Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2011.

Cousas da vila

Miña cara señora María: se vostede poidera dar unha volta polas rúas da vila encontraríase cunha desfeita que impide que as persoas con dificultades físicas non poden sortear.

 Se vostede camiñara  a cotío pensaría para quen foron feitas as beirarrúas, porque todos os desaguisados que presentan foron creados por unha deficiente xestión.

 Sobresaíntes nos que tropezan os viandantes son producto do mal xeito con que lavaron as plaquetas, porque as deixaron sen a masa de rexuntamento, polo que a penetrar a auga por eses buracos, conxélase e logo forza o desconxuntamento entre elas.

 Pero non se preocupe que todo se arregla, porque só hai que ecoitar ó taifiñas e todo resolto.

 Os verineses quedan abraiados do poder de persuasión cando din que hai que aforrar na luminarias do Natal e en Tintores aluméanlle aos grilos da veiga. Ou cando o presidente da Asociación de comerciantes fala das carencias da oficina de xestión do casco antigo e aos poucos días desdícese.

 Así é a xente da vila. Non ten remedio. Sempre baixando a cabeza, por se acaso. Non hai contundencia, nin perseverancia nas actuacións. Ante calquera insinuación son chamados ao orde e obedecen coma un canciño abandonado. Sumisión chámase este comportamento.

 Aínda hai máis. Chámame un veciño e cóntame o que lle sucedeu hai uns días. Foi o concello a unha entrevista co mandamais e ao parecer saíu moi descontento. Podo dicir que bufaba... botaba lume...

 O tal persoeiro e mais outro dirixíronse ás altas instancias de Santiago, para que escoitasen as súas cuitas, porque se sentiron perxudicados na actual redación do PXOM. A contestación que recibiron foi a correcta, porque este tema soluciónase no concello. Pero querían demostrar de que chegaban ao altos mandatarios e deixar en ridículo ao taifiñas verinés.

 Insistían, no tema, e solicitaron unha entrevista co señor Feijóo. Tiñan xa todo preparado pero hete aquí que o personaxe bótase para atrás.

 Teño unha chamada do solicitante onde me conta que o tal veciño está “acojonado”, porque foi asesorarse a unha asesoría da vila e debéronlle dicir que non se meta en cousas da alcaldía, porque se, algún día, necesita delas,  non terá a recepción adecuada.

 Podo dicir que o tal veciño nada en cartos, porque é un bo industrial e pode rirse ata de calquera concello, pero dádevos conta ata onde chega a miseria das persoas.

 Facía poucos días que nunha nave da súa propiedade, querían un industrial foráneo por unha pequena industria, que podía crear unha quincena de postos de traballo, pero no concello non lle habilitaron a actividade, polo que a industria marchouse para a Limia.

 Esta é a xente que vive na vila e non hai outra. Sempre lamendo cús, pasando a man polo hombro, pero non categoría de persoas.

 É triste pero o que temos é isto, por iso estamos onde estamos. Nun lugar empobrecido, non de riqueza natural , pero si de espíritu.

Miércoles, 12 de Enero de 2011 20:45 A. Rolán Enlaza este artigo. Verín No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris