Blogia

Crónicas Tamaganas

A Noria

 

 

 Miña cara señora María: Cando daquela apareceu o enxeñeiro da Demarcación de Estradas de Galicia para inspeccionar o terreo para a futura Autoestrada Verín-Chaves houbo que terlle un carro adaptado para tal fin.

  As vertentes dos montes correspondentes ao pobos do sur da Vila só tiñan camiños aptos para a maquinaria relativa aos traballos forestais e para os tractores e carros dos propietarios de terras nas ladeiras.

 Quería percorrer as curvas de nivel que traía sinaladas na súa planimetría paso a paso, polo que señora María, non se podía deixar de ser un coñecedor privilexiado de tal acontecemento. E así foi.

 A Autoestrada sufriu dous cambios no trazado definitivo. Un nos arredores de Mandín e outro en Tamaguelos, como consecuencia do primeiro e logo, coa famosa  rocha das pegadas do cabalo santiagués, no mesmo pobo.

  A Noria pertencía a unha propiedade, dentro do termo parroquial de Mandín, e hoxe está enclavada na parroquia de Feces de Abaixo, cerca do quilómetro 197,396, do Camiño de Santiago, que ao parecer, discorre por unha pista de Concentración Parcelaria, de ambos pobos.

 O cambio de lugar foi produto das expropiacións correspondentes para construír a autoestrada. A Noria foi valorada en sesenta mil euros, polo que os compradores fixeron con ela o que quixeron, colocándoa fora de lugar e argumentando que ía estar ben situada e ben arranxada, para ser nun futuro, testemuña do seu uso no pasado. Claro que ía ser, pero como non se levou a cabo a construción, marxe dereita e marxe esquerda, da Área de Servizo proposta, colocárona neste lugar, porque aí estaba e está sinalada a famosa Área de Descanso, pero a sorte que ten  é que o seu lugar está en zona de Concentración Parcelaria, polo que se pode ver.

 Claro que se pode ver. Pero quen ten que coidar dela? O Concello de Verín, o Ministerio de Fomento, O Camiño de Santiago. O normal é que estando a dez metros do Camiño de Santiago, sexan os responsables de coidala os que ordenen limpala.

 Pois non, miren que tan cerca un aparello desta categoría, que se pode aproveitar para facer andainas cos estudantes e non estudantes, para explicar o seu uso, está no esquecemento de tódalas administracións.

 Préstase para unha lección maxistral nestes tempos, en vivo e en directo, para que novos e non tan novos coñezan un mecanismo co que se elevaba a auga para regar as leiras e que está ao alcance dunha man.

 Señora María debe seguir viva para desenterrar cousas destas, porque Verín ten tanta historia que se esquecen ou andan noutras nubes. -Nas cousas sinxelas é onde está a verdadeira historia-.

                                   Verín, 17 de marzo, do 2022.-

                                           Adolfo Rolán.

"A Malla"

Verín­-CRÓNICAS TAMAGANAS- “A Malla”.

Miña cara señora María: No maxín do Arofo bulía e bulía o recordo de cando cativo, catro ou cinco anos, vira un grupo de homes, que cuns “mallos” batían enriba da palla, para separar o gran da espiga, logo recollelo, limpalo e gardalo na tulla, para que houbese pan perante todo o ano.

Este recordo, señora María, que aparecía, de cando en vez, tivo forma pola Pilarica, no mes de outubro do dous mil vinte, que é cando se sementa o pan e o trigo en Tintores. -Digo Pilarica porque daquela era festivo en toda España, pero na aldea non o cumprían, a non ser que fose domingo, polo que algúns veciños aproveitábano para sementar as leiras que lles correspondía, xa que o resto dos días da semana traballaban na vila.

Avisei ó Paco con tempo para que tivera o tractor listo co fin de preparar a leira do Cabezal para sementala de pan, porque a palla é máis longa e préstase mellor para colmar o Alpendre.

Os amigos de Marcelín, Nito e Pepiño (Michel), que dubidaran de que fose pan, ao chegar a Tintores comprobaron por si mesmos que era centeo, pero hai que dicir unha cousa, que non tiña a altura daqueles tempos. Portáronse ben e nun tris tras, o pan quedou estendido ao longo da leira. Só fixo falta colocalo para logo facer os mollos. Rematada a seitura as viandas correspondentes non faltaron e fincáronlle ben o dente.

Despois duns días houbo que facer os mollos, polo que preparar os vencellos non foi fácil, porque a lonxitude da palla non foi adecuada para facelos como antano, polo que botei man duns cordeis para que os mollos destacaran. Aínda así fixen un, como mostra, para ver a autenticidade dun mollo.

Como só eran vinte e catro mollos non fixo falta facer un “medouco”, para salvagardalos das posibles treboadas que aparecen pola época. Tampouco fixo falta acarreiralos no carro tirado polas vacas para facer a meda na aira, nin tampouco “barrala” para mallar, xa que as airas, agora, desapareceron na aldea. Ata desapareceron as privadas, pois a do meu avó ten cachos con tomateiras.-Cada propietario botou man do seu, converténdoo en horta ou garaxe. Polo que un plástico fixo de base para que o grao non se mesturase co borrallo e así colocando os mollos enriba del collín o mallo e batín nas espigas.

Daquela a “malla” consistía en dous grupos de persoas que,  botando man do mallo, colocábanse no lugar que lles asinaban ou elixían, porque hai persoas que son zurdas e dereitas de man, para bater nas espigas, seguindo a liña correspondente para non mancar ao compañeiro do lado.

Non botei man dos veciños como daquela, porque só eran vinte e catro mollos, polo que os coloquei de dous en dous e batinos, repetindo a faena ata rematar con todos, pero deixei un por se algún antollado quería practicar. Pero isto de traballar no campo xa só é para os tractores.

Ao pouco o tío Parajarillo (tío Julio), veciño de Tintores, fíxose cunha malladora e desapareceron as cuadrillas de malladores. A malladora compúñase de dúas pezas: unha, que albergaba o cilindro e a base para introducir os mollos e a uns metros de separación o motor, que a través dunha polea movía o cilindro. Máis tarde adaptáronlle motores eléctricos e tractores ata que, na actualidade, apareceron as colleitadoras.

Limpei o grao cunha criba e téñoo para darllo ás pitas.

Teño que dicir que na aldea viven poucos veciños, e poucos ou ningún saben facer un medouco, unha meda, un palleiro e menos barrar a aira, porque, tampouco hai vacas.

                                               Verín, 20 de agosto, do 2021.- 

                                            Adolfo Rolán.-

Introdución- A Capela.

Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS.-    INTRODUCIÓN    -A Capela-

  Miña cara señora María: Chegar a Bousés, Oimbra, non foi fácil, pero  Barreira conseguiuno.

 Estando en Italia, en concreto, na provincia de Breschia, foi invitado polo Alcalde dunha pequena cidade, chamada San Benedetto, durante tres días. Visitou distintos lugares, acompañado polo anfitrión e a súa dona. Naquel lugar foi onde Barreira oíu falar, por primeira vez, de San Mauro. Recordando aquela invitación, chamou á mencionada dona, para que lle contara a historia do Santo.

 Debe ser moi importante a teima que levou a Barreira alá enriba, porque a igrexa de Bousés non é pródiga en imaxes onde os devotos piden axuda, xa que a patroa é santa Baia e está presente noutras parroquias, non moi afastadas.

 Na Bisbarra celébranse varias romarías e festas concorridas por doentes para recibir a graza dos seus santos ou santas: á  Virxe da Caridade pola vista; a Santa Marta, patroa do Imposible, en Fontefría; a San Agustín en Vences pola fala; San Brais, na Rasela, para males da garganta e ao Santuario dos Remedios en Vilamaior peregrina toda a bisbarra. Ningunha destas igrexas cumprían os requisitos necesarios para o “segredo”do Barreira. -Tiña que ser Bousés. -E así foi-. Volve o dualismo misterioso do artista: Verín-Bousés.

 Barreira, emerxendo o subconsciente, non fai caso de ninguén e desexa cumprir cun antollo, que o ten preso, dende a súa mocidade, ao situarse por enriba xeograficamente.-Bousés as Chas-. Porque podía pensar en Arzádegos, pero non. Desexa situarse nas alturas para dicirlle ao seu “parente”: -Aquí estou-.

E iso, que non pode cumprir coa cerimonia dos “ofrecidos”,  porque o San Mauro debería estar sobre as andas e o devoto dar sete voltas ao redor ou pasar sete veces por baixo, para recibir os beneplácitos, proxectándose en cada devoto o milagre. Hai que esperar ao quince de xaneiro, cando os veciños o sacan en andas, na procesión, polas rúas da aldea, porque é o momento máis axeitado, participando na poxa, dunha das catro andas, para introducilo na igrexa e colocalo no lugar, sobre a plataforma adecuada, onde  poderá cumprir coa cerimonia.

 Algunha conexión debeu haber entre Barreira e o Santo aló  en Breschia. Algo lle acaeceu, para centrarse só na capela de San Mauro,  porque estas cousas só ocorren, cando as persoas se encontran en situacións difíciles para que a mente especule e busque solucións a todo. Volveu aos tempos pasados. Aqueles dos que non se dá desprendido, pero  fan que os pinceis coloquen a cor axeitada, que o pasado lle lembra.

 Ten que soltar esas pesadas cargas, tanto de  familiares como de “amizades”. Esquecerse deses desacougos, que tanto o encadean e que a súa mente descanse e  busque o pracer  para si, sobre todo, agora, cando está sendo un auténtico MESTRE nas artes.

   “San  Mauro  foi discípulo de San Bento, seguindo a fonte literaria do segundo libro dos Diálogos de San Gregorio Magno, un conxunto de historias sobre a vida e milagres de San Bento. Textos de Fr. Víctor M. Márquez Pailos, O.S.B..

   Durante a Idade Media, poucos libros gozaron de tanta popularidade coma os Diálogos gregorianos. Nesta obra San Gregorio, monxe e Papa, relata feitos, máis ou menos prodixiosos, ao escoitar testemuños referentes a santos na península dos Apeninos, propios da súa xeración.

 Os feitos prodixiosos que relata no libro son: milagres, profecías,visións, que acreditan a quen os facían como “homes de Deus”. Pois ben, entre estes “homes de Deus”, aparecen San Bento e os discípulos Mauro e Plácido. Neste contexto de progresiva divinización é onde inserta as alusións aos seus discípulos na vida monástica.

 San Bento funda doce mosteiros e coloca a doce monxes en cada un e continúa describindo que comezaron a frecuentalo xentes nobres e piadosas da cidade de Roma, confiándolles os seus fillos, a fin de que os educara para  o Señor Todopoderoso. Así foi como Evicio, pai de Mauro, e o patricio Tértulo, pai de Plácido, entregáronllos, posto que ambos presaxiaban gran porvir.

 Mauro, que era o maior, como destacaba na virtude, empezou a ser axudante de san Bento. As súas características esenciais como fillo de familia ilustre fan que fose confiado á tutela de quen tamén preferiu retirarse á soidade. Será colaborador do Abade, home de confianza, o seu “alter ego”.

 Grazas á súa perseveranza na oración, chega a participar nas visións do seu Mestre.

  Nos Diálogos de San Gregorio, Mauro era o encargado de velar pola disciplina, porque se percibe na penitencia que lle impón ao godo a quen, conforme contan os Diálogos, caeulle ao fondo dun lago a ferramenta coa que traballaba. A oración do santo patriarca, informado polo seu discípulo do feito, consuma milagrosamente a reparación iniciada coa penitencia (Diálogos,II,6).

 Non obstante o nome de Mauro aparece no capítulo sétimo dos Diálogos. Cando o compañeiro Plácido foi buscar auga ao lago e caeu. A corrente arrastrábao augas a dentro. San Bento chamou a Mauro para que o fose  rescatar dicíndolle: “Corre, irmán Mauro, que o neno foi buscar auga e caeu ao lago, arrastrándoo a corrente cada vez máis lonxe. Mauro, pedida e recibida a bendición marchou cumprir coa orde do seu Superior e crendo que camiñaba sobre terra firme correu sobre a auga ata chegar onde estaba o cativo, colléndoo polos cabelos regresou a máis non dar. Logo decatouse de que camiñara  sobre as augas. Nunca imaxinou poder facelo e quedou abraiado.

   De regreso contoulle o sucedido ao Abade, que llo achacou, non aos seus méritos propio, senón á obediencia do discípulo. Mauro, pola contra, sostiña que iso fora só efecto do seu mandato e que el non tiña parte naquel prodixio, porque actuara, sen reparar no que estaba acaecendo. O neno, observando unha amigable contenda entre a humildade do Mestre e Mauro mediou coma árbitro dicindo: “Eu, ao ser afastado da auga, vin sobre a miña cabeza a muleta do Abade e pensei que era el quen me sacaba das augas”.

  Este feito describe un Mauro obediente seguindo a regra de San Bento e a tradición monástica en xeral. Esta obediencia de Mauro ten a súa recompensa, facendo posible que o discípulo fiel camiñe sobre as augas, sendo algo insólito, dende o apóstolo Pedro.

 Todo isto evidencia uns vínculos, entre o Abade e Mauro, intensos e profundos de comuñón na oración e na acción, por estar sempre con Deus poden estar en todas partes.

  Ademais deste libro segundo dos Diálogos de San Gregorio Magno aparece unha biografía apócrifa atribuída o abade Odón de Glanfeuil (século IX) e presentada como versión actualizada da obra de Fausto, discípulo de  San Bento en Montecassino e compañeiro de Mauro, nunha viaxe a Francia para arraigar a orde e chegar á fin dos días despois  dunha vida digna, sendo un segundo San Bento.

 A iconografía representa a San Mauro vestido con saio e capucha. Como atributo leva un báculo abacial, unha voluta cara o interior e unha laia. No escudo leva flores de lis, recordando que foi quen implantou a Orde Beneditina en Francia. A muleta que adoita levar alude a seu padroado dos que padecen coxeira e mal de gota.

 O agnosticismo do artista choca co santo, pero a procura da relixiosidade (do segredo) lévao ao camiño de Damasco (Bousés), cando Saulo (San Pablo) se converte ao cristianismo para conseguir o desexado”.

  -Esperemos que  Barreira reciba de San Mauro os “favores” desexados-.

                                         Verín,24 de xullo, do 2021.-

                                                        Adolfo Rolán.-

Bibliografía:G.M. Colombás:  San Benito, su  vida y su regla, Madrid, 1968;

                   F.Caraffa (dir.): Biblioteca Sanctorum (VolS. IX y X), Roma,1967.         

"A Malla"

  Verín­-CRÓNICAS TAMAGANAS- “A Malla”.

 Miña cara señora María: No maxín do Arofo bulía e bulía o recordo de cando cativo, catro ou cinco anos, vira un grupo de homes, que cuns “mallos” batían enriba da palla, para separar o gran da espiga, logo recollelo, limpalo e gardalo na tulla, para que houbese pan perante todo o ano.

 Este recordo, señora María, que aparecía, de cando en vez, tivo forma pola Pilarica, no mes de outubro do dous mil vinte, que é cando se sementa o pan e o trigo en Tintores. -Digo Pilarica porque daquela era festivo en toda España, pero no pobo non o cumprían, a non ser que fose domingo, polo que algúns veciños aproveitábano para sementar as leiras que lles correspondía, xa que o resto dos días da semana traballaban na vila.

  Avisei o Paco con tempo para que tivera o tractor listo co fin de preparar a leira do Cabezal para sementala de pan, porque a palla é máis longa e préstase mellor para colmar o Alpendre.

 Os amigos de Marcelín, que dubidaran de que fose pan, ao chegar a Tintores viron que a realidade demostroulle que si era, pero hai que dicir unha cousa, que non tiña a altura de aqueles tempos. Portáronse ben e nun tris tras, o pan quedou estendido ao longo da leira. So fixo falta colocalo para logo facer os mollos. Rematada a seitura as viandas correspondentes non faltaron e fincáronlle ben o dente.

Despois duns días houbo que facer os mollos, polo que preparar os vencellos non foi fácil, porque a lonxitude da palla non foi adecuada para facelos como antano, polo que botei man duns cordeis para que os mollos destacaran. Aínda así fixen un, como mostra, para ver a autenticidade dun mollo.

 Como só eran vinte e catro mollos non fixo falta facer un “medouco”, -“meda cativa”-, para salvagardalos das posibles treboadas que aparecen pola época. Tampouco fixo falta acarreiralos no carro tirado polas vacas para facer a meda na aira, nin tampouco “barrala” para mallar, xa que as airas, agora, desapareceron na aldea. Ata desapareceron as privadas, pois a do meu avó ten cachos con tomateiras.-Cada propietario botou man do seu, converténdoo en horta ou garaxe. Polo que un plástico fixo de base para que o grao non se mesturase co borrallo e así colocando os mollos enriba del mallouse.

 A “malla” consistía en dous grupos de persoas, botando man do mallo, colocábanse no lugar que lles asinaban ou elixían, porque hai persoas que son zurdas e dereitas de man, para bater na espiga, seguindo a liña correspondente para non mancar ao compañeiro do lado.

 Non fixo falta concentrar aos veciños para a malla, como daquela, porque só eran vinte e catro mollos e a aira era un plástico, polo que colocaba un par de mollos e batíaos e así repetía a faena ata rematar con todos, pero deixei un por se algún entoxado quería practicar, pero isto de traballar no campo xa só é para os tractores.

 Limpei o grao cunha criba e téñoo para darllo ás pitas.

 Teño que dicir que na actualidade non hai ningunha persoa, en Tintores, que saiba facer un medouco, unha meda e un palleiro e menos barrar a aira, porque, tampouco hai vacas.

                                          Verin, 20 de agosto do 2021.-

                                            Adolfo Rolán.-

emigrantes

 Verín. CRÓNICAS TAMAGANAS.- “Emigrantes....”!

 

 Miña cara señora María: -Primi ía á escola do pobo. Colocábase no fondo da clase. A súa mente voaba e voaba. A explicación do mestre no entraba no seu maxín.

 Vivía cos avós, porque os seus pais emigraran. O cariño paterno era substituído polos mimos dos  avós. O rapaz non se centraba. –Non aprendía nada-. O mestre non vía solución para o cativo.... A avoa insistía e insistía, pero non se encontraba remedio. Por fin, coa axuda do mestre, mandouno interno a un colexio da capital-.

 O día sinalado para a marcha tivo que levantarse cedo para coller o autobús. A avoa non daba feito a maleta. Do colexio mandárenlle unha lista coas cousas que tiña que levar. –A avoa nunca se vira noutra!-. Preguntaba e preguntaba ao mestre continuamente. E mire, téñolle que comprar isto, comprar aquilo....?.

-Non, só o que ten na lista, e non se preocupe-.

 O autobús roncaba costa arriba e a avoa tapaba a súa cara coas mans, para que o rapaz non vira baixar as súas bágoas pola súas meixelas.Primi miraba e miraba; o pobo quedaba atrás, xa que o coche de línea non chegaba ata as casas, só paraba na estrada da bisbarra, polo que  había que achegarse ata a parada para collelo.

-Houbo que espertar ao Rodasbaixas para que cargase coa maleta, na carretilla, e acercala ó autobús-.

  Subiron a avoa e máis Primi. A primeira  mirada fixouna no condutor e no cadro de mandos do autobús, logo enfilou o corredor e sentouse no lado contrario á situación do pobo. Arrancou o autobús e non quería mirar, pero ao fin e ao cabo botou unha mirada e viu que ía quedando atrás, namentres o autobús ía roncando pola estrada á seguinte prada. Por fin polas súas meixelas baixaban, a pausas, dúas gotas de bágoas.

 Atrás quedaban os amigos, os recunchos do pobo, a tía Xoaniña. Aquela muller que tantos e tantos contos lle contara, namentres o sentaba nas súas cadeiras a carón do lume, naquelas longas tardes de inverno. Os amigos seguirían xogando ó  escondedoiro  polos recantos e alpendres. Tódolos  recordos se lle acumulaban, namentres o autobús camiñaba cara a capital.

 O rapaz só vivía para as vacacións do natal e do verán, cando chegaban os seus pais cheos de agasallos e mimos. Tódolos días eran festa, polo que o cativo, era normal, que non se centrase na escola.

No colexio da capital pasaba o mesmo. De noite, na cama, choraba debaixo das sabas, polo que durmía pouco e, polas mañás, o encargado tíñao que espertar. Non se  adaptaba ao horario. Non atopaba amigos para contarlle o que lle pasaba, porque todos tiñan o mesmo problema.- A gran maioría dos compañeiros eran fillos de emigrantes-.

 

                                                     Verín, 16 de maio, do 2019.-

                                   Adolfo Rolán.-

San Mauro

          VERIN-CRÓNICAS TAMAGANAS-. –San Mauro.-

 

 Miña cara señora María: -A alma do Fernandiño anda nas alturas, polo que deixalo só é un acerto, xa que parirá, nas montañas de Bousés, ao estilo da fábula, non ratos, pero si pinturas que embelecerán os retablos da igrexa de Bousés.

  Debe saber, señora María, que o señor Barreira votou man dos “ofrecementos” ou  “promesas”, que facían as avoas, cando os cativos enfermaban e tardaban moito en curar, dalgunha enfermidade, para cumprir cunha penitencia imposta  a San Mauro, aló, na parroquia de Bousés.

 Debeulle  escoitar algo a súa nai, porque avoa non ten e recolleuno para si, polo que votou man da escasa fe, presentándose ante o Párroco e comentoulle, que necesitaba cumprir coa promesa imposta.

  Teño que dicirlle, señora María, e mire ben o que lle vou contar, que non toda a xente ten acceso a todo isto, porque Fernando é moi de si.

-Estando en Italia, en concreto, na provincia de Brescia, foi invitado polo señor Alcalde, dunha cativa cidade, perante uns tres días. Visitou distintos lugares, acompañado polo anfitrión e a súa dona. Naquel lugar foi onde o señor Barreira oíu falar, por primeira vez, de San Mauro, polo que tomou a decisión, recordando aquela invitación, e chamou a mencionada dona, para que lle contara a historia do Santo-.

-Deberíase preguntar Señora María qué foi o que levou ao Fernando aló enriba, porque a igrexa de Bousés non é pródiga en imaxes ás quen acudan devotos para curarse. Á Virxe da Caridade van os que teñen problemas coa vista. A San Agustín, en Vences, acoden os que necesitan corrixir defectos na fala. Á Rasela, ao San Brais, os que teñen problemas coa garganta e á Santa Marta, en Fontefría, os que teñen problemas IMPOSIBLES.

-Pois o Fernandiño, aflorando o subconsciente, non fai caso de ninguén e desexa cumprir cun capricho, que o ten preso, dende a súa xuventude, ao situarse por enriba xeograficamente-.-Bousés as Chas-. Porque podía pensar en Arzádegos, pero non. Desexa ubicarse nas alturas para mirar dende aló, querendo dicirlle ao seu “parente”: -AQUÍ ESTOU EU-.

 E iso, señora María, que non pode cumprir coa cerimonia dos “ofrecidos” , porque o San Mauro debería estar sobre as andas e o ofrecido dar  sete  voltas ao redor ou pasar sete veces por baixo, para recibir os beneplácitos, proxectándose en cada devoto o milagre, que San Mauro tivo con San Plácido, cando o  salvou das correntes, camiñando por riba das augas. E senón que espere ao quince de xaneiro, cando os veciños o saquen en andas, na procesión, polas rúas do pobo, porque é o momento máis axeitado, participando na poxa, dunha das catro andas, para introducilo na igrexa e colocalo no lugar, sobre a plataforma adecuada, onde  poderá cumprir coa cerimonia.

 Algunha conexión debeu haber entre o Fernandiño e o Santo, porque  recorreu a Brescia, para coñecer a súa vida. Algo lle sucedeu, mentres restaura os retablos, para centrarse só na capela de San Mauro,  porque estas cousas só ocorren, cando as persoas se encontran en situacións difíciles para que a mente indague e busque solucións a todo. Volveu aos tempos pasados. Aqueles dos que non se dá desprendido, pero que fan que os pinceis coloquen a cor axeitada que o pasado lle recorda.

 Debe soltar esas pesadas cargas, tanto de  familiares como de “amizades”. Esquecerse desas inquietudes, que tanto o aprisionan e que a súa mente descanse e  busque o pracer  para si, sobre todo, agora, cando está sendo un auténtico MESTRE nas artes.

- Esperemos que reciba, do Santo, os “favores”  desexados, señora María-.

 

 

                            Verín, 8 de outono, do 2020.-

                                        Adolfo Rolán.-

Alcumes.

                           - Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-

                                                              Epístolas á señora María por Adolfo Rolán.-

                                    ALCUMES

 O Xerardo é un grande coleccionista. Ten un montón de pósters de Carnaval, colecciona chisqueiros, dedais e un sen fin de obxectos que, de cando en vez, trainos á terraza, para que llos observemos.

 Gusta do Barsa, pero...,cando está centrado na pantalla quere tranquilidade, por iso toma unha cadeira máis adiante para ver o fútbol con máis tranquilidade.

 A culpa tenlla unha cativa, que as veces, traina, facendo de padrazo. A rapaza, aínda non se preocupa polo deporte rei, pero o sangue empézalle a ferver e seguro que seguirá a seu pai e farase seguidora do Barcelona. ¡Que por certo non ve ao Barcelona onda os forofos da bisbarra!.

 Ten anotados, nuns papeis, máis de mil alcumes na vila de Verín. Recolle, tamén, as distintas formas que usan ou usaban os veciños para distinguirse uns dos outros.

 Como non gusto de nomealos todos, señora María, por se alguén se ofende o que si  destaco algúns que empregan dúas palabras, resaltándoas ou diferenciándoas de outras que tamén teñen o mesmo mote.

 Vostede, señora María, imaxínase chamando  a un veciño co sobrenome de: -“Hay que Caramba”-. Pois ben, debía ser algunha persoa que sempre se estaría queixando, ben porque facía bo tempo ou, ben porque facía mal tempo. Podía ser tamén que no bar, alguén, tomando un vaso, dirixíanse a el en conversa, que non entendía ee respondía: -“hay que caramba”-. De aí que os veciños, para diferencialo, cando se referían a el empregaban o apelativo composto e, pouco a pouco, foise expandindo polo barrio ata que quedou, definitivamente, rebautizado.

 Outro dos que recolle é:- “A muller de quen”-...”a muller de quen”..... Seguro que nunha conversa entre homes falando de mulleres, alguén preguntou a quen se referían, de aí, que coa súa insistencia, neste tipo de lerias, chegou a quedarse co mote.

 O –“Augas Frescas”-. Bonito alcume, señora María. A este non lle debía gustar bañarse na Preguiza, cando quentaba o sol, de aí, que como frecuentaba o río Támega, pola mañá cedo, recibiu o apelativo adecuado.  Debía ir, tamén, á fonte do Sapo, antes de rompelo día, por iso gustaba de refrescarse, sempre, con augas de baixas temperaturas. –Seguramente era unha persoa de moitas carnes e suaba con moita frecuencia, necesitando da auga para calmar as quenturas.

 Señora María, fáltanlle dous alcumes de recente cuño. Ademais son de alta alcurni, pois foron ditos no Salón de Plenos da Cámara Municipal: -“Derribos S.L.” e “Poneplacas”.

                                                   Verín, 17 de maio, do 2019.-

emigrante

           -Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS- Emigrantes.-

  Miña cara señora María:

  Primi ía a escola da aldea. Colocábase non fondo da clase. A súa mente voaba e voaba. A explicación do mestre no entraba no seu maxín.

 Vivía coa avoa; os seus pais emigraran. O cariño materno era substituído polos mimos dos avós; o rapaz non se centraba. –Non aprendía nada-. O mestre non vía solución para o cativo....A avoa insistía e insistía, pero non había remedio. Por fin, coa axuda do mestre, mandouno interno a un colexio da capital.

 O primeiro día, para coller o autobús, tivo que madrugar moito. A avoa non daba feito a maleta. Do colexio mandáranlle unha lista do que tiña que levar. –Nunca se vira noutra-. Preguntaba e preguntaba ó mestre. E mire, téñolle que comprar isto?, comprar aquilo?...- Non-. Só o que ten na lista e.., non se preocupe. Se esquece algo, xa llo mandará máis adiante.

 O autobús roncaba costa arriba e a avoa tapaba a súa cara para que o rapaz non vira baixar as bagoas polas súas meixelas.

 Primi, miraba e miraba. O pobo quedaba atrás. O autobús non entraba na aldea, só arrimaba na estrada comarcal, polo que había que achegarse, ata á parada, para subir nel.

 Houbo que espertar ao Rodasbaixas para que cargase coa maleta do rapaz, na carretilla, e acercala ao autobús.

 Subiron a avoa e mais o Primi. A primeira ollada fixouna no condutor  e no cadro de mandos que tiña na fronte; logo enfilou o pasillo e sentouse ao lado contrario á ubicación do pobo.

 Arrancou o autobús e non quería mirar, pero ó fin e ó cabo botou unha ollada, vendo que a aldea ía quedando atrás, namentres o autobús roncaba, pola estrada, camiño da seguinte parada. Ó fin, polas súas meixelas baixaron, paseniñamente, dúas gotas de bágoas.

 Atrás quedaban os amigos, os recunchos da aldea, a tía Xoaniña. Aquela muller, que tanto e tantos contos lle narrara, namentres o sentaba nas súas cadeiras, a carón do lume, naquelas longas noites de inverno. Os amigos seguirían xogando ás escondidelas entre os palleiros e escondéndose nos alpendres. –Todos os recordos se lle acumulaban, namentres o autobús camiñaba cara a capital.

 O rapaz só vivía para as vacacións de Natal e de verán, cando regresaban os seus pais, cheos de agasallos e mimos. Todos os días eran festa, polo que o rapaz era normal que non se centrase na escola.

 NO colexio da capital pasaba o mesmo. De noite choraba baixo as sabas, polo que durmía pouco e polas mañás tíñano que espertar. Non se adaptaba ó horario. Non facía amigos para contarlle o que lle pasaba, porque todos tiñan o mesmo problema. –A gran maioría dos compañeiros eran fillos de emigrante,-.

                                 Verín, 16 de maio, do 2019.-

                                                 Adolfo Rolán.-

Desaparecido

    Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-. –“Desaparecido”.

 Miña cara señora María: Cando vostede baixaba ao recuncho da súa rúa e rodeábase dos veciños, para entreterse e pasar o tempo, as conversas cotiáns discorrían con facilidade.

 Agora, que vostede, non está, non hai nin xuntanzas, nin conversas. Ata o grupo do cruce, capitaneados polo “Zapateiro”, tampouco se albiscan moito polo lugar.

 Pode que a vila estea deixando os lugares de sempre e os veciños xa non baixen a parolar, porque os anos marcan as tendencias que o corpo vai soportando e xa non quere gozar das cuitas que cada un contaba para que os demais escoitaran, pero sen sufrir, simplemente ver, que os demais veciños tamén son de carne e oso e, polo tanto, viven a vida coma todos , con penas e con gloria.

 Quen parece que desapareceu foi o Juanito. Non convocou rolda de prensa, nin chamou ás “ondas” para dar a análise do “acontecido” o día  vinte e oito de abril do ano en curso.

 Ao parecer esqueceuse da manida frase: -“temos que coidar a finquiña”-. Non sabe que... -para recoller hai que sementar-, pois os resultados son reflexo  dos comportamentos cotiáns.

 Polo momento, -“hai que saber estar, ás verdes e ás maduras”-, e dar a cara e non esconderse, porque o veciño dáse de conta, ao non aparecer o día sinalado, de cada semana, para estar sempre, con verbas repetitivas, das que non hai nada aproveitable, para –ben- dos contribuíntes e da vila.

 As novas non foron como desexaba, pero as lanzas verbais si apareceron nos medios. Iso de ser o lugar de peor tanto por cento na provincia, só indican os dardos que lle lanzan para que, dende “enriba”, deixen de apoialo, para ir buscando unha nova persoa que “fale”, cos veciños e ande polas rúas tomando, simplemente, un “café”.

 -Individuos así son os que fan qué estes resultados se dean, non só a nivel local, senón provincial, autonómico e estatal-. Individuos que provocan que afiliados non voten, polo que os resultados que se recollen son froito dos comportamentos, faltos de educación e polo tanto de respecto cara aos afiliados. Individuos que se refuxian nos “comités” con “lamecús” e dirixen o partido dunha maneira monolítica, onde a opinión e discrepancia non se deixan expresar con liberdade e sen represalias.

 Hai un sector de votantes, que son os que provocan cambios nas eleccións. Este tipo de votantes non o reflexan as enquisas, porque os encuestadores son empregados que traballan en horas coincidentes con  este tipo de persoas, polo que a enquisa a eles non chega, de aí a alta abstención en todas, pero este tipo de persoas, si teñen o voto claro, porque e non se deixan manexar, porque saben o que queren e teñen decidido o voto dende o primeiro día que tomaron a decisión, polo menos, a quen non votar.

 Unha reflexión:-os “comités dos partidos” son os grandes culpables de todo isto-.

                                            Verín, 4 de maio, do 2019.-

                                              Adolfo Rolán.

 

Conservatorio

 Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS- Conservatorio.

 Miña cara señora María: - Verín esperta cheo de anuncios nas paredes e con invitacións nos comercios para firmar un escrito, no que se solicita un Conservatorio de Música para Verín-.

 Vostede, señora María, que viviu, daquela, outra iniciativa promovida por dona María do Carme Abad, onde conseguiu que os políticos, daquela, fixeran xestións para que a vila tivera un Centro de Música e así os estudantes dos pentagramas non tiveran que desprazarse.

 Habendo na vila tanto entusiasta na aprendizaxe da música, quen foi o responsable de que se extinguiran aquelas clases?. –Seguro, señora María, que Don Diego non-. –Quen leva toda a súa vida na política local, sendo concelleiro e alcalde?-. Don Diego, non-.

 Resulta, señora María, que é Don Diego o culpable de que a vila non teña un Conservatorio, pero se aínda chegou “onte” á política local verinesa-.

 -Se escoita a emisora local, cada semana, chégase a conclusións que nada benefician, porque o “personaxe” só critica e non PROPÓN ideas positivas para os verineses, nin arrima o seu ombro para conseguilas.

 - Señora María, vostede, escoitou ben a entrevista na que afirma que se Verín quere ter Conservatorio, os veciños téñeno que votar. -O Partido Popular non ten outro candidato, con outras manifestacións públicas, para deixarse querer-?. –Parece que non-.

 Na política Local e na Administración Pública hai leis que facilitan a concorrencia de razoamentos para facer posible unha convivencia entre distintos partidos políticos para gobernar un Concello. Cando un membro da oposición ten algo que dicir ou quere manifestar unha queixa, sobre algo concreto,ou PROPOR algo que beneficia a unha colectividade ten o recurso de presentar unha Moción ou facer preguntas, que poden ser contestadas, no momento, ou por escrito, na seguinte xuntanza.

  O tema é de moita transcendencia para Verín, por ser un Conservatorio, entón o “pepero” debe presentar unha Moción no Pleno correspondente e tratala, chegando a acordos co equipo gobernante, e, isto sería facer política positiva para un pobo, que logo pode saber responder, tamén, co seu voto,e non, “chantaxear” aos votantes con manifestacións:  -“se queredes Conservatorio, votádeme en maio”-.

 Debe dicirlle, señora María, que esta “finquiña” ten que ser defendida por  tódolos verineses, tanto políticos como non políticos, para sacala para adiante, que boa crise está nela e non hai maneira de atallala.

 Non sabe, nin quere aprender e isto se que é un problema, porque de onde non hai, non se saca nada, por iso un pobo, unha vila, debe saber escoller aquela persoa que lle atenda as súas necesidades, aínda que sexa a costa de que non reciba das institucións inmediatas, chámense Deputación ou Xunta de Galicia, e os votantes saber valorar estes comportamentos á hora de decidir o seu voto.

                                         Verín, 20 de marzo, do 2019.-

                                                    Adolfo Rolán.-

carnaval 2019

 Verín- CRÓNICAS TAMAGANS. -Carnaval 2019-.

 Miña cara señora María: Vostede, ou non se enteira ou non quere dicir nada, e iso, que está ben situada, aló enriba. Dende o seu lugar non se lle debía escapar nada e debía ternos ao día en todos os sucesos da Bisbarra.

 No Carnaval, un personaxe merodeu pola rúa Lisa vestido con roupas, imitando a un cigarrón-peliqueiro. Da súa cintura colgaba uns botes de coca-cola e nestea cos que facía ruído, tratando de ridiculizar ao personaxe rei do Entroido.

 Ninguén lle dixo nada. Desto habería que sacar consecuencias e ver se os Cigarróns verineses están facendo algo mal, tanto no traxe coma no “estilo” de pasear polas rúas. –“Mestres ten a santa  “nai” Verín, para corrixir  tódalas   anomalías, que se observan a o longo da estancia do ”personaxe” nas rúas da vila”.

 Señora María, debería furgar, dende aló, nas terras do Altiplano, para dicirlle que non cometan o erro de “crear” un personaxe ao estilo dos cigarróns-peliqueiros, porque o CHOCALLEIRO de Terroso, xa é en si, outro personaxe da bisbarra, que enriquece esta tradición e téñeno ben cerca. - -Só hai que deixarse ver polos pobos e preguntar ás persoas maiores, que aínda recordan, cando elas se disfrazaban e con que elementos, para ter unha base coa que recuperar o personaxe, como daquela-.

   O Celso, veciño de Verín, e natural de Terroso, comenta que o Chocalleiro non leva careta con mitra. Na cabeza levaba un pano e a careta era de cartón, ben traballada. Como zamarra un “Fargallo”: -que era de pau e o látego de restos de sacos vellos-. O pantalón aproveitábase un vello e o que tiña cartos comprábao novo. As botas eran de tipo militar, con espinilleiras ou polainas, feitas polos zapateiros da zona, coma o Milocho, -taxista xubilado en Verín- da familia Ferreiro de Queirugás.

 O Moncho, mais coñecido, como “Grolo”, e  o Mixete añoiran aqueles anos onde conseguir un “traxe” era unha tarefa máis complicada que na actualidade. –Din, agora, ata hai familias que se endebedan para que os descendentes luzan un traxe do trinque-. –Daquela, había nas familias algunha parenta  ou parente, que exercía unha profesión artesanal relacionada coa costura ou carpintería. –Había persoas que ganchillaban e calcetaban, porque aprendían nas escolas-.

 O que vostede non sabe, señora María, é o de Laza. Xa non saben como desprenderse de tanto forasteiro, non respectuosos coas tradicións do lugar. Hai un tempo, os veciños tiveron que pechar as portas das casas, para que non entraran a comer e beber as  “viandas” do Carnaval e, agora, tocoulle aos “covelleiros”.

 Os veciños plantaban as covellas e coidábanas, pensando en subilas ata a Picota. Agora, os foráneos, fan de recolleitores, e arramplan con toda a plantación, polo que , algún propietario, coma o parente do Moncho, que tomou cartas no asunto, enroscoulle, a cada tronco, o “pastor eléctrico” do gando, para protexelos.

 - Que llos remitan para Oimbra, que ademais hai boas verzas, como fixeron cos viandas-.

                                       Verín, 8 de marzo, do 2019.-

                                                Adolfo Rolán.-

Silvio

Verín, CRÓNICAS TAMAGANAS.- Silvio.-

Miña cara señora María: -Apareceu un técnico superior no Concello e todo son verbas. -É o fillo de tal?, e,  foi o pai quen o trouxo?-. -Ten amizade, con este ou con aquel?-.

 -Nada de nada-, señora María, existen convenios entre institucións educativas (Universidades) e institucións administrativas (Concellos, Deputacións,...etc.), para realizar prácticas, cando están matriculados nos másteres, polo que faltándolle horas para conseguilo decidiu finalizalo.

  Como eran ou son poucas prácticas para completalo, e como ten bo asesor, na casa, pois optou por facelo nestas terras que, por certo, ama moito.

 Colocouse no “altiplano”, recordando ao noso querido Paulino, que hai uns días deixounos para sempre, Señora María, e que bautizou as súas terras queridas con este acertado cualificativo. - Diremos que foi un  EMBAIXADOR CULTURAL do altiplano no Andalus-. -E  o Silviño veu a experimentar ao altiplano-.

 Exercendo  distintos traballos, dentro da súa profesión, o enxeñeiro quixo practicar na agricultura, polo que instalouse na casa, que os seus pais teñen en Vilardevós, e aló fixo pinitos, en pequenos hortos, para ver se a súa vocación era traballar as terras ou non. -Non lle debeu ver moita saída ou que traballar a terra é para outro tipo de persoas, polo que decidiu rematar o seu máster-.

 -Aínda así foi tema de enchufe por aquí e enchufe por acolá-.  -Estes técnicos son aproveitados, nas institucións, para facer traballos que habería que encargalos fora, polo que contribúen, ata, economicamente. 

 O Silviño optou por pasar un tempo no lugar onde naceu o seu avó, por parte da súa nai, o escritor Silvio Santiago, nas faldas da serra das Penas Libres, como se coñece a elevación montañosa, que lle impide a Vilardevós recibir o primeiro sol.

 As terras de enriba sempre estiveron á altura, no referido a persoeiros, que destacaron nos diversos eidos da cultura. Silvio Santiago ten dous libros que levan por títulos : “Vilardevós” e “ O Silencio redimido”. O primeiro describe andanzas da súa mocidade e o segundo narra as súas vivencias na Guerra Civil. Que, por certo, foi prohibido perante o franquismo e publicouse despois de fenecer.

 Señora María, vostede que sempre estivo escapada do relacionado coas meigas, pode ver que, ao parecer, “haber hainas”, como di o saber  popular.

 O señor alcalde, don Xerardo Seoane, cando tivo fronte a si a don Silvio, ocorréuselle colocalo no mesmo despacho onde, o pepero Ximénez mandara, ao ostracismo, a seu pai, don Manuel Sánchez, aparellador municipal. –Hai meigas, ou.., non hai meigas?-.

 -Cando don Silvio escoitou a historia do seu pai, señora María, botou unhas gargalladas, un longo rato, e..., iso que.., parece serio-.

                                    Verín, 24 de febreiro, do 2019.-

                                                    Adolfo Rolán.-

denuncias

Verín- CRÓNICAS TAMAGANAS.- Denuncias.

 Miña cara señora María:  Agora que vostede está no “ castelo”, aló enriba, outeando todo o que sucede na bisbarra, esqueceuse dos aconteceres dos anos oitenta, do século pasado.

 Tivo que ser o seu cuñado o que lle recordou aos contertulios, do cruce de Sousas, aquelas liortas, entre Alianza Popular (AP) e a Unión de Centro Democrático (UCD), coas que non saían do xulgado.

 O ano 2019 entrou co anuncio de denuncias, por parte do portavoz do Partido Popular, contra o señor alcalde, don Xerardo Seoane.

  As novas terapias ou técnicas para atallar enfermidades, que sofren  as persoas, buscan posibles solucións na vida infantil. Hainas que cando se ven reflectidos, na súa infancia, cústalles entrar e deixarse levar polo terapeuta e abandonan, porque consideran que eles non teñen que recordar o que viviron naqueles anos.

  No Concello está a suceder case unha copia daquela década dos oitenta, porque a infancia política do portavoz pepero está no seu subconsciente e non soubo destetarse, para crecer e madurar.  –Hai que aprender o positivo e non quedarse co negativo daquela época. Verín era titular “xudicial” dos xornais, día si e día tamén-.

 Entre acusacións e contestacións expresan argumentos que deixan aos lectores desconcertados. ¿Como é posible que se denuncie un feito ou feitos que foron empregados anteriormente no Concello?. Algo ten que haber para que os técnicos municipais -antes si e agora non-, fagan informes á “carta”.

  Da a impresión, señora María, que as respostas de don Xerardo Seoane son claras, definíndoo como se o parira,  provocando que salte ao rodo, con cualificativos persoais. – Non lle importa, porque ao non ser consciente do que di,  demostra o que  fixo durante toda esa vida na casa Consistorial. -Canto debe sufrir por non poder ter aos veciños ao seu servizo!-. – Só quere escravos-.-Eu son o mellor!, controlo todo o que acontece no Concello!-. –Pero..., agora.....non, e iso... se que doe-!.

Non se da conta de que a maioría dos veciños non pisan a casa Consistorial, en todo o ano, porque ao ter domiciliado as taxas non fai falla ir aló.

  O que si queren os veciños e ser atendidos bis a bis e á mesma altura, non, con “desnivel” de trato. –E sobre todo pararse con eles-. Pero...con isto hai que nacer e, senón, aprender.

 Despois de levar dende o 1983 metido no Concello e sendo o máximo representante, un montón de anos, ata o 2015, a culpa da crise municipal bótalla ao actual alcalde. -Hai que ter narices!-.

 -Quen deu as licencias aos grandes supermercados, no centro de Verín, que ían ser os responsables do peche de pequenos comercios?. – Quen tiña chalé antes de ser alcalde da vila?-.

 Os contribuíntes locais están cheos de escoitar, todas as semanas, as denuncias, na emisora local do “pepero”, pero os veciños ven o que están obrando en cada recuncho, do Concello,  e como son receptivos, premiarán, co seu voto, o cumprimento do programa executado.

                                Verín, 22 de xaneiro do 2019.-

                                     Adolfo Rolán.

 

 

fernando.

 Miña cara señora María:

  -Volvemos e volvemos cun encargo. Coido que o Señor Barreira ten aprecio por vostede, porque o primeiro que soltou foi que necesita da “señora María”  para un novo  catálogo. –Pode que sinta un cariño platónico, pero xa non está en anos para esas cousas. - Nunca se sabe-.

 - O Fernando non está ao día de vostede.Tampouco están moitos veciños da vila, polo que é importante que entre nós saibamos gardar  o segredo ata que, por  calquera motivo, se descubra.

 Debe saber que este fillo “pródigo” da familia Barreira e da vila de Verín volveu, non só para atender a súa nai, senón que baixo o seu amparo comezou a prodigarse nas artes e algo, co novo negocio, en marchante e mestresala.-Sempre foi un gran adulador, de aí, que coloca o cadro, a quen quere e cando quere.

O SHOW ROOM aberto, no ensanche verinés, avd. de Portugal, nº 66. baixo, para o seu público, respondeu ás expectativas soñadas, polo que, señora María, vese feliz.

O baixo é unha ampliación do taller, completo, de cadros e esculturas, creando un ambiente propicio para  deleite dos visitantes, os cales aproveitan as mesas para colocar  viandas, que acompañan con viño da terra, e ao mesmo, ollando a pintura  que lle enche o ollo co fin de adquirila. –Todo, señora María, baixo a atenta mirada do “Fernandiño”, que responde e atende ás insinuacións do posible cliente.

O Barreira vive para si. Está entretido e , de cando en vez, convértese en ave nocturna. Regresa se quere. É difícil velo e, aínda máis, é difícil conectar. Hai que adaptarse a el para poder gozar das súas parolas, cando fala das “cousiñas” que está a facer.

  Con el, señora María, a vila está presente en todas as cidades, que percorren as súas exposicións. -É un verdadeiro embaixador de Verín-.

 Vaille ben a vida, sorrille e non desaproveita os “xogos” que encontra. Agora ben, debe ter en conta a que xoga, porque as súas andainas repártense entre amigos e non amigos. Non debe rexeitar nada, pero necesita de accesibilidades dos “ bos mestres”, que encontrou nesa viaxe, ao estilo de Ulises, atado ao mástil, para aguantar os berridos das sirenas, camiño de Ítaca, no poema de Kavafis.

 -Por certo, señora María, en Málaga visitamos o restaurante dun amigo e, aínda que non era boa hora, fomos atendidos como se estivera presente o Fernandiño-.

 Cantas voltas deu pola península, ata que acougou na vila que o veu nacer. Seguro que encontrou sabores e desgustos, pero percorrendo os lugares aprendeu dos que tiñan sabedoría, que logo trasladou aos seus lenzos para emprender unha vida nova ao lado da súa nai.

 Aquí soubo sintetizar o aprendido e ao lado dos seus foise transformando e dando vida a algo que tiña dentro pero que non daba saído para ser un artista, tanto nos lenzos como no bronce, porque estaba preso polo “cárcere” da vida.

 Aquel rapaz que tantas quebraduras de cabeza lle dera ao señor Fernando, mecánico dentista, reconducido, está chegando  ao cumio da montaña e respira entusiasmo por todo o seu ser.

 E sabíao, por iso gozaba cos amigo, máis íntimos, contándolle o ben que lle ía o existir.- Vendín o Quixote, vendín as Meninas, vendín...para.. para.., que iso está ben, pero debes cambiar ese ritmo de vida que non axuda a ninguén. Tes que pensar que só se vive unha vez, polo que debes deixar tempo para o sosego ou a tranquilidade. -Non todo é correr-. Deixa algo para o máis aló.

A vida, señora María, debe gozala, pero non apurala, porque, en calquera momento, pódea truncar. - Sabe que o Fernandiño é daqueles que a vida tena que vivir o máis rapidamente posible, o mellor posible e como di: -“non importa o día o importante é vivir”-.

 Pero para chegar ata aquí tivo que regresar e facerlle caso a aqueles, que anos atrás desfixérase deles, porque non o entendían, nin comprendían os seus anhelos. Eran outros tempos, o rapaz era novo, polo que caer era fácil, sobre todo , porque todo aquilo era novidade, naquela sociedade, na que  buscaba  liberdade, pero resultou ser unha liberdade condicionada, nunha verba, escravizante.- Atado, emprendeu o regreso e viu que a vila era a Ítaca que o esperaba, xa que non o defraudou.

  Señora María, o Fernandiño, na súa terra encontrou o acomodo  para, pausadamente, emprender o tan ansiado destino, que tiña preparado, para chegar ás alturas coas súas creacións pictóricas e escultóricas.

- Nas súas mans o barro toma forma sen ser obrigado, porque obedece ao maxín do escultor,resultando, logo no bronce, a imaxe pensada-.

 -No lenzo o rotring lía trazos que conforman composicións sacadas do maxín, como se estivera tocando as cordas dun arpa, pero, para chegar a todo isto é necesario que o Barreira estea cómodo no seu xardín, acompañado do can e que non lle falte unha copa de Chivas-.

 

                                   Verín, 21 de outubro do 2018.-

                                        Adolfo Rolán.-   

Museo

                                        Verín.Blogia.com. -CRÓNICAS TAMAGANAS-.....Museo..!

 Miña cara señora María: A ausencia da vila impediulle estar ao día nos acontecementos cotiáns.

 Pasando os noventa –xa son anos- os achaques aparecen por todos os recunchos do corpo e, sobre todo, cando se tivo que traballar para sacar adiante unha familia, sendo, dende moi nova, viúva.

 -Todo saíu ben-, polo que a volta á casa foi nun periquete e tomando o temón para seguila levando como ata de agora. Iso para vostede nunca foi un problema, polo que todo seguirá como sempre. O que vai pasar e que, cando baixe á rúa, todo será dar explicacións, porque os veciños están ansiosos de saber da súa saúde.

 É bo que baixe, non importa o seu estado, porque encherana das novas que apareceron nos xornais e vostede, coma de costume, restaralle importancia.

 Aínda así saberá que hai un voceiro que denuncia o gasto nun museo. -Nin que a cultura se mida con cartos-!. -Cartos son os que fan falla para instruír-. As persoas deben saber discernir entre “políticos” que se ocupan deles e de “políticos” que se aproveitan deles.

-Non se debe interesar moito, señora María, polo tema, porque a nova non sentou ben onde está o miolo do  asunto, polo que quedou retratado e medida a súa intelixencia. -Iso foi tirar pedras no seu propio tellado-.

 Cando non hai razoamento para defender posturas, sempre os individuos sen cultura, recorren a insultos ou a descualificacións contra persoas que exercen a mesma función política local. Por iso hai que ser prudente, porque pode revolverse contra un,  ao estar no mesmo lugar.

 Baixarse ao ataque persoal, señora María, tachando ao Tenente de Alcalde, Don Diego, de “ non crer”, para xustificar a súa denuncia dos 143 mil euros do Museo é para que se mire nun espello e que se aplique o conto. Como di o evanxeo:  -“ o que esté libre de pecado, que tire a primeira pedra”-, pero esas cousas hai que mamalas!.

  Señora María, a súa veciña contaríalle o da excursión á Terra Santa. Na programación recollíase o de renovar votos, polo que os matrimonios que o solicitaron, nunha das misas de cada día, levouse a cabo a cerimonia e polo tanto catro ou cinco deles colocáronse nos primeiros bancos para recibir a bendición correspondente. Pois ben, non o perda, porque o que está fora da igrexa católica colocouse, tamén, en primeira fila. E logo descualifica a don Diego!. –Cre en algo o fulano-?.

 Como anda buscando e debe encontrar moi pouco ou nada, non para e pensa, que con dicir cousas que todo o pon de seu lado. -Mais lle valera estar calado!.

 –Ata acompaña a unha representante dun pobo a levar a súa nai a unha Institución-. -Se escoitara o que dixo a persoa que estaba esperando-?. Pero, para iso, señora María, os humanos deben saber cando hai que estar e cando non. -Nestas residencias só é acudir á chamada para ingresar, porque está todo en regra-.

 Repóñase pronto, señora María.

                                   Verín, 17 de maio do 2018.-

                                         Adolfo Rolán.-

Candidata?

--Verin.Blogia.com--           -CRÓNICAS TAMAGANAS-.  -Candidata?-

 Miña cara señora María: -Tivo que ser a señora Secretaria do Concello  quen levou á Vila á época da Transición-.

  Na actuación do último  Pleno pareceu que estaba postulándose para ser candidata, nas próximas eleccións municipais, polo Partido Popular, porque emulou, totalmente, ao voceiro e político desa formación.

 -Debe ser certo o da “búsqueda”-. Os comentarios, señora María, é que non encontra candidato, “despois de facer tanto favores”. Alguén insinuou que esa “búsqueda” é para que lle digan: -“ ..pero se ti es o mellor..”-.

 Debeu ser para o voceiro pepero unha sorpresa, ver e escoitar, diante del, aquela actuación. Viu a Deus por un buraquiño e exclamou: -“aquí está a miña primeira da lista”-. Logo, pasaríalle, como daquela, cando anunciaba aquel fichaxe “Bomba”, resultando ser, un veciño máis da vila. Don Felisindo, o crego de Tamaguelos, que Deus o teña con el, ríase moito e, moito dicía: -a bomba!-. - Coñecía toda a vida do “fichaxe”, -para iso foi crego-.

 Pasaron anos, miña cara señora María. Na Transición democrática houbo un Secretario, que pediu traslado para o Concello de Monterrei, por este tipo de enfrontamento con líos de papeis e máis tarde, anos 1983-87, as liortas entre UCD e AP, todo era: -xulgado por aquí e xulgado por acolá-.

A loita, co Pavillón de Deportes, por medio, era o de nunca acabar. Ata se chegou a nomear persoa “non grata” a un  Conselleiro de Política Territorial, que pouco ou nada lle tocaría en financiar a obra. E, todo, porque os propietarios dos terreos, -onde está enclavado-, non llos venderon a certo grupo mediático, que “mangoneara” a Institución.

 Daquela, a pugna era tan feroz que, ata os correspondentes do xornal La Región, non duraban un alustro.

 E, como non, ata se produciu unha mímese, trasladando as actuacións das oficinas da empresa privada, que rexenta a auga, ao salón de Plenos para que os comportamentos sexan similares, porque, ao parecer, alí van dando bos resultados e, a ver, se no campo político sucede o mesmo. Haberíalle que preguntar, señora María, ao Feixoo, pero, sobre todo ao Capín, como foron tratados nas oficinas que dirixe o señor consorte da “futura” señora candidata. –Hai máis.......eh...!.

 Daríase de conta, señora María, que non presidía don Xerardo Seoane, que o facía don Diego. A experiencia, señora María, elle sabia, polo que o permitir que non houbera Comisións, na súa data, levou a este desaguisado no Pleno, porque a permisión a facer preguntas e a permitir que se contestaran, como se dunha comisión se tratara, levou a este enfrontamento.

 Non so houbo expresións duras, senón que, namentres intercambiaban, cadansúa, os seus razoamentos, algúns membros da Corporación dedicábanse a facer xestos despectivos, resultando un mal exemplo e falta de educación, porque dúas persoas estaban “falando” dun punto, da orde do día, concreto.

 -Algunha lección se aprendería-.

                                   Verín, 3 de maio do 2018.-

                                    Adolfo Rolán.-

Asilo

Verín.Blogia.com....... -CRÓNICAS TAMAGANAS.-

                         -CEN ANOS de SOLIDARIDADE-

 Miña cara señora María: Cen anos levan as Hermanitas de los Ancianos Desamparados na vila de Verín. Que pronto pasaron e, como marcaron huella en toda a Bisbarra.

 Señora María cando vostede chegou a estas terras As Hermanitas xa levaban moitos anos atendendo as persoas necesitadas. E digo ben, porque acudían desinteresadamente a calquera casa, que facía falta socorrer necesidades propias dos tempos aqueles.

 Debe saber que a historia na vila, nestes CEN ANOS, pasou por moitas vicisitudes, loitas, enfermidades, fame, e como non, pola emigración, polo que o campo estaba abonado para o traballo encomendado á INSTITUCIÓN, polos fundadores: Santa Teresa Jornet e Ibars  e o Padre Saturnino.

 Chegaron a Verín polo ano 1923. Foron acollidas polos Padres Mercedarios e principiaron a súa misión para, en pouco tempo, facerse co solar da esquina da Avenida de Portugal coa Avenida Luis Espada, onde  estableceron o seu primeiro Fogar.

 Pouco a pouco foron ampliando e chegaron ata a rúa Laureano Peláez. Para buscar fondos alugaron algunhas dependencias e ao mesmo tiñan gando que o Maximino tanguía tódolos días cara o campo da Granxa –actual situación do Instituto Taboada Chivite-, chamando a atención dos rapaces e dos maiores como se fose algo estraño na Galicia da época.

 Señora María o Monchiño recorda a capela, na esquina, porque a visitaba cada Xoves Santo e dende alí ía, levado pola man, con súa nai e co seu pai, á capela de San Lázaro, regresando á Igrexa Parroquial, para rematar na da Mercé. –Di: “agora non hai nada daquelo, co bonito e contento que me puña, porque recibía algún agasallo, por portarme ben”-.

-“Os cativos de agora teñen de todo por iso frecuentan pouco eses lugares, pero algún día saberán o que é ter que depender de quen che axude”-.

 Daquela, señora María, as Hermanitas ían polos pobos “pedindo” para cubrir as necesidades dos residentes, pero, as veces, esas necesidades vivíanas durante as andainas e socorrían as pobres que había na mesma aldea. Neses casos regresaban ao Fogar sen nada para os anciáns.

 Tivo que regresar á vila un ricachón de Tamaguelos, respondía ao nome de  señor Rancho, emigrado, daquela a Venezuela, e fíxose co solar do antigo Asilo, aló polos anos mil novecentos sesenta e nove ou setenta, e así as Hermanitas emprenderon un novo camiño para modernizar tódalas dependencias e saír do centro de Verín, porque déranse conta que alí non era o lugar adecuado para construír un novo Fogar. -A novos tempos, novas instalacións-.

 Para iso adiantárase o señor crego do Salgueiro, Don Gregorio Paradela Delgado, coñecido na bisbarra, como o cura da Chaira, doándolle un terreo no Carqueixal, lugar onde edificaron o actual Fogar. – Para ampliar a superficie doada e chegar á actual as Hermanitas  compraron o resto.

 Estes días de celebracións dos CEN ANOS en Verín, no Fogar, non faltou nada e que maneira de responder os veciños da vila e de toda a Bisbarra, arroupando ás Hermanitas, prestando  apoio e colaborando para que todo resultase como necesitaban os principais protagonistas do evento, como son todas as persoas que participan da vida desta CONGREGACIÓN.

 Señora María, para que o tempo non se pare e que ilusione, con toda a solidariedade, a esta Congregación de Hermanitas de los Ancianos Desamparados, demos grazas, porque elixiron Verín para levar adiante tal misión, como é a axuda aos necesitados e sobres todo aos  “desamparados”.

                               Verín, 23 de abril do 2018.-

                         Adolfo Rolán.-  

silo

Verín.Blogia.com....... -CRÓNICAS TAMAGANAS.-

                         -CEN ANOS de SOLIDARIDADE-

 Miña cara señora María: Cen anos levan as Hermanitas de los Ancianos Desamparados na vila de Verín. Que pronto pasaron e, como marcaron huella en toda a Bisbarra.

 Señora María cando vostede chegou a estas terras As Hermanitas xa levaban moitos anos atendendo as persoas necesitadas. E digo ben, porque acudían desinteresadamente a calquera casa, que facía falta socorrer necesidades propias dos tempos aqueles.

 Debe saber que a historia na vila, nestes CEN ANOS, pasou por moitas vicisitudes, loitas, enfermidades, fame, e como non, pola emigración, polo que o campo estaba abonado para o traballo encomendado á INSTITUCIÓN, polos fundadores: Santa Teresa Jornet e Ibars  e o Padre Saturnino.

 Chegaron a Verín polo ano 1923. Foron acollidas polos Padres Mercedarios e principiaron a súa misión para, en pouco tempo, facerse co solar da esquina da Avenida de Portugal coa Avenida Luis Espada, onde  estableceron o seu primeiro Fogar.

 Pouco a pouco foron ampliando e chegaron ata a rúa Laureano Peláez. Para buscar fondos alugaron algunhas dependencias e ao mesmo tiñan gando que o Maximino tanguía tódolos días cara o campo da Granxa –actual situación do Instituto Taboada Chivite-, chamando a atención dos rapaces e dos maiores como se fose algo estraño na Galicia da época.

 Señora María o Monchiño recorda a capela, na esquina, porque a visitaba cada Xoves Santo e dende alí ía, levado pola man, con súa nai e co seu pai, á capela de San Lázaro, regresando á Igrexa Parroquial, para rematar na da Mercé. –Di: “agora non hai nada daquelo, co bonito e contento que me puña, porque recibía algún agasallo, por portarme ben”-.

-“Os cativos de agora teñen de todo por iso frecuentan pouco eses lugares, pero algún día saberán o que é ter que depender de quen che axude”-.

 Daquela, señora María, as Hermanitas ían polos pobos “pedindo” para cubrir as necesidades dos residentes, pero, as veces, esas necesidades vivíanas durante as andainas e socorrían as pobres que había na mesma aldea. Neses casos regresaban ao Fogar sen nada para os anciáns.

 Tivo que regresar á vila un ricachón de Tamaguelos, respondía ao nome de  señor Rancho, emigrado, daquela a Venezuela, e fíxose co solar do antigo Asilo, aló polos anos mil novecentos sesenta e nove ou setenta, e así as Hermanitas emprenderon un novo camiño para modernizar tódalas dependencias e saír do centro de Verín, porque déranse conta que alí non era o lugar adecuado para construír un novo Fogar. -A novos tempos, novas instalacións-.

 Para iso adiantárase o señor crego do Salgueiro, Don Gregorio Paradela Delgado, coñecido na bisbarra, como o cura da Chaira, doándolle un terreo no Carqueixal, lugar onde edificaron o actual Fogar. – Para ampliar a superficie doada e chegar á actual as Hermanitas  compraron o resto.

 Estes días de celebracións dos CEN ANOS en Verín, no Fogar, non faltou nada e que maneira de responder os veciños da vila e de toda a Bisbarra, arroupando ás Hermanitas, prestando  apoio e colaborando para que todo resultase como necesitaban os principais protagonistas do evento, como son todas as persoas que participan da vida desta CONGREGACIÓN.

 Señora María, para que o tempo non se pare e que ilusione, con toda a solidariedade, a esta Congregación de Hermanitas de los Ancianos Desamparados, demos grazas, porque elixiron Verín para levar adiante tal misión, como é a axuda aos necesitados e sobres todo aos  “desamparados”.

                               Verín, 23 de abril do 2018.-

                         Adolfo Rolán.-  

A orde Mercedaria e VIII centenario

 Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS- A Orde Mercedaria e VIII Centenario.-

 Miña cara señora María. –Parece que foi onte e os Padres Mercedarios están de cumprimento do seu oitavo centenario-.

  O día dezasete de xaneiro na BASÍLICA PONTIFICIA, en ROMA, abriuse o ano XUBILAR MERCEDARIO. A SANTA SÉ outorgou a todas as igrexas  mercedarias o privilexio de ser TEMPLO XUBILAR, durante o ano 2018,  para gañar INDULXENCIA PLENARIA.

 En Verín, único CONVENTO MERCEDARIO, na provincia de Ourense, por ter pechado o de Xunqueira de Ambía, tivo lugar a CERIMONIA de apertura da PORTA XUBILAR, polo señor Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, o sábado, día dezasete do presente mes ás sete da tarde.

 Vostede, señora María, non estivo, pero a súa veciña estaba en primeira fila e fronte dela, non podía faltar a Conchiña Rocha, moi devota da Virxe da Marcé.

  E, como non, asistiron autoridades locais e multitudes de veciños, non só da vila, senón tamén da Bisbarra, formando unha familia Mercedaria, e ante a PORTA, que elevada a XUBILAR pasárona, cantando a canción:  -“ Que bien todos unidos, mano con mano en el luchar; que bien todos hermanos, en el sufrir y en el gozar. Nosotros queremos, Señor, amarte amando la tierra; queremos dejar, tras nosotros, un mundo mejor, una vida más bella”.

 A  historia  di, señora María, que a ORDE DA MERCÉ, redentora de cautivos, foi fundada o dez de agosto do ano 1218 por Pedro Nolasco, baixo a inspiración  da Virxe,que tivo a noite do un ao dous do mesmo mes. O Papa Gregorio IX recoñeceuna no 1235 con bula de cruzada e incorporando a bula de Redención de cautivos.

O Rei Xaime I dálle o seu apoio e Pedro Nolasco, cos primeiros freires mercedarios, comeza a organizar a OBRA de redimir cautivos, como consecuencia da loita de fronteiras entre o Islán e os Cristiáns.

  Os Mercedarios baixaron ao priorato de Verín o ano 1597 por acordo do Capítulo Provincial. En 1608 autorizaron ao Comendador a trasladar a igrexa da Magdalena á vila de Verín e ao mesmo os osos dos defuntos. En 1642 desmantelouse a igrexa e tamén baixaron as cinzas. Na actualidade están presentes unha comunidade formada por cinco membros, catro Padres e un freire, e un Colexio Seminario Mercedario.

  Debe saber, Señora María, que  á Orde  Mercedaria pertenceu Tirso de Molina, Fray Gabriel Téllez, e hai autores que o sitúan en Galicia, pola simple lectura das súas obras, nas que abundan descricións, rasgos e referencias, que só  por directa observación podían ser captados, sendo probas decisivas da súa estancia.

 Segundo Taboada Chivite, a obra “La Gallega Mari-Hernández”, desenrólase entre Chaves e Galicia, colocando esta terra nos textos literarios do Século de Ouro Español.

 E mire, o que lle son as cousas,señora María, pode que os Condes de Monterrei, non acertaran co trato aos freires Mercedarios, mandándoos a vivir a extramuros, pero, eles erre que erre, son os Únicos que teñen presenza na vila. - Un orgullo para todos!-.

                Verín, 22 de marzo do 2018.-

                            Adolfo Rolán.-

Balneario.-

 Verín-CRÓNICAS TAMAGANAS-. Balneario...

 

 Miña cara señora María: -Cando vostede chegou á vila o Balneario de Caldeliñas só tiña o que se ve hoxe.

Todo era ruinas, naquela paraxe, daquela veiga, no que a lagoa ocupaba un cacho e que hoxe foi mandada ao ostracismo, para deleite dalgúns veciños e entendidos, eliminando un recuncho de flora e fauna que, seguramente, farían do lugar un complemento interesante para todo o conxunto do futuro complexo industrial.

 -Todo responde a manía de que o humano ten que por todo ao seu servizo, aínda que sexa meténdolle unha ferida á cortiza terrestre, porque necesita demostrar que a imaxinación é para algo, aínda que ese algo rompa co máis elemental coidado natural-.

 O que son as cousas, señora María, este Balneario debeu ser o primeiro en porse  á altura dos grandes en Europa, para logo perder o tren, converténdose en lugar de refuxio de aves rapaces, durante moito tempo, para transformarse e situar á vila nun lugar de tratamentos de pel, conseguindo que Verín, nun futuro, volva estar, como daquela, na primeira línea de augas minero medicinais. –Iso é a intención municipal, pero hai que conseguilo, a pesar dos atrancos, por non ser da mesma cor.

 A Biblioteca, seus responsables, despois de estar á altura, pola súa programación, conseguindo premios, -que por certo na fotografía aparece o “sobrante”-,  trouxo á vila a un conferenciante para falar do balneario de Caldeliñas.

 A sorpresa, señora María, foi que un señor economista e afeccionado á fotografía veu dar unha lección de historia das cousas  de aquí e ninguén se pon colorado. Levo anos dicindo que o Concello de Verín debe crear unha BECA ou BECAS, para saber das nosas “cousiñas” e non de grandes cousas, que esas están nos textos. Moi interesantes foron as verbas do señor Fernández Rivero, expondo os seus descubrimentos, seguindo os pasos das súas fotografías, para darnos na cara, cos datos que explicaba e colocándonos en situación vergonzosa. Chapó para Don Juan Antonio!. -Nós  andamos no monte, el anda nas BIBLIOTECAS-.

Contou a historia do Balneario de Caldeliñas, señora María. Todo, entre finais do século dezanove e principios do vinte. Un francés, o señor Debas, fotógrafo, afincado en Madrid, na época de Afonso XII, conseguindo ser fotógrafo real, faise coa propiedade do BALNEARIO, onde invirte moitos cartos e fai de Verín e Caldeliñas un lugar de visita da Infanta Isabel de Borbón.

 Como sabe, señora María, todo un cortexo real é a mellor promoción dun BALNEARIO, que, daquela, escaseaban ou non había na xeografía hispana, polo que agora hai que volver a recuperar aqueles tempos, aínda que sexa pasiño a pasiño. –Todo se andará!-.-

                      Verín 7 de marzo do 2018.-

                          Adolfo Rolán.-