
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005. 10/05/2005Camiño do río Aquilino comprou por teléfono a finca onde mandou construir a súa vivenda.A casa só a vía cando viña de vacacións. Crecía pouco a pouco, despois de entregarlle uns cartiños ó constructor. Daquela todo se facía así. Daquela deixábae todo en mans de deus, e algún, cando regresou non encontrou o seu solar, e menos a zona verde que tanto lle encandilaban para poderllo vender. Aquilino gustoulle o lugar, aínda que está nos arredores da vila e sufríu moito nos pasados anos de riadas. Encontrouse, despois de aprobar o PXOUM, con que a nova rúa invadía parte do solar e o seu cerramento quedaba fóra de alineación. Nunca tivo ningunha contestación desairosa. Soubo aceptar as explicacións adecuadas do sucedido. Ademais, para facer o acceso ó Polígono, de momento, non facía falta derrubar nada xa que a rúa é suficientemente ancha, como para adecentar dous carrís en ámbolos sentidos. As beirarrúas faríanse noutra fase, polo que non había lugar a malos entendidos nin a disgustarse. De tódalas formas o cerramento de “rosa Porriño”, podíase retranquear peza a peza, a nova línea, cando o Concello tivera a ben completar a urbanización de todo o vial. Nembargantes Aquilino non sabía que aquel camiño fora bautizado en “Interviú” como “autopista hacia el cielo”. Eran tempos de AP y UCD, na década dos oitenta. Do noventa e cinco ó noventa e nove, ninguén moveu un papel para acondicionalo. Do noventa e nove ó dous mil tres surxiu o primeiro intento de lavarlle a cara. Froito das reclamacións dos veciños e como se acercaban as eleccións municipais a Deputación fixo parte da explanación e pavimentou o tramo ata o río Támega. Tampouco sabe Aquilino que ó mesmo tempo que se negociaba con algúns propietarios o deslinde de vinte metros, a outros prometíaselle reducilo a dezaoito. ¡Que por certo nunca se levou a pleno esta promesa! O outro proxecto non recollía toda a explanación, pero púidose executar ben arrimándoa a un lado ben ó outro, ou partindo do eixe central. Tampouco sabe Aquilino que o convenio que recollía a continuación da rúa cara ó Polígono caducou e que ó mellor salta de alegría, porque non terá circulación pesada e intensiva por diante da súa casa como sigan así as cousas. ¡Daquela quitáronlle o borrallo, agora o negocio! Martes, 10 de Mayo de 2005 12:21 Enlaza este artigo. No hay comentarios. Comentar. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
EnlacesVerínOtros |