
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2005. 05/11/2005Galiñeiro![]() A señora María leva moito tempo sen pisar o galiñeiro. E iso que lle colocaron unha cadeira para poder descansar e botar unha parrafada co propietario do bar, máis ou menos no medio do percorrido.
Hora![]()
Cando se ergueu e abriu a ventá a señora Pilar pensou que era media mañá. Baixou á lareira e mirou cara o reloxio que tiña colgado dunha punta que o seu difunto marido clavara na parede. A agulla estreita seguía o seu curso, dando voltas, polo que a pila non estaba esgotada. Algo estaba a suceder, pois había moita luz e levantouse como de costume. Prendeu o lume. Fixo o seu almorzó, ó mesmo que preparaba o do gando que lle fai de compaña. Galiñas, un macho e uns leitóns para facer a matanza, xa que naquela bodega sempre ten que haber algo con que satisfacer a fame deseperada das netas despois de camiñar, por aqueles outeiros, cando van de visita.
15/11/2005IMPUGNACIÓN![]()
Miña cara Rosa Mari. Déboche unha explicación do meu facer do sábado, día cinco, do presente mes. Saberás que se celebraron as eleccións para presidir a Xunta local do PP de Verín. Tiven a ocurrencia de presentar un escrito de IMPUGNACIÓN do acto. Ó parecer non sentou ben a certos personaxiños. - Era algo que estaba esperando, ¡como auga de maio!, para manifestar a miña “opinión”, polo que aprovetei esta convocatoria aberta a tódolos censados, pois facía máis dun ano que non participaba en reunións do partido por decisión persoal e unilateral do “taifiñas”. Pago tódolos meses dúas mil pesetas, coma se estivera aínda de concelleiro, cando me corresponden dúas mil por ano, coma calquera outro, pois non exerzo cargo público do partido. Coma min, fano once máis de Verín. Logo hai tres da bisbarra. Hai diferentes cuotas. Con estes ingresos págase a sede do edificio Zagros, da Avda. Luis Espada, máis electricidade e auga. Por certo, Rosa Mari, aposto que dende o luns seguinte ó día cinco, o saldo da conta vai en aumento, ¿xa te imaxinas por qué? Entre nós, Rosa Mari, ¿o teu pulso mellora? É algo que desexo con toda a miña alma. Vexo que aínda a bolsa que levas vai pouco chea, polo que tés que saír varias veces a compra. Cóidate que xa fai frío. ¡Todo isto son perogrulladas!. Divertímonos un pouco e satisfacemos o ego, porque decimos o que sentimos: que se repete a lei. Nárroche textualmente: ”En el mes de noviembre se abrirá el proceso en cada ayuntamiento para elegir a los compromisarios, mediante la celebración de votaciones secretas en urnas. Los afiliados que tengan las cuotas al día podrán votar a tantas personas como delegados corresponda a su ayuntamiento", ¿é diferente Verín?. Escoitei nas ondas que fixen o “ridículo”. ¡Cantas veces tiven que facerlo, pero conscientemente! Por facer o ridículo descubrín isto. Por facer o ridículo ante os veciños alardeaba ante os órganos do partido e aproveitábase políticamente. Por facer o ridículo puxen enriba da mesa da alcaldía as firmas dos propietarios do acceso ó polígono e as negociacións dos veciños de Pazos, para o Parque Empresarial, etc, etc... Por certo, non moveu un papel, pois xa ves cómo está todo na actualidade. Un veciño de Pazos recordoullo o día que viñeron en protesta ó Concello. O que son as cousas Rosa Mari, o día cinco ese veciño acarreaba votantes recordando a época de Cid Harguindey-Lovelle Alén. ¡Se traballaran así nas eleccións! ¡Claro, sen rival! Tomando café, un veciño díxome:”Quero que digas que eu non son afiliado do PP, aínda que me enviaron cartas de ámbolos candidatos. Eu fun de Alianza Popular." Réstame decirche que este acto chámase 600 mil pesetas ó mes, perdón 3600 euros. Abrinlle os ollos a moitos. Empurreinos a este posto tan codiciado. Grazas, Domingo Otero, por desdecir ó señor Presidente:” En ningún momento se trató de quien podía votar o no". ¿Para que están os estatutos entón? ¡Esto parece o exército de Pancho Villa! ¡Canta falsedade! 28/11/2005Parque empresarial![]()
O señor Domingo estaba satisfeito. Por fin as boas novas surxiron e radiaba de alegría. Xubilou. Elexiu este val para descansar. Moitos anos nas entrañas da terra, picando e botando carbón para o exterior, respirando aquel infernal polviño que cada pouco tempo remata cun mineiro abafado de silicose.
Lunes, 28 de Noviembre de 2005 13:39 Autor: verin. Enlaza este artigo. Tema: Verín No hay comentarios. Comentar. |
Crónicas Tamaganas"A vida arredor do Támega" por Adolfo Rolán, natural de Tintores, Verín, Ourense.
Archivos
EnlacesVerínOtros |