
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005. 19/10/2005Presidente Marcelino non tiña en qué vir á vila. Daba voltas e máis voltas. Subía e baixaba polas corredoiras e non atopaba a ninguén que o acercara, pois desexaba ver ó Presidente.Estaba ansioso por escoitar directa e persoalmente as verbas que solucionarían tódolos problemas da bisbarra. Ó final decidiuse por baixar a bicicleta que tiña encaramada na bodega. Limpouna e, recordando os tempos da raia, botouna a andar. Tiña que facer esforzo co seu maxín para lembrar as viaxes cara a vila, cargado de contrabando, naquela bicicleta que lle regalara seu tío, porque comprara un seiscentos de segunda man. O bombín funcionou, pero o neumático non colleu aire. Outro atranco para chegar e poder ver o seu Presidente. Sentía as cores, coma un afeccionado culé. Non podía faltar a cita dos camaradas que lle anunciaron a visita. Pola súa testa só pasaban imaxes dos aconteceres cotiáns, levando a mercaduría, naquela bicicleta, cara Verín. Tiña ilusión por ver ós seus, como di el. Sobre todo ó máximo representante. Porque agora poderá discutir no bar e falar das ideas que se levarán á realidade, para desenrolo da bisbarra. Porque os seus non fallarán como Mariano Rajoy que prometeu a Cidade do Motor e non hai resquicios de que tome corpo. A pesar de que agora andan co do circuito de automoción, devaluando a primeira promesa. Colocado frente ó Concello, como unha estatua, inmóvil, sen pestañear, esperou e esperou. Seu presidente non daba chegado. Daquela empezaba a dubidar do aviso e sentía resquemor a ser unha vez máis víctima do engano polos camaradas que mercadeaban na raia. Pola noite, a eso das doce encendeu a radio e a noticia que escoitou así llo confirmou. O seu Presidente pasou por Verín, pero non parou. Estivo no Concello de Monterrei, no Parador de Turismo. Daquela os camaradas non o avisaron do cambio. Por aquel carroucho estaban os gardiñas. - Non perdiches nada. Non houbo ademán, nin saudou a ninguén daquelas persoas que se acercaron ata o Parador coa mesma idea ca ti. Unha visita a vista de paxaro. Veu en helicóptero e os seus zapatos non tiveron ocasión de luxarse. - Como verás, Marcelino, foi culpa do borrallo. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
EnlacesVerínOtros |