
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005. 02/04/2005Cidade do motor A señora María está contentísima. Olvidouse dos problemas do seu xeonllo.Esta noticia esperábaa como auga de maio. Por fin ve realizada a promesa de fai catro anos. Non sabe se hai proxecto nin sabe que alí, nestes momentos, estase a realizar a Concentración Parcelaria de Mandín, Feces de Cima e Feces de Abaixo, cun investimento de máis de trescentos millóns das antigas pesetas. De tódalas formas non entende cómo se poden gastar cartos onde logo desexan ubicar a Cidade do Motor. Ten fe. Está ilusionada. Quedouse abraiada coa noticia. Tódolos concellos da bisbarra apoiando a idea, pero o que ten, son unhas gañas tremendas de estar rodeada dos seus. Culpa de todo á emigración. Desexa que regresen e xa os está colocando a cada un na súa especialidade. Ten sorte, pois unha neta estudou informática e seguramente se ocupará das redes do complexo. O enxeñeiro técnico non terá problemas, pois a súa experiencia na fábrica de coches é unha garantía no seu currículum vitae. Con quen pode ter problemas é cunha nora, pero algo surxirá nun investimento de tanta envergadura. Falaban dun orzamento de douscentos mil millós das antigas pesetas, para por en marcha a Cidade do Motor e acondicionar o río Támega ata Verín. A señora María coida que non está a facer castelos no aire. Recórdolle o conto da leiteira. Dase conta de que hai catro anos tamén anunciaron a BMW, a Cidade do Motor, porque se achegaban as eleccións autonómicas e máis tarde lanzaron un globo sonda do Circuito Galego de Automoción, pero aínda non hai indicios de que surxa algo. Comenta que xa escoitou a un político autonómico dicir que o orzamento non sería tan alto e a un do goberno de Madrid que iría para Zamora ou León. A leiteira, señora María, esnafrou o cántaro do leite cando saltou de tanta alegría. Ah, olvidábaseme, e os espectadores para a rendabilidade. Sábado, 02 de Abril de 2005 20:12 Enlaza este artigo. No hay comentarios. Comentar. 07/04/2005A Roma dos triunviratos O tío Colás vive no recuncho de arriba. O home, entrado en anos, non desperdicia ningún resquicio para darlle humor a súa vida. De feito, na súa cara, o sorriso, non se oculta. Aquel rostro irradia luz e dá a impresión de que non se esgota nunca.Anda mal das pernas, aínda que o doutor mándao camiñar, pero só da unhas voltas no barrio e pasa días sen conectar co resto do pobo, polo que, se o desexan ver, hai que ir ata alí. A xente entrada en anos, gusta das visitas e dalle pereza descubrir os seus encantos da xunventude, pero teñen moitas ansias de comunicarse e contar cousas que lle din os veciños, que de cando en vez, van facerlle unha visita. As veces fala e fala e non hai maneira de que cale, debe ser que os viciños olvidáronse del e seguramente, leva días sen ver a ninguén, por eso, aproveita calquera momento da visita para parolar, como se estivese só ou pensando en alto. Non se lle escapa nada e dicía que vai facer un ano que Verín ten tres alcaldes, como se esto fora posible, pero como llo din os visitantes, transmite o que escoita fielmente, e insiste manifestando que un dos tres ten que mandar máis, xa que non entende moi ben eso de tres alcaldes. ¡Nin que Verín fora a Roma dos triunviratos! Non entende como foi ou é posible o entendemento entre os tres alcaldes, sobre todo, despois de criticar tanto ós independentes. Enterouse tamén do acoso a que foi sometido un edil para que non firmara a moción de censura. Ceas en Maceda. Visitas por Allariz. No Campismo en Chaves e tendo que ocultarse perante unha semana nunha vila para que non souberan del. Estas declaracións, di que llas escoitaron pola radio. Remata dicindo que sempre o "ladrón pensa que todos son da súa condición". Aínda que foi un ano tranquilo, sosegouse a vida política, a pesar dos andares pola xustiza, pero Verín ten que ser fiel e non pode deixar de ser un Concello con personalidade moi definida, con carácter. O home está ó día das cousas do Concello. Ten sorte pois por alí pasan case tódolos veciños, e cada un conta da feira como lle vai, por eso déixase levar e só fai comentarios vagos e sen profundizar. ¡Hai que seguir gobernando con tres! Jueves, 07 de Abril de 2005 13:16 Enlaza este artigo. No hay comentarios. Comentar. 21/04/2005Chopos do campo de fútbol Tivo que ir á revisión. Ó chegar preto do Hospital non daba crédito ó que estaba a ollar. Desapareceran as árbores frente do campo de fútbol.A señora María botou man dun taxi para chegar ata alí, pois a súa filla a esas horas tiña traballo e o seu xeonllo non resistiría sen doer tanta distancia. ¡Desolador quedou o lugar!. Gastáronse máis de vinte millóns das antigas pesetas en adecentar o lugar e agora transformouse aquel sitio nun inhóspito e desabrigado recinto onda non hai para acurrucarse baixo unha árbore en días de calor. A señora María, pensa en alto e di que a racionalización non existe na programación de obras a realizar. O impacto ambiental creado é provocador. Hai outras maneiras de subsanar problemas deste tipo. A pelusilla que soltan as árbores pode ser causa da tala, pero pódese programar de tal xeito que non rompa o ambiente creado dunha maneira tan brusca. Seguramente recaudaron uns poucos euros, pero unha administración pública non pode medir as obras desde o punto de vista económico. Chegaba con ir alternando a tala, replantando outras especies e podar as restantes. Así, ó longo duns poucos anos, sustituiríanse os actuais sen que o impacto fose tan esaxerado. Don Feliciano Sola, coñecido como “Tainas”, foi o concelleiro que tivo a boa idea de plantar eses chopos que acaban de mandar ó aserradeiro, aló polos anos oitenta. ¡En paz estén! Tomouse a decisión de eliminar o ben público en perxuizo da comunidade, a señora María pregúntase onde andan aqueles que tanto defendían as árbores do Concello, facendo manifestacións onde tivo que actuar a forza pública, ¡cando aqueles árbores foron trasladados e qué floridos están na veiga de Vilela e na veiga de Tintores!. Estes tiveron outro fin. Esperemos que non sigan deixandónos sen zonas onde poder disfrutar dunha sombra perante a época estival. ¡Canto tempo para facer outra criatura! Jueves, 21 de Abril de 2005 12:08 Enlaza este artigo. Hay 2 comentarios. 26/04/2005Un ano despois Fixo un ano que a moción de censura cambiou ó alcalde. Rosa Mari, que anda nos doutores por mor da súa man, estivo esperando toda nerviosa ata que apareceu, daquela, a fumata branca. ¡Qué alegría levou! Lembra que aquelo duraba unha eternidade. ¡Que non se atrevían¡ !Que non daban xuntado os nove votos para sacar adiante a moción! Leva percorrido varios doutores e seguramente acabará indo onda o curandeiro. Agora que non hai na Rasela irá o Rosal ou esperará para ir o fin de semana a Mandín. Recurrirá ó de Vilardecervos, cando na Rúa dos Remedios pode ter a solución. Escoitou ó edil lamentarse de tantas presións. ¡Que si viaxes para aquí, viaxes para acolá¡ Pero a fumata branca apareceu e no sillón sentouse outro alcalde. Vidas paralelas foron as que discorreron perante este ano. Carod Rovira tensiona e acorrala a Zapatero. Cid Harguindey, fae e desfae ó seu antollo co Milín. O que son as cousas, di Rosa Mari, son prisioneiros da súa propia ambición. A oposición non encontrou o seu papel. Non soubo asumir nin soubo aceptar o desprazamento da alcaldía. Adícanse a practicar o non polo non. Non souberon coller o pulso e liderar todo tipo de obras, para que os veciños o asuman e así facer ver que os cartos veñen da Deputación ou da Xunta, porque eles os xestionaron. Deixaron que o novo equipo cumprise coas súas promesas. Postos de traballo, arranxos de camiños, involucrando ós propietarios, asumindo parte dos gastos de abastecemento e saneamento. !Todos contentos e contribuindo!, di Rosa Mari. Non se olvida que se xudicializou a vida municipal e ameazando de que se seguirá indo ós xulgados. Queren rememorar as liortas entre a UCD e AP doutros tempos. Polo baixiño dime que a primeira actuación de fai un ano foi a festa dos Maios e daquela houbo censura nas coplas. Pode ser, despois de tanto título hai que controlar todo. Non te preocupes que tamén houbo intento, por parte de alguén, de que o que suscribe estos artigos non falase nesta emisora. ¡Son todos iguais! Martes, 26 de Abril de 2005 12:14 Enlaza este artigo. No hay comentarios. Comentar. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
EnlacesVerínOtros |