Facebook Twitter Google +1     Admin

Crónicas Tamaganas



"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.

Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2012.



Casco vello.-

 Verín. CRONICAS TAMAGANAS.- Casco Vello.

 

Miña cara señora María: O anuncio non costa cartos. Os medios de comunicación queren encher papel e calquera verba que salga dunha persoa adicada á política vende polo que todo é  beneficioso. Para o político propagarse e para para o xornal vender para gañar cartos.

 Así é como se emboba á xente, porque non ve outra cousa mais que o queren que se vexa.

 A maquillaxe á que se vai someter o casco vello da vila non é máis que un anuncio. Verbas e verbas vacías de contido e nada verdadeiras. O único lavado que necesita esta zona  é vida. Vida significa xente e xente é o que non hai. Se se fai un reconto de veciños por cada un dos edificios  existentes igual se levan máis dunha sorpresa. Marxen esquerda da rúa Maior  só son catro ou cinco edificios ocupados, pola marxen dereita, aínda é peor. Estase a falar da mellor rúa de edificacións desa zona vella.

  Este anuncio de limpeza de fachadas pásalle coma a persoa que recurre á esteticien para perfilar ollos, redondear mamas, limpar cutis, para ter unha imaxe que logo por dentro está chea de calamidades, pero quere sentirse ben e recurre a esta farsa de imaxe, porque non quere que os veciños a vexan denigrada e toda chorosa, cando o que necesita é un quirófano que a cure, que non un maquillador que embadurne de colorins grasentos. Isto é o que se quere facer co casco vello. Máis que lavalo necesita bisturí.

 A ciruxía que necesita esta zona antiga ou vella pasa por algo moito máis profundo, que non pola mera limpeza das fachadas, nin por lustrar algo tan profundamento enfermizo Hai un exemplo que dende a política xa se tomou, pero os resultados non foron os que se esperaban, cando se aprobou aquela horrible ordenanaza de “las buenas costumbres”, que pode levar a culpabilizar a uns novios e multalos, por un simple bico na rúa. Aquilo segue como estaba ou  aínda se pode dicir que pior.

  Lean o artigo do Semanal (15-20 de abril- 2012) de Pérez Reverte e dalles a solución para esta zona, que xa ten un incipiente principio de arraigo establecido como  na rúa Montera madrileña e iso que hai ordenanza municipal a tal fin. Coa pionalización isto irá a máis.

  Esta zona tivo a súa oportunidade cando se cambiou a súa pavimentación, pero so iso foi o que sucedeu. So o que se ve ou se pisa cando alguén se perde ou vai visitar a un amigo que vive por alí.

 Perante as épocas de choiva son intransitables case todas as rúas, porque non se recolleron as baixadas dos canalóns e se reconduxiron cara unha canalización de augas limpas, que deberían ir ai río despois de pasar por uns filtros, senón que impiden o paseo normal de calquera cidadán., porque caen sobre o pavimento e teñen que alcanzar o sumideiro no medio e medio da rúa, polo que a xente camiña e pisa sobre a auga.

 O único adorno e o que máis se ve son os contenedores do lixo. Nada máis entrar na Praza é o primeiro que se encontran os visitantes. Aquela praza vacía de vida durante tantos días ao ano deberíaselle dar outro servizo, como pode ser o de aproveitala namentres a xente non sae de paseo, que é sinalar uns cantos aparcadoiros para que os visistantes poidan aparcar e logo noutras horas do día facela pionil. Saber compaxinar e saber aproveitar o que se ten, porque non consiste só en prohibir por prohibir botando a ruina ou facendo que se marchen os poucos negocios que quedan na zona vella cara a nova, como foi o discurrir ao longo destes anos.

 Se a xente e os comerciantes se marcharon por algo sería. E o único que se ten presente é que non era do seu acomodo e outras zonas da  vila se prepararon para ter outro aliciente que si se soubo explotar e a xente aproveitouno.

 Unhas das medidas máis urxentes do casco vello é a inmediata construción dunha circunvalación dende a estrada de Laza á estrada de Vences. Cando  esta zona se teña ben comunicada entón empezará a ter outro atractivo, pero mentras se lle impida a entrada acabarase mandando cara a ruina.

 O contrario do que está a suceder en cidades, como Ferrol, péchase o casco vello aos coches, cando  a crise supera toda decisión experimental espontánea, porque os comerciantes, polo momento están aguantando as poucas ventas que teñen.

 Ten curiosidade a noticia escoitada nas radios de que o que teña que cargar unha “máquina” grande que poderá pasar. Isto é un privilexio para  os amigos e tamén para dividir os que se manifestan, porque, quen di cando a máquina é grande ou cando cativa?. –Quedan todos presos do privilexio. -Maquiavelo quédalle curto.

- Sacrificios si, pero non a costa da superviviencia deles.

 

 

                                    Verín, 18 de abril do 2012.-

 

                                      Adolfo Rolán.-

 

Miércoles, 18 de Abril de 2012 17:55 A. Rolán Enlaza este artigo. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris