu só para estragarlle a interpelación parlamentaria aos do seu partido. Di o refrán: “despois de burro morto cebada ao rabo”. Facía uns días que o “ministro” do rural galego lanzara as campas ao vo, botara a lingua a pastar ou lanzou o cuspe cara o ceo e caíulle a el mesmo. Que lea :”El arte de la prudencia”, de Baltasar Gracián e así saberá como se ten que comportar un político. Isto é o que temos e así nos vai!. Verín, 19 de outubro do 2011.- Adolfo Rolán.- Miércoles, 19 de Octubre de 2011 12:34 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. Couto verinchaves.
Verín .CRONICAS TAMAGANAS.- Couto verinchaves.
Miña cara señora María: Debería saber que nesta eurocidade Verinchaves están de mal humor porque as leis dos seus respectivos países non lle permitir acadar novos teitos lexislativos para chegar a acordos que son propios doutras administracións, no referente a proxectos en común. Os dous mandamaises de ambos lados da raia queren crear un “couto”. Este “couto” debe ter autonomía e independencia para facer o que lles peta. Esta “queixa” política debe encadrarse nas reivindicacións de independencia e autogoberno que algunhas autonomías andan na precura no estado español. Aínda se deron de conta de que os estados –Luso e español_ teñen leis que as súas respectivas comunidades deben cumprir. O que chama a atención é a intención deste “personaxes”, de querer saltar as leis dos seus respectivos países. -Ou, non será que se agotou a súa capacidade de emprender novos proxectos que ilusionen a cidadanía raiota?. –De todo haberá un pouco. Nalgunha ocasión comentouse que Verín ía ser un barrio da eurocidade, que só serviría para que a urbe lusitana podera acceder a proxectos doutro nivel, pero ao parecer a crise chegou a todas partes, polo que hai que buscar excusas ante as dificultades de seguir apostando pola nova administración territorial raiana. Hai que pensar que hai que encher o edificio da alfándega, en Feces, de persoal, polo que a falta de cartos imposibilita estes novos inchufes a costa de todos os contibuíntes, polo que hai que buscar excusas ou desviar o tema cara temas que signifiquen impedimentos. Co desmadre das autonomías, no seu gasto, aparecen estes “taifiñas” denunciando que, seus estados respectivos, non lles deixan avanzar no reino de taifas do alto Támega. –O malo é que ten que ser bicéfalo. –E xa se sabe cal foi o resultado das bicefalías ao longo da historia. Este tipo de maniestacións responden,xeralmente, a dúas concepcións de rexentar a política. –Unha é que tratan aos concidadáns de analfabetos. -Concepto de persoeiros acomplexados. A outra é a súa ignorancia da historia. A incultura élle innata a súa persoa. Nembargantes o luso debería saber que ningún estado pode permitir desgaxes territoriais. En canto ao galego xa se sabe cales son os libros que pasan polas súas mans: -os catálogos. De tódolos xeitos hai un detalle que é moi importante. Os portugueses xa lexislaron que os presidentes das Cámaras só estarán tres lexislaturas. Os españois deberían aprender e tomar nota, para que os alcaldes e todos os políticos tiveran tempo limitado a dúas lexislaturas. Debe ser este tempo limitado o que fixo que o lusitano se botara ao buraco deste xeito, non propio del, sobre todo, pola súa descendencia profesional, aínda que, ao parecer, está na mesma situación persoal que o verinés. Ámbolos dous están distantes, do que se pode chamar oficialismo relixioso, aínda que se deixan ver nas cerimonias, xa que está ben na procura do voto. Non hai lugar para os setecentos vinte e catro postos de traballo que prometeu, perante a campaña das municipais e hai que ir anunciando os atrancos necesarios para disculparse, ante cada persoa, que o visita para ser colocado. Non se preocupe señora María, que houbo que facer algún apaño para poder pagar as nóminas dos empregados públicos. Aínda non hai ningún ERE, pero..... pronto. Aínda así é moi doloroso para as familias que o sufran. –Todo polo voto! Verín, 9 de outono do 2011.-
Adolfo Rolán.- Domingo, 09 de Octubre de 2011 13:33 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
Enlaces |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras